Freire

El candidato del PP de Noia responderá a los lectores el miércoles, día 20, a partir de las 11.00 horas

1 Santiago 20/05/2015 11:04

Bos días a todos, son Santi Freire estou a vosa disposición para contestar as vosas preguntas.

2 Carlos V. 20/05/2015 11:11

Sr. Freire como pretende financiar ese gran proxecto que é a rexeneración da ría???

Santiago:

Esta obra suporá un investimento de entorno a 4 millóns de euros.
1 millón de euros xa está comprometido na actual anualidade 2015 nos orzamentos xerais a traves de costas do estado.
O restante que é competencia de Portos de Galicia supon un investimento de aproximadamente 3 millóns de euros que esta incluido dentro de un plan estratexico de fondos europeos 2015/2020.
Con aportación doutras consellerias da xunta de galicia e aportación municipal.

3 Uxía 20/05/2015 11:15

A rexeneración da ría é a eterna promesa dos políticos en Noia, ¿que accións concretas vai emprender para que sexa unha realidade?

Santiago:

Facer unha dragaxe da ría dende a ponte do campo de Noia ata o peirao do Marques retirando os fangos e lodos ata unha profundidade de 1,5m garantindo unha lamina de auga permanente en situación de baixa mar. Para logo continuar a traves da canle entre as duas escolleiras facendoa navegable e depositando os aridos estraidos na darsena de labarta creando unha praia artificial.

4 Juan Sampedro 20/05/2015 11:18

¿Non considera fóra de lugar pasar dietas dous anos despois de ter sido os actos?

Santiago:

As dietas foron presentadas en tempo e forma, como consecuencia dunha longa baixa por enfermidade da persoa encargada da tramitación quedaron pendentes de abono e fixose efectivo logo da sua reincorporación o posto de traballo no momento en que se dispuxo de consignación orzamentaria.

5 Loli 20/05/2015 11:19

¿Síntese respaldado polo partido?

Santiago:

Totalmente.

6 Fermin T. 20/05/2015 11:27

No Colexio de Bergondo, hai moitos pais que se queixan do estado de conservación que é pesimo, as instalacións son escasas, de quen é responsabilidade??? Que vas a facer o respeto si o domingo tes a confianza de todos os noieses???

Santiago:

A responsabilidade da conservación é totalmente municipal e os novos investimentos son competencia da conselleria de educación.
Se o domingo os noieses me otorgan a súa confianza establecerase un convenio coa conselleria de educación para construir un novo pabillon polideportivo municipal dentro da parcela do recinto escolar con duas entradas, unha dende o propio centro educativo e outra de acceso xeral dende a rua para un uso compartido en horario lectivo por parte dos alumnos do colexio e fora deste horario para o resto dos usuarios, respostando así a doble demanda tanto por parte dos pais dos alumnos como dos clubes deportivos e aficionados da nosa vila.

7 Josefa Agrelo 20/05/2015 11:38

¿Que plans ten para apoiar a cultura en xeral e a mostra de curtas en particular?

Santiago:

Crearemos un padroado cultural e outro deportivo para que as distintas entidades que operan na nosa vila teñan voz e voto na toma de decisións directas nestas duas areas. con claras medidas de impulso a todas as actividades que xa se veñen realizando historicamente.
Promovendo outras moitas novas que dinamicen a actividade cultural na vila como pode ser o certame internacional de xardíns e paisaxismo entre outros e apostando claramente por un certame xa consolidado como é o de curtas.

8 Carlos G. 20/05/2015 11:43

Noia non parece evolucionar economicamente, ¿que propon o seu partido?

Santiago:

Facer unha aposta clara pola recuperación da ría e da navegabilidade como motor economico tanto turistico como comercial.
Impulsaremos unha axuda a emprendedores compatible con outras axudas de carácter autonómico ou estatal de 3000euros co firme obxetivo de estimular a creación de empresas na nosa vila.
Ampliaremos o chan industrial nun minimo de 25.000m posibilitando a implantación de novas empresas.

9 J.M 20/05/2015 11:51

O aparcamento de Rúa Xuiz Falcone pensa que é a solución axeitada para Noia. E xustificable ese investimento???

Santiago:

En absoluto, supón un gasto de máis de 1,4millóns de euros (preto de 250.000.000 das antigas pesetas) sin xerar praza adicional algunha logo de ter cortada o transito esta rúa durante preto de 3 anos. Quedarán só 125 prazas tendo en conta que en superficie se podian xerar ata 127 cun gasto minimo.

10 Luis H 20/05/2015 11:53

Os noieses temos un gran producto, o berberecho; en todos os recunchos de Galicia exaltan os seus productos, ten vostede pensado facer a Festa do Berberecho??

Santiago:

Por suposto que sí e un dos nosos compromisos, pero cunha organización e promoción moito maior.

11 M.J 20/05/2015 12:00

Que solucións ten vostede e o seu equipo para solucionar o problema do aparcamento da vila de Noia???

Santiago:

Crearemos unha ponte en diagonal que conecte o malecón de cadarso co barrio de San Lázaro, reordeando o tráfico na zona e habilitando 120 prazas de aparcamento no entorno da praza de abastos e casco histórico.
Xunto con outras actuacións como pode ser a reorganización da rúa Santisima Trinidade na confluencia co Espiritu Santo e outras no barrio de San Lázaro e na contorna dos edificios militares que nos permita dispor de máis estacionamento de proximidade o casco urban.

12 J.P.V 20/05/2015 12:10

¿Síntese lexitimado para presentarse tras esta polémica polas dietas?

Santiago:

Totalmente, non é máis que unha patraña con fins electoralistas por parte da agrupación local do partido socialista na derradeira semana de campaña. Tendo presente que eu exercín o cargo de alcalde de Lousame durante case sete anos sin adicación nin parcial nin exclusiva e sabendo que renunciei expresamente por decisión propia o cobro de calquera cuantía de indemnizacións por razón de servicio, dietas, kilometraxe, gastos de peaxe e aparcadoiro durante as anualidades 2011 e 2012 na miña función de alcalde. Doandolle ao concello os custes derivados de ditos gastos, feito acreditado cos informes de contabilidade e intervención. Aforrandolle ao concello de Lousame unha importante cuantía que asumin do meu bolsillo.

13 Moncha (Traba) 20/05/2015 12:20

En Santiago o seu partido critica a Martiño Noriega por vir de Teo, e vostede é un caso parecido ou é algo distinto?

Santiago:

En Santiago o meu partido critica a Martiño Noriega por ser alcalde e cobrar de Teo mentras fai campaña en Santiago, o meu caso e totalmente distinto xa que eu non son alcalde na actualidade de ningún concello. Pero o que é máis importante eu teño un enorme vínculo con Noia onde vivín máis de 35 anos, onde transcurreu a miña infancia, xuventude, estudos e vida profesional ata a actualidade.

14 Juan l.R 20/05/2015 12:23

Que medidas ten para os nosos emprendedores???

Santiago:

Apoio aos novos emprendedores con medidas concretas como poden ser unha axuda de 3000euros compatible con outras axudas estatais ou autonómicas para posibilitar a creación de novas empresas na nosa vila.
Paralelamente crearemos un centro coworking onde compartan espazos distintos profesionais con asesoramento axeitado.

15 José Erre 20/05/2015 12:24

Ten pensado manter eventos de éxito como a Feira Medieval, o Festival de Curtas?

Santiago:

Por suposto que sí, incluso reforzandoos con novos enfoques complementarios.

16 Victor Romero 20/05/2015 12:27

Canto se poñerá de soldo en caso de ser alcalde?

Santiago:

Teña a seguridade de que os gastos derivados do grupo de goberno que eu presida se é o caso, serán inferiores aos do actual goberno tripartito.

17 Maria R. 20/05/2015 12:37

Como nai dun fillo de 1 ano, e o nivel de renda e baixo, que medidas vai adoptar xa que Noia carece dunha escola infantil???

Santiago:

Consignaranse unha cuantía mínima de 50.000 euros anuais nos orzamentos municipais para que a través de un concerto cas garderias existentes e mediante a creación dun cheque infantil compatible con outras axudas os nenos con idades comprendidas de entre 0 e 3 anos poidan facer uso das mesmas a un precio reducido ou mesmo gratuítamente en función do seu nivel de renda.

18 Pepe de Barro 20/05/2015 12:42

Nunca lle escoitei unha crítica ao seu partido. ¿Parécelle que fixo e fará todo ben?

Santiago:

Entendo que se fixeron moitas cousas ben, pero como en toda xestión sempre hai aspectos mellorables que debemos intentar correxir en base a experiencia adquirida.

19 Emilio R 20/05/2015 12:53

Cales son os proxectos para facer de Noia unha aposta de destino turístico?

Santiago:

Rehabilitar para usos museísticos e socioculturais a antiga fábrica de curtidos da Chainza de titularidade municipal e revitaizar un importante asentamento de poboación da nosa vila da zona do campo de noia, chainza, obre, bergondo a través da recuperación deste entorno.
Recuperar o edificio do casino como centro de información turística e cultural.
Asumir a adquisición como ben municipal o edificio da casa da cultura para a creación do muso das laudas gremiais e outros usos, comunicando este edificio con Santa Maria a Nova.
Recuperación da ría,a súa navegabilidade e praia en Labarta.

20 Juán G. 20/05/2015 12:56

¿Ten pensado reordear o tráfico na Rúa Pintor Xenaro Carrero?.
¿E adecentar a zoa de Labarta en xeral, con contedores soterrados, sinalización viaria axeitada, etc?

Santiago:

Temos previsto habilitar un novo acceso dende a estación de autobuses hacia Labarta, mellorar a sinalización viaria, a integración paisaxistica dos contedores e facer un estudo da dinámica de circulación logo de feistas estas actuacións analizando as posibles solucións en consenso cos veciños da zona.

21 Santiago 20/05/2015 13:06

Moitas gracias aos internautas polas vosas preguntas, para min foi un pracer constestar a mais de vinte delas aínda que por falta de tempo non foi posible respostar a todas. Espero poder facelo na rua e nos diversos encontros que restan ata o peche da campaña o vindeiro venres. Un Saudo a todos.