Sandrah

La candidata de Tomiño por el BNG se presenta a la reeleción y contestará a los internautas el martes 19 a las 17.30 horas

1 Sandra González 19/05/2015 17:28

Boas tardes a todos e todas. Benvidos a estes encontros na rede e grazas anticipadas pola vosa participación !

2 Lola García 19/05/2015 17:30

¿Cuáles son sus principales propuestas para la próxima legislatura?

Sandra González:

Boa tarde Lola, as nosas propostas están recollidas na nosa web e noso facebook. Descataría de todo o que queremos facer a nosa aposta polo saneamento (como foi nestes últimos oito anos), a construcción da biblioteca, continuar apostado polo mercado como punto atractivo para o noso comercio local e por suposto a educación. Nesta recta final da campaña gustaríame presentarte as nosas propostas en calquera dos mitins que teremos en Sobrada(hoxe), Estás, Figueiró ou o peche de campaña na Praza do Seixo.

3 Pedro Gutiérrez 19/05/2015 17:34

¿Qué balance hace de los últimos cuatro años?

Sandra González:

Boa tarde Pedro, a verdade é que moi positivo. Cremos que podemos decir sin enganar a ninguén que fomos capaces de poñer a Tomiño no mapa, que fomos capaces de avanzar no saneamento. Creo que nestes catro anos Tomiño foi exemplo en moitas cousas das que estamos orgullosos, en educación, na remodelación do noso mercado, na humanización da Praza do Seixo, en ser capaces de abrir Tomiño ao río Miño. E sobre todo un balance moi positivo ao apostar pola participación dos veciños e veciñas: que o concello saia polas parroquias, escoite á xente e que se avanzara en democracia no noso concello.

4 Balbino Arez 19/05/2015 17:37

Porque quere seguir sendo alcaldesa?

Sandra González:

Porque estou convencida de que podemos seguir transformando Tomiño, de que podemos facer que o noso concello avance entre todos e todas. Este ano o equipo de xente que me acompaña é un grupo ilusionado e entusiasta de xente con experiencia e moita xente nova, á que creo sinceramente que hai que darlle paso para que participe na política do seu concello.

5 Anónimo 19/05/2015 17:38

Vas seguir apostando por el fútbol femenino en tomiño?

Sandra González:

Por suposto!! Estamos moi orgullosos e orgullosas do noso Tomiño Femenino e ademáis seguiremos apostando polo deporte de base como fixemos até agora e que nos valeu o Premio á Xestión Deportiva de concellos de menos de 20.000 habitantes no pasado ano.

6 Xosé Manoel Álvarez 19/05/2015 17:42

Hola Sandra: Cales son as túa propostas políticas en canto ó tratamento do lixo?

Sandra González:

Boa tarde Xosé Manoel! o governo local estivo preocupado durante estes anos polo custe de servizos como o lixo e o alumeado. Entendemos que para que o noso concello sexa sendo sostible economicamente temos que conseguir reducir o que pagamos a Sogama, é decir reducir o que vai ao contedor verde. Entendemos que ademáis nun concello como Tomiño debemos apostar pola compostaxe, xa que a maioría das casa e vivendas dispoñen dunha pequena parcela donde facer un tratamento axeitado do lixo para compost. Queremos aprofundar nesta vía da compostaxe e a reciclaxe e temos propostas para facelo no vindeiro mandato, se os veciños e veciñas nos dades o voso apoio. Grazas!

7 José Carlos 19/05/2015 17:48

por que aínda non temos saneamento en Sobrada?. Grazas

Sandra González:

Estimado José Carlos, sabemos da preocupació que existe polo saneamento no noso concello. Máis temos que remonatarnos a cando chegamos ao governo hai oito anos e que encontramos unha situación realmente preocupante en canto ás infraestructuras de saneamento. O governo do BNG foi capaz de facer en oito anos o doble de sanemaneto que o Partido Popular en 24, e iso en plena crise e sen que houbera fondos europeos como hai dez ou doce anos.
Conseguimos avanzar no saneamento nas parroquias, pero en Sobrada temos o problema engadido de que a Xunta non construiu o colector xeral. Entendemos que infraestructuras dese tamaño deben ser levadas a cabo polo governo autonómico e iso nos impide comenzar en Sobrada o saneamento.
A pesares diso, e coñecedores desta problemática, direiche que temos pensado organizar un vaciado municipal de fosas sépticas donde non sexamos capaces de chegar co saneamento para abaratarlle custes aos veciños. Agardamos que na vindeira lexislatura poida ser a do colector xeral e que o concello poida ir adiante cos colectores secundarios de Sobrada e outras parroquias que o precisan. Por certo, esta noite estamos na túa parroquia ás nove e media da noite ! Alí nos vemos!!

8 Rocío 19/05/2015 17:53

No 2011 presentouse como número 2 por pontevedra nas elccións xerais. Se de ter saido elixida como deputada abandonaría a alcaldía? Vaise presentar de novo? E no caso de que se fose vostede deixaría a Uxío Benítez como alcalde?

Sandra González:

Estimada Rocío, en todas as eleccións municipais se me pregunta se vou deixar a alcaldía de Tomiño para marchar a Santiago, Madrid ou a veces mesmo Bruxelas... :)
Podo afirmarche con rotundidade que o meu compromiso con todos e todas vos non é posible mudalo por ningún outro cargo. A miña máxima aspiración política é ser alcaldesa do meu pobo, realmente gústame a política local! Grazas pola pregunta!

9 Moises 19/05/2015 17:56

Soy de Tuy y visite el Mercado la semana pasada. Que vais a hacer en el piso superior?

Sandra González:

Boa tarde Moisés, espero que che gustara o noso mercado. Na parte superior está proxectado ubicar un espazo gastronómico con novos negocios, complementar a nosa gran oferta de mercado con unha parte de ocio e que atraia novos consumidores. Sen dúbidda vai ser un valor engadido para a Praza ! Grazas pola visita a Tomiño.

10 Morgana 19/05/2015 17:58

como afronta a última semana de campaña?

Sandra González:

Pois con moitas ganas, pero tamén serena e tranquila. Coa sensación de ter feito os deberes durante os catro anos. Agardo que os veciños e veciñas así o valoren!

11 Freddy Martínez 19/05/2015 18:01

Sandra he visto su curriculum y me sorprende que una mujer formada como Usted se dedique a la política local. Que es lo que la motivó?Gracias.

Sandra González:

Hola Freddy! Pois seguramente a posibilidade de poder cambiar o que tes máis perto. De mellorar a vida dos veciños e veciñas, estou convencida de que iso foi o que me animou para presentarme. Por outra banda, contar sempre con un equipo de xente leal, implicada e disposta a traballar polo seu concello.

12 Balbino Arez 19/05/2015 18:06

Que ten pensado facer polos nenos e nenas do concello se vovle a sair elexida alcaldesa

Sandra González:

Boa tarde Balbino !Estes anos os máis de 1.700 nenos e nenas de Tomiño foron a nosa preocupación e un dos eixos estratéxicos das nosas políticas foi a educación: reforma de todas as escolas e colexios, becas para compra de material escolar, actividades extraescolares gratuitas, e mesmo apoio psicolóxico a mozos e mozas do instituto de Tomiño. Nestes vindeiros anos, se nos dades a vosa confianza, esperamos mellorar estas políticas educativas, constituir o consello municipal da infancia e traballar para que Tomiño siga sendo recoñecida polas súas políticas de apoio á infancia, como a que recoñeceu o último premio UNICEF que se otorgou ao noso concello e dos que estamos tan orgullosos. A nosa prioridade vai ser traballar para reducir entre todos e todas o fracaso escolar no noso concello.

13 Raquel Pereira 19/05/2015 18:11

Hola Alcaldesa, Critican os do CdT a inversión feita no auditorio de Goián. Coida vostede que gastar esos cartos en dotar o auditorio de aulas para a escola de música é unha boa decisión?

Sandra González:

Sin dúbida Raquel, é unha demanda histórica da Agrupación Muisical de Goián, e teño que decir que grazas á escola de música, máis de 140 nenos e nenas de Tomiño reciben formación musical e que de outro xeito terían que desprazarse a outros concellos, co que iso implica. O investimento en formación, en apostar polos nenos e nenas, como é neste caso para min está moi ben feito e así o demostra a gran acollida que tivo a súa inauguración.

14 Maria 19/05/2015 18:13

Hola Sandra González, que hará el día de la jornada de reflexión? Muchas gracias!

Sandra González:

Hola María, pois seguramente disfrutar co meu fillo e coa miña familia. Estes días téñoo botado un pouco de menos xa que ando atarefada de mitins así que a xornada de reflexión vai ser de relax, fillo e como moito andar en bicicleta ;)

15 Alba 19/05/2015 18:15

Que diferencia ao bloque dos outros grupos que se presentan en Tomiño?

Sandra González:

Alba eu estou convencida de que a súa honestidade, traballo e coherencia. Somos un grupo de persoas que levamos traballando moito tempo xuntas, no que participa cada vez máis xente nova, pero sobre todo no que non houbo divisións, fíxate que desde Tasio (primeiro concelleiro no ano 76) até a máis nova da lista, seguimos traballando unidos. Poucos poden decir iso en Tomiño.

16 Anxo Andrade 19/05/2015 18:16

Grazas Alcaldesa polo apoio que recibimos nas preferentes

Sandra González:

Era a miña obriga estar ao lado de quen o precisaba Anxo, moitas grazas a vos pola loita que permitiu que a maioría da xente recuperara os seus aforros.

17 Eduardo Domínguez 19/05/2015 18:21

¿Es Pontevedra el modelo de lo que pretende hacer en Tomiño?

Sandra González:

Creo que Pontevedra é un gran modelo a seguir Eduardo, pero fíxate que Tomiño é un concello basicamente rural, hai políticas que se fixeron e fan en Pontevedra que podemos seguir, pero nós temos a nosa propia realidade e entre todos e todas temos que ser quen de definir que concello queremos dentro do noso ámbito rural. Unha das nosas propostas é que Tomiño apareza como o "concello verde" da comarca, un lugar para pasear, para andar en bicicleta etc. e poder convertirnos nun referente nese sentido. Son ideas e propostas que se adaptan á realide de Tomiño e que agardamos poder desenvolver.

18 Juan 19/05/2015 18:24

É certo que o concello de Tomiño ten unha débeda de 4 millóns de euros?

Sandra González:

boa tarde Juan, para a túa tranquilidade direiche que para nada! temos capacidade económica, tesourería, pagamos as facturas a 20 días aos nosos proveedores e somos un concello sostible economicamente. Facendo as cousas con sentido queremos seguir séndoo, por iso non entendemos como en campaña electoral hai partidos que prometen proxectos que saben que son irrealizables ou en caso de facerse suporían un lastre insostible a nivel de mantemento.

19 Andrea Pérez 19/05/2015 18:26

¿Cómo valora el papel de la oposición en este tiempo?

Sandra González:

Andrea, creo que deben ser os veciños e veciñas quen valoren o seu papel. Direiche que eu tamén estiven na oposición antes de ser alcaldesa e poden facerse moitas cousas dende a oposición. Lamentablemente nestes anos de oposición o que vimos en Tomiño foron escisións, dimisións e conflictos que non dignifican a política.

20 Avelino García 19/05/2015 18:34

¿É sostible nun municipio como Tomiño un modelo como o da Praza do Seixo?

Sandra González:

Boa tarde Avelino, estou convencida de que si. O que fixemos no Seixo foi sustituir os coches por persoas, facer unha praza accesible, sin barreiras, humanizar a praza para disfrute de todos e todas. Pero esta obra é algo máis que unha fermosa obra, é tamén unha aposta pola dinamización dos nosos cascos urbáns, unha aposta polo comercio local, unha aposta decidida para que nos quedemos en Tomiño a comprar, pasear, tomar un café... Se fuches ultimamente pola praza un domingo daríasche conta da diferencia, verdade? Queremos que todos e todas estemos orgullosos de vivir en Tomiño.

21 Sandra González 19/05/2015 18:40

Amigos e amigas, moitas grazas por acompañarme nesta nova experiencia de encontro dixital; a verdade é que foi moi positiva e gratificante. Para continuar falando estes días podedes consultar no facebook #eusondesandra os nosos mitins. Convídovos a todos e todas ao peche de campaña na Praza do Seixo e o día 24, se contamos co voso apoio, seguiremos transformando Tomiño !!! Unha aperta.