Xsb

El candidato del BNG de Ribeira responderá a los lectores el miércoles, día 20, a partir de las 12.00 horas

1 Xosé 20/05/2015 12:13

Bo día, son Xosé Vázquez Cobas estou á vosa disposición para o que queirades preguntar

2 Fernando 20/05/2015 12:17

¿ Cuales son sus propuestas innovadoras o estrella de su programa para los próximos cuatro años ?

Xosé:

Son moitas pero destacaría o 1º Plan Integral de Emprego porque é unha gran necesidade, especialmente para a mocidade e, dentro disto, englobaríase a creación do chan industrial do que Ribeira carece.
Outro sería facer que a lonxa de Ribeira se convirta na referencia de toda a ría de Arousa creando un selo de calidade para promocionar a venda dos nosos produtos pesqueiros.
No ámbito da natureza facer no parque natural e nacional das Illas Atlánticas de Galiza un centro de investigación medioambiental coordinado coas tres universidades.

3 Sara A 20/05/2015 12:19

Son unha das persoas que votou por Manuel Ruiz hai catro anos pero que está desencantada polo nivel de amiguismo ao que chegou, que non ten nada que ver cos tempos de Torres Colomer. Que medidas tomaría o BNG para acabar co amiguismo no Concello?

Xosé:

Faríamos unha xestión totalmente transparente, publicando Orzamentos, procesos selectivos, proxectos, soldos, etc na páxina web municipal e tamén se establecería un regulamento de participación cidadá co cal a veciñanza tería acceso á documentación e información de interese xeral.

4 Antonio 20/05/2015 12:21

¿Que políticas levará a cabo para axudar as asociacións xuvenís?

Xosé:

Converter a casa da xuventude na casa das asociacións dotándoa dos medios precisos para que realicen a súa actividade con total liberdade.
Colaboraríamos activamente nas propostas de actividades que se nos achegaran, sen interferencias políticas.

5 juan de teira 20/05/2015 12:23

¿Como acabaría coa problemática dos constantes roubos que está a vivir o concello?

Xosé:

Reuniríamos un consello de seguridade formado polo concello e as forzas de seguridade para coordinar a actividade de seguranza do municipio.
Dotaríamos de medios adecuados, que hoxe non teñen, á policía local e esixiríamos o incremento de persoal para que haxa máis presenza de policía de proximidade.

6 Mari 20/05/2015 12:25

Estes días fálase de diversas enquisas en Ribeira, ¿cal é a súa quiniela para o domingo?

Xosé:

Estamos notando moi bo ambiente ante as nosas propostas, as enquisas reflicten que o BNG é a alternativa ao PP e estou seguro de que o domingo rematarán as maiorías absolutas do PP.

7 Víctor 20/05/2015 12:28

¿Ten algunha idea en mente para acabar co caos de tráfico en Ribeira, tanto cos atascos de Miguel Rodríguez Bautista como coa falla de aparcamentos?

Xosé:

Crearíamos aparcamentos disuasorios gratuitos, nas diversas entradas da cidade. Tamén se potenciaría o transporte público coa creación de bonos para estudantado, xubilados e desempregados.
No tema de semáforos vemos como hai unha constante improvisación, decidiríamos con criterios profesionais se esta é a mellor maneira de regular o tráfico en Ribeira.
Revisaríamos a concesión do aparcamento do Centenario para facelo municipal con tarifas reducidas.

8 Ana Montemuiño 20/05/2015 12:31

Ao goberno de Ruiz hai que recoñecerlle grandes obras coma a praza de abastos e a nova lonxa, ¿faría vostede estas obras co investimento que supuxeron?

Xosé:

Ribeira precisaba unha praza de abastos, era unha demanda histórica e somos o derradeiro concello da Barbanza que a fixo. Tanto na lonxa como no mercado, o BNG implicaría aos sectores aos que van dirixidos para participar na distribución como no deseño evitando os problemas que houbo, adecuando as dimensións ás necesidades reais evitando proxéctos faraónicos e caros.

9 Lola Picos 20/05/2015 12:34

Buenos días, Sr. Cobas. Yo quería saber si su partido va actuar en cuanto a los deshaucios y la exclusión social, pues actualmente considero que no se está haciendo todo lo posible, ¿Que medidas prevén para estos temas?

Xosé:

O BNG eliminaría as relacións cos bancos que botasen da súa vivenda habitual a familias do noso concello.
Nós habilitaríamos un número determinado de vivendas onde realoxar a persoas desafiuzadas. Así mesmo crearíamos un Fondo de Emerxencia Social co que axudar a desafiuzados, persoas co pobreza enerxética (luz, agua, gas) ou con problemas de subsistencia.

10 José 20/05/2015 12:37

Como autónomo y vecino de Deán, me preocupa que nuestro ayuntamiento no disponga de suelo industrial. Hace unos meses me parece que desde el ayuntamiento se planteó un polígono en Deán para solucionar este problema. Ustedes si llegan a la alcaldía, ¿Apostarán por este proyecto que está tan cerca de las casas de los vecinos?

Xosé:

O BNG rexeitou este emprazamento desde o primeiro momento polas molestias que ocasionaría a toda a veciñanza de Deán e de Ribeira. Non consideramos adecuado o lugar para un polígono industrial.
Nós apostamos polo Polígono Comarcal da Barbanza, tal e como recolle a Xunta de Galiza na estratexia até 2020, facéndoo por fases segundo a necesidade e a dispoñibilidade orzamentaria.

11 Juan 20/05/2015 12:45

3 preguntas:
- Como dinamizar o comercio local?
- Como poñer a andar ac asa da xuventude?
-Apoiarase a ONG? se son relixiosas tamén

Xosé:

O comercio local é unha das nosas grandes apostas. Faríamos una rebaixa de impostos locais ao pequeno comercio que xerase postos de emprego e dinamizaríamos todas as actividades comerciais en colaboración co sector.
A casa da xuventude converteríamola nunha casa das asociacións onde puidesen programar actividades e realizar o seu traballo, para iso, dotaríamola de medios necesarios e apoiaríamos as actividades sen interferencias políticas.
No referente ás ONG, o BNG loita polos dereitos das persoas e non quere institucionalizar a beneficiencia, consideramos que o elemento esencial da acción asistencial no concello ten que ser Servizos Sociais. Valoramos positivamente o traballo de todas as ONG's, polo que seguiríamos colaborando con elas.

12 Iván 20/05/2015 12:50

canto vas cobrar se es alcalde?

Xosé:

Faría unha reestruturación de todo o gabinete de alcaldía suprimindo asesor de prensa, rebaixando substancialmente o soldo do alcalde e do/a secretario/a persoal. O soldo do acalde vai regulado actualmente por lei polo que o rebaixaríamos até o mínimo do baremo legal.

13 Juan Carlos 20/05/2015 12:52

O goberno actual gastou, segundo a vosa páxina web, moitos cartos en propaganda. ¿Vostedes que van facer en canto a isto?

Xosé:

Suprimir toda a propaganda innecesaria e gasto supérfluo neste eido para destinala ás prioridades actuais, emprego, servizos sociais, etc

14 Valentin 20/05/2015 12:54

Como vecino de Riveira no me gusta nada que la basura, nuestra basura, se incinere en sogama cuando hay outras posibilidades más respetuosas. El BNG garantiza otros modelos o apuesta por sogama?

Xosé:

O BNG traballa e traballará pola superación deste modelo insustenable. Apostamos pola redución, reutilización e reciclaxe así como pola compostaxe. Ribeira debería apostar pola planta da mancomunidade "Serra do Barbanza" que xera 10 veces máis emprego local que SOGAMA e recicla sobre un 45% mentres que o modelo SOGAMA queima o lixo e non chega ao 8% de reciclaxe.

15 Ángel 20/05/2015 13:03

Buenos tardes. Yo quería preguntar en relación a los impuestos y taxas municipales, si tienen previsto subirlas. Estos cuatro años ha habido subidas, especialmente en las que pagamos los autónomos (hablo de ITMV, actividades económicas, basura...). ¿Cual va a ser su política fiscal municipal, particularmente para empresas?

Xosé:

Efectivamente este goberno, no peor da crise subiu todos as taxas case o 10%. Desde o BNG queremos facer rebaixas para o pequeno comercio e tamén as empresas que apostan polo noso concello. Neste eido temos que ser serios e rigorsos, non imos facer promesas que non se poidan cumprir.

16 Lucía 20/05/2015 13:06

Dicen que lo del campo de golf vosotors lo sabíais meses antes. ¿Por qué no lo denunciaste hasta que salió en la prensa?

Xosé:

O BNG sempre se opuxo a este proxecto e seguirá opoñéndose, porque encobre un pelotazo urbanístico e ambiental. Ademais fomos os primeiros en publicar na nosa web, toda a información da que dispoñíamos para que a veciñanza estivese informada.

17 Antía 20/05/2015 13:09

Como integrante dun grupo tradicional quixera facerlle unha pregunta. ¿O bloque que vai facer co noso sector¿
Nos pensamos que deberia haber máis actividades culturais todo o ano e non concentralas todas nun mes, en xuño. A nos ténsenos moi esquecidos. ¿Que propoñedes?

Xosé:

Unha das apostas en materia cultural do BNG é apostar polos artistas do país, en calquera eido (musical, creativo, etc) apoiaremos as actividades de colectivos e asociacións. Impulsaríamos as actividades en todos os centros sociais das parroquias ao longo do ano e non só en certos meses como na actualidade.
Finalmente crearíase a escola municipal de danza, gaita e percusión entre outras moitas medidas.

18 marcos 20/05/2015 13:12

Sabes que estos días o GAEM anda pintando a base de Cruz Vermella unha entidade privada. Vas facer algo?

Xosé:

Non consideramos adecuado o uso que se fai do GAEM e da Protección Civil por parte do Partido Popular, desviándoo das súas funcións de seguridade e prevención. O seu traballo debe cinguirse ás súas obrigas de formación, protección e emerxencias polo que un goberno do BNG non o empregaríamos con fins políticas.
Como a pintura xa é un feito consumado agardamos que Cruz Vermella que fixo sempre moi bo labor se atope cómoda no seu novo emprazamento.

19 lucas 20/05/2015 13:13

Que opinas de potenciar a policia de proximidade? que patrullen a pé, escoitando os problemas de veciños e logo trasladarllos ao concello e tamén a pé nas parroquias. Unha policía que se vexa máis cercana e non como un aparato opresor.

Xosé:

Estamos totalmente de acordo, mais para iso é necesario dotala de medios materiais acaídos e de máis persoal.

20 Fran 20/05/2015 13:20

ti que es de Vixán, que planeas para o parfque natural e os seus afectados que ti convives con eles

Xosé:

Vivimos nun entorno natural privilexiado, máis que afectados gústame falar de propietarios, eles deben ser os principais beneficiarios das políticas a desenvolver.
Queremos aproveitar as 300.000 persoas ao ano que nos visitan ás que non se lle saca ningún proveito, para xerar emprego e riqueza mediante o ecoturimo, turismo deportivo, etc un turismo sustentable que non ten por que estar en contradición coa explotación responsable das propiedades.

21 Xosé 20/05/2015 13:26

Agredezo o interese mostrado a todo o mundo. Agardo ter aclarado as dúbidas recibidas, para min foi unha satisfacción poder facelo. Quen desexe realizar algunha máis, pode facelo a través da nosa web (www.bng-ribeira.gal) onde responderei gustosamente. Quedo á vosa disposición. Moitas grazas.