Psoenoia

El candidato del PSOE en Noia responderá a los lectores el viernes, día 22, a partir de las 11:00 horas

1 Miguel 22/05/2015 11:12

Ola son Miguel Paz e estou disponible para contestar as vosas preguntas

2 María Tajes (Obre) 22/05/2015 11:22

Si vostede sae elexido alcalde de Noia, que fará para mellorar a situación dos colexios públicos de A Barquiña e Bergondo?

Miguel:

Para nos a educación é un piar fundamental, por iso apoiaremos aos colexios da Barquiña e de bergondo, as Anpas destos centros e tamén aos equipos directivos. Comprometemonos a que a Barquiña e especialmente Bergondo teñan un pavillón polideportivo digno, xa que an actualidade os nenos non poden desfrutar das súas actividades e festas cando chove. Non se pode permitir que un neno chegue chorando á casa por non ter unhas instaqlacións dignas onde xogar.

3 Germán Insua ( Barquiña) 22/05/2015 11:29

Sr. Paz tódolos partidos falan da rexeneración da ría de Noia, o PP propón a navegabilidade do porto e a creación dunha artificial, vostede que propón?

Miguel:

Para nós a prioridade son os 1500 mariscadores que traballan na nosa ría. Outros falan de facer praias artificiais ou da navegabilidade da ría, para nós o fundamental é limpar e rexenerar os bancos marisqueiros, que é do que vive Noia. Será o noso cabalo de batalla, e si son alcalde que saiba a cofradía e os mariscadores que mobilizarei o pobo enteiro para loitar polo saneamento da ría.

4 Conchita Caamaño (Boa) 22/05/2015 11:35

Como candidato do PSOE non cree que as parroquias do concello necesitan de maior atención. Que propostas ten para dinamizar os locais veciñais?

Miguel:

Nas visitas polas parroquias comprobei as necesidades que teñen, e o meu proxecto estrela para os próximos catro anos é o mantemento do que temos, cun plan mensual de limpeza das parroquias, das rúas e prazas do municipio. Non podemos construir máis equipamentos se non somos capaces de manter, coidar e limpar o que xa temos.

5 Pablo Lamas (Noia) 22/05/2015 11:39

En Noia siguen sendo necesarias máis prazas de aparcamento, Que ten pensado facer para resolver este problema?

Miguel:

Incrementar as prazas de aparcamento, tanto soterradas como ao aire libre. E tamén estableceremos o sistema de aparcamento de proximidade, cunha zona azul, de xeito gratuita, favorecendo que os cidadáns poidan facer as súas compras ou desfrutar do seu tempo libre tendo aparcamentos suficientes onde deixar o seu coche

6 Sabela Fernández (Noia) 22/05/2015 11:42

Noia é un dos poucos concellos onde non hai escola infantil pública para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Que teñen pensado facer para axudar ás familias á conciliación da vida laboral e familiar?

Miguel:

Imos xestionar coa Xunta de Galicia unha escola pública infantil para nenos de 0 a 3 anos, e mentras non se construia estableceremos convenios coas escolas privadasxa existentes para favorecer que tódalas familias que o precisen poidan levar aos seus nenos a estas escolas.

7 Ramón Oviedo (Barro) 22/05/2015 11:51

Cales son as súas propostas en materia de benestar social para as persoas maiores de Noia?

Miguel:

Xestionaremos para Noia a construcción dun xeriátrico e un centro de día, ambos servizos moi necesarios. Ampliaremos e melloraremos os servizos de axuda no fogar para as persoas que o precisan. Manteremos as axudas ás entidades A Creba, A Misela, Cáritas e Cruz vermella e loitaremos para que Noia teña un novo centro de saúde digno e que permita mellorar os servizos que se prestan na actualidade.

8 Iván 22/05/2015 11:57

Noita apostou bastante ben o tema cultural, débeda 0, o comercio bastante ben, pero fálatalle algo de vidilla nocturna, hai que mirar de facer algunha actividade os venres pola noite para dinamizar o ocio nocturno.
Vai seguir vostede na liña de Rafa Guerrero? se é así, conte co meu voto

Miguel:

Tomamos nota das cousas que se fixeron ben e por suposto manteremolas, especialmente a Xestión Económica e tamén o traballo realizado no eido cultural. Intentaremos mellorar os programas de ocio nocturno para dinamizar a noite noiesa.

9 Manuel García 22/05/2015 12:10

¿Tan mal lles parece que o fixo o actual alcalde para non levalo na lista nin chamalo para nada?

Miguel:

Eu persoalmente visitei a Rafa e propúxenlle que reconsiderara a súa decisión e ofrecinlle tanto a posibilidade de encabezar novamente a candidatura como de pechala. Non sei de onde quita vostede o de "nin chamalo para nada" xa que eu persoalmente me entrevistei con él en varias ocasións para pedirlle o seu apoio , información ( que me proporcionou) e participación na campaña.