Encuentro con Pilar Cancela
La cabeza de lista del PSOE al Congreso por A Coruña respondió a las preguntas de los lectores de La Voz el miércoles 16 a las 12.00 horas
Bo día a todas e a todos. Aquí estou ao voso dispor para respostar as cuestións que consideredes. Grazas pola vosa participación.
¿QUÉ OPINA USTED, Y QUÉ PROPONEN PARA DAR SOLUCIÓN A COMO SE ESTÁ TRATANDO A LA POLICÍA NACIONALTANTO A NIVEL MEDIOS, COMO ECONÓMICAMENTE, SOBRE TODO LOS QUE PRESTAN SERVICIO 24 HORAS, QUE SON LOS PRIMEROS EN LLEGAR A TODAS LAS URGENCIAS?
Hai unha redución importante no ámbito do persoal no sector público das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (máis de 6.700 gardas civís e policías nacionais desde que chegou Rajoy ao Goberno) e preocúpanos o baleirado de protección á cidadanía en todos os ámbitos, especialmente, no rural galego. O PSOE propón retribucións xustas e equitativas, así como a dotación de equipos de seguridade persoais para o desenvolvemento do seu traballo. Asemade, apostamos por procesos de selección públicos que cubran as taxas de reposición necesarias.
Pedro Sánchez dixo que si gañaba trasladaría o Senado a Cataluña. ¿Sería o Sr.Sanchez igual de sensible con Galicia traendo un futuro Ministerio de Pesca a nosa CCAA tendo en conta o noso potencial neste sector? Grazas
O PSdeG reivindicará e loitará con todas as súas forzas para que Galicia teña o peso nas institucións e órganos políticos que nos corresponden, como nacionalidade histórica que somos, nin máis nin menos que outros. Para nós a galeguidade é unha sinal de identidade. O sector do mar é estratéxico para nós e a xente do mar sabe que ten no PSdeG un interlocutor permanente e un aliado para as súas reivindicacións tanto a nivel galego, coma estatal e europeo. Non é tan importante a ubicación das sedes das institucións ou do poder de decisión senón o compromiso efectivo e real coas demandas do sector pesqueiro galego.
Tras su defensa pública de pactos con el partido popular a nivel local, los defendería también a nivel estatal?
A nivel local nós non temos ningún pacto co PP; o que dixen é que nós antepoñemos o benestar da cidadanía e os intereses da colectividade por enriba de cuestións partidarias. Se o PP vén detrás das nosas propostas e as avala co seu apoio, benvido sexa á sensibilidade social do PP.
Como ex directora general del partido popular, ¿nunca se ha sentido tránsfuga?
Non podo ser unha tránsfuga cando entón, nos oito meses que ocupei ese cargo e do cal dimitín a petición propia, non militaba en ningún partido. Tamén fun directora xeral de Relacións Laborais, catro anos no Goberno de Emilio Pérez Touriño e desde o 2005 militante socialista.
Buenos días Pilar. Antes de nada felicitarla por ser cabeza de lista del PSOE al congreso por Coruña. mi pregunta es la siguiente: Las políticas del gobierno del PP tanto en Galicia como en España cada vez dan menos apoyo a los grupos LGTBI y a las mujeres maltratadas. De entrar al gobierno, ¿Cual sería la primera medida que tomaría a favor de estos colectivos? Saludos.
Promover un gran pacto de Estado en contra da violencia de xénero; ampliar a Lei do 2004 e incluír medidas de educación afectivo sexual, recuperar a educación para a cidadanía e establecer o acompañamento xudicial personalizado ás vítimas e, o máis importante, repoñer os recursos orzamentarios suficientes para a loita contra a desigualdade e a violencia de xénero que co PP se reduxeron nun 40%. En canto ao colectivo LGTBI, entre outras, actualizar a configuración constitucional do matrimonio contemplando expresamente o dereito ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
Bo día Pilar, ¿por qué temos que voltar a confiar no Psoe? Fun votante e agora quero voltar votarvos. Deme motivos. Grazas
Nós somos o partido da igualdade de oportunidades, que todos e todas partan da mesma posición de saída para desenvolver un proxecto vital substentado en dereitos e liberdades, retalladas polos gobernos da dereita. Somos un partido ao que nos chaman "vello", pero estamos orgullosos e orgullosas dos nosos 136 anos de historia. Nestes anos hai cousas que non fixemos ben pero tamén é certo que todo o bo que se fixo pola xente leva o selo do Partido Socialista: educación e sanidade pública, a dependencia, as pensións, a igualdade entre homes e mulleres, as liberdades públicas... Eses e esas somos nós. Hoxe, máis que nunca, está en xogo o modelo de sociedade que construímos conxuntamente. Hoxe somos máis necesarios e necesarias que nunca, por iso, anímote a construír de novo, con nós, o modelo social que compartimos.
Que van hacer para mejorar los menús en los comedores escolares
Os procesos de contratación das empresas prestadoras de servizo de comedor non poden substentarse unicamente en criterios económicos. De tal xeito que moitas veces danse baixas temerarias que van en detrimento da calidade do servizo. Trátase da saúde dos nosos fillos e fillas, polo tanto, o equilibrio nutricional e a calidade dos alimentos é prioritario a calquera outro criterio.
Apoyaría la creación de una Comisión de investigación sobre el caso Alvia en el Congreso?
Nós consideramos que estando un proceso xudicial aberto cómpre agardar o resultado desa investigación, na que a colaboración das Administracións implicadas debe ser absoluta e transparente. A información e os recursos das que dispón o proceso xudicial son exhaustivas e consistentes. Se despois do proceso xudicial se considera a necesidade de abrir una Comisión no ámbito político, non dubide que a apoiarei. Confiamos na acción da xustiza. Unha vez máis, apoiamos e entendemos a dor das vítimas.
¿Que pensan facer en Ferrol, cun paro e pobreza como non hai en Galicia?
A comarca de Ferrolterra conta neste momento cunha taxa de desemprego de 32%. O progresivo desmantelamento do sector naval afecta tanto ao seu cadro de persoal fixo, coma auxiliar, pero fundamentalmente á vida da comarca: o sector servizos, comercio, etc. Chegou o momento non de promesas de carga de traballo, senón de apostar pola cualificación e capacidade tecnolóxica de Navantia Ferrol: o impulso dun dique que permita construír e reparar buques de grandes dimensións; a progresiva incorporación da mocidade formada na Escola Politécnica desaproveitada neste momento e que suporá un relevo xeracional cualificado... Tan clara é a nosa aposta que Pedro Sánchez se comprometeu na súa xuntanza ca representación dos e das traballadores de Navantia de Ferrolterra a apoialos nas súas reivindicacións.
Que lle parece que meses antes das eleccións municipais, houbese varias oposicións na deputación de Lugo para funcionarios interinos e curiosamente prácticamente todos os que sacaron praza foron apoderados do PSOE nas eleccións?. É fácilmente demostrable.
Descoñezo o caso concreto. En todo caso, o PSdeG-PSOE aposta por procesos selectivos públicos e con todas as garantías. Como vostede ben coñece, os funcionarios públicos no ámbito laboral deben actuar conforme a neutralidade política, pero isto non é obvice para poder desenvolver fóra da súa actividade laboral actuacións de calado político.
Si lleva al partido socialista en Coruña a perder toda la representación en el congreso de los diputados ¿asumirá sus responsabilidades?
iso non vai acontecer.
Candidata Cancela. Cal é modelo lingüístico do seu partido para o ensino en Galicia. Derrogaría o decreto do goberno Feijoo? Grazas
Por suposto. Nós consideramos a fala como un vehículo de unión e de reforzamento da identidade do pobo galego e nunca pode ser empregada para a confrontación e a división.
Si,contra todo pronóstico, acaba por ser diputada...¿qué política de empleo defender a?¿la del partido popular que la hizo directora xeral o la del psoe?
A política de emprego que vai no programa do Partido Socialista e a que defendín cando fun directora xeral con Emilio Pérez Touriño, na Xunta de Galicia, cando funmos quen de articular por vez primeira un modelo de relacións laborais para o noso país baseado no diálogo social.
Teñen pensado facer algun tipo de discriminacion positiva coas pensions minimas que tanto afectan a Galicia?
Efectivamente, a meirande parte das pensións galegas son mínimas. Ao estar conxeladas e incrementarse o copago farmacéutico tres veces máis que o incremento das mesmas fai que os nosos pensionistas teñan menor poder adquisitivo. Se adxuntamos a isto a suba do ive das menciñas dun 10 ao 21%, a retirada do catálogo de menciñas cubertas pola Seguridade Social de medicamentos de primeira necesidade deixa aos e ás nosas maiores nunha situación de precariedade vital; canto máis se son o substento das familias dos seus fillos e coidadores dos seus netos. Eliminaremos o copago farmacéutico, baixaremos o ive das menciñas e incrementaremos as pensións.
A violencia machista está golpeando España con dureza. Levamos 53 mulleres (esta noite outra muller asasinada en Zaragoza) e o Goberno non está a facer nada. O seu partido leva pedindo un pacto de Estado para loitar contra a violencia contra as mulleres. Pódeme concretar un pouco máis e se levan máis medidas ao respecto? Moitas gracias e sorte.
Concordo coa túa preocupación que tamén é a nosa. Como contestei noutra pregunta, por suposto que promoveremos ese pacto de Estado e ademais, incrementaremos as partidas presupuestarias necesarias a prol da igualdade efectiva e real entre homes e mulleres, e recuperaremos a transversalidade das políticas contra a violencia de xénero. Aboliremos a prostitución. As mulleres non somos un negocio.
¿Cómo ve usted que el candidato de ciudadanos por la provincia de A Coruña descolezca o programa do seu partido e que o único que ten que encargarse é do marketing sobre a figura de Rivera?
Xa non é que non teñan propostas para Galicia ata despois das eleccións, senón que ni tan sequera comparece nos debates que todos os partidos políticos estamos a ter en diferentes medios. De todos os xeitos, son preocupantes algunhas das propostas que coñecemos a través do Sr. Rivera, como é o contrato único, os copagos na sanidade, a suba do ive para os produtos básicos, a conxelación do salario mínimo, non queren o ingreso mínimo vital que nos propomos para as familias que non teñen ningún tipo de recurso ou esgotaron as súas prestacións. E, por suposto, manifestamos e condenamos o seu posicionamento respecto da violencia de xénero. As mulleres son asasinadas polo feito de ser muller.
Por unha cuestión de tempo, éme imposible contestar por esta canle todas as vosas preguntas. Quedo ao voso dispor no seguinte correo electrónico: pilarcancela@yahoo.es
Moitas grazas a todas e a todos polo voso tempo e interese. E grazas ao persoal de La Voz de Galicia por esta oportunidade. Apertas.