Carril 1h

El candidato por el BNG a la alcaldía de A Coruña responderá a los internautas el martes 19 de mayo a las 12.45 horas

1 Xosé Manuel Carril 19/05/2015 12:50

Ola a todas e a todos!! É un pracer estar aquí hoxe, neste encontro dixital de La Voz de Galicia para dar resposta ás vosas preguntas.

2 Rebeca 19/05/2015 12:57

Que ten pensado facer coa política lapidaria que hai contra o galego na cidade da Coruña?

Xosé Manuel Carril:

Facer o mesmo que propoñían as Irmandades da Fala: "Pobo que recobra a súa fala, recobra tamén o seu espírito". Se a cidade da Coruña é hábitat natural da cultura e lingua galegas, apostar polo uso e pola promoción do noso idioma sen excluírmos a ninguén, porque todas as linguas nos abren ao mundo e nos universalizan.

3 Ernesto G. Alcalá 19/05/2015 13:00

Vai a seguir festexando o 6 de decembro queimando exemplares da Constitución?

Xosé Manuel Carril:

Que eu saiba, non son ningún pirómano. Iso si, gustaríame que moitos dos dereitos que figuran na Constitución (vivenda, traballo, saúde...) fosen unha realidade e non unha mercadoría que se vende e se compra por decisión daqueles Gobernos que tanto falan da Constitución e que a incumpren todos os días.

4 Andrés 19/05/2015 13:03

Por que considera importante o BNG para a cidade da Coruña integrar o seu rural co tecido urbano, asi como o mar co chan e o galego co universal?

Xosé Manuel Carril:

Porque se hai algo que dá vida ao dereito a vivirmos a cidade é precisamente a realidade plural e diversa dos seus barrios, tanto rurais como urbanos. Todas As Coruñas é o desexo compartido de facermos un concello para ser vivido desde a igualdade que supón o recoñecemento da súa vida diversidade.

5 Manuel 19/05/2015 13:09

Para unha persoa que ten dúbidas entre votar á Marea ou votar ao BNG, que razóns lle daría vostede para votar ao BNG?

Xosé Manuel Carril:

O BNG-Asembleas Abertas e a Marea Atlántica son proxectos políticos diferentes, que parten dunha análise da realidade diferente. Nós recoñecemos que hai un conflito (uns poucos explotan a unha maioría que vivel mal e padece), que, sendo clásico, amósase agora con toda a súa crudeza. Asumimos a existencia deste conflito (de sempre chamado loita de clases), poñémonos do lado de quen o padece e propoñemos para a súa solución democracia e soberanía, porque neste momento non pode haber políticas de esquerdas sen poder de decisión como persoas e pobo que viven na Galiza.

6 Alba 19/05/2015 13:14

como much@s coruñes@s, estoy indecisa. por qué debería votar al BNG? me gustaría saber más de sus políticas, porque no salen mucho en los periódicos.Muchas gracias

Xosé Manuel Carril:

Porque A Coruña ten nome de muller e gústanos conxugar o seu nome feminino en plural. Porque queremos que se coñezan Todas As Coruñas. Porque queremos outra forma para vivila. Porque queremos que as rúas dos nosos barrios sexan espazo onde poidamos tomar partido. Tomarmos partido e involucrarmos para que o Concello da Coruña sexa unha institución pública ao servizo da Coruña, unha cidade galega e mariñeira, que aposta polos barrios con políticas de emancipación social desde a ética e a responsabilidade de preservar o ben común. Podes saber máis de nós e do noso programa en bng.gal/cidadedacorunha e tamén en www.todasascorunhas.gal.

7 Alba 19/05/2015 13:17

Revisará las líneas de autobuses, que además de caras, son lentas y dejan desconectados a muchos barrios de la ciudad?

Xosé Manuel Carril:

Si, por suposto. Hai que revisar a concesión da Compañía de Tranvías para evitar, precisamente, os problemas que se indican nesta pregunta.

8 Alba 19/05/2015 13:21

Boas Xosé Manuel. O BNG sempre deu a cara pola xente nova. Que políticas en materia de educación leva o BNG relacionado coa universidade en Coruña. Por exemplo, o tema do transporte universitario ou as bibliotecas?

Xosé Manuel Carril:

Desde a implicación, o compromiso e a corresponsabilidade coa UDC, poden resolverse moitos dos problemas que padece. Apostamos non só por mellorar o transporte universitario (urbano e metropolitano, tendo en conta os camiños de ferro que nos unen coa comarca e con Ferrol) senón tamén por que a UDC conte cunha residencia pública, dado que tanto o Concello como a Deputación posúen edificios que poderían destinarse a tal fin.

9 Xiao Mateu 19/05/2015 13:24

Bó día Xose MaManuel! Teño un pequeno comercio en Montealto. Nos últimos tempos levamos cargando duramente coa crise económica que para asolaga este país. Moitas de nós teñen que pechar as súas portas. Pola contra vemos como cada vez abriron novas áreas ou superficies comerciais na cidade que tamén repercutiron negativamente na nosa economía. No BNG falades dunha Coruña de bairros. Pensades que son compatibles estes grandes centros comerciais coa supervivencia e posta en valor do pequeno comercio para garantir postos de traballo estables e de calidade. En todo caso que faríades de nesta materia de chegar a tervos responsabilidade de goberno? Moitas grazas.

Xosé Manuel Carril:

A dinamización do tecido produtivo local, sinaladamente o comercio de barrio e o comercio nos mercados municipais, figuran no noso programa como temas obxecto da nosa atención. Apostamos, entre outras moitas medidas (que podes ver no programa, en bng.gal/cidadedacorunha), por un banco público de locais comerciais en todos os barrios, mais tamén polas sementeiras de emprego nos mercados municipais, aproveitando os numerosísimos postos baleiros que hai. E todo isto sempre coa finalidade de que os custes de alugueiro para unha actividade de comercio de barrio sexan asequíbeis.

10 Alba 19/05/2015 13:25

Intentará que los centros comerciales no cierren a las 00 de la noche, cómo se nos está diciendo?

Xosé Manuel Carril:

Nós apostamos polo pequeno e mediano comercio. Non nos gustan as grandes áreas comerciais e non compartimos a barra libre dos horarios comerciais, porque benefician os grandes e prexudican os pequenos.

11 Adrián 19/05/2015 13:27

Mágoa q as modas e slogans pesen máis que os programas, que ninguén le, á hora de votar. O seu parece moi traballado. Podería explicar un pouco en qué consistiría o carril bici comarcal que propón? Gracias

Xosé Manuel Carril:

Trátase dunha aposta máis pola mobilidade en clave comarcal que supón non só aproveitarmos as nosas infraestruturas de mobilidade desde a optimodalidade (sinaladamente, a posibilidade de contarmos cun tren de proximidade e con transporte marítimo), senón tamén por favorecer o transporte individual en bicicleta para os desprazamentos interurbanos e comarcais mediante o trazado de roteiros interurbanos e adecuando o transporte público para levar as bicicletas.

12 Xusa 19/05/2015 13:28

¿Qué pensa das persoas que eran do BNG e que agora están na Marea Atlántica?

Xosé Manuel Carril:

Que escolleron libremente onde queren estar e, polo tanto, hai que respectar a súa decisión.

13 Antón 19/05/2015 13:30

¿Cal é a súa postura en política cultural?

Xosé Manuel Carril:

Unha cidade que tamén sexa hábitat natural da cultura galega porque a nosa identidade tamén nos abre ao mundo e nos universaliza. Nós apostamos pola cultura que fai cidade e pola cidade que fai cultura. Podes ver todas as nosas propostas en materia cultural no programa (en bng.gal/cidadedacorunha).

14 Marcos 19/05/2015 13:33

¿Ofreceulle a Roberto Rivas, o bombeiro de Aurelia, ir na sua lñista? Penso que sería un concelleiro fenomenal

Xosé Manuel Carril:

Eu non son nin líder nin caudillo que ofrece postos para ir nunha lista. Ademais, a Política, como ferramenta de transformación social para o benestar, pódese facer desde moi diversos escenarios de actuación, sen necesidade de sermos concelleiros e concelleiras. E a proba é que Roberto Rivas tronzou moitos valados desde a coherencia da súa ética e da súa dignidade.

15 Dardo 19/05/2015 13:35

Señor Carril,pienso que todos los ciudadanos que deseamos un cambio total en el comportamiento de los politicos de este pais,creemos en la necesidad de quitarle poder tanto al PP como al PSOE,responsables del despilfarro de fondos publicos y muchos de sus cargos salpicados de numerosos casos de corrupcion.Por eso no entiendo porque el BNG no unio sus fuerzas con las
Mareas para intentar sanear un poco Maria Pita.

Xosé Manuel Carril:

Non se trata só de evitar que goberne o Partido Popular, senón de garantir que haxa políticas galegas e de esquerdas no Concello da Coruña. O BNG-Asembleas Abertas e a Marea Atlántica son proxectos políticos diferentes que parten dunha análise da realidade diferente, pero en todo caso respectuosa.

16 Kilombero 19/05/2015 13:36

¿Por qué estivo no despexo de Aurelia? ¿Estaban ese día alí os membros doutros partidos?

Xosé Manuel Carril:

Para evitar que botasen a unha señora de máis de 80 anos á rúa, deixándoa cunha man diante e outra detrás e sen ningún tipo de axuda. Fun coherente co deber de socorro das persoas que o necesitan.

17 Laura 19/05/2015 13:37

Como estudante da UdC que leva na cidade uns anos preocúpame que os prezos dos alugueres están polas nubes e na Coruña continuamos sen unha residencia pública, é isto unha preocupación para o BNG?

Xosé Manuel Carril:

Si que o é. Por iso apostamos por unha residencia pública universitaria aproveitando edificios do Concello e da Deputación para tal fin.

18 Juan 19/05/2015 13:38

¿Usted sabe si es de izquierdas o de derechas o anda confundido como otros ?

Xosé Manuel Carril:

Como Pedro Galán Calvete (secretario das Mocidades do Partido Galeguista asasinado no 36), son das persoas que dá a man esquerda, porque sae da man do corazón e vai á man do corazón.

19 Fernando V 19/05/2015 13:40

Hola soy nacionalista de verdad, pero por desgracia no hablo gallego. Os apoyo, pero creo que vuestro discurso no llega, no entendemos eso de "Todas as coruñas", necesitamos mas medidas concretas. por eso te pregunto ¿que medidas concretas hay para Ria del Burgo,Aparcamiento y toros en la ciudad? Muchas Gracias y avante.

Xosé Manuel Carril:

Figuran todas elas no noso programa: si ao saneamento da ría do Burgo; si aos touros e non ás touradas (lástima de bois!, Castelao dixit) e non aos aparcadoiros como negocio. Podes consultar o programa en www.todasascorunhas.gal.

20 Munia 19/05/2015 13:41

Que propostas hai para incentivar o sector pesqueiro?

Xosé Manuel Carril:

Entre outras moitas, declaración do porto da Coruña como porto altamente dependente social e economicamente da pesca e apoio a todas as actividades de pesca, marisqueo, baixura, percebe... en todos os seus ámbitos de actuación. Podes velas todas no programa (está en www.todasascorunhas.gal).

21 Manolo 19/05/2015 13:43

Por que é tan importante para vos o tema da soberanía galega nunhas municipais onde o que se deciden son políticas locais?.

Xosé Manuel Carril:

Moitos dos problemas da cidade da Coruña (pesca, tren de proximidade, aeroporto, ría do Burgo...) resolveríanse se como galegos e galegas que vivimos na Coruña tivésemos máis poder de decisión. Porque non hai políticas de esquerda se non hai soberanía.

22 Xosé Manuel Carril 19/05/2015 13:45

Acabouse o tempo. Sinto ser tan lento nas respostas e non poder contestar a todas. En todo caso, podemos quedar onde queirades para seguir falando destes e doutros temas (podedes contactar comigo nas redes sociais). Moitas grazas a vós e a La Voz de Galicia por este encontro e este momento de lecer. Obrigado a tod@s!