Xoantonh

El candidato de Compromiso por Galicia en Santiago responderá las preguntas de los lectores de La Voz el viernes a partir de las 17.00 horas

1 Xosé Antón López 15/05/2015 17:00

Boas tardes a todos e todas. Un pracer estar á vosa disposición para contestar a todas as preguntas, suxerencias para acadar un novo Concello en Compostela.

2 Anónimo 15/05/2015 17:02

¿Cómo valora hasta ahora las encuestas?

Xosé Antón López:

Non entran a puntuar o noso proxecto. Como enquisas orientativas sirven pero a verdadeira enquisa é a que nós estamos recibindo da xente a pé de rúa e que nos di que imos ser decisivos no próximo Goberno de Compostela.

3 ruben 15/05/2015 17:05

Como acabar con el enchufes momento en el concello y reducir los tramites municipales.? Gracias y a ganar

Xosé Antón López:

Remataremos cos enchufes aplicando a legalidade e o mérito e a capacidade para acceder a calquera posto, con independencia da orixe de cada muller e cada home. E a burocracia, facendo unha auténtica reforma administrativa tan necesaria para que emprendedores/as poidan ter licencias nun tempo razoable e para que un persoa poida rehabilitar a súa vivenda nun tempo prudente, que nós estimamos en 60 días.

4 Anónimo 15/05/2015 17:06

¿Cómo solucionaría el problema de la música en vivo en los locales del casco histórico?

Xosé Antón López:

Aplicando a legalidade. Os locais teñen que estar preparados para exercer esa actividade e con sentido común e a horas prudenciais non debería haber problema. Outra cousa é o ruido na rúa.

5 Anónimo 15/05/2015 17:08

¿Qué cree que es lo más urgente que necesita Santiago?

Xosé Antón López:

Conservar o que ten no aspecto de que non podemos pensar en grandes obras cando temos unha cidade chea de fochancas, sen beirarrúas no rural e nun estado lamentable. Por outro lado, facer políticas activas de emprego, poñer ferramentas para que os mozos e mozas non teñan que marchar en éxodo cara fóra.

6 Anónimo 15/05/2015 17:10

¿Cómo controlaría que el casco histórico no se convirtiese en un parque temático de los peregrinos?

Xosé Antón López:

Primeiro, dotándoo de servizos básicos. Aínda non ten un centro de saúde, tendo unha poboación moi envellecida e nós pensamos que hai que rehabilitar para vivir. Temos que ter unha praza de abastos para mercar e temos que facer políticas no eido do comercio de proximidade que favorezan a diversidade a través de bonificacións fiscais para que non só se abran comercios ofertados ao turismo. O casco histórico necesita nenos e nenas correndo por A Quintana.

7 modesto 15/05/2015 17:12

cal e o seu proxecto para brañas do sar

Xosé Antón López:

Crear en Brañas do Sar un espazo ecodeportivo e de ocio. Un espazo onde os nenos e as nenas teñan dereito ao xogo libre e a interactuar cos seus pais, avós. Un verdadeiro pulmón ecolóxico que vertebre o Ensanche con Sar e coa Pontepedriña.

8 modesto 15/05/2015 17:14

Que pensa do abandono dos deportes minoritarios por parte do concello de santiago

Xosé Antón López:

Temos que recuperar unha fundación Santiago-Deporte ou calquera outra e a partires de aí temos que entender o deporte en catro concepcións: como educación, como saúde, como ocio e como competición. Sobre todo, apostar claramente polo deporte base e polas necesidades que teñen os deportes minoritarios. Eu sei o que significa para os pais e nais o esforzo de que os seus fillos practiquen un deporte minoritario (exemplo en Santiago, o patinaxe).

9 Anónimo 15/05/2015 17:15

¿A quién o a qué le gustaría tumbar en campaña?

Xosé Antón López:

Eu vou sempre en positivo, nunca en negativo. Tumbaría a indecisión. Pra cambiar as cousas un non pode quedar na casa. O cambio é cousa de todos, hai que sumar esforzos.

10 Anónimo 15/05/2015 17:16

¿Cal é a súa proposta para a Casa da Xuventude?

Xosé Antón López:

Xa o dixemos antes de empezar a campaña, que nós sacaríamos unha consulta para que os veciños decidan pero non soamente sobre a Casa da Xuventude senón sobre todas as obras que superen os 200.000 euros.

11 Anónimo 15/05/2015 17:17

¿Que pensa dos enganches na rúa de San Pedro?

Xosé Antón López:

Que o Concello, máximo despois do acontecido en Vite coa farola, debería ter previsto unha solución legal e razoable para que os veciños e as veciñas cando fan festas ou outro tipo de actividades teñan resolto o problema do enganche da luz.

12 Anónimo 15/05/2015 17:19

¿Quién es su principal rival en la campaña?

Xosé Antón López:

A abstención e que a xente decida apoiar outras opcións por medo a non ser decisivos. Pero seremos decisivos.

13 Anónimo 15/05/2015 17:29

¿Por qué no entró en la coalición de Compostela Aberta? Así tendría un concejal asegurado, no?

Xosé Antón López:

Porque nós fixemos unhas primarias abertas á sociedade, nas que participaron case 400 persoas e nas que só había dous requisitos: estar censados en Santiago e ser maior de idade. En Compostela Aberta iso era inviable. O proceso de Compostela Aberta tardou moito e as nosas características non se daban e, por exemplo, si se houberan dado na Marea Atlántica de A Coruña. Eu non me presento ás eleccións polo cargo senón para que a política recupere a honestidade e a súa función, que é resolver os problemas das mulleres e dos homes de Santiago.

14 Anónimo 15/05/2015 17:30

¿El suyo es un proyecto a largo plazo? Si como dicen las encuestas Compromiso se queda fuera de Raxoi, usted seguirá liderando igualmente la formación?

Xosé Antón López:

Seguirei traballando polo proxecto político, galeguista, progresista e socialdemócrata e pola miña cidade, por Compostela onde toque.

15 Anónimo 15/05/2015 17:31

¿Cal será a súa primeira medida?

Xosé Antón López:

Devolverlle á política a súa finalidade: resolver os problemas dos cidadáns, a honestidade e darlle voz na toma de decisións ás veciñas e os veciños de Santiago.

16 Anónimo 15/05/2015 17:32

Como candidato, ¿cuál es la propuesta más extravagante que le plantearon?

Xosé Antón López:

Un cidadán pediume habilitar unha praza de aparcamento diante da súa porta. Evidentemente, díxenlle que a iso non me podía comprometer. Non sei si gañei un voto ou o perdín.

17 Fernando Rei 15/05/2015 17:35

Vostedes son o partido, que xunto co BNG leva a músicos na súa candidatura. Podería explicar cales son os seus plans para estas tres institucións: 1º banda municipal de música, real filharmonía e o Conservatorio Profesional de Música. Tamén da eliminación da música ao vivo. Grazas

Xosé Antón López:

Nós pensamos que un Concello que ten unha Real Filharmonía, unha Banda Municipal e un Conservatorio Municipal ten que apostar claramente porque todas elas traballen en conxunto, cun plan amplo de colaboración para que a música sexa un referente na nosa cidade. E, ao mesmo tempo, unha cidade turística como é Compostela, teña unha programación estable a nivel musical de primeiro nivel.

18 Mazarelos 15/05/2015 17:36

hola jose antonio, me han dicho que fuiste coordinador de medios de comunicación en la campaña electoral del PSdG en Compostela en las municipales de 2011 ¿es así?

Xosé Antón López:

Non fun coordinador de comunicación na campaña do PSdeG. Si é certo que estiven na executiva local na área de comunicación, da cal non renego.

19 Diego Gonzalez 15/05/2015 17:37

Que tipo de politica cultural vai ter Compromiso por Galicia nas festas da Ascensión e Apostolo ? Mais centradas a nivel galego ou internacional como se fai sempre ?

Xosé Antón López:

Penso que ten que ser complementaria unha da outra. Temos que defender e apoiar o noso e abrirnos tamén ao bo de fóra. Conxugando as dúas cousas, faremos unhas festas cunha programación máis atractiva para as veciñas e os veciños e os visitantes.

20 Anónimo 15/05/2015 17:39

¿Qué es lo que más le preocupa de Santiago?

Xosé Antón López:

Que Santiago sexa unha cidade de oportunidades, para que os mozos e as mozas non teñan que emigrar e que ao mesmo tempo se converta nunha cidade onde ninguén que o necesite non se lle axude.

21 Anónimo 15/05/2015 17:40

¿Está abandonado el rural de Santiago?

Xosé Antón López:

Si. Está abandonado e Compromiso por Galicia pensa que todas as mulleres e os homes de Santiago, vivan onde vivan, deber ter os mesmos dereitos e as mesmas obrigas. Iso significa tamén ter os mesmos servizos básicos: transporte, beirarrúas, alcantarillado, pistas asfaltadas...

22 Anónimo 15/05/2015 17:42

Se entran en Raxoi, ¿teñen claro con quen pactar?

Xosé Antón López:

Si e incluso con quen non pactar. Somos unha forza galeguista, de esquerda e centro-esquerda e en base a un proxecto real e efectivo de Santiago pactaremos con formacións que compartan o noso espazo político. Iso non quere dicir que entremos en ningún Goberno.

23 Anónimo 15/05/2015 17:44

¿Pondría más en valor el paseo del río Sarela?

Xosé Antón López:

Si. Nós temos un proxecto de construir unha cidade verde, facendo un circuito biosaudable, cunha extensión de 54 kilómetros que bordea toda a cidade, dende o Sarela ata a senda verde de Berdía, voltando polo Monte do Gozo ata a fervenza de Conxo para que a xente poida camiñar, correr ou ir en bicicleta, tan necesario para esta cidade e que non ten un custe excesivo.

24 Anónimo 15/05/2015 17:46

¿Tiene Santiago un problema de aparcamiento?

Xosé Antón López:

Os aparcamentos baixo a superficie están ben se teñen un prezo razoable, cousa que non teñen ata o de agora. Apostamos por crear o aparcamento no Campus universitario e, ao mesmo tempo, prantexamos a supresión deste sistema de ORA que so é recaudatorio por un sistema que ordene realmente o problema do aparcamento dando a todos os veciños e veciñas que teñan o seu coche censado no Concello tres horas de aparcamento gratuito.

25 Anónimo 15/05/2015 17:47

¿Cómo propone retener a los turistas y peregrinos más de un día en Santiago?

Xosé Antón López:

Diversificando a oferta turística. Temos que ofrecer un turismo musical, verde e para iso necesitamos roteiros. Tamén, un turismo gastronómico. Non debimos deixar marchar nunca o Foro Gastronómico. Son necesarios os eventos deportivos e culturais de primeiro nivel pero, tamén, de promoción da propia cidade.

26 Anónimo 15/05/2015 17:49

¿Cómo crees que están siendo la campaña en Santiago?

Xosé Antón López:

Para nós (a nosa) dinámica, ilusionante, de contacto coa xente, a pé de rúa, sen grandes padriños que nos veñan a apoiar, nin grandes infraestructuras que nos den cobertura. Humilde e con persoas moi comprometidas con Santiago e co noso proxecto. Próxima estación, esperanza.

27 Anónimo 15/05/2015 17:51

Vostede que viviu no casco histórico, ¿qué propón para que os veciños volvan a vivir nel?

Xosé Antón López:

Sigo vivindo no casco histórico. Pois dotalo de servizos como xa dixen. É necesario dotalo dun centro de saúde, unha praza para mercar forte e, sobre todo, facer unha política de rehabilitación non especulativa, senón para vivir. Por exemplo, nós faríamos todo o posible para que as vivendas de Xoán XXIII foran en aluguer para mozos e mozas. O casco histórico necesita xente nova para que A Quintana ou Cervantes se enchan de nenos e de nenas.

28 Anónimo 15/05/2015 17:52

Recomiende un vino...

Xosé Antón López:

Por suposto, un Amandi

29 Anónimo 15/05/2015 17:52

¿Por qué no hay nunca un alcalde de Santiago?

Xosé Antón López:

Porque Santiago é unha cidade universal e o importante non é nacer nela senón querela como propia.

30 Jay 15/05/2015 17:54

Como concibes o urbanismo da cidade?

Xosé Antón López:

Radicalmente distinto a como se concebiu ata o de agora. Non se pode construir vivendas para telas vacías. Hai que facer un planeamento real e pegado aos cidadáns. No rural non se poden trazar liñas, hai que estudalo no seu conxunto. É evidente que o urbanismo en Santiago non foi ben planificado pola imposibilidade de crecemento en número de habitantes e pola cantidade de vivendas vacías que ten.

31 santi 15/05/2015 17:57

¿cree que en el grupo de Compostela Aberta estan todos los votos que gestiona mercedes roson?

Xosé Antón López:

Non, creo que Mercedes Rosón é unha persoa excepcional que aceptou a súa derrota e que está ao marxe de calquera tipo de intriga de palacio.

32 david 15/05/2015 17:58

¿con cuantos votos ganaste las primarias de compromiso x galizia?

Xosé Antón López:

Con máis de 200.

33 david 15/05/2015 18:01

¿en cuantas y cuales instituciones públicas has cobrado nómina?

Xosé Antón López:

En dous: na Diputación de A Coruña durante dous anos e medio como asesor de participación (1.250 euros) e na Secretaría Xeral de Emigración durante once meses como responsable de relacións co Parlamento (1.350 euros). Levo sete anos exercendo a avogacía como autónomo e anteriormente era director deportivo dun ximnasio durante dez anos.

34 javier 15/05/2015 18:03

¿que haría respecto a los seis arquitectos del consorcio que nos cuestan 4.000 euros/mes cada uno? ¿piensa usted que se han adaptado a las nuevas necesidades del casco histórico o que están obsoletos y es necesario un recambio?

Xosé Antón López:

Compromiso por Galicia pensa que o Consorcio é un elemento fundamental para o desenvolvemento do Concello e que reformaremos o que haxa que reformar para que sexa un instrumento útil.

35 angeles 15/05/2015 18:05

¿que le pedirás a agustín si te llamara para ser bisagra del gobierno de derechas?

Xosé Antón López:

Diríalle que despois destes catro anos perdidos e frustrantes para as veciñas e os veciños de Santiago o PP debería pasar á oposición.

36 Xosé Antón López 15/05/2015 18:09

Gracias a todas e a todos polas vosas preguntas. Unha pena non poder contestar a todas pero o tempo é limitado. Se tedes máis dúbidas escribir a xa2015.gal. Un saúdo e a votar o 24-M por Compromiso por Galicia.