Doval h

El cabeza de lista de la candidatura ciudadana Ourense en Común responde a las preguntas de los internautas

1 Miguel 12/05/2015 17:00

Boa tarde. O noso agradecemento en nome de Ourense en Común por darnos a oportunidade de estar ao lado da xente

2 Rosario 12/05/2015 17:01

Cal debería ser o papel da cidanía no concello? Participamos pouco?

Miguel:

O papel da cidadanía é a participación activa, a toma do Concello de Ourense como unha institución propia.

3 Rosario 12/05/2015 17:02

Por que é diferente Ourense en Común?

Miguel:

Ourense en Común é diferente, como os movementos similares a nivel nacional, como unha resposta da cidadanía ao seu malestar coa política actual. Eu chámolle a nosa primaveira árabe.

4 Nacho V. 12/05/2015 17:04

¿Cómo es posible que usted sacara casi tantos votos como Xosé Mosquera que fue acusado de carretaxe si no lo hizo usted también?

Miguel:

O estudio feito a posterioridade polo comité electoral evidenciou quen fixo un uso fraudulento do voto e quen non. Foi unha asamblea aberta quen decidiu continuar ou deter o proceso. Toda a información dese análise é pública na páxina web de Ourense en Común.

5 Pepe 12/05/2015 17:07

Con 63 años, empleado de la banca jubilado, cuentanos tu experiencia laboral en la misma, ¿por qué ya estás jubilado? ¿qué piensas de los bancos?

Miguel:

Si, estou xubilado. Comencei na banca no ano 75 cando tiña unha parte humana que era a relación persoal coa xente, onde non se precisaba case firmar documentos; eran case pactos verbais entre persoas. Foi a raíz da chegada dos Mario Conde e compañía o que transformou a banca no que é na actualidade: entidades en beneficio duns poucos sen perspectivas sociais.

6 Manuel 12/05/2015 17:09

los que somos algo viejos, recordamos tu implicación en el deporte, en concreto en el fútbol, donde formaste parte de la directiva del club deportivo orense durante dos temporadas, ¿qué nos puedes contar de esa experiencia e implicación?, ¿cómo valoras su gestión?. Y tu estancia por Cádiz: ¿a qué te dedicabas?, ¿cuales eran tus funciones allí a través del fútbol?, gracias

Miguel:

Nunca formei parte de ninguna directiva, simplemente era un asalariado das empresas que xestionaban o Ourense e o Cádiz C. F. Nas dúas entidades consistía un pouco na relación pública e na xestión de buscar recursos para ambas as dúas entidades. Curiosamente, no Cádiz C. F. aínda hoxe se segue facendo no mes de agosto un festival de chirigotas que inventamos naquela época como fonte de xeración de recursos para o clube.

7 Xabier 12/05/2015 17:13

Como poden explicar ante a cidadanía a actitude acometida contra o que gañou as primeiras eleccións primarias, Xosé Mosquera? Cren que se equivocaron facendo o proceso aberto a toda a cidade?

Miguel:

Non foi ningún proceso contra Xosé Mosquera, senón contra as prácticas contrarias aos principios básicos de Ourense en Común. Sempre foi unha porta aberta na que entrou e saíu quen quixo. Nunca se excluíu a ninguén, simplemente que houbo xente que non entendeu o proceso.
En canto ao proceso aberto iste é parte fundamental de Ourense en Común, non se pode entreabrir unha porta e que entren uns si e outros non. Estaba aberto a todo o mundo, para nós o erro foi de quen fixo un uso fraudulento desas prácticas.

8 Nano 12/05/2015 17:14

Si nadie logra mayoría absoluta el 24M, con quién estaría dispuesto a pactar la marea

Miguel:

Ourense en Común non se plantexa ningún tipo de pacto. Chegado o día, en función dos resultados electorais será a a asamblea a que decida o camiño a seguir. En todo caso, non entraríamos nunca en intercambio de sillóns, senón en acordos programáticos en favor da cidadanía.

9 Alberto 12/05/2015 17:17

Como se financia unha plataforma coma Ourense en Común de cara a campaña electoral dunhas municipais?

Miguel:

A diferencia doutros partidos con cifras escandalosas en tempos de crise, Ourense en Común se financia mediante achegas voluntarias e persoais para non depender dos bancos. Tamén temos microcréditos persoais que se devolverán no mes de decembro cando recuperemos a cuota que lle corresponde a Ourense en Común dos resultados das eleccións.

10 Alberto 12/05/2015 17:23

Cómo se elabora un programa participativo coma o de Ourense en Común e como se pode levar a cabo logo a participación da veciñanza dende o Concello?

Miguel:

É doado levar a cabo participación cidadá cando é unha práctica habitual en todo o proceso de Ourense en Común. O programa foi elaborado pola propia cidadanía mediante encontros de barrio, onde foron os veciños e veciñas os que propuxeron as súas demandas e inquedanzas en cada un deles, así como nas mesas sectoriais de cultura, educación, saúde... Iso confluíu no programa de Ourense en Común despois dunha asamblea aberta.
A nosa proposta para o Concello pasa por consellos de barrio, xuventude, cultura, etcétera. Para os grandes proxectos e decisións de interese xeral para a cidadanía habilitaremos consultas cidadáns. Tamén contemplamos orzamentos participativos para que a xente decida que proxectos levar a cabo. E moitas máis.

11 montse 12/05/2015 17:24

Cal pensa que pode ser o éxito do programa de ourense en común?

Miguel:

É a propia metodoloxía do proxecto e que hai máis de 300 propostas para cambiar a cidade.

12 jorge 12/05/2015 17:25

A campaña de ouec é moi austera, pensan que dará bos resultados?

Miguel:

Si, é austera en canto a diñeiro pero cun traballo impresionante de moita xente ilusionada co proxecto é que a propia veciñanza ve con satisfacción como os mesmos candidatos colaboran co montaxe dos encontros.

13 Manuel Castro Galiña 12/05/2015 17:27

¿Cal é a idea da candidatura respeto ao termalismo en Ourense?

Miguel:

A nosa proposta de termalismo é moito máis global do que se entende habitualmente, o termalismo como saúde, como turismo sostible, como xerador de emprego local, como xeotermia para a súa posta en valor e revitalizador do patrimonio arqueolóxico.

14 Manuel Castro Galiña 12/05/2015 17:29

¿Se houberá un caso de corrupción dun integrante de Ourense en Común, qué pasaría?

Miguel:

En Ourense en Común calquera mínima sospeita, penso que é suficiente para abandoar o posto. Todos os cargos están a disposición da asamblea desde o primeiro minuto, xa que está firmada a renuncia da acta como concelleiro.

15 Begoña Yañez Prieto 12/05/2015 17:30

Gustame moito a parte do programa da lingua, e vexo que hai unha proposta de facer un espectaculo infantil pode contarnos algo sobre esto?

Miguel:

É un xeito de introducir a lingua desde as primeiras idades e ser parte da formación cidadá no amparo e promoción da lingua.

16 Begoña Yañez Prieto 12/05/2015 17:31

Con respeto a escola Municipal de Idiomas van ampliar prazas?

Miguel:

Estudiarase cada cousa no seu momento, pero temos un compromiso coa formación permanente e accesible.

17 Paula 12/05/2015 17:31

Cando è a sua proxima cita cos cidadans?

Miguel:

Hoxe a tarde no barrio de Barrocás ás oito, do mesmo xeito que foi onte cos veciños de Seixalbo

18 Paula 12/05/2015 17:33

Por que rixechedes unha lista cremalleira? Credes na discriminacion poisitva como ferramenta para establecer a igualdade ou simplemente seguides a moda?

Miguel:

A lista cremalleira rebasa a cuota que marca a lei. É un empeño de Ourense en Común o empoderamento feminino e a participación da muller.
Eu son feminista.

19 Tony 12/05/2015 17:35

¿Tienen cabida los inmigrantes en Ourense en Común?

Miguel:

Desde logo que ten cabida toda a cidadanía, sen exclusión de ningún tipo, nin procedencia, nin xénero... Entendendoo como unha riqueza na diversidade.

20 Sindo 12/05/2015 17:38

Que é o primeiro que ides facer ao chegar o Concello?

Miguel:

Evidentemente, o primeiro que faremos é unha auditoría participada pola cidadanía, non so en cuestións dinerarias senón en aproveitamento de servizos e recursos humáns. Precisamos o diagnóstico para darlle a medicación adecuada. Entre tanto poremos en marcha medidas urxentes de atención as necesidades básicas da cidadanía.

21 Carla 12/05/2015 17:41

Las encuestas les dan 4, eso significa gobernar con PSOE y BNG o estar en la oposición... o eso o gobierno del PP. No parece un gran éxito para la ciudad desde el punto de vista de la izquierda

Miguel:

O obxectivo de Ourense en Común é gañar o Concello como ferramenta a disposición da cidadanía sen máis intereses, en números ou pactos.

22 Andrea Romero 12/05/2015 17:43

Qué é para ti o mais importante de OUeC? O que marca a diferenza coas outras opcións políticas?

Miguel:

O máis importante é a ilusión de toda a xente que participa no proxecto para facer unha cidade mellor.
O xeito de facer política. Facemos o que dicimos e facémolo participativo desde o primeiro día, con xenerosidade e sen individualismos.

23 Sindo 12/05/2015 17:45

Porque te involucraches neste proxecto Miguel?

Miguel:

Porque quen predica durante anos participación cidadá atopa por primeira vez na cidade un proxecto que se axusta ao que eu entendía como participación cidadá. Unha participación activa.

24 Miguel 12/05/2015 17:47

Vemos moito edificio valeiro, que pensa facer OueC nese particular??

Miguel:

Facer un estudio para tratar de xerar unha bolsa de vivenda social a disposición dos máis necesitados. Buscar o máximo rendemento e poñer a disposición dos colectivos sociais, emprendedores... instalacións axeitadas aos seus fins.

25 Paula 12/05/2015 17:49

Levades o plan de abrir a Molinera como centro de investigacion?

Miguel:

A Molinera ten que ser aberta á cidadanía como centro de innovación e xerador de emprego. Entendemos que debe aproveitarse todo o equipamento e darse a coñecer para ser un proxecto referente.

26 jorge 12/05/2015 17:52

Cal é o denominador común de ouec e outros proxectos do común espallados por españa?

Miguel:

A participación cidadá, o cansancio co que estamos acostumados a ver durante anos e a incorporación de xente nova que quere cambiar o espectro político no que non se atopa cómodo.

27 leyre 12/05/2015 17:55

Que malas costubres se veñen herdando no concello de ourense?

Miguel:

Oscurantismo, falta de transparencia nas contratacións, adxudicacións... Houbo un desgoberno xeneralizado

28 ana 12/05/2015 18:00

como crearía empresa?

Miguel:

Entendo que se refire a emprego. O primeiro sería recuperar competencias para a administración local no eido do emprego. E como propostas, facer a cidade coidadora e xeradora de emprego no eido de maiores, nenos e diversidade funcional. Dirixir a construción á rehabilitación... e o fomento do cooperativismo dandolle espazos e financiación e outras moitas propostas que temos no noso programa.

29 nacho gonzález 12/05/2015 18:05

cuáles serían las líneas rojas para un pacto, tanto si se gana como si se pierde

Miguel:

Estamos elaborando un código de gobernanza que marcará esa liñas. En todo caso recordar que eses acordos serían dirixidos a levar adiante obxectivos do programa e nunca poderían ser contrarios aos principios de Ourense en Común.

30 Miguel 12/05/2015 18:06

Sentimos que non nos dera tempo de contestarvos a todos e igual con máis concreción. Agradecervos a colaboración que sen dúbida teremos en conta as voas inquedanzas. Apertas