Serafinotero

El ex responsable de la CIG en Vigo y candidato por el BNG en las próximas municipales responderá a los internautas el jueves 14 de 13 a 14.00 horas

1 Serafín Otero 14/05/2015 13:00

Bos días a todos e todas, son Serafín Otero, candidato do BNG Asembleas Abertas e estou aquí para contestar ás preguntas que queirades facerme.

2 Azucena Alonso 14/05/2015 13:08

¿Qué propostas ten che chega ao goberno?

Serafín Otero:

Nós temos as nosas propostas artelladas en cinco eixos que son en este momento dar resposta ás necesidades sociais que existen na cidade de Vigo e que teñen que ver coa situación de desemprego, a situación de pobreza e o crecemento cada vez maior de persoas que están en situación de exclusión social. Como segunda proposta para nós é importante neste momento a creación de emprego, con medidas que o activen dende o Concello a pesar de que somos conscientes de que non é unha competencia municipal. Por suposto, a remunicipalización dos servizos públicos, especialmente auga e transporte. Tamén a participación como unha cuestión esencial para que os veciños e veciñas poidan participar directamente na toma de decisións no concello.
E a quinta sería facer un Vigo en rede e máis sostible. Estas son as grandes liñas de actuación do noso programa, pero a maiores tamén consideramos esencial potenciar o uso do idioma e da cultura. Se queredes consultar máis detalles do noso programa, podedes facelo na nosa web: www.bng.gal/vigo/

3 Dani Santos 14/05/2015 13:10

Porque se opoñen á instalación de Porto Cabral en Liñeiriños?

Serafín Otero:

Opoñémonos en primeiro lugar porque queremos impulsar a recuperación dos montes e en segundo porque o que pretendemos é darlle á máxima importancia ó comercio de proximidade da cidade. Cremos que destrúe o emprego local e o único que xenera é precario e temporal.

4 Ana Gándara 14/05/2015 13:14

le oí decir que va a ampliar el plan de empleo ¿como se concreta eso?

Serafín Otero:

Directamente cun aumento das partidas orzamentarias, sería necesario neste momento tamén facer un plan de choque de emprego xuvenil e destinado ás mulleres. En calqueira caso habería que promover outras fórmulas de creación de emprego directo. Como por exemplo a través dunha sementeira de empresas ou a través de acordos coa Universidade.

5 Manuel Leirós 14/05/2015 13:17

Teño a case todos os meus amigos emigrados. Enxeñeiros nunha maioría. Que pode facer o Concello para evitar que teñamos que marchar?

Serafín Otero:

Primeiro como decía anteriormente un plan de choque contra o desemprego xuvenil, onde tería que haber unha implicación directa do Concello, a Universidade e empresariado. Queremos potenciar a creación de emprego en Vigo e crear medidas para que os mozos emigrados de Vigo retornen. Neste sentido sería necesario crear tamén bolsas de emprego municipais.

6 Xosé Galán 14/05/2015 13:20

Paga a pena votar ao BNG, non é mellor votar directamente a Caballero?

Serafín Otero:

Paga a pena votar ao BNG porque a Vigo vaille mellor cando o BNG ten capacidade de decidir nas políticas municipais. Cando o BNG tivo opcións de goberno, se presentaron as iniciativas máis importantes de transformación da nosa cidade. Obras como as humanizacións do Calvario, praza da Independencia, recuperación do Casco Vello e Bouzas, aumento continuado das partidas de Benestar Social ou apertura de novas instalacións deportivas e culturais, entre outras, foron impulsadas polo BNG.

7 arsenio 14/05/2015 13:27

El derecho de superficie propicia que la renta de alquiler de una vivienda sea lo mas barata posible, por ser el suelo público y junto con el valor de la construccion se capitalizan según la vida util posible del inmueble. ¿Que opinan ustedes? ¿Estarian dispuestos a crear y gestionar una empresa municipal del suelo para tal fin? ¿O bien les es suficiente con la reserva de suelo en cada ambito de planeamiento secundario del Plan Xeral y que se desarrolle cuando proceda la iniciativa privada?

Serafín Otero:

Dende o BNG defendemos un plan de vivenda de aluguer social, que implicaría a creación dun parque público de vivenda de aluguer que iría referido aos ingresos. Estamos en contra da venda de vivendas municipais porque defendemos que esas vivendas se utilicen para aluguer social para as persoas con menos recursos.

8 X. Ramon 14/05/2015 13:29

Que proposta ten para mellorar a participación da cidadanía nas decisións municipais?

Serafín Otero:

Primeiro facer un novo regulamento de participación cidadá que dea a máxima participación aos veciños e veciñas nas decisións municipais. É necesario tamén a participación directa nos orzamentos municipais a hora de decidir os investimentos e necesidades, sobre todo no que ten que ver co plan de desenvolvemento das parroquias.

9 Amador sequeiros 14/05/2015 13:34

O alcalde vé enimigos por todos os lados máis alá de Rande. ¿O BNG vaí negociar con outras administracións ?

Serafín Otero:

Por suposto que sí. Se queremos que os proxectos importantes para a cidade se desenvolvan é necesario dialogar con todas as administracións. Isto implica tamén unha defensa firme dos intereses de Vigo. O BNG, cando gobernou, dialogou. A falta de diálogo do actual goberno supuxo catro anos de oportunidades perdidas.

10 xenxo 14/05/2015 13:38

Que diferencia hai entre votar BNG e vitar outra firmaciòn de esquerda?

Serafín Otero:

A diferencia é que o BNG, a maiores de ser de esquerdas somos nacionalistas, como primeira cuestión. Ademáis que votar ao BNG significa votar a unha opción que non parte de cero en xestión municipal. Outro elemento diferenciador é a defensa da nosa lingua e da cultura galega, así como a concepción do país e os proxectos para as cidades.

11 Dani Santos 14/05/2015 13:50

Que medidas van tomar para protexer o noso medio natural, os montes, o litoral?

Serafín Otero:

Debido a situación vulnerable dos montes de Vigo como consecuencia de estar preto dunha cidade en continua expansión, é necesario a culminación dos traballos para o conxunto dos montes de Vigo contemplado no proxecto Natureza Viva. Isto inclúe un parque periurbano de ámbito metropolitano, cumprindo un papel estratéxico no entramado urbano e presentando un servizo social aos cidadáns. Ademáis, incluímos un programa de eliminación de verquidos incontrolados e un acordo de colaboración coas distintas comunidades de augas, entre outros.

12 Ana Gándara 14/05/2015 13:55

que hará si es alcalde en favor de las mujeres?

Serafín Otero:

Dende o BNG temos múltiples propostas en favor da igualdade, como a creación de dous novos centros de información dos dereitos das mulleres en Coia e no Calvario, dinamizar a participación dos movementos feministas e asociativos de mulleres no deseño, toma de decisións e seguimento das políticas municipais. Comprometer unha partida específica para igualdade nos orzamentos de todas as concellerías ademáis do orzamento específico para a concellería de igualdade. Tamén promovemos un plan específico de emprego para as mulleres e a inclusión de cláusulas para a igualdade en contratacións subvencións e convenios municipais. Tamén incrementar os recursos para atención de calidade para as mulleres que sufren violencia de xénero e ofrecer apoio aos fillos destas mulleres. Unha das nosas prioridades tamén é promover a concencianciación e a prevención da violencia de xénero.
Estas son só algunhas das medidas que queremos implantar.

13 Antía Costas 14/05/2015 14:00

Hola. Si gobernaran en Vigo (gobernar de verdad, me refiero), ¿llevarían a cabo más peatonalizaciones, como hizo Castrillo en su día? Nunca más se hicieron más....Ahora se lleva más lo de talar árboles, poner jardineras y anchear aceras, que no es lo mismo en absoluto

Serafín Otero:

Por suposto que sí, nos diferenciamos entre humanizar e reformar rúas.

14 Antón 14/05/2015 14:04

Porqué non presentaron vostedes unha moción de censura a primeira vez que Caballero ignorou unha decisión maioritaria do pleno? E a segunda vez? E a terceira, cuarta etc? Aínda que matemáticamente non prosperas, polo menos non defenderían a dignidade democrática? Non considera vostede que consentiron muito, e muito tempo cousas intolerables?

Serafín Otero:

Nós non tiñamos a capacidade de convocatoria de pleno para presentar unha iniciativa deste tipo e cando o goberno socialista deixou de aceptar as nosas iniciativas nós non lle prestamos o noso apoio para aprobar os orzamentos municipais, e entón o PSOE decidiu pactar as contas co PP.

15 Julian 14/05/2015 14:09

¿Que garantías temos os votantes do BNG de que o noso apoio, desta vez, non servirá para investir a Caballero como alcalde?

Serafín Otero:

As nosas propostas de programa son incompatibles cos recortes do PSOE e do PP. O BNG quere votar polo seu propio candidato á alcaldía de Vigo.

16 Serafín Otero 14/05/2015 14:11

Grazas a todos e todas por participar neste encontro dixital. Contamos co apoio dos veciños e veciñas para cambiar a política de Vigo o próximo día 24.