Outes

El candidato de Compromiso por Galicia en Outes responderá a los lectores el viernes, día 22, a partir de las 12:00 horas

1 Manuel 22/05/2015 12:02

Ola, un saúdo a todos os internautas de Outes e do mundo enteiro. Son Manolo González, candidato de Compromiso á alcaldía de Outes, e estou á vosa disposición para contestar ás preguntas que queirades facerme.

2 Luis 22/05/2015 12:07

Que opinas dos 20 anos de goberno do PP?

Manuel:

Ola Luis. Pois en 20 anos hai cousas positivas e cousas negativas, evidentemente. Eu non fago unha valoración só negativa da xestión de Carlos Crespo e do PP en Outes, pero hai diversos aspectos que son moi mellorables e outros nos que se fixeron as cousas mal. Comezando pola situación socioeconómica, onde Outes amosa un declive económico terrible, independentemente da situación económica xeral. Dende que Carlos Crespo é alcalde perdemos un terzo da nosa poboación, ese é un dato incontestable. Coido que o actual grupo de goberno non soubo ou non quixo afrontar este problema. Se non o fixeron en 20 anos, non creo que o vaian a facer agora. Por iso precisamos un cambio. Políticas pensadas para a xente moza, para fixar poboación no concello. Tamén en materia de transparencia temos moito que mellorar, na xestión dos recursos que son de TODOS e nas contratacións de persoas e empresas.

3 manuel 22/05/2015 12:14

Ola, si fora alcalde cal seria a sua politica en canto o paro no noso concello?

Manuel:

Os concellos teñen competencias limitadas para atallar o problema do paro pero, como dixen antes, todas as ferramentas que teñamos hai que poñelas ao servizo da creación de empresas e emprego. Nós imos a crear unha Axencia de Desenvolvemento Local, dotada de recursos humnos e técnicos para apoiar a aqueles que queiran emprender un negocio en Outes. Axudarémolos nos primeiros pasos, que son os decisivos, con axudas a fondo perdido de até 6.000 € sempre e cando se cree emprego. Tamén imos poñer en marcha un programa de bolsas-contrato de 800 € mensuais durante 6 meses para que a xente en paro, particularmente a que nunca tivo experirencia de traballo, se incorpore en empresas do concello a cambio de que estas se compromoten a facer a ese traballador/a indefinido posteriormente. Imos tamén habilitar espazos a algueres reducidos para quen queira abrir un negocio no concello. Son medidas factibles, que se poden levar a cabo sen hipotecar ao concello, cos recursos que temos actualmente.

4 Isaac 22/05/2015 12:22

Canto vas cobrar e cantas dedicacións exclusivas e parciais vai haber se gobernades? e non me veñas co de "hai que estudialo". Sorte o domingo, conta co meu voto

Manuel:

Ola Isaac, a nosa proposta e rebaixar os gastos en órganos de goberno (dedicacións e dietas) un 30%. Hoxe son perto de 200.000 € os que gasta o concello nese apartado, nós imos a gastar 150.000 € como máximo. Cremos que 2 dedicacións exclusivas son máis que suficientes, e aquí lamento dicirche que si que teremos que estudar como estruturar o grupo de goberno (dedicacións totais/parciais...). O que si che podo dicir é que lle dedicariamos a salarios 95.000 € anuais como máximo, isto é un 25% menos do que se lle dedica actualmente que é sobre 120.000 € (se os cálculos os facemos ben, posto que a transparencia aquí é nula).

5 Chorlito 22/05/2015 12:26

Que medida tes pensado adoptar para facilitar o retorno a Outes dos que tivemos que marchar a traballar fora?

Manuel:

Ola Chorlito. Para nós é importantísimo recuperar todo ese capital humano que tivo que marchar e que, por certo, está tan pendente destas eleccións como moita xente que sigue residindo no concello. As medidas son de dous tipos. Primeiro, o que comentei antes destinado a promover o desenvolvemento económico no concello polo que non me vou repeterei. En segundo lugar, servizos para a xente nova. Imos a transformar o actual Punto de Atención á Infancia nunha Escola Infantil como é debido, que posibilite ás parellas novas vivir e traballar no concello (ou que traballen noutro pero que vivan aquí). Actualmente as 15 horas semanais que ofrece o PAI non sirven para este propósito. En definitiva, emprego e servizos para que a xente que tivo que marchar -a maioría xente moza- poida volver. Unha forte aperta a toda esa xente, por certo!

6 Alfonso 22/05/2015 12:31

Como enfocarías o aproveitamento dos recursos forestais do concello?

Manuel:

Ola Alfonso. O monte é parte esencial de Outes, posiblemente ocupe o 70% do noso territorio. Outes foi unha potencia forestal, mesmo cunha industria potente que agora está vida a menos pero que resiste grazas os esforzos dunhas poucas empresas (coas que tivemos oportunidade de falar fai unhas semana por certo). O principal problema que temos no monte é á falta de ordenamento e o seu descoido, que pode ocasionar graves danos ambientais como son os incendios forestais. A nosa proposta é impulsar proxectos de xestión sostible do monte, como están a facer os veciños de Cuns, cun proxecto moi interesante que habería que exportar ao resto de lugares e parroquias. Nós estaremos aí para apoiar e promover estas iniciactivas. Tamén cremos moi importante valorizar o monte como recurso paisaxístico e turístico, impulsando roteiros e actividades de lecer vinculadas ao monte (tal e como xa están a facer asociacións como a Xente de San Ourente). Finamente, aínda que isto é unha cuestión a medio prazo, non descartamos promover algúnt tipo de iniciativa para aproveitamento da biomasa, en cooperación cos axentes do sector, como podería ser unha planta de biomasa ou de fabricación de pellets. Pero isto precisa un respaldo técnico importante, non se pode improvisar con estas cousas.

7 Pedrouzo 22/05/2015 12:38

Xa Xulio César (e logo Napoleón) coñecían ben a máxima de "divide e vencerás", que tantos éxitos lles achegou. Creo que o alcalde de Outes tamén a coñece ben, porque el se presenta cunhas siglas únicas de sempre mentres que a oposición se presenta fragmentada: un BNG que aínda padece as feridas das escisións (nacionais e locais), Compromiso (que é a escisión dun antigo apéndice do BNG) e un PSOE local en horas baixas. Non cre que tería sido máis intelixente, útil e práctico unha marea cidadá participativa construída con xenerosidade entre estes tres grupos, ou pensa que isto tería sido inviable? Grazas

Manuel:

Ola Pedrouzo. Vivimos tempos de cambio, en Outes, en Galicia, en España e en Europa. Eu creo que temos que mirar a realidade política con outras lentes, as siglas antigas, os partidos de sempre, teñen que acostumarse a novos actores que vimos, sexan mareas ou sexan organizacións que como Compromiso priman a transparencia e a participación, a nova política. En calquera caso, en Outes eu mesmo falei con representantes de PSOE e BNG para impulsar unha proposta común, na forma que fora. Por Compromiso non tería sido, posto que estamos amosando xenerosidade en varios lugares do país onde imos en coalición ou onde afiliados nosos participan en proxectos novos (como a Marea de Noia). Ao PSOE e ao BNG pésanlle máis as siglas, creo eu, pois preséntanse sós en tódolos sitios. É a súa opción, e é lexítima. No caso de Outes, en calquera caso e remato, quen queira votar en clave progresista e galeguista, e cun proxecto pensado en clave LOCAL, coido que ten unha opción clara...que é Compromiso.

8 _María_ 22/05/2015 12:41

Compromeste, se gobernades, a ter unha paxina web cun apartado de transparencia?

Manuel:

Ola María. Si, temos que usar a web como unha ferramenta de comunicación e transparencia. Cada tres meses publicaremos canto percibíu cada cargo electo por dietas e/ou salarios. Tamén a usaremos para publicitar os concursos para contratar persoal e obras, para facer os procesos máis transparentes. Hai moito que facer nese sentido.

9 Laura 22/05/2015 12:43

Que pensas facer coas pistas deportivas que están a silvas no noso concello? Que por certo son a maioría das que hai.

Manuel:

Ola Laura. Pois de forma rápida, que temos moitas preguntas á cola!.... Unhas, alí onde exista demanda potencial para elas, adecentalas. Outras, onde non existe, clausuralas para que deixen de ser un dano paisaxístico e mesmo un perigo público.

10 Iria 22/05/2015 12:47

Pensas que a mocidade mostra desinterés pola política? Hai algunha maneira de ilusionalos para que sintan que o seu voto é importante e que o día de eleccións é un día de festa democrática e de satisfacción de deber cumplido como cidadán?

Manuel:

Ola Iria, eu creo que a mocidade ten implicarse máis non só na política, senón en todo tipo de actividades sociais. Trataremos de crear as condicións para que así sexa. En calquera caso, eu estou falando con moita xente nova nestas semanas e vexo que están ilusionados co noso proxecto, porque é un proxecto que atende as súas inquedanzas e que pensa no futuro (por que xa vos dixen que #outestenfuturo ;-) ... Teñen que ir votar e teñen que animar aos seus maiores a que voten polo cambio, para que Outes non sigua esmorecendo e para que non nos rouben o futuro. Xa sei que é un clásico pero Outes sen xente nova, non ten futuro, iso sábeno até os do PP, pero non lles parece preocupar demasiado.

11 Fran 22/05/2015 12:51

Manolo cantos efectivos temos na policía local? Pensas aumentala? Plantexas crear un grupo de emerxencias ou estamos ben cubertos polo GES de Muros?

Manuel:

Ola Fran, se non estou errado temos 4 policías locais (todo homes por certo, creo que habería que equilibrar iso un pouco no futuro). Eu creo que máis que incrementar efectivos o que se precisa é unha boa coordinación tanto coas forzas de seguridade, nomeadamente a Garda Civil, como as de emerxencias que ti sinalas. Hai que estudar revitalizar tamén Protección Civil, que foi moi activa no concello, pero os aspectos máis profisionais deben coordinarse a nivel comarcal.

12 Rosa 22/05/2015 12:54

Manolo, explícanos o teu proxecto para a xuventude

Manuel:

Ola Rosa, creo que xa contestei en parte máis atrás. A xente moza precisa oportunidades e servizos para quedar no concello. Logo, dende o punto de vista da acción social, temos que crear as condicións para que a xente moza se implique nos deportes, na cultura e noutro tipo de actividades. Xa hai asociacións e clubes moi activos neste sentido, nós imos a traballar con eles, e a coordinar as actividades do concello coas que eles desenvolven.

13 Manolita 22/05/2015 12:57

Que servizos publicos crearías e cales suprimirías?

Manuel:

Ola Manolita, pois suprimir servizos públicos, coido que ningún. Melloralos e optimizar os que existen, menos burocracia e mellores servizos. Por outra banda, como xa dixen, coido que é preciso crear servizos para a xente máis nova, que é o futuro do concello, tales como a escola infantil. Tamén sería interesante mellorar a mobilidade no concello, nós queremos impulsar o uso compartido do transporte escolar co de persoas maiores que se desprazan dende os seus lugares á Serra... Sería algo tamén moi interesante.

14 Manuel 22/05/2015 13:03

Ben amig@s. Grazas a todos polas vosas preguntas. Despídome non sen antes pedirvos o apoio para que este 24 de Maio se abra un tempo novo en Outes e que fagamos a nosa propia transición política, que aínda temos pendente. Os meus compañeiros e eu estamos a vosa disposición para o que precisedes. Convencidos de que #outestenfuturo. Unha aperta!