Albertolopez 1h1

El candidato del BNG a la alcaldía de Lugo responderá a las preguntas de los internautas el miércoles 20 a las 10.00 horas

1 Rubén 20/05/2015 10:06

Moi bo día, estou na sede de La Voz de Galicia para respostarvos ao que queirades.

2 Rosalia 20/05/2015 10:10

El BNG ha tenido un asesor todos estos años cobrando de las arcas municipales y trabajando en su sede del partido. ¿Le parece correcto que los lucenses con nuestro dinero estemos financiando trabajadores de su partido que ni siquiera pasan por el Ayuntamiento? ¿Corregirá esta situación?

Rubén:

As institución dan uns medios aos grupos políticos para desenvolver o seu traballo municipal. O persoal de gabinete fai a súa xornada laboral e colabora no resto do seu tempo na organización de actos e traballos da nosa organización

3 Nuno 20/05/2015 10:13

¿Porque el BNG no forma coalición entre partidos de izquierdas?

Rubén:

Dende o BNG-Asembleas Abertas temos disposición para falar e chegar a acordos, en base a un programa, cos diferentes grupos que esten na corporación municipal. Se existe viabilidade de termos un proxecto en común para mellorar o Concello, chegaremos a acordos.

4 Ana Coucheiro 20/05/2015 10:14

Pareceme moi interesante a súa proposta de remunicipalización de servizos. Como teñen pensado poñela en practica se teñen a forza suficiente?

Rubén:

Temos un plan a medio prazo para ir recuperando os diferentes servizos privatizados en canto rematen as súas concesións.

5 Iria 20/05/2015 10:15

¿Está disposto a pactar con Orozco?

Rubén:

Nós deixamos claro dende o primeiro día que no BNG as imputación por corrupción son unha liña vermella.

6 Lupe 20/05/2015 10:18

¿Como pensan promover o uso da bicicleta na cidade?

Rubén:

Apostamos por convertir a cidade nunha zona limitada a 30km/h, posto que a estas velocidades as bicicletas poden convivir cos vehículos con total seguridade. A maiores imos recuperar o servizo de prestamo de bicicletas, para que quen queira poida coller unha bicicleta de forma gratuíta nalgún dos postos que hai na cidade.

7 Jaime Daniel 20/05/2015 10:21

Eu quero saber como se faria a remunicipalizacion dos servicios públicos. Gracias e noraboa por dedicarte a politica sendo tan novo.

Rubén:

Temos un plan a medio prazo para recuperar os servizos privatizados en canto rematen a súa concesión e poñelos a disposición da xestión directa do concello.

8 Andres Rodriguez 20/05/2015 10:26

Que farias pra renovar a vida politica en Lugo, que falta lle fai. Gracias.

Rubén:

Un dos nosos piares dentro do programa que presentamos é a participación. Cremos que é moi importante que aqueles colectivos que levan moitos anos traballando en diferentes sectores co fin de mellorar o seu funcionamento, poidan ter contacto directo co goberno, conseguindo así manter unha constante mellora nas decisións políticas. Tamén hai que apostar pola transparencia, que calquera persoa poida acceder á información dunha forma o máis desburocratizada posible. Resaltar tamén que a maiores dos mecanismos que ten a propia institución, as persoas que imos en candidaturas do BNG-Asembleas Abertas asinamos un código ético.

9 Maria 20/05/2015 10:29

¿Que opinas de las diputaciones?

Rubén:

Dende o BNG levamos moitos anos reclamando a súa desaparición, cuestión que aforraría millóns de euros ao ano. En todo caso mentres estas institucións existan o BNG terá participación nelas co fin de facelas funcionar da mellor forma posible.

10 Olga 20/05/2015 10:31

o das bicicletas está ben, pero si non facemos os cariis-bici, por onde os fariades?

Rubén:

No BNG-Asembleas Abertas non cremos no carril-bici dentro da cidade posto que non hai espacios reais para facelos. Nós apostamos porque as rúas estén limitadas a 30km/h para que poidan convivir cos coches. Esta esperiencia está a funcionar dunha forma óptima en Pontevedra, onde se reduciron radicalmente os atropelos e accidentes e onde se chega a lograr un tráfico máis fluido, posto que a estas velocidades podemos reducir semáforos.

11 Dani 20/05/2015 10:34

que teño que facer si me cobraron de mais no recibo da auga? E como e posible que esto pase no ano 2015.

Rubén:

Debe vostede ir ao servizo de Augas que se atopa na planta baixa no edificio do antigo Seminario Menor. E senón pode presentar unha reclamación ante a comisión de Queixas e Reclamacións

12 Diego 20/05/2015 10:45

Como ve a xestión feita por Deputación e Concello coa venda das accións do Club Deportivo Lugo? Faría vostede o mesmo?

Rubén:

O BNG votou en contra da compra das accións por parte de ambas as institucións, e eu comparto plenamente esta decisión. Entendemos que as institucións deben apoiar na medida do posible o deporte, pero non estamos de acordo con que entren no accionarado das SAD.

13 María 20/05/2015 10:47

Cal sería a primeira medida que adoptaría en caso de chegar a gobernar?

Rubén:

Dada a situación económica social actual a primeira medida ten que ser unha aposta forte polas políticas sociais. Hai cuestións que poden agardar, pero a situación extrema na que se atopan algunhas persoas non pode agardar nin un só día.

14 Jesús 20/05/2015 10:52

Cal é o seu proxecto para os restos romanos que están localizados?

Rubén:

Lugo pode ter un gran potencial turístico e cultural, pero é preciso poñer en valor o noso patrimonio. Apostamos por unha sinalización clara tanto dos restos romanos como castrexos. Tamén é preciso executar o Museo da Romanización, considerando o antigo Cuartel de San Fernando como o lugar idóneo.

15 Jaime 20/05/2015 10:54

Que medidas teñen previsto poñer en marcha para fomentar o uso do galego?

Rubén:

Para nós a defensa da lingua galega, como non pode ser doutro modo, é algo primordial. O Concello de Lugo aprobou por unanimidade neste mandato unha ordenanza co fin de normalizar o uso do galego. Malia a todo esta ordenanza non se está a cumplir en moitos dos seus aspectos, polo que poñeremos todos os esforzos posibles en facer que se leve a cabo.

16 Rubén 20/05/2015 10:56

Agradecervos tanto ás persoas que me estivéstedes seguindo neste encontro dixital, como a La Voz de Galicia por darme a oportunidade de estar hoxe aquí.
Deséxovos un moi bo día.