Encuentro con Miguel Anxo Fernán Vello
El cabeza de lista al Congreso por Lugo de En Marea responderá a las preguntas de los lectores de La Voz el miércoles 16 a las 16.30 horas
Boas tardes a todas e a todos. Un pracer poder conversar dende a Redacción de Lugo de La Voz de Galicia con todos vós.
BUENOS DIAS PARA SU PARTIDO DEBERIA DE PODER JUBILARSE UNA PERSONA CUANDO ALCANCE LOS 37 AÑOS COTIZADOS AUNQUE AUN CUMPLIESE LOS 65 AÑOS DE EDAD??
Figura no noso programa a xubilación prevista aos 65 anos e a voluntaria aos 60. Todo o que figura no programa é un compromiso firme que establecemos cos cidadáns.
¿Levaredes ó Congreso algunha proposta concreta para fomentar o emprego, especialmente dos máis novos, nas áreas rurais de Lugo?
Por suposto, é unha das nosas preocupacións máis importantes: o impulso ao emprego. E a recuperación produtiva e social das áreas rurais. Por pormos un exemplo, hai que fomentar no rural as canles de cormercialización curta, de proximidade. E hai que aplicar plans de desenvolvemento local. É un problema de vontade política. E EN MAREA cre na innmesa potencialidade das persoas, e sobre todo, da xente nova que vive e traballa nas áreas rurais.
Se non obteñen grupo parlamentario propio no Congreso, que garantías temos de que manterán a súa unidade dentro do grupo mixto, e de que non se esparexerán os deputados da Marea dentro doutros grupos máis amplos?
Eu estou convencido de que EN MAREA obterá Grupo Parlamentar Galego propio no Congreso. E está acordada (existe un documento aos efectos) a formación deste Grupo e a súa autonomía plena como tal.
Vostede é escritor e editor, que medidas propón para o sector da cultura e para potenciar o sector editorial como fonte de emprego e crecemento económico?
A cultura en galego, en todas as súas amplas manifestacións, é unha riqueza, e non só no plano creativo senón tamén no plano económico. A creación cultural é tamén un "sector estratéxico": a lectura, o coñecemento. Temos que volver situar a cultura galega no 2% do PIB, o que significou no seu día 30.000 postos de traballo directos. As políticas levadas polo poder gobernante nos últimos anos supuxeron un atentado directo ao poder creativo e expansivo da cultura galega. E iso hai que cambialo. E EN MAREA farao.
Va hacer gestiones para que se desbloquee y puedan retomarse las obras de la autovia Lugo Ourense : Gracias
Iso é algo que tamén está no noso programa. Hai que aplicar esquemas racionais nos trazados terrestres das comunicacións. E sempre en procura do mellor servizo ás persoas, procurando ademais a seguridade e a operatividade viaria. Vexamos o que está a acontecer, por exemplo, no Alto do Fiouco. Non máis "chapuzas", por favor!!!
Como Deputado da Marea apoiaría unha eventual investidurade Pedro Sánchez no caso de producirse un pacto Psoe-Podemos? Baixo que condicións?
Como dicimos na Terra Chá, non hai que pór o carro diante dos bois. As esquerdas do Estado españól, e EN MAREA entre elas, aspiramos mesmo a superar en número de escanos ao PSOE. Esa pregunta tal vez haberíalla que facer, noutro sentido, a Pedro Sánchez. O que non imos permitir nunca é que se apliquen políticas austericidas, reaccionarias e que vaian en contra da clase traballadora, da xente.
Chegará o día en que a xente que pensa parecido deixe atrás o pensamento na sua leiriña e podamos ter de vedade unha candidatura única?
Eu aposto porque si, chegará. Eu sempre defendín (mesmo como membro da Coordinadora do Encontro Cidadán por unha Marea Galega) unha "unidade popular" de candidatura galega única. Tarde ou cedo será así. Mais a día de hoxe, xa case nas últimas horas da campaña, todo indica que o "voto útil" das esquerdas é o voto a EN MAREA.
Defende como Méndez Ferrín a Maduro? Podería dicir cando/onde as suas políticas levaron prosperidade a algunha sociedade?
Defendo a democracia venezolana e o papel que Hugo Chávez tivo nese proceso democrático, recoñecido en todo o mundo, polas propias Nacións Unidas, pola propia UNESCO e pola propia (nada sospeitosa, por outra banda) Fundación Carter. Os índices de benestar da maioría da poboación da democracia bolivariana nunca existiron antes en Venezuela. E iso está demostrado con datos obxectivos. Outra cousa é que se apliquen distintas "varas de medir" (sempre "interesadas") para xulgar a realidade.
Educacion publica o privada subencionada.
Educación pública, universal e gratuíta. A sanidade e a educación, dende a miña perspectiva, nunca deben ser obxecto de negocio privado, e aínda por riba "subvencionado".
Solicitaredes ao próximo goberno do Estado a transferencia do tramo da estrada N-VI que transcorre á beira do Miño para convertila nunha rúa, paseo ou bulevar? Que outras medidas tomaredes para potenciar o turismo ambiental e deportivo na provincia de Lugo?
Son moitas as medidas que hai que levar a cabo neste ámbito. Para nós o "Pai e Señor Miño", como lle chamaba Manuel María, é un tesouro ecolóxico, cultural e simbólico de primeira magnitude. Hai que potenciar un turismo ambiental e cultural de calidade, e iso non entra en contradición cun turismo deportivo "racional" e respectuoso coa natureza.
Hai un importante movemento cultural na cidade esquecido..,son os centros sociais alternativas..Tería EnMarea algunha proposta concreta cara estes colectivos.
EN MAREA pensa que a cultura non debe ser "tutelada" ou dirixida. Hai que apoiar as iniciativas de base, os proxectos culturais que nacen da xente creativa e organizada. E hai que democratizar o acceso á cultura.
¿Que opinión lle merece o Chavismo e a xestión desenvolvida de Maduro en Venezuela?
Penso que xa respostei a iso nunha pregunta anterior. Existen datos oficiais, por exemplo, de Nacións Unidas ao respecto. Neste tema, coma noutros semellantes, hai que procurar ser obxectivos e estar ben informados.
No caso de que o regulamento da cámara non permitise que en Marea formara un grupo propio no Congreso e de darse tal posibilidade, claro, integraríase vostede nalgún outro grupo parlamentar coma Podemos?
EN MAREA terá Grupo Propio Parlamentar galego no Congreso. Por iso, agora mesmo, EN MAREA é o voto útil da esquerda en Galiza.
Escribe aquí tu pregunta #preguntafernanvello a metade dos tractores da muralla custan 300.000€, de onde sacan os cartos?
Do seu esforzo, do seu traballo. Moitas veces dos préstamos bancarios, abusivos. Os gandeiros galegos son persoas sumamente traballadoras e emprendedoras.
Decia X. Ferriro que hay que mejorar la imagen de los habitantes de La Coruña entre el nacionalismo gallego, desconozco que quiere que hagamos pero mi pregunta es ¿Para el Nacionalismo Gallego la ciudad de La Coruña es una especie de " ciudad traidora" como eran las provincias Guipuzkoa y Vizcaya durante el Franquismo?.
Eu concibo o nacionalismo galego, e a política de esquerdas, como unha forma de humanismo. Humanismo no cultural, na riqueza da cultura, e humanismo no que atinxe á irmandade e á Fraternidade. Un nacionalismo culto, un nacionalismo integrador, dialogante, con alento universal.
De qué maneira alentarían a xente a voltar as aldeas para que non cheguen a desaparecer ? ....
No caso de Lugo, por exemplo, nos últimos dez anos perdeu 6.500 habitantes. EN MAREA cre na potencialidade do rural, na súa riqueza. É un serio compromiso de EN MAREA potenciar a "vida plena" no noso rural.
VAI SER VOSTEDE O PORTAVOZ DO GRUPO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS.
Iso non é decisión miña, individual. É unha decisión colectiva. E eu acredito na "intelixencia colectiva".
Ten coñecemento dos motivos que levaron os gardas civís a manifestarse recentemente diante da dirección xeral en Madrid. Cal é a sua opinión?
Todos os traballadores e funcionarios, tamén os gardas civís, sufriron "recortes", tanto nos seus salarios como na dotación. E todo traballador ten dereito a manifestarse en defensa dos seus dereitos laborais.
¿os votantes e candidatos de EN MAREA son galegos? ¿hai votantes e candidatos nacionalistas na coalición EN MAREA?
Todos os candidatos e os votantes de EN MAREA son galegos, por suposto. EN MAREA agrupa ás organizacións políticas Anova-Irmandade Nacionalista, Podemos, Esquerda Unida, as Mareas Municipais dos Concellos de Santiago, A Coruña e Ferrol (actualmente no Goberno) e a Marea Galega, composta por cidadáns e cidadás sen adscrición partidaria. Somos nacionalistas de esquerdas e internacionalistas.
Tengo 19 años y el próximo domingo votare al Partido Popular, que me diria para convencerme de que deveria votar a su candidatura?
Vote vostede en conciencia. Vote pensando no presente e no futuro. No futuro dos seus fillos. E vote tamén contra a corrupción, contra as políticas que atentan contra o común da xente. Saúde.
É entendible que en Lugo teñamos unhas infraestructuras do século pasado?
Non temos trens, nin conexión co AVE. Qué vai facer como diputrado pola marea?
En Lugo non teremos nin AVE, nin trens de cercanías. Que opina ao respecto?
Lugo é unha provincia, neste aspecto, moi castigada. E EN MAREA non podemos permitir iso. Defendemos unha conexión Lugo-Madrid a través dun AVE, así como defendemos unha conexión por autovía co aeroporto de Lavacolla a través de Guitiriz. E tamén son necesarios os trens de cercanías que comuniquen entre sí as cidades do Lugo interior e co Lugo capital. Todo iso figura no programa de EN MAREA.
Cal é a solución ao conflito leiteiro? Deberían os gandeiros votar a En Marea? Por que?
Porque EN MAREA coñecemos moi ben o noso mundo rural, e porque consideramos o "sector lácteo" (o sector agrogandeiro) como un sector estratéxico. Nunca lles fallaremos aos gandeiros, nunca lle fallaremos á nosa xente!!!
Porque non resposta a o que lle preguntamos, ten medo a que a sua opinión non concorde ca do gran Xefe Pablo Iglesias?
Eu son un ser libre e independente. A independencia ten para min o máximo valor. Non teño medo a nada. E moito menos diso que di vostede, supoño que facendo uso do humor, "gran Xefe Pablo Iglesias". De ningún xeito. Hai moitísimas preguntas, moitísimas, e trato de respondelas todas. Mais resulta moi difícil.
Cales son as vosas propostas para defender a os animais non humanos?
Os animais tamén teñen dereitos. EN MAREA está contra calquera tipo de "maltrato animal". Sinto non ter tempo para respostar a todas as preguntas. Son moitísimas as que hai. E o medio e o tempo non dá para máis.
Boas tardes, considera a sanidade pública un piar esencial do estado de benestar destruído polo PP mais tamén polo PSOE? Fai súas as reivindicacións da cidadanía dun servizo de hemodinámica 24 horas? Pensa que o deterioro da sanidade tanto en atención especializada como en atención primaria obedece a unha estratexia de desprestixio do público para entregalo a mans privadas e facer negocio coa nosa saúde?
Grazas e un saúdo.
A sanidade pública é fundamental e é un piar básico do estado de benestar. Non podemos consentir a súa destrución, a súa eliminación. A saúde, así o pensamos EN MAREA, nunca debe ser obxecto de negocio privado, pagando para se enriquecer unha empresa. A saúde é un dereito universal das persoas.
Ve posible un pacto PP - PSOE polo moito que de seguro teñen que perder ambo los dous?
No Parlamento europeo xa botan xuntos en case un 80% das ocasións. Así e todo, non creo que no Congreso cheguen a "pactar". Sería un suicidio para o PSOE.
Moitas grazas a todas e a todos vós polas vosas preguntas. Sinto non poder contestalas todas. O tempo, o "teclado" e eu mesmo non damos para máis. Un saúdo fraternal a todas e a todos.