Encuentro con Xoaquín Fernández Leiceaga
El candidato del PSdeG a la Xunta de galicia responderá a las preguntas de los internautas de La Voz el viernes 16 a las 13:30 horas.
Boas tardes, aquí estou preparado para dar unha resposta ás vosas cuestións e darvos unha resposta nova.
¿Ustedes están dispuestos a rechazar el contrato con la empresa que contamina la ría de Pontevedra a la que le añadieron tantos años allí? Por la que declararon a Rajoy non grato.
O goberno en funcións de Rajoy prorrogou a concesión da empresa ENCE por 60 anos. Foi unha actuación que se puido evitar, agardando a que se constituise un goberno con pleno respaldo.
Pero témome que só pode evitarse que esa concesión surta efecto cunha sentenza xudicial.
En todo caso a postura do Partido Socialista de Galicia está clara: Ence debería estar fóra da ría de Pontevedra.
Si llega al gobierno de la Xunta de Galicia....¿Recuperaría de nuevo el impuesto de Sucesiones y Donaciones o lo dejaría tal y como dejó ahora el sr. Feijóo...O sea eliminado de facto?....Si lo recupera y lo deja como estaba hasta el 01/01/2016 ¿Cree Usted que la inmensa clase media gallega, que ya está esquilmada de tantos impuestos lo votaría a Usted?
No noso programa non contemplamos cambiar a regulación do Imposto de Sucesións e Doazóns. A miña convicción é que non debe cambiarse a normativa fiscal cada ano.
En todo caso si nos propoñemos evaluar as bonificacións fiscais existentes, en IRPF e Patrimonio, desde a perspectiva da eficiencia e da equidade.
Buenos días. ¿Qué opina del mal funcionamiento del SERGAS? ¿Qué medidas concretas implementará para solucionarlo? Gracias.
Creo que a sanidade en Galicia tivo nestes anos tres problemas: as privatizacións de algunhas áreas; a dificultade no acceso (emigrantes retornados, copago de medicamentos, exclusión de algúns fármacos,...) e os recortes de medios. Como consecuencia, o servizo foi a peor e as listas de agarda aumentaron.
A nosa proposta pasa por aumentar os recursos: propoñémonos contratar 1.500 profesionais sanitarios mais en 4 anos.
Por revertir as privatizacións máis perniciosas (Hospital Alvaro Cunqueiro en Vigo, Laboratorio Central de referencia,...)
E por facilitar o acceso de todas as persoas á atención sanitaria, que debe ser universal; eliminando ademais o copago para os pensinoistas de rendas máis baixas. E reinitroducindo como un dereito o tratamento dos enfermos da hepatite C e da meninxite, por exemplo.
Bo día, Xoaquín
Son unha antiga votante do PSOE desencantada co PSOE polo rumbo que estaba tomando e que co pacto con C's a nivel estatal aínda se afastou máis do partido, que lle diría a alguén coma min para recuperar o seu voto?
Un saúdo.
En Galicia hai dous camiños. O do Partido Popular, que xa coñecemos, e supón catro anos máis de recrotes e privatizacións; ou un cambio liderado polo Partido Socialista de Galicia, que reforce os servizos públicos e reduza os niveis de desigualdade.
A posición de Pedro Sánchez indica a nosa firmeza contra as políticas da dereita. Pero hai que recoñecer as dificultades da situación política e da aritmética parlamentaria para poder sacar adiante os proxectos que importan.
Ten algunha proposta para que poidamos ver os nosos ríos coma fai 50 anos, en canto a flora e a fauna?
Despois de décadas de aplicación dos fondos europeos aínda faltan por sanear demasiados ríos e rías no noso país. Nos próximos catro anos temos que facer un esforzo para rematar coas obras de infraestrutura de saneamento necesarias -como a depuradora de Santiago, que afecta ao río Sar e polo tanto á ría de Arousa-.
Pero non chega. Hai que garantir que as depuradoras construídas funcionan. E para iso é preciso ter abordaxes integrais, creando puntos de colaboración entre concellos e Xunta de Galicia.
D. XOAQUIN vostede cree que son necesarios 314 concellos pra gobernar Galicia.
Seguramente non.
Pero precisamos primeiro modificar a Lei de Administración Local de Galicia para crear as condicións legais e financeiras que permitan facilitar a fusión voluntaria de concellos, impulsándoa con claridade desde a administración autonómica.
E complementalo con instrumentos de colaboración entre concellos e coa Xunta, en ámbitos como o transporte, a recollida de residuos, etc.,,
Falou vostede de posibles acordos tralas elecións para formar goberno. É compatible coa frontal oposición do seu partido ás mareas nos concellos (Compostela ou Coruña, por exemplo)? Que opiñón ten de que o concello de Compostela teña un concelleiro menos dende antes do verán por non tomar posesión un membro do seu partido?
En Galicia existe unha forte demanda de cambio. Adenáis, os cidadáns prefiren que ese cambio estea liderado polo Partido Socialista de Galicia. Despois das eleccións estableceremos un diálogo para facer posible ese proxecto de cambio liderado polo Partido Socialista de Galicia.
Sobre o outro tema, de carácter local, aínda que non o coñezo en profundidade, supoño que terá axiña unha solución.
?que piensa hacer con los chiringuitos y empresas públicas deficitarias que dependen de la Xunta ? Son cargas que viven de nuestros impuestos.
Debemos facer un enorme esforzo para axustar o tamaño e a estrutura da administración ás necesidades... e ás posibilidades. Pero hai organismos ou empresas que deben seguir existindo porque cumplen funcións especializadas, sempre que teñen un control público adecuado.
D. XOAQUIN si non damos arranxado nosa casa, vostede cree que estamos capacitados pra arranxar as dos 2.500.000 de galegos.
Somos uns pucos máis galegos, perto de 2.800.000, ademais dos que están no exterior.
O Partido Socialista de Galicia está gobernando en mais de 100 concellos, con noventa e seis alcaldías; así como en tres deputacións provinciais. Temos sete presidentes de Comunidade Autónoma e participamos en dous gobernos autonómicos mais.
En xeral, tanto en Galicia como fóra, ocn estabilidade e capacidade.
Creo que son datos que amosan a nosa capacidade para gobernar Galicia.
Buenos días. Soy trabajadora del consorcio galego de igualdade e benestar, concretamente das galiñas azules. No tenemos convenio colectivo y nuestra situación es cada vez más precaria. Se nos han aplicado los recortes como si fuéramos funcionarios. Las listas de sustituciones son opacas. Trabajamos incluso a 100 km de nuestros hogares y todo por 900€ . la situación es insostenible y si no cambia nos veremos avocados a una huelga general. Solicitamos la adhesión al V convenio colectivo de trabajadores de la xunta. Cuál es su postura ante esta circunstancia?. Gracias
Tanto na administración pública como fóra dela, o grado de precarización laboral está chegando a límites imposibles de manter. Nós defendemos unhas condicións de traballo dignas para todos os traballadores e traballadoras, públicos ou non.
Qué le dijeron en el despacho de Pedro Sánchez antes de presentarse usted a las primarias para ser candidato?
Quería coñecerme e expliqueille quen era eu e por qué, se as primarias se convocaban, estaba disposto a dar o paso. Foi un ancontro agradable.
Hola Xoaquín, mi pregunta es: ¿qué propuestas tiene para la educación pública?
Os recortes dos últimos anos afectaron á calidade da ensinanza pública. Na nosa opinión, un bo ensino público segue sendo un instrumento fundamental de modernización e de igualdade. Por iso poropoñémonos en primeiro lugar contratar 2.500 profesores nos vindeiros 4 anos para garantir que hai profesores de apoio nos centros, que se recuen os alumnos por aula alí onde estean masificadas ou que podemos reforzar a aprendizaxe de inglés con profesores nativos.
Tamén queremos volver aos libros de texto gratuitos para todos na educación público, porque é menos costoso que o modelo actual, tanto para as familias como para a administración.
Outras propostas que temos son a de impulsar a formación profesional dual, mediante a colaboración con empresas e clusters, favorecendo a inserción laboral dos mozos e mozas que cursan estos estudos.
Todo isto dentro dun Pacto Galego para o ensino público (que se traslade a unha lei galega de educación onde sexa necesario), coas ANPAS, os sindicatos do ensino, outras forzas políticas e colectivos profesionais, no que, ademais de estas cousas, se aborden aspectos de organización escolar que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar.
¿Va a contar con la presencia de Touriño o Laxe en la campaña?
Claro, os presidentes autonómicos socialistas son un referente para min.
Bos días! En Galicia es imposible vivir si no tienes coche para moverte. Y eso ocurre tanto para trasladarte de un sitio a otro dentro de Galicia, como cuando quiere ir a cualquier otra parte de España. El transporte público es pésimo. ¿Tiene alguna propuesta para solucionar esta situación?
O certo é que en Galicia existen 30.000 núcleos de poboación. A mobilidade é un problema.
Pero as redes de transporte público son moi mellorables. As concesións de transporte interurbano teñen dous anos de prórroga, a raíz dunha sentenza que anula unha decisión da Xunta de Galicia de Feijóo.
Neste tempo estudaremos unha mellor adapatación das liñas de transporte ás necesidades actuais para poder mellorar as condicións de mobilidade das persoas. E impulsaremos os consorcios de transporte (en colaboración cos concellos urbanos) para dar solución aos problemas de mobilidade na contorna das cidades.
Cre que Galicia se pode gobernar como as cidades da Coruña, Ferrol e Santiago, como dixo hoxe Luís Villares?
Creo que non son o mellor exemplo.
Para nós o exemplo son hoxe Vigo e Lugo, que teñen unha política social de primeirísimo nivel; ou Vilagarcía, Ames, Monforte , Verín ou O Barco de Valdeorras, por exemplo.
Os gobernos socialistas de Santiago e A Coruña son tamén unha boa referencia.
En que é vostede mellor candidato que Villares?
Aspiro a que os galegos me vexan cómo mellor candidato que Feijóo, porque represento políticas diferentes ás que o Partido Popular impulsou nestes anos; e teño a experiencia de xestión cómo para poder levar adiante políticas de cambio na Xunta de Galicia.
Sabemos lo que quiere hacer y con quién , pero no sabemos cómo .Podria decirnos cómo.
Con estabilidade. Con austeridade. Con decisión. Con firmeza na defensa dos intereses dos galegos e galegas. Con capacidade de diálogo. Priorizando a creación de emprego ou o reforzamento dos servizos públicos.
Moitas grazas pola participación neste encontro.
Agardo que o 25 de setembro apostedes polo cambio tranquilo que representamos.