Perezh

El candidato de la Marea de Vigo a la alcaldía de la ciudad olívica responderá a los internautas el miércoles 13 a las 13 horas

1 Rubén 13/05/2015 13:12

Boa tarde a todos e todas. Aqui estamos para respostar ás vosas preguntas sobre a MAREA DE VIGO e o proxecto municipalista que estamos a construír a esquerda política e social viguesa

2 Punch 13/05/2015 13:12

Ola Rubén,
Cal é a postura da Marea respecto a duas zoas urbanas interconectadas, estratéxicas... e en punto morto, como son o Barrio do Cura e a Panificadora?

Rubén:

A Panificadora e a súa rehabilitación é unha prioridade para a MAREA DE VIGO, como gran espazo sociocultural da cidade, donde asociacións de todo tipo teñan espazos propios e comúns e que seña en parte retomar esa idea de CASA DA SOLIDARIEDADE que nos anos 90 propuxo o movemento asociativo vigues. O barrio do Cura e o planeamento que pretende reurbanizalo parécenos un auténtico pelotazo, non rehabilitar o carácter histórico dos edificios e sustituilo por nova edificación e un gran erro e deixa á cidade sen parte da súa historia

3 Fernando Gónzalez 13/05/2015 13:15

¿Para hacer una candidatura de IU y FPG no sería más honrrado ir denda la cara en luga de ocultaros y manipular el nombre de la Marea?

Rubén:

os espazos de confluencia como a MAREA DE VIGO non ocultan a participación activa e colaborativa de suxeitos políticos partidarios organizados, forma parte da súa riqueza porque conectan a experiencia de loita e mobilización da esquerda clásica cos novos xeitos de facer política. Syriza por exemplo é o encontro de máis de 14 organizacións política que priorizan un espazo de ruptura colectivo antes que o patrimonio de siglas

4 Carlos Rodríguez Paz. 13/05/2015 13:17

Después de las elecciones si el psoe no quita mayoría absoluta. Cuál será la postura de Marea de Vigo para elegir Alcalde.

Rubén:

A MAREA DE VIGO ten asumido un funcionamento asembleario e horizontal que implica que as decisións non corresponderán aos cargos institucionais senón aos plenarios da MAREA. Descartamos entrar en gobernos cos partidos que teñen sostido nestes anos as políticas de destrucción da autonomía local, dos servizos públicos e da democracia participativa. As alianzas ou apoios puntuais están sometidos ao noso programa e propostas que sabemos que o PSOE non defenderá como remunicipalizar os servizos públicos ou crear un concello transparente.

5 Manolo 13/05/2015 13:20

Esquerda Unida por sí sola casi entra en el concello hace 4 años. Tras cuatro años de oposición Rubén era el candidato más conocido tras Caballero y las encuestas le eran favorables pero IU renuncio a presentarse y decidió apoyar a un proyecto mucho más amplio (la marea de Vigo), ¿Los votantes de tantas formaciones políticas que apoyan la Marea entienden esta unión de fuerzas? ¿No cree que se pueden liar con tantas siglas? ¿Que Podemos no se presente y algunos se dejen ver por la Marea de Vigo les perjudica o les beneficia? ¿Por qué tantos esfuerzos por sumar?

Rubén:

Todo proxecto de unidade sempre ten riscos precisamente porque é audaz. Ese debate deuse nos 80 coa propia formación de IU, onde confluían moitos partidos de esquerda. O que importa é que teñamos claro a identidade de cada un e o que aporta ao proxecto común, o importante de EU non é en si unhas siglas senón que nacimos como catalizador de cousas moi parecidas ao que hoxe é a MAREA

6 Carlos Rodríguez Paz. 13/05/2015 13:25

Qué 5 medidas de urgencia plantearía nada más llegar al Concello,si fuera posible con apoyos de otros grupos, llevarlo a un Pleno.

Rubén:

Recuperar a democracia orgánica no concello, dándolle ao pleno o poder decisorio sobre a xunta de goberno evitando que a contrareforma local do PP se aplique de facto en Vigo. Remunicipalizar AQUALIA e VITRASA como exemplos de que é posible xestionar dende o público sen concesionarias privadas. Redacción de un novo PXOM acorde coa realidade económica actual e que evite aberracións como Porto Cabral. Instaurar un regulamento de orzamentos participativos para que os barrios e parroquias decidan as inversións no seu ámbito. Cumplir os ratios de traballadoras sociais por habitante e reforzar os recursos para evitar a exclusión social na cidade

7 Víctor Maneiro 13/05/2015 13:27

Respecto á mocidade, que postura ten a Marea sobre o peche sen ningún aviso de "Súbete ao Castro"? Van reabrir o proxecto?

Rubén:

Parécenos indecente que este programa fose sustituído por contratos menores con empresas sen ningunha relación coa actividade lúdica de mozos e mozas. O proceso de liquidación deste programa foi opaco, sen consulta previa a usuarios e traballadoras e actualmente non existe alternativa seria e planificada de programas para o ocio xuvenil na cidade por esta actuación arbitraria do Concello. A MAREA recuperará sen dúbida o programa

8 Carlos Rodríguez Paz. 13/05/2015 13:30

Que Servicios Municipales volverian al Sector Público,sólo los que son Rentables?Se Utilizarían otros criterios,como sector Estratégico,etc?

Rubén:

As experiencias de remunicipalización noutras cidades do estado e europa amosan que especialmente rentables e que se lle pode dar incluso dimensión social son os servizos de auga e transporte. Pero A MAREA non entendemos como ate a recadación administrativa en Vigo está privatizada, sendo un servizo perfectamente asumible polo Concello. Por exemplo estamos nun momento de tal emerxencia social que deixar servizos sociais en mans de empresas como CLECE é un perigo para usuarios e traballadores

9 Víctor Maneiro 13/05/2015 13:33

Van manter ou ampliar o programa de becas de inmersión en lingua inglesa en Inglaterra?

Rubén:

Os concellos asumen entre os seus gastos o que se chaman gasto impropios, que lle corresponde a outra administración pero por omisión afrontaos as corporacións locais. Esto supón máis do 40% do orzamento dun concello. As becas teñen que asumilas as administracións que recadan para afrontar o sistema educativo que son a Xunta e o Ministerio de Educación. Se existe financiación mediante convenios entre administracións evitaremos que o concello teña que asumir unha competencia que non é súa.

10 Víctor Maneiro 13/05/2015 13:36

Que valoración fai sobre o mundo da cultura en Vigo, en especial o teatro? Intentarán potencialo?

Rubén:

Faremos de Vigo un Concello que teña vida cultural, case inexistente dende fai anos e circunscrita case á iniciativa privada ou autoxestionada de artistas e traballadores do sector cultural. Crear unha empresa pública de xestión cultural e enfrontarse como cidade a ese 21% de IVA que abafa ao sector da cultura sería un bo comenzo. Vigo non pode ter exclusivamente unha planificación cultural derivada dunha fundación dunha caixa privada como ABANCA

11 xoan 13/05/2015 13:38

En Teis, Guixar, hai case 20 anos estaba programado un parque nos terreos de Campsa, hoxe segue sendo un garaxe de contenedores como tamen un terreno anexo, este sen licencia, levamos anos aguantando o tráfico pesado e de mercancías perigrosas. Ti que farias?.

Rubén:

A MAREA está traballando nun novo modelo de planificación urbanística, é dicir, un novo PXOM que ordene xa a gran desorganización dos espazos industriais que están dispersos e mesmo mixturados coas vivendas. Os terreos de titularidade pública sen ordear nen planificar non poden sosterse nun municipio carente de moitas infraestructuras deportivas, verdes, etc...

12 Carlos Rodríguez Paz. 13/05/2015 13:40

si fuese Alcalde de Vigo,que estructura de Gobierno adoptaría en el Concello?
Que pasaría con los más de 50 asesores que hay en las Concejalias y sus sueldos.No es un Escándalo que haya más Asesores que Concejales?y además todos cobran?

Rubén:

Acabamos de presentar unha carta financeira que obriga aos concelleiros e concelleiras a unha limitación salarial e de tempo na representación institucional. Ningún deles pode cobrar máis de 3 veces o SMI e por suposto que evitaremos que baixo a fórmula de asesores asistamos a unha contratación opaca que evita o concurso público en moitas concellerías

13 pepe garcia 13/05/2015 13:42

Encaso de non sacar representación, volverás a presentarte dentro de catro anos?

Rubén:

Pois non o sei en todo caso quen o decide non son eu senón a miña asemblea local. Como decía Neruda "yo tengo dos ojos pero el partido mil"

14 Santiago 13/05/2015 13:42

¿Que harías con la cruz del castro en caso de ser alcalde?

Rubén:

Desmontala e entregala donde o obispado considere oportuno ter. Dende logo non nun espacio laico e público como un parque.

15 miguel 13/05/2015 13:44

a marea reivindinca a independencia da galiza?

Rubén:

A MAREA é un espazo municipalista, non temos proxecto de país pero en todo caso forma parte das expresións colectivas da esquerda política que sempre defenderon o dereito de autoderterminación dos pobos sexa cal sexa o resultado final.

16 Consuelo 13/05/2015 13:46

Que faría a Marea co canon mínimo da auga?

Rubén:

O canon imposto pola xunta dende logo ser insubmiso ao pago como moitos outros concellos. A tarificación que implica o tramo mínimo de consumo de 30 metros cúbicos so se pode eliminar cambiando a concesión, cousa que o Concello non fixo neste 2015 ampliando 5 anos máis.

17 Guillermo 13/05/2015 13:47

Hola, soy un Vigués que se encuentra estudiando en Salamanca. Aqui Ganemos Salamanca ha conseguido crear una candidatura en la que han convergido todos los partidos de izquierda (IU,PODEMOS,Equo,Alternativa Republicana...) ¿Por que no se ha conseguido la misma convergencia en Vigo? ¿No os dais cuenta de que fragmentando la izquierda con 3 candidaturas de unidad popular (Marea de Vigo, Vigo en comun y Gañemos Vigo) lo unico que haceis es beneficiar al PPSOE y perjudicaros a vosotros mismos?

Rubén:

A MAREA DE VIGO agrupa ao máis representativo da esquerda desta cidade, a que ten peso social, a que traballa todo o ano non somentes nos días de campaña, a que está na proposta e no conflicto e polo tanto si considero que en Vigo xa hai un espazo de confluencia. O resto son espazos, lexítimos, pero que nunca traballaron por ela.

18 jesus 13/05/2015 13:50

Que opina sobre el nuevo sistema de transporte metropolitano?

Rubén:

O proposto pola Xunta un despropósito ao deixar en mans de 11 empresas privadas a coordinación dun servizo tan esencial como o transporte. A MAREA apoia o concepto de área metropolitana pero como oportunidade para crear servizos públicos metropolitanos non oportunidades de negocio para que explota de xeito abusivo o transporte con encarecementos de prezo abusivos

19 Ramiro 13/05/2015 13:53

A vivenda é un ben básico para calquera familia traballadora, que vades facer para facilitar o acceso á vivenda protexida á xente nova e ás familias traballadoras?

Rubén:

A nosa proposta de EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO é precisamente para artellar unha política proactiva no tocante á vivenda pública e control e planificación do espazo urbanístico adicado á vivenda. Ademais queremos reactualizar o censo de vivendas municipais existente para artellar xa de urxencia un parque de vivendas para evitar os problemas de accesibilidade ás persoas con risco de exclusión social e vítimas de desafiuzamentos

20 Arsenio 13/05/2015 13:55

El derecho de superficie es una formula que permite pagos mensuales inferiores a los del alquiler. Desconozco si algún partido defiende este procedimiento. ¿Ustedes que piensan?

Rubén:

A MAREA DE VIGO considera moi interesantes os procesos de expropiación do dereito de uso de vivendas que por exemplo en Andalucia levaronse adiante para evitar os desafiuzamentos. As competencias municipais non o permiten pero si traballar para que a nivel autonómico o dereito ao usufructo da vivenda sexa garantido. Unha proposta sería ceder o parque de vivendas do FROB aos concellos baixo esa fórmula de "expropiación do dereito de uso" e crear dende ese stock de vivendas un parque público de aluguer con prezos públicos e controlados non polo mercado

21 Jorge 13/05/2015 14:00

Si llegarais a entrar en el pleno del ayuntamiento ¿Vais a permitir que la aceras sigan siendo propiedad de las cafeterías o de los vigueses? Ya que cada vez nos hacen aceras más anchas pero pasamos por pasos más estrechos.

Rubén:

Somos moi críticos co uso comercial do espazo público sen retorno para os concellos, sexa por entidades bancarias, instalación de telefonía ou empresas privadas. As cafeterías son nesta cidade un factor de emprego importante pero debería esixirse na ordenanza que as bonificacións polas terrazas obriguen a contratar personal con garantías e polo número real de horas que traballan. Estamos detectando que moitas cafeterías amplian espazo pero sen aumentar emprego. En todo caso denunciamos que non existe un control sobre a accesibilidade en moitos puntos ao prácticamente ocupar toda a vía pública as terrazas.

22 Guillermo 13/05/2015 14:02

Que é iso dos orzamentos participativos? A verdade que así de pronto a cousa soa be.

Rubén:

É un modelo que funciona en américa latina e outros concellos do estado donde os veciños mediante regulamentos e procesos asemblearios deciden gran parte dos investimentos, programas culturais, dotacións, etc... do seu barrio. Son experiencias de empoderamento cidadá moi importantes

23 Jorge 13/05/2015 14:04

¿Promocionareis una ciudad más peatonal, del uso de la bici y de zonas deporte al aire libre? ¿Tendréis más mano duro con los automóviles que creen que las aceras son plazas de aparcamiento?

Rubén:

Por suposto, perdimos unha oportunidade moi boa coas inversións do PLAN E e sucesivos orzamentos deste tipo en humanizacións sen espazo para carrís bici. A idea de fomentar os traslados a pé e en bici forman parte da nosa proposta de novo PXOM como modelo de desenvolvemento urbanístico humanizado e non pensado para o transporte particular

24 María 13/05/2015 14:06

¿Qué plantexa a Marea paraos servizos sociais da cidade? Grazas

Rubén:

Evitar a súa paulatina privatización e dotar de suficientes traballadores e traballadoras sociais para cumplir o ratio de 8.000 habitantes por cada traballador social (hoxe superado con creces). Evitar as fórmulas de cheque asistencial que se teñen amosado como incapaces de facer políticas de integración social eficaces.

25 Juan 13/05/2015 14:09

¿Teneis alguna propuesta sobre protección animal?

Rubén:

Somos moi críticos co modelo actual de protectora. Loitaremos polo SACRIFICIO 0 en animais salvo para os casos graves e incurables e recuperaremos políticas de protección das colonias felinas como realizaba Proxecto Gato. Prohibiremos espectáculos circenses con animais e taurinos e incorporaremos un plan para convertir a actual protectora nun modelo diferente de espazo de protección animal.

26 Rubén 13/05/2015 14:10

Interesantes todas as vosas preguntas. Podedes coñecer máis do noso programa e propostas en www.mareadevigo.org. Boa tarde a todos e todas e ánimo