Tomeh

El cabeza de lista del BNG en Curtis responderá a las preguntas de los internautas el martes 12 a las 16.30 horas

1 Xosé Manuel Tomé 12/05/2015 16:23

Boas tardes, son Xosé Manuel Tomé, candidato do BNG á alcaldía de Curtis, as 16:30 comezarei a responder as vosas preguntas.

2 Manuel 12/05/2015 16:27

¿Qué opina de la gestión del actual alcalde de Curtis?

Xosé Manuel Tomé:

A xestión do actual alcalde parece que responde mais a imtereses politicos e amigismos, que ó interese común das veciñas e veciños.
Ademais hai unha evidente falta de prioridades na xestión dos recursos do concello

3 Marco 12/05/2015 16:30

¿Qué es lo más grave que ha hecho Cainzos en estos años?

Xosé Manuel Tomé:

Creo que o feito de retirarlle ás familias o local que se viña usando para a actividade de Preescolar na Casa, e negarse a deixarlles ningún outro local, foi realmente lamentable.

4 fer 12/05/2015 16:33

¿Ampliará o número de locais sociais?

Xosé Manuel Tomé:

Non creo que sexa necesario construir mais locais sociais, o que si é necesario é poñelos a funcionar, enchelos de contidos e actividades. Un local en si, valeiro, pouco servizo presta para as veciñas e veciños.

5 Socialista 12/05/2015 16:39

¿Crees que te van a votar todos los que hace cuatro años votaron el PSOE?

Xosé Manuel Tomé:

Si, creo que representamos unha sólida alternativa ó actual goberno do PP, e para iso procuramos o apoio da xente do PSOE, creo que se ven representados por nos. Ese apoio terémolo presente durante a vindeira lexislatura.

6 Gael 12/05/2015 16:43

Porque o alcalde Javier Cainzos négase a participar nun debate público?

Xosé Manuel Tomé:

Non sei que pode perder confrontando publicamente o noso programa e poder contestar ás preguntas e suxestións dos veciños, eu non teño nada que ocultar, todo o contrario, por iso estou disposto a facelo no lugar, día e hora que el propoña. Espero que o reconsidere.

7 laura 12/05/2015 16:48

Q opina de que se nos cobre por utilizar as instalaciones deportivas?

Xosé Manuel Tomé:

Para o goberno de Caínzos, promoción do deporte é gastar mais de 600.000€ en construir un terceiro campo de futboll no concello, que é de toso innecesario, e ó mesmo tempo se cobre os nenos por usar as instalacións deportivas, algo que non sucede en ningún concello da zona.
É unha das cousas pola que comezaremos, anulando as taxas pola utilización das instalacións deportivas.

8 julia 12/05/2015 16:54

Como axudaria o pequeno comercio ou empresa ?

Xosé Manuel Tomé:

Propoñemos unha exención de taxas e impostos para os novos emprendedores que aposten por abrir un negocio no concello.
Aproveitando que temos un polígono industrial público, e con moi pouca ocupación, propoñemos a creación dun viveiro de empresas, para que os emprendedores poidan optar a un aluguer económico que lles permita comezar a súa actividade, isto vai unido a un asesoramento especializado para crear unha nova empresa.

9 Maria y Jose 12/05/2015 16:57

Boas! Que opina de que o Sr.Cainzos só se faga ver en rúas e locales do pobo a uns días das eleccións? Xa que o resto do ano non se ve por ningures único pra saír na foto para algún medio!

Xosé Manuel Tomé:

A verdade é que é pouco usual que o alcalde boa parte dos concelleiros deste concello, non residan no propio concello, e polo tanto non vivan o día a día coas veciñas e veciños.

10 tere 12/05/2015 17:02

Q hai da residencia de ancianos?

Xosé Manuel Tomé:

Tristemente non hai nada avanzado, durante o goberno bipartito da Xunta había un proxecto para a súa construcción, que o sr Caínzos se encargou de votar abaixo por motivos puramente partidistas.
No ano 2012 a Deputación concedeu unha subvención de 150.000€ para comezar a súa construcción e o concello rexeitouna por non ter recursos suficientes para acometer a obra, mentres tanto vemos como se malgastan os recursos públicos en cuestións que non son de primeira necesidade, e unha residencia para a 3ª idade realmente o é.

11 Ivan 12/05/2015 17:10

Como valoras a colaboración do alcalde coas distintas asociacións do pobo? Cre que hai distincións?

Xosé Manuel Tomé:

Non pode ser que neste concello se trate ás asociacións según o amigos que sexan do alcalde, mentres que unhas reciven ata 12.000€ en metálico para facer unha festa, ou se lles paga 6.000€ para unha comida, outras non recibiron ningún apoio do concello, nin económico nin de outro tipo.
Levamos anos reclamando que se compre unha carpa para prestar a todas as asociacións e comisións de festas do concello, algo que teñen todos os concellos da comarca, pero para este goberno eso non é algo prioritario.
Todas as asociacións fan unha labor moi importante, xa sexa lúdica, cultural ou deportiva e non hai que despreciar a ningunha.

12 ana 12/05/2015 17:12

Q opina do recorte do profesorado no ceip Curtís?

Xosé Manuel Tomé:

Parece mentira que o sr Caínzos non ser poña do lado das nais e pais, do lado dos nenos, para defender a educación pública do noso concello. Será porque os seus fillos non estudan aquí.

13 Anónimo 12/05/2015 17:15

Que farias no Concello de Curtis pra facer posible a conciliacion laboral e familiar das familias?

Xosé Manuel Tomé:

Primeiro ofrecer o servizo de madrugadores, para que as familias poidan deixar ós nenos no colexio antes de ir a traballar, coordinar as actividades coas ANPAS, e que os nenos das aldeas poidan ir ás actividades extraescolares sabendo que terán un bus ó rematar para levalos á casa, independentemente da dispoñiblididade dos pais.

14 Lucas 12/05/2015 17:17

Qué opina do personal empregado no museo etnográfico e da súa contratación?

Xosé Manuel Tomé:

Creo que neste concello hai xente sobradamente preparada e no para para poder encargarse destas instalacións e non se lles deu nin a oportunidade presentarse a unha selección, simplemente optaron por contratar a un amigo, un membro da candidatura do PP, aínda sen ter ningunha formación ó respecto.

15 Fernando 12/05/2015 17:21

Qué opina sobre que a pega de carteis do PP no pobo sea realizada por unha empresa privada?

Xosé Manuel Tomé:

O PP sempre ten cartos para empapelar todo o pobo sen mancharse as mans, nos coma sempre facémolo co noso esforzo.
É simbólico do que é a actividade é o xeito de facer as cousas do goberno do sr. Caínzos.

16 Xosé Manuel Tomé 12/05/2015 17:24

Grazas a todas e todos polas vosas preguntas, parece que non teño mais tempo para seguir contestando, a pesar de que queden moitas no tinteiro. Esperemos que chegue o ansiado debate co sr. Caínzos para poder seguir dando resposta a todas as vosas preguntas.
Grazas e boa tarde.