Encuentro con Miguel Ángel Viso
El candidato del PP por Ourense contestará a los internautas el lunes 20 a las 17.00 horas
Moi boas tardes. Encantado de compartir con vos este encontro dixital na Voz de Galicia. Espero que as respostas sexan satisfactorias e aclaratorias para todos. Un saúdo
Cómo ve las posibilidades de su partido ante el empuje de En Marea
El Partido Popular tiene claro el mensaje que quiere transmitir a todos los ciudadanos; nos avalan los resultados de los últimos cuatro años. En Marea-Podemos está presente en algunas alcaldías de Galicia y está demostrando que una cosa es hablar y otra muy distinta gestionar. Nuestro objetivo es seguir siendo la primera fuerza política de España, de Galicia y de Ourense ,
O PP fara o posible para que unha persoa de 60 anos con 42 anos cotizados, poida xubilarse co 100% da sua pension, e non ter que agardar ata os 65 subida nun andamio??????. Ou seguiredes a subir os tempos de cotizacion para ter que morrer traballando????
O principal obxectivo que temos no Partido Popular é a creación de emprego, como vimos afirmando. A máis emprego conseguiremos garantir o sistema de pensións, que nós garantimos por lei que non se volvesen a conxelar. Se o Estado ten máis recursos e pode manter o sistema no futuro non sería preciso seguir subindo os tempos de cotización.
¿Por que los ciudadanos deberían confiar en un partido imputado por corrupción?
Que a ninguén lle queda dúbida que o noso compromiso é a transparencia e maila rexeneración democrática. O PP aprobou o meirande número de leis para loitar contra a corrupción e no noso programa para esta nova etapa incidimos nestas cuestións. No punto 25 do noso programa ven moi claro o noso obxectivo neste tema: cese de altos cargos encausados por corrupción cando se abra xuízo oral, reducción de aforamentos, non haberá indultos para condenados por corrupción e aseguraremos recuperar ata o último euro roubado.
O Capitalismo provocou máis de 100 millóns de mortos neste mundo. Ese é o modelo que vós defendedes?
Nós defendemos un modelo no que as persoas son o fundamental e o obxectivo das nosas políticas. Defendemos un modelo que se resume no noso lema de campaña: A favor, do emprego, das pemes que dan traballo, das familias, dos mozos, da conciliación... todo o que sexa mellorar a vida dos nosos ciudadanos.
Moitas veces falan vostedes de equipararnos cos países máis desenvolvidos de Europa. En moitos deses países como Francia ou Dinamarca a universidade é completamente gratuita. Pode ser esa unha medida a plantexar polo seu partido para España?
O Partido Popular leva no seu programa o incremento de becas ata o seu máximo histórico e imos traballar para que as taxas sexan iguais en todas as comunidades autónomas. A educación dos nosos mozos é a base do noso futuro e temos que seguir traballando para garantir que todos teñan acceso á mellor formación e que ninguén quede sen estudios por falta de recursos.
Sehará la autovia Lugo Orense,cuando, muchas gracias
Por suposto. En xullo de 2015 retomamos as obras do tramo San Martiño-A Barrela despois de case que cinco anos paralizadas. As catro provincias galegas deben ter as mellores comunicacións entre elas e esta autovía é un compromiso que se asumiu no seu día e que imos cumprir.
COMO ES EL DIA A DIA trabajar en una empresa llena de ladrones .
O USTED NO SABIA NADA (ME IMAGINO)
Cando me plantexei incorporarme ao Partido Popular de Ourense tiña claro que chegaba ao mellor equipo, con xente moi honesta e traballadora e así o estou a ver. Lamento moito esa idea que ten vostede, pero quero que saiba que defendo plenamente aos meus compañeiros de partido, que non se merecen que lles definan de tal xeito (desacertado).
Crees que Ciudadanos os quitará muchos votos?
Penso que despois destes meses as políticas de Ciudadanos (Albert Rivera) quedaron claras. Non sabemos cara onde vai e eu mesmo o definín como "depende". Entendo que moitos electores disgustados votaran en decembro a outras opcións, entre elas esta, pero agora creo que estamos en condición de recuperar moitos deses votos. As enquisas mesmo así o din. Os votos de Ciudadanos valeron para outra cousa que para darlle diputados a Podemos.
¿Habrá terceras elecciones?
Nós traballamos para que non teñamos que voltar ás urnas. Nesta campaña apelamos ao voto da moderación, o voto útil, para garantir un goberno estable. O 21 de decembro pasado, o PP dixo ben claro que os españois enviárannos unha clara mensaxe de diálogo e entendemento, que os demais partidos ignoraron. Seguimos tendendo a man a unha gran coalición porque o importante é o país e as súas xentes.
Sea sincero consigo mismo, usted cree que esto tiene arreglo, ¿ como ?
Sinceramente, se non tivera claro que estamos nunha provincia e nun país con grandes posibilidades non estaría neste proxecto. Creo que se poden facer moitas cousas, todos temos capacidade para facelas, e eu decidín aceptar a parte de compromiso que me corresponde. Temos moito que mellorar pero sei que seremos capaces de aproveitar e explotar as posibilidades no noso territorio. E, ademais, o gran reto para o que traballarei será o emprego, que é a base do benestar. O PP foi capaz de crear emprego nun momento complexo, polo que sei que conseguiremos ese obxectivo dos 20 millóns de empregos no 2020.
Moitas grazas a todos por participar neste encontro. Sinto non poder contestar a todas as preguntas, mesmo algunhas interesantes que puden ver como o mundo do rural ou do viño, que como sabedes é a miña paixón. O meu compromiso é con Ourense e cos ourensáns e por suposto sempre estarei a disposición para que calquera persoa, calquera axente social ou os nosos empresarios me trasladen as súas inquedanzas. Grazas tamén a La Voz de Galicia esta oportunidade de aproveitar o mundo dixital para contactar con vostedes. Un saúdo e boas tardes.