Pacoreyes3

El candidato socialista a la alcaldía de Santiago responderá el lunes desde las 16.00 horas a las preguntas de los lectores de La Voz.

1 Paco Reyes 18/05/2015 15:58

Boa tarde, aquí estou para responder da mellor forma que poida ás vosas preguntas, grazas pola vosa atención e arrincamos xa :)

2 paulino varela 18/05/2015 15:59

cuantos candidatos piensas sacar suerte Paco

Paco Reyes:

espero sacar os suficientes para enviar o PP á oposición e gobernar o PSdeG

3 Anónimo 18/05/2015 16:02

Descartas apoyar a un Gobierno del PP en Santiago?

Paco Reyes:

Si, descártoo. Por responsabilidade despois destes 4 anos non se pode deixar a nosa cidade outros 4 nas mans dun goberno como o que tivemos.

4 Marta Fernández Piñeiro 18/05/2015 16:08

Son unha das veciñas de Santiago que non atopa un posto de traballo. Son moza e creo que conto con preparación académica superior. Que se pode facer ao respecto dende a administración local? Conta no seu programa con propostas sobre emprego e, dun xeito especial, para a mocidade? Moitas grazas. Un saúdo

Paco Reyes:

Poñeremos en marcha un plan de emprego con soporte orzamentario que vai consistir en: crear unha bolsa de emprego a través dos obradoiros de emprego para realizar todas as tarefas de mantemento que precisa Santiago, tanto no rural como na cidade, priorizando aos mozos e mozas, parados de longa duración, persoas de máis de 50 anos... Un programa característico dos socialistas promoverá a rehabilitación de vivendas a través das ARIs que ao tempo que mellore a habilitabilidade fomente o emprego nun sector tan castigado como é a construción. Baixaremos o prezo do chan industrial polo menos un 70% e poñeremos 8 anos de carencia para atraer empresas e encher os polígonos industriais, particularmente con empresas de distribución que podan aproveitar que cos gobernos socialistas Santiago se convertera no centro das comunicacións. Impulsaremos as cooperativas cunha liña de microcréditos de 3 millóns de euros promovida polo Concello e conxuntamente coa USC o Biocluster da saúde e o Parque das telecomunicacións para dar traballo aos nosos licenciados e investigadores.

5 Pepe Castro 18/05/2015 16:09

Fala no seu programa, na parte de participación da cidadanía de ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS, pero como vai artellar esta proposta? Como vai decidir a cidadanía en que utilizar este 20% do orzamento?

Paco Reyes:

Ca mesma metodoloxía que puxo en marcha Besteiro con éxito na Deputación de Lugo, primeiro pedíndolle aos veciños que prioricen aqueles temas que consideran máis importantes, despois priorízanse as diferentes solucións para resolvelos e por último asígnase o orzamento. Todos os veciños/as teñen a oportunidade de responder aos cuestionarios que se lles pasan e por tanto de dar a súa opinión e influír na decisión dos investimentos do seu Concello. A convocatoria farase a través das asociacións veciñais.

6 Anónimo 18/05/2015 16:11

Sempre dixo que vostede se presentaba para ser a forza máis votada. Non é un pouco un brindis ao sol?

Paco Reyes:

Esa é a vocación do PSdeG en todas as eleccións nas que se presenta. Necesitamos a maior representación posible para defender o estado de benestar e cambiar a sociedade para que sexa máis xusta e igualitaria.

7 Anónimo 18/05/2015 16:11

Cal é o principal problema que ten agora mesmo Santiago?

Paco Reyes:

O desemprego.

8 Anónimo 18/05/2015 16:12

Tiene la sensación de que hay aún mucha gente que no le conoce?

Paco Reyes:

Dende a miña elección nas primarias do PSdeG segundo as enquisas o meu grao de coñecemento pasou do 18% a máis do 66%. Aínda teño que chegar ao 34% restante... Espero facelo nesta semana, ou polo menos intentalo!

9 Anónimo 18/05/2015 16:17

¿No cree que la campaña está siendo de guante blanco? Eso no les perjudica?

Paco Reyes:

O PSdeG sempre formulou as campañas para explicar o seu proxecto, presentar as súas candidaturas e debatir propostas de forma construtiva.

10 Anónimo 18/05/2015 16:18

Doénche as enquisas?

Paco Reyes:

Non, estimúlanme.

11 Ernesto 18/05/2015 16:19

Dimitirá si, como parece, no saca más de cuatro o cinco concejales?

Paco Reyes:

Traballarei para esta cidade na posición que os veciños e veciñas consideren oportuno.

12 Marcos 18/05/2015 16:21

Vd no tienen ninguna trayectoria política anterior y si un pasado poco claro. Realmente se cree vd el candidato socialista que la ciudad necesita?

Paco Reyes:

A miña traxectoria é a dun funcionario, é pública e coñecida por todo aquel que queira. Fun escollido candidato nunhas primarias onde os meus compañeiros/as entenderon que eu era o mellor candidato do partido nesta ocasión para a cidade.

13 Anónimo 18/05/2015 16:24

¿Cómo pondrá en valor el Ensanche compostelano?

Paco Reyes:

Temos que resolver o problema de aparcamento negociando coas concesionarias para que baixen o prezo e temos a oportunidade de xerar 1.600 novas prazas de aparcamento en superficie no Campus sur como permite o actual PXOM. As melloras na iluminación, rotulación e traballar por un Ensanche máis accesible a todos e todas, así como o impulso ao comercio permitirán poñelo en valor.

14 Anónimo 18/05/2015 16:27

Me gustaría que me explicase una medida que le escuché hace días, la de microcréditos para las cooperativas?

Paco Reyes:

Do orzamento municipal haberá unha partida de tres millóns de euros en microcréditos para as cooperativas, dos cales un millón será para avais. A xestión dos mesmos farase a través da banca ética. Tendo en conta que a media do capital para a posta en marcha dunha cooperativa son 18.000 euros e que cada cooperativa crea como mínimo tres empregos, e que as cooperativas son as empresas que mellor están a resistir a crise esta vai ser unha boa fonte de xeración de emprego estable.

15 Anónimo 18/05/2015 16:29

Me gustaría saber cuál es su propuesta exacta sobre la Casa da Xuventude. Si es alcalde qué hará con ella?

Paco Reyes:

Rehabilitarémola e converterémola na Casa da Cultura, que sirva como sementeira de cooperativas de artistas e de compañías, e que estas poidan desenvolver aquí a súa actividade e enriquecer a vida cultural da cidade.

16 Anónimo 18/05/2015 16:31

¿Como evitará que o casco histórico se converta nun parque temático?

Paco Reyes:

Cun Plan integral de habilitabilidade 2015-2019 que aborde non só a rehabilitación das vivendas senón tamén os servizos, accesibilidade e mobilidade. Fomentando a vivenda en réxime de aluguer para mozos e mozas, de xeito que se incremente a diversidade de habitantes no casco histórico. Retomaremos o proxecto da parcela de Xoán 23 para vivenda de protección oficial de aluguer para mozos.

17 Anónimo 18/05/2015 16:33

O rural está abandonado en Santiago. Cales son as súas propostas para solucionalo?

Paco Reyes:

Mellorar o transporte e as súas frecuencias, retomar o programa de depuradoras individuais cun convenio coa Xunta, potabilizar a auga das minas cando así o decidan voluntariamente os núcleos rurais e os veciños, aplicar un programa de mantemento continuado sobre as pistas e poñer en marcha o programa Persoas polo que se identificarán 10 centros socioculturais de referencia onde os maiores estarán atendidos de 9 a 14 h cun asistente social e cun fisioterapeuta.

18 Xurxo 18/05/2015 16:34

¿Atreveríase cunha porra para o domingo?

Paco Reyes:

O PP pasa á oposición e o PSdeG é o primeiro partido da esquerda!

19 Manoel 18/05/2015 16:35

No contacto coa xente nesta campaña, ¿parécelle que está moi fata da política e todo o que se move arredor? Creo que hai moito afastamento, e algo terán que dicir os políticos.

Paco Reyes:

Non vin tanto afastamento no meu porta a porta como se podería pensar. A xente que rexeitou falar destas eleccións non superou o 1%.

20 Lucho 18/05/2015 16:36

En los caracteres que entran en un tweett, ¿qué le diría a los indecisos para que votasen por el PSOE?

Paco Reyes:

Temos un proxecto de cidade, unha candidatura renovada e 27 anos d traballo en goberno pola cidade.

21 Xosé Manuel 18/05/2015 16:39

Por que tería que votarlles a vostedes, no lugar de facelo a Compostela Aberta? Que os diferencia?

Paco Reyes:

135 anos de historia, un proxecto para Santiago e 27 anos de traballo por esta cidade achegando crecemento, modernidade, progreso, igualdade de oportunidades e estabilidade.

22 Anónimo 18/05/2015 16:39

Si es alcalde, ¿cuál sería su primera medida?

Paco Reyes:

Convocar un pleno para aprobar as modificacións orzamentarias para a posta en marcha dun plan de emprego.

23 Anónimo 18/05/2015 16:41

Nalgunha das entrevistas que realizou, comprometeuse a DIMITIR se non acadaba unha serie de obxectivos en materia social. Podería indicarme, si ten previsto dimitir e cales son eses obxectivos que pretende alcanzar?

Paco Reyes:

Reducir nos 2 primeiros anos do mandato as persoas en risco de exclusión social nun 15% e duplicar o gasto social do Concello ata 110 euros por habitante. Se non o acado, no 2017 dimitirei.

24 Anónimo 18/05/2015 16:42

Acabo de ler a resposta sobre a Casa da Xuventude, pero non me queda claro se derribarían parte dela ou non? Quero dicir si a devolverían á altura que tivo ao seu inicio?

Paco Reyes:

Non o temos previsto. A nosa intención é investir para rehabilitala.

25 Anónimo 18/05/2015 16:43

¿Van cobrarlle o IBI á Igrexa Católica polas hospederías?

Paco Reyes:

Si, cobraremos por todos aqueles bens inmobles que teñan como obxecto a industria, negocio ou xeración de lucro. Como a calquera veciño.

26 Anónimo 18/05/2015 16:45

Soy uno de los muchos indecisos de los que siempre hablan las encuestas. Convénzame para que le vote.

Paco Reyes:

Temos un proxecto de cidade cos obxectivos de xerar emprego, loitar contra a pobreza, desenvolver unha cidade habitable e loitar contra a corrupción... Temos unha candidatura que supón unha renovación xeracional, con xente preparada de diversos ámbitos profesionais. En ningún caso, de acadar a confianza maioritaria, estaría máis de 2 mandatos como alcalde.

27 Anónimo 18/05/2015 16:47

Mantiene la idea de crear en Cornes un Parque da Raqueta con pistas de tenis, paddle y bádminton?? A mi me interesaría :))

Paco Reyes:

Si, así o presentamos, podes consultar un adianto do proxecto neste enlace: http://www.pacoreyes.info/actualidade/notas-info...

28 Anónimo 18/05/2015 16:49

Como atleta aficionado, creo que Santiago necesita una pista para poder entrenar. La Alameda está deteriorada. ¿Propone algo en este sentido?

Paco Reyes:

Vamos a manter o parque da Alameda en boas condicións para a práctica do running e tamén habilitaremos o parque Eugenio Granell para esta práctica.

29 Marieta 18/05/2015 16:50

Vd y sus comentarios han sido uno de los instigadores del asunto de Odontología/Galeras. No cree vd que la USC ya tiene suficente problemas como para que vd sea el desencadenante de uno más

Paco Reyes:

Descoñezo a que se refire. O único que fixen foi defender a Facultade de Medicina como única do sistema universitario galega e defender que Odontoloxía debe pasar ao Concello como establece o convenio coa USC cando estea construída a nova facultade de Medicina e a de Odontoloxía.

30 Anónimo 18/05/2015 16:53

Son veciño de Vite. Un barrio que estivo abandonado nestes 4 últimos años de goberno do PP. Que medidas vai a promover no noso barrio?

Paco Reyes:

Queremos poñer os ascensores dos edificios de Vite, non quedará ningún veciño sen ascensor por problemas económicos, arranxar a rúa do centro de saúde e o polideportivo e imos resolver o problema de aparcamento con tarxetas para os familiares dos residentes, para que fillos e fillas podan visitar aos seus pais e nais sen problemas para aparcar.

31 Anónimo 18/05/2015 16:54

Algo falla en la política aeroportuaria gallega. ¿Cuál es su idea para Lavacolla?

Paco Reyes:

Pois hai seis días respondín de xeito resumido a esta pregunta, podes consultala neste enlace: http://santiagoaeropuerto.com/24-m-la-vision-del...

32 Noela Méndez 18/05/2015 16:55

Todos din que é necesario unha estación intermodal pero cada un á súa maneira...

Paco Reyes:

Nós apostamos polo proxecto de Herreros gañador dun concurso público, e non pola ampliación do vestíbulo que pretende o PP, porque non está á altura da capital galega.

33 Anónimo 18/05/2015 16:56

¿Quién es su principal rival en la campaña?

Paco Reyes:

O PP e as súas políticas neoliberais.

34 Anónimo 18/05/2015 16:58

¿Por que en campaña non falan das fusións municipais? Iso non vende?

Paco Reyes:

Nós estamos a favor de que sexan os veciños quen decidan directamente en consulta cidadá sobre a fusión dos seus municipios. Tamén estamos a favor da cooperación dos municipios mancomunando servizos.

35 Olivia Rodríguez 18/05/2015 16:59

¿Cuál es la propuesta más extraña que le plantearon durante la campaña?

Paco Reyes:

Pois ninguén me pediu nada fóra de lugar, outra cousa é que son moitas as necesidades e non queda outra que priorizar.

36 Anónimo 18/05/2015 17:01

Hoy nos enteramos que se va a limitar el aparcamiento en Castrón Douro. Dónde vamos a aparcar los compostelanos?

Paco Reyes:

Ter unha cidade máis habitable e máis humana non quere dicir eliminar todas as prazas de aparcamento en superficie. Imos desenvolver un Plan director de aparcamentos que teña en conta os aparcamentos en superficie (que non construíu Agustín Hernández), a redución dos prezos dos aparcamentos subterráneos e a posibilidade de xerar 1.600 prazas de aparcamento en superficie no campus sur.

37 Anónimo 18/05/2015 17:02

¿Se siente arropado por su partido?

Paco Reyes:

Si.

38 Luis 18/05/2015 17:03

Si descarta apoiar un goberno do PP en Santiago, ¿significa iso que votaría para que Martiño Noriega sexa alcalde? Saiba que si a súa resposta é sí ou calquera outra que non sexa Non, ten perdido inmediatamente un voto e gañadoo Hernández. Si a pelexa vai de dous, a quen non quero é ao radical, foráneo, personalista e nacionalista Noriega.

Paco Reyes:

Vote polo PSdeG-PSOE.

39 Anónimo 18/05/2015 17:04

¿Cal é a súa proposta para que os locais de Santiago poidan manter a música en vivo?

Paco Reyes:

A solución para por mudar a lexislación galega, mentres tanto temos que facer convenios relacionados con festivais de tempada. Trataremos de que a Xunta traballe por este cambio na lexislación.

40 Zalo 18/05/2015 17:05

Boas tardes Sñ Reyes, non considera que lle está perxudicando o non avalar a súa candidatura cunhas primarias abertas na cidade, para despexar dúbidas de quen era o mellor candidato socialista?e si fose elixido sair fortalecido e respaldado por toda agrupación socialista da cidade?

Paco Reyes:

Estou de acordo en que o mellor modelo de primarias serían unhas primarias abertas, pero a Conferencia política de novembro de 2013 do noso partido decidiu que foran primarias para os e as militantes, e así o aceptei.

41 Paco Reyes 18/05/2015 17:06

Remátase o tempo e quedan aínda moitas preguntas sen contestar, foi un pracer! Moitas grazas polo voso interese. Remítovos á miña web, onde podedes escribir, facer consultas e botar un ollo ao noso programa: www.pacoreyes.info