F19y5009

El candidato del BNG de Narón responderá a los lectores el martes, día 19, a partir de las 12.00 horas

1 Pablo 19/05/2015 12:05

Hola, moi bo dia. Empezamos xa este chat cos internautes que siguen La voz.

2 David 19/05/2015 12:09

Por que o PP di que o goberno local de Narón subiu os impostos cando foi el quen subiu o IVE, o IRPF e mesmo o IBI, obrigando aos concellos a aumentar os coeficientes?

Pablo:

Efectivamente foi o PP quen subiu todos eses impostos e incluso subiu tamén a taxa de saneamento para o proximo ano 2016. Case tiñan que ser eles os que responderan a esta pregunta porque foron eles os que se comprometeron a baixar os impostos. O BNG nunca defendeu iso, senón que os impostos tiñan que ser progresivos. E iso é o que defendemos.

3 Amalia 19/05/2015 12:10

Vai seguir apoiando o comercio local e de proximidade?

Pablo:

Si, por suposto. Para nós, o comercio, como demostramos ao longo destes catro últimos anos, é un sector moi importante porque xera riqueza e emprego, e ademais fai de Narón unha cidade máis atractiva e máis segura.

4 Marcos 19/05/2015 12:12

Que opina da última enquisa de intención de voto?

Pablo:

Estamos ante unha enquisa e temos que esforzarnos para que a enquisa do día 24 nos dea uns resultados mellores.

5 Montse 19/05/2015 12:14

No caso de chegar a ser alcalde, que propostas ten para mellorar a calidade de vida das persoas dependentes de Narón?

Pablo:

O noso proxecto urbanístico é o mesmo que defende o BNG en Pontevedra e que está a colleitar tantos éxitos. Temos que eliminar as barreiras arquitectónicas e facer de Narón unha cidade accesíbel na que todas as persoas poidan gozar das rúas. En canto á dependencia, que é unha competencia da Xunta de Galiza, o Concello xa vén colaborando coa administración autonómica e mesmo estamos suplementando os recortes que o goberno de Feijóo está a facer neste eido.

6 L. R. 19/05/2015 12:17

Cómo se puede decir que un ayuntamiento está saneado si tiene una deuda de cuanto, unos diez millones de euros?

Pablo:

No ano 2011 a débeda era de máis de 12 millóns e a finais deste ano vai ser de seis millóns. Tendo en conta que a lei permite chegar até o 75% do orzamento, estamos a falar de que a finais deste ano a débeda bancaria de Narón estará no 20% aproximadamente, que é un volume de débeda bancaria asumíbel.

7 Montse 19/05/2015 12:20

E outra cousa, pensa que Narón vai poder seguir mantendo as grandes obras que se fixeron no seu momento, como é o caso do Pazo da Cultura?

Pablo:

Se pregunta é se imos seguir facendo grandes obras, a resposta é que non. O BNG foi quen de trasladar ao goberno de Narón que o importante son as persoas, non o cemento. Se se refire ao mantemento das actividades que se realizan no Pazo da Cultura relacionadas con este eido, por suposto que imos seguir apoiando a cultura e todas as actividades lúdicas que alí se fan, incrementándoas na medida do posíbel.

8 Luis 19/05/2015 12:23

¿Qué opina de la fusión? ¿No cree que habría que preguntar a loa vecinos? ¿Y una fusión también con otros municipios como Neda o Fene?

Pablo:

Creo que temos que empezar por colaborar entre os Concellos e facer cousas conxuntamente. A fusión como matrimonio entre diferentes concellos precisa en primeiro momento dun proceso de namoramento entre as partes e de ver que cousas se poden desenvolver en común.

9 Lorena 19/05/2015 12:26

¿Cuáles son sus propuestas para Narón si sale escogido alcalde? Gracias!

Pablo:

A proposta fundamental é a atención ás persoas que o están a pasar mal, que por desgraza, por mor da situación de crise da comarca, son moitas aínda. Segundo, manter os servizos de calidade, e iso inclúe a zona rural, porque os seus habitantes teñen que ter os mesmos dereitos que os da zona urbana. Terceiro, conseguir o centro de saúde e, cuarto, aprobar un plan de urbanismo que contemple un plan de mobilidade.

10 Raquel M. 19/05/2015 12:27

¿Pactaría con el PP? ¿O hubiese un bipartito Tega - PP, usted entraría en ese pacto como tercero?

Pablo:

O BNG é unha forza dialogante e, polo tanto, estamos dispostos a falar con todas as organizacións políticas, como non podía ser doutro xeito. Mais nunca pactariamos cunha forza como o PP, que está nas antípodas do que propón o BNG.

11 Xoan 19/05/2015 12:32

¿Cuál es la situación actual de las instalaciones militares de A Carreira? ¿Tiene alguna propuesta para futuros usos?

Pablo:

O goberno local de Narón tivo conversas co Ministerio de Defensa para a súa desafectación. O que defende o BNG é a cesión gratuíta. Ese é o primeiro paso; logo teriamos que falar entre todos para ver cal é a mellor opción.

12 B. 19/05/2015 12:33

¿No cree que el cuatripartito ha provocado que todos los méritos se los lleve Blanco?

Pablo:

Cando o BNG tomou a decisión de entrar a gobernar non estivo preocupado polos réditos electorais, senón por tratar de mellorar a calidade de vida da veciñanza de Narón.

13 Pablo 19/05/2015 12:36

Si no consigue un buen resultado este domingo seguirá al frente del BNG naronés?¿?¿

Pablo:

Que eu continúe á fronte do BNG de Narón é unha decisión que ten que tomar exclusivamente a asemblea de afiliados e simpatizantes do BNG de Narón.

14 Marcela 19/05/2015 12:38

Me gustaría trasladarle una queja. Hay demasiada gente apuntada a la piscina y mucha cola. ¿No tienen pensado construir otra piscina?

Pablo:

Na situación económica na que estamos non é o mellor momento para construíla. Coincido en que sería positivo contar con outra instalación, mais hoxendía non nolo podemos permitir.

15 Marcos 19/05/2015 12:43

¿Va a impulsar alguna medida para atraer a nuevas empresas a las parcelas vacías de Río do Pozo?

Pablo:

Desde o Concello de Narón imos bonificar as licenzas de apertura para as empresas que se instalen no noso municipio. Por outro lado, temos que conseguir que as axudas do Plan Ferrol se convoquen nunha época do ano máis axeitada, non cando está a piques de rematar. Nós defendemos que os Concellos teñen que ter un papel protagonista nestas axudas e, desde logo, é fundamental que se consuman todos os fondos. Non é de recibo que de 45,7 millóns de cada convocatoria só se aproben 800.000 euros.

16 anonimo 19/05/2015 12:48

¿Ten algunha proposta para o campamento de Freixeiro?

Pablo:

Solucionar este problema non é doado. En calquera caso non só ten que participar o Concello, senón o resto das administracións, para lle dar unha solución razoábel e humana. En todo caso, na parte que nos compete, debemos tomar medidas de atención social ás persoas que viven aí e o necesitan, e velar, como no resto do concello, polo mantemento da legalidade.

17 XXX 19/05/2015 12:51

Si sale alcalde, ¿tendrá mejor relación con el concello de Ferrol y con Rey Varela que Blanco?

Pablo:

As boas relacións non dependen dunha soa persoa, senón de dúas. En todo caso, a miña experiencia na etapa de vicepresidente da Deputación da Coruña dime que se hai vontade podemos chegar a acordos moi importantes. A clave é estar disposto a entenderse.

18 Ruben 19/05/2015 12:56

Como trabajador de Navantia, ¿cuál sería la primera medida que tomaría en la empresa?

Pablo:

Como traballador de Navantia, o primeiro que faría é darlle aos estaleiros da nosa ría autonomía na xestión para optimizar o noso potencial. Teño que lembrar, ademais, que a Lei do Sector Naval aprobada por unanimidade do Parlamento Galego establece que a Xunta de Galiza ten que estar no consello de administración de Navantia. Finalmente, temos que buscar a colaboración e o entendemento coa industria do sector da comarca.

19 Lucía Pérez 19/05/2015 13:00

¿Cómo es trabajar con gente de otros tres grupos políticos tan distintos? ¿No crees que igual eso te ha podido pasar factura de cara a tus votantes?

Pablo:

Se se poñen por diante as necesidades e os intereses das naronesas e dos naroneses, non é difícil. Hai moitos puntos nos que coincidimos desde o principio; outros que tivemos que falar e negociar e outros nos que non puidemos chegar a acordos. Temos que aprender a xestionar as diferenzas, é moi importante na sociedade plural na que vivimos. Moito me tería gustado que o PP se implicara nos acordos que eu creo que son importantes para Narón. En canto á segunda pregunta, coido que o importante non son os votos, senón facer política.

20 Xaquín Ramírez 19/05/2015 13:02

Me gustaría quejarme de los baches y la falta de aparcamiento en ciertas zonas. Siempre se habla de Ferrol pero Narón no se queda tan atrás...

Pablo:

Ten razón en que hai aspectos nos que temos que mellorar de cara ao futuro. Dentro das propostas do BNG facemos fincapé nun plan de mobilidade inspirado, salvando as distancias, no modelo de Pontevedra.

21 Pili 19/05/2015 13:03

¿Qué medidas promoverá contra el desempleo?

Pablo:

Continuaremos co apoio á formación e, como xa expliquei anteriormente, imos facer un esforzo de colaboración importante co comercio local e para favorecer o asentamento de novas empresas que xeren emprego.

22 Lois 19/05/2015 13:05

¿Se van a tomar medidas en el BNG si finalmente los resultados son los que se prevén de un concejal?

Pablo:

Nós estamos razonablemente contentos co traballo que fixemos. Se finalmente este traballo non se reflicte nos resultados electorais ou foran negativos, o BNG terá que tomar decisións sobre o papel que vai xogar nos próximos catro anos.

23 NormalizaciónDoGalego 19/05/2015 13:09

Como ve o uso do Galego en Narón? Se está fomentando como debe desde o concello? Qué medidas aplicaría o BNG?

Pablo:

Desde o Concello de Narón, o galego é o idioma oficial e utilízase de xeito habitual en todos os actos e comunicacións. Por outro lado, os Concellos temos que dinamizalo e animar á xente a que o empregue no día a día, con campañas de promoción en todos os sectores da nosa sociedade.

24 Pablo 19/05/2015 13:11

Foi para min un pracer poder responder ás vosas preguntas. Espero que todas as persoas que fixestes preguntas esteades satisfeitas coas respostas. Un saúdo e o próximo domingo, a votar polo BNG-Asembleas Abertas para conseguir o Narón que queremos.