Lugonovo1h 1

El candidato de LugoNovo a la alcaldía de la ciudad de la muralla responderá a los internautas el lunes 18 a las 11 horas

1 Santiago Fernández Rocha 18/05/2015 11:06

Bo día a todos os amigos e amigas internautas. Aquí estamos dispostos a aclarar todas as vosas dúbidas.

2 Iria 18/05/2015 11:07

Pactará con Orozco ou daralle o seu voto se fose necesario para que chegase a ser alcalde?

Santiago Fernández Rocha:

Con Orozco non, radicalmente. Cremos que ten responsabilidades políticas e ademais está imputado. E nós vimos para dignificar a vida do Concello e que a xente volva confiar na súa institución máis próxima.

3 Efraím Díaz 18/05/2015 11:09

¿Qué proyecto tienen para los restos romanos aún enterrados y localizados? Sirva como ejemplo el posible anfiteatro de Lugo cerca da Porta do Carme

Santiago Fernández Rocha:

Os restos hai que poñelos en valor porque a nosa cidade ten un patrimonio histórico que temos que coidar e potenciar, ben sexa no Cuartel de San Fernando, ben sexa no MIHL, estes restos deben expoñerse ao público.

4 angel Aguilar 18/05/2015 11:14

¿Si Lugonovo no está dispuesto a pactar con Orozco, le permitiría al menos gobernar en minoría ?

Santiago Fernández Rocha:

Se Orozco ten maioría de votos, poderá formar un goberno en minoría, pero nunca terá o apoio para a súa investidura por parte de Lugonovo. E por suposto, non apoiaremos nunca unha alternativa do Partido Popular.

5 Marcos L. 18/05/2015 11:17

¿Tienen ustedes alguna idea -concreta, no algo efímero- para fomentar el empleo de mayores de 45 años y jóvenes?

Santiago Fernández Rocha:

Temos que impulsar políticas de emprego fomentando e impulsando proxectos de desenvolvemento no eido agrario e gandeiro, no eido turístico, no eido do pequeno comercio, no eido da cultura; en definitiva, temos que pór en valor as nosas potencialidades, coa axuda dos axentes sociais e da Universidade, que ten un gran capital humano para construír proxectos de desenvolvemento para esta cidade. Hai que aproveitar o CEI-Nodus, de Garabolos, con fondos europeos, para estimular o emprego xuvenil.

6 Tania_de_Lugo 18/05/2015 11:18

Y si fuesen llave de gobierno. ¿Qué le exigirían a Orozco o Castiñeira para recibir su apoyo?

Santiago Fernández Rocha:

A Orozco xubilaríamolo e a Castiñeira mandariámolo ao paro. Nunca pactariamos un goberno co Partido Popular e esixiriamos a renuncia de Orozco para sentar a negociar unha coalición de goberno co PSOE e outras forzas progresistas.

7 Santiago Martínez 18/05/2015 11:19

¿Cuáles son según su partido los principales problemas de Lugo?

Santiago Fernández Rocha:

Politicamente, a corrupción e o clientelismo. Socialmente, o paro e a desigualdade, e a falta de compromiso das institucións para poñer en valor as nosas potencialidades económicas, que son moitas.

8 Antonio Rodríguez 18/05/2015 11:22

¿Tiene previsto fomentar el uso de la bicicleta en la ciudad? ¿De qué manera?

Santiago Fernández Rocha:

Si, claro. Temos proxectado un carril-bici norte-sur. Hai que rescatar o plan de mobilidade, que está gardado nun caixón e que custou máis de 100.000 euros, e no que se vén a deseñar un modelo de transporte alternativo, fomentando o uso da bicicleta. Isto hai que facelo, non que dicilo, e polo tanto temos a ferramenta adecuada, e a vontade política de efectivizalo. Non hai nada máis patético que ver a Mariano Rajoy de garavata e con zapatos de charol subido nunha bicicleta. E o mesmo poderiamos dicir do señor Orozco, que aínda que non sobe á bicicleta, despois de 16 anos, non mostrou a máis mínima sensibilidade polo uso da bicicleta na nosa cidade. En definitiva, é unha cuestión de vontade política.

9 EnzoRenella 18/05/2015 11:23

Con sinceridad... Con quien de los dos posibles alcaldables, Orozco o Jaime Castiñeira, preferiría gobernar?

Santiago Fernández Rocha:

Con ningún.

10 Mr Manuel 18/05/2015 11:25

¿Tienen en su programa alguna clase de "promesa" respecto a la transparencia de sueldos y gastos en general del Concello?

Santiago Fernández Rocha:

Poñeremos en marcha un plan de transparencia que serva de antídoto da corrupción e do clientelismo. Mediante este plan, todos os lucenses só cun click no seu ordenador, poderán coñecer a xestión do diñeiro público ao milímetro, os contratos coas empresas privadas e os contratos de persoal. É un compromiso irrenunciable de Lugonovo. Queremos que o Concello de Lugo sexa unha furna de cristal. Ademais, temos o compromiso de reducir o custo da corporación municipal nun 50% (750.000 euros, que adicaremos ás familias máis desfavorecidas).

11 Ainda indecisa!! :/ 18/05/2015 11:28

O sábado na Praza vimos ós tres partidos que representan a esquerda para a alcaldía en Lugo. Na vosa presentación coincidiades no voso descurso.... ¿ Por que escoller Lugonovo e non as outras opcións? Grazas.

Santiago Fernández Rocha:

Lugonovo é a única plataforma cidadá que celebrou eleccións primarias abertas á cidadanía, é dicir, que todos os lugueses e luguesas puideron participar, é a única plataforma plural que representa un novo tempo, unha nova forma de facer política e quere ser a resposta ós problemas que plantexa este novo tempo, dende a radicalidade democrática.

12 Alberto Jacobo López 18/05/2015 11:29

Primera medida a adoptar en el hipotético caso de llegar a gobernar su partido?

Santiago Fernández Rocha:

Aprobar unha renda mínima de inserción destinada ás familias en situación máis vulnerable, cun montante de 750.000 euros, que sacariamos do 50% dos soldos da corporación municipal. Efectivizaríase no primeiro pleno que celebrase a nova corporación despois da súa constitución.

13 Alberto Jacobo López 18/05/2015 11:31

¿Qué les diría a todos esos lucenses que se muestran indecisos para convencerles de ir a votar el domingo?

Santiago Fernández Rocha:

Que estamos nun tempo histórico, de cambio, para o futuro da maioría social, e en consecuencia esixe un compromiso de participación, coa política, coas institucións e, en definitiva, coa democracia, porque é o único instrumento que temos a xente do común para defender os nosos dereitos, o noso benestar, e construír colectivamente o noso futuro.

14 JC 18/05/2015 11:32

Que levou a unha persoa coma vostede, mestre, a pasarse á política a estas alturas da súa vida?

Santiago Fernández Rocha:

Por compromiso cívico cun momento especialmente delicado para o futuro da xente e para a propia democracia.

15 MartiñaPuesTeAguantas 18/05/2015 11:33

La edad media de su candidatura es de 40 años o 45. La gente jóven no está por meterse en estas aventuras?

Santiago Fernández Rocha:

Hai xente nova, de mediana idade... de todas as idades, froito dunhas primarias abertas á cidadanía, e en democracia non se poden pór límites. Coido que somos a representación do que é a poboación de Lugo, onde todos e todas somos necesarios para construír un Lugo novo.

16 MarujaM 18/05/2015 11:35

Apoya Podemos a Lugonovo?

Santiago Fernández Rocha:

Si. Podemos apoia a Lugonovo, pero non decide, decidimos as persoas. Estes días pasados estivo no local de Lugonovo, o secretario xeral de Galicia, Breogán Riobóo, e o secretario local, Xabier Folgueira, para mostrar ese apoio.

17 Dani 18/05/2015 11:37

Bós días, poderíame decir 3 medidas que considere prioritarias e que aplicaría nos seus primeiros 100 días de goberno en caso de acadar a alcaldía? Moitas gracias.

Santiago Fernández Rocha:

A primeira: renda de inserción para as familias máis vulnerables. A segunda: plan de transparencia. A terceira: desenvolvemento dos consellos municipais para darlle participación á xente na vida política da institución.

18 Carlos López 18/05/2015 11:39

Que facemos co cuartel de San Fernando?

Santiago Fernández Rocha:

Abrir un debate sobre esa cuestión. Reservar esa dotación pública como espazo público, darlle unha solución á situación de deterioro e abandono que sofre por parte da Xunta e abrir un debate coa cidadanía para dotalo, ou ben dun espazo educativo, ou ben doutro tipo de infraestrutura pública, como podería ser o Museo da Romanización, ou algunha outra que puidera decidir a cidadanía.
Por iso, Lugonovo se presenta a estas eleccións como a única forza política que someterá a referendum aquelas decisións que consideramos de trascendencia para esta cidade. E dende logo esta ten esa trascendencia, polo que os lucenses decidirán sobre o futuro do cuartel de San Fernando.

19 Pablo N 18/05/2015 11:42

¿ En que se diferencia a súa candidatura da de ACE? ¿ Por que non houbo unha candidatura unitaria de unidade popular?

Santiago Fernández Rocha:

Eles non quixeron. A nosa única esixencia era que se someteran a unhas eleccións primarias abertas á cidadanía, e nunca obtivemos resposta.
Izquierda Unida en Lugo está instalada nunha ceremonia da confusión á que non é alleo o seu candidato, o señor Portomeñe, dado que en ningún momento tivo a máis mínima vontade de chegar a ningún tipo de acordo.

20 HADRIÁN 18/05/2015 11:43

Tedes algunha medida concreta para a defensa da lingua e cultura galega?

Santiago Fernández Rocha:

Nós imos intentar, dende o Concello, defender a nosa lingua con propostas o menos sectarias posibles. Que a xente teña unha conciencia clara, que o galego ten que ser un instrumento de unión, e nunca de separación. En todo caso, nós faremos unha política de discriminación positiva dada a súa situación social.

21 Adolfo Suárez Junior 18/05/2015 11:44

¿Lugonovo é un partido?

Santiago Fernández Rocha:

Non. É unha plataforma cidadá de xente plural, que quere ser referente dunha nova forma de facer política.

22 SUSO 18/05/2015 11:46

Como universitario do campus de lugo, que tedes pensado para revitalizar o noso campus?

Santiago Fernández Rocha:

Defender as titulacións actuais e atraer estudantes favorecendo alugueres, sobre todo aos do plan Erasmus, e pondo en marcha bolsas de axuda en función de determinados criterios para estudantes con máis dificultades económicas. Para nós, o futuro da nosa Universidade é unha das nosas maiores preocupacións e volcarémonos no seu apoio buscando a colaboración con outras institucións. Entendemos que gran parte do futuro de Lugo debe encardinarse no capital humano que ten a nosa Universidade.

23 circine 18/05/2015 11:48

Buenos días Don Santiago. Mi pregunta es la siguiente: que concejalía querría usted ocupar en el próximo gobierno con Santín de alcalde? Un saludo

Santiago Fernández Rocha:

Primeiro, Santín non se presenta a alcalde. Segundo, os cidadáns deben pronunciarse. Terceiro, non se trata de ocupar concellerías, trátase de trocar modelos, e os cidadáns decidirán.

24 Juan José Rivas 18/05/2015 11:54

A quien prefiere como próximo presidente del gobierno: Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias o Albert Rivera?

Santiago Fernández Rocha:

Nin a Rajoy, nin Albert Rivera, nin Pedro Sánchez. E no caso de Pablo Iglesias, veremos con que programa se presenta a unhas eleccións xerais. Se concorda cos postulados que nós defendemos para esta cidade e para este país, entraría nas miñas preferencias.

25 Alberte 18/05/2015 11:55

Bos días, a súa candidatura non ilusiona... vella política vestida cun traxe novo. Cando teñan un, ou como moito dous concelleiros (lembremos que a Podemos sen candidato, sen programa e sen intención de presentarse hai meses La Voz de Galicia lle outorgaban 5 concelleiros) farán autocrítica? ou dirán que a mensaxe non chegou, que se os medios de comunicación ... UN saúdo

Santiago Fernández Rocha:

Creo que vostede ten que coñecer moito máis a nosa candidatura e o noso programa. A partir de aí cambiará de opinión.

26 Óscar 18/05/2015 11:58

Tén algunha actuación prevista para desenvolver o PXOM no entorno do HULA?

Santiago Fernández Rocha:

O PXOM debe desenvolverse no entorno do HULA para permitir dotacións de todo tipo, equipamentos... en definitiva, mellorar o entorno e dende logo achegalo á cidade mediante a mellora das comunicacións.

27 Begoña 18/05/2015 11:59

Que tipo de estrutura económica ides impulsar para o concello de Lugo: cultural, tecnolóxica, industrial...? Grazas.

Santiago Fernández Rocha:

Lugo non é unha cidade industrial, á vista está. Eu creo que hai que apostar polo turismo, polo comercio, pola cultura, pola produción agraria e artesanal.

28 Marcos da Portela 18/05/2015 12:00

Como pode dicir vostede que Lugonovo é unha plataforma cidadá, se Lugonovo é una coalición electoral, de catro partidos políticos?

Santiago Fernández Rocha:

Esa afirmación é falsa ou malintencionada. Lugonovo é unha plataforma cidadá na que todos os seus membros están a título individual e as decisións foron, son e serán tomadas en asemblea. Os partidos políticos que apoian esta plataforma non teñen ningunha capacidade de decisión. Na plataforma Lugonovo estase a título individual.

29 Óscar 18/05/2015 12:02

Vostede cre que é necesario modificar o PXOM no que atinxe ós núcleos rurais tradicionais?

Santiago Fernández Rocha:

Sen dúbida que é necesario modificalo, pero, o que é máis importante, tal e como nos ten trasladado moita xente do rural, é coñecer esa modificación de xeito individual, para evitar unha situación de descoñecemento absoluto do que se vai facer con ese 5% pendente, o que deixaría a moitos afectados nunha situación de absoluta de incertidume.

30 Óscar 18/05/2015 12:04

Propoñen algunha medida concreta para modificar o PEPRI?

Santiago Fernández Rocha:

Hai que modificalo cun obxectivo claro, e facelo claro desde o inicio do mandato, co obxectivo de recuperar dotacións e fundamentalmente rehabilitar o casco histórico para que o recinto amurallado volva ser un lugar de residencia, dado que na actualidade non se chega a 2.500 moradores, cando nalgún momento houbo preto de 9.000. Ese ten que ser un obxectivo irrenunciable porque suporá a dinamización, non só do comercio e da hostalería, senón da sociedade luguesa no seu conxunto.

31 Laura 18/05/2015 12:06

Van estar na manifestación que reclama os servizos de hemodinámica,radioterapia e medicina nuclear para o HULA? Non pensa que o PSOE está a facer un uso totalmente partidista e zafio desta reclamación, cando o PSOE tivo responsabilidades en sanidade no bipartito?

Santiago Fernández Rocha:

Imos estar na manifestación porque é de xustiza para a nosa cidade. Nós estamos ao lado dos cidadáns que de boa fe se manifestan por algo que consideran indispensable para o noso benestar. Non podemos estar pensando en manipulacións e cuestións menores cando o importante son eses servizos tan esenciais para os cidadáns.

32 Óscar 18/05/2015 12:08

Cre necesario ter nacido en democracia para poder rexenerar a vida política?

Santiago Fernández Rocha:

En ningún caso. E permítalle que lle faga unha pregunta, quen cre vostede que é máis vello, Stephan Hessel ou Albert Rivera? Pois eu penso que é moito máis vello Albert Rivera.

33 Óscar 18/05/2015 12:08

Qué lle parecen as 250 propostas de Orozco despois de 16 anos de goberno?

Santiago Fernández Rocha:

Fume. O grave de todo isto é o tempo perdido.

34 Alfredo 18/05/2015 12:11

Por qué miente al decir que Lugonovo es una plataforma ciudadana? Todo el mundo sabe que es una coalición electoral de 4 partidos (en esa coalición no está Podemos, por cierto). Por favor, no mienta.

Santiago Fernández Rocha:

Eu non minto. Eu reflexo uns feitos. En todo caso, supoño ou quero supoñer que froito da desinformación fai vostede unha afirmación que non se axusta á realidade. Lugonovo, como dixen antes, é unha plataforma cidadá na que se está a título individual e tómanse as decisións en asemblea aberta á cidadanía. Lamento a súa desinformación, non lle supoño mala fe, pero si aclararlle dunha vez por todas cal é a realidade da plataforma Lugonovo.

35 Luis Lopez 18/05/2015 12:13

Que van a facer con as paradas de taxis,que Orozco permiteu suprimir encubertamente.

Santiago Fernández Rocha:

Negociar co sector do taxi en función das necesidades dos usuarios e tamén dos propios taxistas.
Lémbrolle que o taxi é un servizo público, e como tal debe mellorarse na medida que o demanden tanto os usuarios como os profesionais.

36 Santiago Fernández Rocha 18/05/2015 12:13

Grazas por permitirnos concretar as nosas ofertas programáticas e darnos a coñecer como plataforma política.