Veronicatellado1

La directora xeral de Conservación da Natureza responderá las preguntas de los lectores de La Voz sobre el Plan de Conservación del Monumento Natural de As Catedrais.

1 Verónica Tellado 16/06/2015 12:01

Bós días! Estou á vosa enteira disposición......

2 María Sanchís 16/06/2015 12:05

Realmente non había outra forma de limitar o acceso ás Catedrais que tendo que sacar entrada?

Verónica Tellado:

O Plan de conservación do monumento natural das Catedrais obedece a un traballo técnico, específico, suxeito a numerosos informes e dous periodos de exposición pública onde se teñen avaliado tanto a proposta da administración, como responsable da xestión dos espazos protexidos, como de calquera interesado.
O sistema proposto funciona noutros espazos protexidos do mundo e en todo caso, como en toda planificación estaremos atentos para velar porque o planificado nos permita conseguir o obxectivo previsto.

3 María Sanluis 16/06/2015 12:06

En caso de que el sistema de tiques para acceder a la playa de As Catedrais no funcione, se tiene pensada una alternativa?

Verónica Tellado:

Por suposto estaremos atentos a calquera desviación sobre o sistema implantado.
O noso obxectivo non é outro que protexer o monumento natural.

4 Martina 16/06/2015 12:09

¿Cuándo es la mejor época para visitar As Catedrais?

Verónica Tellado:

Todo o ano é boa época para visitar As Catedrais. Eso sí, é recomendable coñecer o horario das mareas, posto que con marea alta non se pode disfrutar do extraordinario espectáculo que ofrece o monumento en marea baixa.
Toda A Mariña ofrece unha extraordinaria oferta de turismo de natureza que pode completar a visita ás Catedrais.
Recomendo que se consulte na nosa web a xente que ten previsto desprazarse nun día concreto este verano, para que a visita sexa totalmente satisfactoria.

5 Sonia Santomé 16/06/2015 12:15

¿Realmente no se tuvo en cuenta al concello de Ribadeo en el plan presentado ayer por Medio Ambiente?

Verónica Tellado:

Levamos máis dun ano coa tramitación do Plan. Ten sido un traballo intenso aberto á participación de todos.
Cando publicamos a primeira versión do Plan fixémolo da man do Alcalde no salón de Pleno do Concello, e nesa versión xa recollíamos un análise da capacidade de carga, que xa se aproximaba ás 5.000 persoas/día, e que ademáis se suma a numerosas xuntanzas nas que falamos de forma constructiva da conservación do espazo.
Eu estou para traballar pola conservación, e me consta que tanto o alcalde, como responsables de costas e da Deputación, coincidimos no obxectivo da importancia de conservar este emblemático espazo.
Esto é o realmente importante.
Toca xestionar, e son consciente de que

6 Lola Sandoval 16/06/2015 12:21

Bós días Verónica, ¿comparte a opinión do rexedor de Ribadeo de que co sistema de tiques vaise dar unha imaxe pésima ao mundo?

Verónica Tellado:

Eu defendo, e defenderei sempre os nosos espazos protexidos e a importante biodiversidade coa que contamos, que pode ser, ben artellado, un xerador de riqueza para a nosa economía, pero tamén son consciente que o turismo de masas pode supoñer un problema para manter este patrimonio ben conservado.
Nos últimos tempos estaba a ser moi preocupante o que estaba acontecendo no monumento, xente escalando polas rocas, pintadas nas paredes, colas interminables na baixada ao real...... Este é o punto de partida, unha imaxe difícil de olvidar.
Mire, probablemente este verano non logremos solucionar ao 100% o problema, e esa imaxe pode que se repita, pero poido asegurarlle, que cando menos, planificamos como debe facerse, a través dun plan de conservación do monumeno natural, para corrixir o problema.
Conto coa colaboración de todos os amantes da natureza para que esta imaxe non se repita.

7 Anónimo 16/06/2015 12:23

¿No le parecen muchas 4.812 personas como número máximo de visitas diarias a la playa?

Verónica Tellado:

A verdade é que sobre este asunto hai moitas opinións, por iso a capacidade de carga está baseada en estudos técnicos que temos adaptado para o caso concreto das Catedrais.
Estaremos moi antentos, e se irá modificando o Plan segundo gañemos en experiencia na xestión.

8 juan. 16/06/2015 12:25

Buenos dias Verónica, soy Juan desde Madrid, llevo veraneando desde hace 30 años por la zona¿porque no hacen una pasarela de madera por la zona de los arcos para que la gente solo ande por las zonas delimitadas como al principio de barreiros hasta las catedrales? se deterioraria menos y seria mas seguro.

Verónica Tellado:

Gracias por tu aportación. La tendremos en cuenta.
Cualquier actuación, como sabes, es muy estudiada, dado que al estar en un espacio protegido debemos evaluar muy detenidamente su impacto.
Se agradece mucho que la gente se implique aportando ideas constructivas, pero ya corresponde al análisis técnico evaluar si son compatibles.

9 Pedro 16/06/2015 12:26

El plan presentado ayer sirve para controlar el acceso a las playas. ¿Pero qué se tiene pensado para las áreas limítrofes, también sobredimensionadas?

Verónica Tellado:

El Plan incluye muchas actuaciones, pero es cierto que la que más interés despierta por su impacto en la población es el de la ordenación de visitantes diarios.
Las zonas que comentas se han tenido en cuenta en el cálculo, pero dado que por la zona discurre el Camino de Santiago, la red de caminos naturales...... no estimamos conveniente limitarlo.

10 Angeliño 16/06/2015 12:31

Hola, Verónica. Crees que es solución cobrar por acceder a As Catedrais?

Verónica Tellado:

Acábase de presentar o plan de conservación do espazo que agardo contribúa á súa conservación.
Coa colaboración e a comprensión de todos na posta en marcha do Plan o resultado pode ser moi satisfactorio.
Normalmente cobrar ou non cobrar non é a solución a ningún problema de xestión de espazos protexidos. Eu o que desexo é que todos os que o desexen visiten este, e outros espazos protexidos da Rede Galega, de forma ordenada.

11 Rodrigo 16/06/2015 12:37

¿Comparte las críticas de algunos hosteleros que creen que gente que reservó plaza el año pasado en la zona para ver As Catedrais se quedarán sin contemplarla? ¿No llega este plan un poco al límite, a mediados de junio??

Verónica Tellado:

Desde setembro do ano 2014 que empezamos coa tramitación do Plan anunciamos que as medidas estarían implantadas para este verán, e que ademais estaba previsto regular as visitas, polo tanto non é nada novo que xurdira nas últimas semanas.
Poden estar seguros os hosteleiros e o público en xeral que o que pretendemos é que cada vez se achegue máis xente a visitar As Catedrais, e o faga de forma planificada, e que en vez dunha visita dunhas horas sen facer apenas gasto na zona, o visitante se quede pola Mariña, e aproveite para coñecer outros lugares.
Imos a poner en marcha un itinerario de interese xeolóxico que completará a oferta turística de calidade, e agardamos que con esta e outras medias previstas no plan, postas en marcha con sentido común, logremos un dobre obxectivo: conservar o espazo e que aumente o turismo e os beneficios directos e indirectos que comporta para toda A Mariña, e especialmente, para o Concello de Ribadeo.

12 Noela 16/06/2015 12:42

¿No cree que es ridícula la pauta de que solo se pueda reservar en la web con 15 días de antelación? Yo quería reservar ya para el 1 agosto porque el 15 de julio voy a estar fuera de España y no tendré tiempo. Posiblemente me quede sin plaza.... En muchos otros lugares se permite reservar en cualquier día hasta completar aforo...

Verónica Tellado:

O obxectivo de facelo con 15 días de antelación é porque moitos de nós, cando reservamos con moito tempo, algo que é gratuíto, non lle damos demasiada importancia se finalmente non acudimos, de ahí que teñamos establecido os 15 días.
Se coa posta en marcha detectamos que isto supón un freo ou un problema, non dubide en que o cambiaremos.
Se tivo oportunidade de visitar o enlace, a autorización é moi sinxela de obter, en dous minutos, dependendo da xente que se inclúa pode estar cumprimentada. Ademais pode facerse a través dun teléfono dado que os pasos son moi sinxelos. Agardamos que isto non supoña un atranco, pero agradezo a súa aportación, e valorarase.

13 Clara Sánchez 16/06/2015 12:46

Teniendo en cuenta que en muchas ocasiones estos sistemas informáticos fallan. Se tiene prevista una alternativa para esos supuestos?

Verónica Tellado:

Si, o temos previsto. As autorizacións tamén poden obterse por resolución administrativa que me corresponde outorgar. Tamén pode suspenderse o sistema de regulación se un fallo informátivo así o determina.
Poden estar seguros de que todo o persoal da dirección xeral traballa, e traballará, para que o sistema de regulación funcione, e de non ser así, a planificación modificarase de forma áxil, sen que cause prexuízo algún ao visitante.

14 José Luis Sánchez 16/06/2015 12:49

Polo que teño entendido, o Clúster de Turismo de Galicia, os concellos da zona e os empresarios locais xestionarán unha porcentaxe das autorizacións diarias. Cantas terán cada uno?

Verónica Tellado:

Os técnicos da Axencia de Turismo de Galicia propuxeron unha porcentaxe (5% os concellos e 10% Acisa, e 10% Clúster).
Esa proposta está aberta para que se analicen as propostas que nos fagan os interesados.
O Monumento natural é patrimonio de todos os galegos, pero é totalmente razoable, se así o desexan que desde o Concello de Ribadeo e desde a hostelería local, dispoñan dun número de autorizacións máis elevado.
Estou segura de que se chegaremos a un acordo que satisfaga a todos.

15 Pedro 16/06/2015 12:51

Ola son Pedro de Ferrol e teño unha duda, se as entradas se descargan de forma gratuíta a través da web, isto non suporá unha barreira para as persoas maiores que queiran facer unha visita a esas praias e que non sepan manexar Internet? Podrán tramitar o servizo a través do teléfono? Que outras axudas recibirán?

Verónica Tellado:

Grazas, efectivamente, pode ser un atranco.
Nos próximos días habilitarase un teléfono para este fin.
Ofreceremos toda a axuda que sexa necesaria, para iso traballamos.

16 Lita 16/06/2015 12:53

Bos días, chámome Lita e son da Lama, gustaríame saber como se levará o control das persoas que teñen acceso ás entradas. As visitas terán unha duración limitada?

Verónica Tellado:

Lita, a petición do Concello de Ribadeo, o control das persoas con acceso ao monumento levarase a cabo por persoal, tanto contratado como da propia dirección xeral de conservación da natureza.
A visita pode durar todo o tempo que o desexe.

17 Jose manuel 16/06/2015 12:54

Se tendran en cuanta las mareas que mucha gente desconoce para retirar los tickets, o el visitante no importa?

Verónica Tellado:

Claro que importa, eu diría que é o fundamental.
Na propia aplicación, cando sinale a data da visita, pode obter a información das mareas. O ideal é que a visita empece dúas horas, ou hora e media antes do momento exacto da marea baixa.

18 Corín 16/06/2015 12:58

Qué nota le daría a la conservación de As Catedrais?

Verónica Tellado:

Eu a toda a Rede de espazos protexidos de Galicia lle dou un dez.
En canto ao seu estado de conservación, na actualidade non se ten constatado que sufra, este espazo, ou outro, un mal estado de conservación, se ben é certo que temos que aplicar medidas de xestión para que a conservación destes sexa, cando menos, a mesma que no momento da súa declaración.
É un traballo duro e non exento de controversia, pero non podemos olvidar, a pesar das dificultades que somos o que somos, grazas tamén ao este patrimonio, é que o responsable é actuar.

19 Miguel 16/06/2015 12:59

poruqé tanto empeño en proteger las catedrales y sin embargo los espacios de alrededor están a monte. Cree que es una buena forma de actuación?

Verónica Tellado:

Poñemos todo o empeño do mundo en protexer todos os nosos espazos e as nosas especies, actuando marcando prioridades cando un destes espazos se atopa en perigo, como foi o caso das Catedrais, pero recollo a súa queixa. Grazas

20 Francisco Lestegás 16/06/2015 13:01

¿Donde se va hacer el control de entrada? ¿Cuanto personal se necesita para llevarlo a cabo?

Verónica Tellado:

O control será na escaleira. Contaremos con polo menos tres guías e axentes ambientais, pero se non son suficientes, reforzaranse.

21 Verónica Tellado 16/06/2015 13:03

Moitísimas grazas pola vosa participación.
Temos un Plan de conservación pero agardamos calquera suxestión que contribúa a mellorar.
Se nos temos equivocado, non dubiden que saberemos estar á altura sen olvidar nunca o noso principal obxectivo, conservar o espazo.
Conto con todos neste empeño. Apertas.