Encuentro con Pilar Cancela (PSOE)
La responsable de la gestora del PSdeG y también número uno de la lista de los socialistas al Congreso por A Coruña responderá a las preguntas de los internautas el martes 21 a las 13 horas
Ola, bo día. Grazas pola vosa participación activa...imos aló!!
Soy votante socialista de siempre, ahora no se bien a quien voy a votar, solo quiero saber con quien van a pactar ya que es obvio que tendrá que hacerlo con alguien. Gracias
Pídolle o voto para o PSOE, como fixo vostede sempre. Somos os que garantimos o cambio ao PP. Falaremos coas forzas do cambio, porque temos a capacidade do diálogo. Xa o fixemos en decembro; ofreceremos as nosas propostas a todas as forzas políticas que crean no cambio en España.
#preguntaPilarCancela que propuestas hay en tema de algo tan estrategico como el turismo? Gracias
Galicia ten un inmenso e desaproveitado potencial turístico. Dende a costa, ata o noso interior, pasando por tantas vilas, pobos e cidades. Non existe un proxecto turístico para o noso país. Primeiro habería que escoitar ao sector e, por suposto, por reorientar a estratexia. Temos moito máis ca praias e bandeiras azuis. Hai moito máis traballo e beneficios para a xente por acadar. E imos conseguilo dende o goberno.
Sra Cancela: Que hará su partido y usted después del 26J, ante el inminente batacazo de su partido también en el resto del estado?
O domingo acontecerá o que os cidadáns queiran e será, sen dúbida, o cambio en España con Pedro Sánchez de presidente do goberno. E, a partir de aí, o cambio en Galicia.
Que crees que vio Pedro Sánchez en ti para siendo gallega y mujer elegirte como ministra en la sombra de Agricultura pesca y alimentación?
Para min é un misterio. En todo caso é unha honra formar parte do equipo do cambio e, sobre todo, que Galicia teña voz e presenza nun sector para nós estratéxico.
Secretaria organización e deputada!!, e o partido roto pola metade!!; ¿non cre que a secretaría de organización tería que adicarse de pleno a cose-lo partido e unir dunha p. vez???.
Dende hai tres meses asumín a presidencia da Xestora do PSdeG e o meu traballo está sendo, precisamente, impulsar ao partido neste tempo e preparar o vindeiro Congreso Nacional que elixirá a unha nova dirección. Isto, e o meu traballo como deputada defendendo os intereses de Galicia no Congreso dos Deputados.
¿Por qué no respetan el resultado de las primarias?
¿Por qué en su lugar ponen en las listas gente que no ha trabajado ni siquiera pegado carteles para el PSOE?
As normas do PSOE son claras: non hai primarias para a confección das listas. O PSdeG cumpre sempre cos resultados das primarias e, ademais, amosa unha unidade total despois de escoitar a voz da súa militancia. Ogallá os demais partidos tomen exemplo de nós.
Cal é a súa opinión da pinza que, entre PP e Podemos, intenta asfixiar ao Partido Socialista?
Os extremos saben que só a forza que ocupa a centralidade política, por ser capaz de dialogar e chegar a acordos con todos os demais partidos que queren cambio, ten a oportunidade de liderar un proxecto de todos/as e para todos/as. E ese partido é o PSOE.
Porque una señora del Partido Popular es la numero 1 del PSOE? No le da vergüenza utilizar a los partidos en su propio beneficio?
Non son, fun nin serei do PP. E, para min, é unha honra ter sido Sª de Organización do PSdeG e, agora, presidenta da súa xestora.
¿Porqué tengo que votar al PSOE y no a otras fuerzas de izquierdas como En Marea, PCPE o BNG?
O PSdeG-PSOE defende o modelo de sociedade que a maioría da cidadanía entende como súa: servizos públicos, sanidade universal, pensións públicas, ensino, bolsas á formación, igualdade, emprego de calidade e non precario. É o que defendemos sempre e o que defendemos agora.
Buenos días. Si gana el PSOE qué postura tomará en relación a la gente que cuenta con la Dependencia reconocida, por alguna discapacidad? (En cuanto a prestaciones, ayudas, etc) Gracias, saludos.
Nós propoñemos un "subsidio de desemprego" para a xente con discapacidade, así como unha atención personalizada no ensino e preferente no ámbito sanitario. E derrogaremos a reforma da Ley de Reforma da Administración Local, que privou aos concellos de recursos abondos para cubrir servizos sociais básicos.
Que lle diría a esa/e votante indeciso para que escolla votalos a vostedes e non a outra candidatura?
O teu voto, se estás indeciso/a, é determinante nestas eleccións. O cambio sómente é posible se contamos co apoio suficiente para artellar un goberno de cambio. A nosa folla de ruta é ben coñecida: igualdade de oportunidades, o reforzo dos servizos públicos, que pague máis quen máis ten, garantir as pensións públicas e, por enriba de todo, crear emprego estable e de calidade para que podas desenvolver o teu proxecto vital sen ter que marchar do teu país.
¿Cómo manten ainda o Partido Socialista ao frente do Concello de Becerreá a un persoeiro do talante e ideoloxía ultradereitista galegofóbioca como o alcalde M. Martínez?
Existe un expediente disciplinario en curso e que rematará en breve. Neste momento está suspendido de militancia.
Fai un ano en Santiago pasamos de 9 concelleiros a 4, e este ano pasamos a 3. Non lle preocupa que a unión de CA+BNG neste momento sexán maioría? Non debería renovarse o PSOE de Santiago despois desta debacle? Como compostelana non lle da pena que pase o PSOE de Santiago a ser unha comparsa despois de estar tantos e tantos anos na alcaldía?
Paradoxicamente, nas tres grandes cidades da provincia, onde gobernaba o PP, e o cabreo era maioritario, votaron a gobernos alternativos aos partidos tradicionais. Nós apoiamos facilitamos gobernos de cambio, alternativos ao PP,e traballaremos arreo por recuperar a confianza da cidadanía facendo unha oposición responsable e construtiva.
tienen vds alguna propuesta para reintegrar en el mundo laboral a la gente de más de 50 años.
Existen colectivos de desempregados que, para nós, resultan preferentes: parados/as de longa duración, as mulleres, a mocidade e, de xeito especial, os maiores de 45 e 52 anos; que teñen máis dificultades para reincorporarse ao mercado laboral. A eles/as diriximos as nosas políticas activas de emprego, agora inexistentes, e para os que plantexamos un subsidio de desemprego para que podan vivir con dignidade mentres non atopan traballo.
¿Se arrepienten de haberle dado las alcaldías a las Mareas en sitios como A Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo?
Non. Dixemos que favoreceriamos gobernos de cambio, e así o fixemos. O cal non é incompatible con facer unha oposición crítica, seria e responsable.
Necesitamos más profesionales en el servicio de salud de Galicia. La última oferta de empleo público de 2016 es claramente insuficiente. ¿Se comprometen ustedes a dotar a los servicios de salud del personal necesario si gobiernan?. Si va a dar algún dato, por favor, consúltelos antes en http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/OPE-Oferta-P%C3%BAblica-de-Emprego
Eu mesma, como funcionaria, sei o que é traballar coa precariedade de persoal cos gobernos do PP; críticos en recursos. Así que si, apostaremos por persoal público que traballe en condicións de estabilidade e dignidade para recuperar a calidade do noso sistema sanitario. Un sistema que se sostén e segue prestando servizos a pesar dos retallos orzamentarios e grazas ao compromiso do persoal.
Vostede foi a presidenta da Comisión de Igualdade nestes meses e sei da súa sensibilidade con estés temas. Preocúpame moito a violencia machista porque nos están a asasinar. Que pensan facer se Gobernan? Cre que a Leí de 2004 é eficaz? Pensá que poderemos erradicar esta lacra? Grazas e sorte.
A nosa principal proposta é un gran Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Foi o primeiro que propuxén cando asumín a presidencia da Comisión. Se gobernamos, ademais disto, incrementaremos as medidas de protección para as mulleres en situación de risco, partidas orzamentarias suficientes en materia de prevención e asistencia social, o acompañamento xudicial persoalizado, protexer ás mulleres que retiran as denuncias, atención especial ás adolescentes e publicar a lista de maltratadores con sentenza firme; entre outras.
Unha vez máis, a recuperación da materia de Educación para a Cidadanía é fundamental para a prevención.
Bo día, se finalmente o Sr. Besteiro deixa de ser investigado... cal cre que será o seu papel no partido?
o que el queira, porque o merece.
Pedro Sánchez dixo, e di, que non ía apoiar nin a Mariano Rajoy, nin a Pablo Iglesias. E tamén que non haberá terceiras eleccións... Poderiamo explicar, as enquisas son teimudas?
Os votos da xente son os que elixen goberno e presidente, non as enquisas. Somos un partido experto en vencer ás enquisas e volveremos a facelo o 26X. Falaremos cos quen queiran un goberno alternativo ao PP.
que medidas propoñe para mellorar a función publica galega?
Primeiro de todo, recuperar a súa dignidade (acabar coa demonización exercida polo PP do persoal público): favorecendo un traballo de calidade, un deseño dunha carreira profesional realmente estimulante, a modificación da selección do persoal para adaptala ao s. XXI, dinamizar novamente a promoción interna (estanse sacando agora ofertas con máis dun lustro de antigüidade), ademais de acabar coas portas traseiras para "funcionarizar" a quen non aproba un proceso selectivo xusto e igualitario. Entre outras medidas.
Vostede sabe que non hai máis gobernó alternativo ao PP que PSOE + C's (que non suma) ou Unidos Podemos + PSOE (que semella sumar)
A xente sabe que o único goberno viable é aquel que acade os suficientes apoios parlamentarios. E tamén sabe que o PSOE quere un pacto amplo coas forzas do cambio: só daremos un goberno estable e confiable á xente se o pacto é amplo e sólido. A partir de aquí, é a xente quen decide. Con todo, Pedro Sánchez e o PSOE cumpriron a súa palabra nestes meses, e a partir do 27X seguiremos a facelo como sempre.
¿Cual cree que son los motivos de que el Partido Popular tenga unos resultados escandalosos en Galicia?
Depende. Nas Municipais o PSdeG-PSOE recuperou poder institucional e sumou novos apoios: máis alcaldes/as socialistas. O que nos permite, neste momento, gobernar 3 das 4 Deputacións. Esa forza será fundamental tamén para acadar o cambio en Galicia con Xoaquín Fernández Leiceaga de Presidente.
¿le parece bien formar parte de un partido con exministros y 1 expresidente enchufados en consejos de administración de grandes empresas?
O PSOE asinou un convernio con Transparencia Internacional e temos un compromiso firme en rexerar a democracia con medidas como: acabar coas portas xiratorias, modificar a Lei de Transparencia para impulsar a rendición de contas, entre outras. O noso goberno será limpo e, por descontando, erradicará con firmeza as canles para a corrupción. Xa o fixemos internamente e alí onde gobernamos. Ese é o noso exemplo.
Moitas grazas a todos/as polas vosas aportacións. Estamos nun momento decisivo para o noso País. A xente votou cambio. Ese cambio segue sendo posible.
A proposta socialista é seria, rigurosa e responsable, consecuente coas necesidades da xente: aposta polo emprego, pola Sanidade pública e universal, pola educación pública e de calidade e laica, polo sostemento do sistema público de pensións, e do sistema fiscal (pagando máis, quen máis ten), a igualdade entre mulleres e homes, a loita contra a violencia de xénero, a abolición da prostitución, a aposta pola diversidade e, dun xeito especial, o pulo pola defensa da Nosa Terra (escoitando á xente e aos sectores nos que se organiza: agrogandeiro e pesqueiro, industrial, o turismo, o naval, o enerxético ou as empresas en risco de peche por falta de apoio institucional, o colectivo dos autónomos, etc.).
Para que podades vivir na vosa terra ou para que podades voltar a ela para vivir con dignidade, contade con nós. Contade co PSOE. Pídoche o teu voto para construír o cambio que todos desexamos.
Desta, vai!