Manhath1t

El número uno del PSOE al Senado responderá a las preguntas de los lectores el martes 15 a las 12.00 horas

1 Luis García Mañá 15/12/2015 12:01

Bos días e graciñas por estar aí. Estou disposto a contestar ao que me preguntedes. Así que non esperedes máis e veña, para adiante. Non sei se vos darei satisfacción nas respostas pero falareivos con sinceridade.

2 Carlos Fdez 15/12/2015 12:04

BUENOS DIAS PARA SU PARTIDO DEBERIA DE PODER JUBILARSE UNA PERSONA CUANDO ALCANCE LOS 37 AÑOS COTIZADOS AUNQUE AUN CUMPLIESE LOS 65 AÑOS DE EDAD??

Luis García Mañá:

Desde o meu punto de vista e desde a miña propia experiencia, que coticei case 46 anos, paréceme que mentres un estea disposto a traballar e teña boa saúde, pode agardar aos 65 anos. Mais tamén considero que se algunha persoa pola razón que sexa ten cotizados 37 anos tamén ten dereito a levar adiante a súa propia idea e hailla que respectar. Deste xeito tamén abrimos portas aos que veñen detrás, á xente nova que precisa de atopar espazos laborais que neste momento faltan.

3 Rafa 15/12/2015 12:09

¿Como vas facer visible e que iniciativas vas presentar a favor da lingua galega?

Luis García Mañá:

Desde logo, na miña condición de académico correspondente da Galega manifestareime a favor do plurilingüismo respeto a todas as linguas do Estado español e o seu uso no Senado, que debería de ser unha cámara territorial e representar, polo tanto, aquelo que nos identifica como pobo ante o resto do país. Aproveitarei todas e cada unha das oportunidades que teña para manifestarme en galego, se podo, ou se non demostrar o meu interese en que se nos escoite na nosa lingua nesa cámara que precisa de reformas para admitir entre outras cousas o uso ordinario da lingua dos nosos devanceiros.

4 xabi 15/12/2015 12:11

Como acepta un nombramiento digital cuando su partido fue adalid y gran defensor de primarias? Se siente cómodo en esta situación en relación con el resto de compañeros de partido arrinconados tras su elección?

Luis García Mañá:

Non é o que desexaría nin é unha postura cómoda, mais coido que eu veño a aportar unha longa experiencia profesional de xestión de recursos humanos, de coñecemento do país no que me desenvolvo e da cultura e da antropoloxía do mesmo. E nestes eidos coido que podo representar con dignidade aos ourensáns e que esas cousas se tiveron en conta no meu nomeamento.

5 MARCOS 15/12/2015 12:18

¿QUÉ OPINA USTED SOBRE EL TRATO QUE SE ESTÁ DANDO A LA POLICÍA NACIONAL, TANTO EN MEDIOS, COMO A NIVEL ECONÓMICO, SOBRE TODO A LOS FUNCIONARIOS QUE TRABAJAN LAS 24 HORAS, QUE SON LOS QUE ESTÁN AL PIE DEL CAÑÓN Y LOS PRIMEROS EN LLEGAR A TODO TIPO DE SERVICIOS DE URGENCIA?

Luis García Mañá:

Opino que o actual Ministerio do Interior, nunha política de austeridade mal enfocada cara un dos piares fundamentais da sociedade, que é a seguridade, mermou perigosamente os recursos tanto humanos como materiais das forzas de seguridade e particularmente da Policía Nacional. Hoxe son moitos menos membros dos que eran hai catro anos e isto merma a seguridade e a percepción da mesma por parte da cidadanía pero tamén no material deixou de atender a eses servidores públicos que como vimos estes días perden a vida fora das nosas fronteiras. Esa disposición na que se arrisca a vida e que se aporta unha total disposición ten que ser recompensada tamén no económico xa que un policía que traballa en turnos de 24 horas non pode estar pensando que non vai chegar a fin de mes para atender as necesidades familiares. Coido que o Goberno non ten en conta a importancia da seguridade cidadá e que só se lembra dela cando pasan cousas que realmente nos asustan e nos preocupan como hai pouco pasou en París.

6 Alberto A Coruña 15/12/2015 12:19

D. Luis...mi pregunta es la siguiente...escritor, poeta, comisario y ahora senador...¿con que faceta de su vida se queda?. muchas gracias.

Luis García Mañá:

Coa de cidadán interesado pola vida. De aí as miñas outras facetas. O importante é vivir intensamente e aportar todo o que poidas para deixar memoria de que estiveche nun tempo neste mundo.

7 dieg 15/12/2015 12:20

Estimado Dº Luís . Si o Psoe chega presidencia do goberno. ¿qué lle gustaría mais ser ministro de interior o ministro de cultura , nos temos que domina

Luis García Mañá:

Ningunha das dúas propostas. Conformaríame con ser senador e representando a este Ourense noso que tan necesitado está de que lle acheguen unha man. A Galicia interior ten pouco recorrido se non nos mollamos todos xuntos.

8 Likor Kafé 15/12/2015 12:22

Buenos días, ¿qué opinas sobre el Senado?

Luis García Mañá:

Que é unha cámara que ten que evolucionar desde a reflexión política e o consenso político. Precisa ser dunha vez unha cámara de representación territorial e non só unha cámara de segunda lectura.

9 Pepe B. 15/12/2015 12:22

Pachista o Paquista

Luis García Mañá:

Ningún dos dous.

10 Owen 15/12/2015 12:24

No harías más falta en el Congreso que en el Senado?

Luis García Mañá:

Coido que a compañeira que vai ao Congreso ten a idade apropiada e a experiencia profesional en materia laboral que se necesita neste momento. Eu debo falar máis desta experiencia e por iso vou estar máis encaixado no Senado.

11 David Romero 15/12/2015 12:27

¿Qué propuesta para Ourense tratará de implantar en primer lugar?

Luis García Mañá:

Estimular as políticas de natalidade a través doutras transversais e integrais, entre elas as laborais, que permitan asentar poboación e darlle dignidade ás mulleres que desexen ter fillos axudándoas na conciliación laboral e persoal e creando oportunidades para todos e todas. Sei que isto é complexo e difícil pero algún día temos que rematar con esta perda de poboación porque, se non, estamos condenados a desaparecer e como ourensán quero loitar por que dentro de cen anos sigamos a estar no mapa nun lugar destacado.

12 Xoan 15/12/2015 12:29

Para cando Unha Policia autonomica de verdade?

Luis García Mañá:

Para cando a Policía sexa realmente profesional e non unha guardia de corps e estea ao servizo dos cidadáns sen vinculacións ningunhas de tipo político.

13 Mario V. 15/12/2015 12:32

Por qué tardou tanto en entrar en política?

Luis García Mañá:

Porque esperei a xubilarme e que todo aquelo que bulía no meu interior e me creaba desacougo e me encabuxaba saíra logo de cumprir co meu compromiso laboral e cidadán dentro dun corpo disciplinado. Agora que estou xubilado é o meu momento. Xa non teño que agardar máis e podo aportar experiencia, coñecemento e a miña propia liberdade para manifestar o que penso.

14 Miguel 15/12/2015 12:35

¿Qué resultado sería aceptable el 20D?

Luis García Mañá:

Para min, evidentemente, que poidera formar goberno o PSOE, que xa demostrou que sabe gobernar e trouxo ao país adiantos sociais que retrocederon nestes últimos catro anos.

15 Giovanni 15/12/2015 12:37

¿Es posible hacer política en Ourense y no meterse en líos legales?

Luis García Mañá:

É triste que bos profesionais que chegan ao mundo da política local se vexan involucrados en procedementos xudiciais e que se faga política a golpe de demandas e xuízos. Ás veces non hai máis remedio pero debería de ser a excepción fronte á regra.

16 María Castro 15/12/2015 12:40

¿Qué propone para atajar la corrupción y el nepotismo en la Diputación de Ourense?

Luis García Mañá:

Probablemente haxa que asignar un pacto de obligatorio cumprimento, xa que vemos que as comisións deontolóxicas non son dabondo e que falta tamén pundonor político para asumir o que ten máis que ver coa ética e coa política que co xudicial.

17 Javier Pérez 15/12/2015 12:45

La crisis demográfica es especialmente acentuada en Ourense. ¿Existe alguna solución?

Luis García Mañá:

Xa contestei sobre a dificultade enorme que ten o feito de recuperar poboación cando perdemos máis de 120.000 habitantes en 60 anos, pero se non somos quen de artellar o xeito de frenar esta sangría desapareceremos do mapa. Polo tanto, temos que esforzarnos en conseguir que se apliquen na nosa provincia políticas transversais e integrais de tipo laboral e social que permitan o asentamento daqueles que desexen aproveitar as oportunidades que pode ofrecer o noso territorio. Oportunidades hainas. Os remedios non van a ser inmediatos, precisan de tempo e decisión e tamén compromiso por parte de todas as administracións, pero se non somos conscientes do camiño que levamos o futuro que nos agarda é negro.

18 SUP Ourense 15/12/2015 12:49

Qué opina sobre la falta de medios personales y materiales en la Policia Nacional..?? Debería equiparse el salario de la POLICIA Nacional con Mossos y Ertzaintza...??

Luis García Mañá:

É lamentable. As persoas, os policías, como seres humanos son o que lle dan calidade ao corpo de Policía Nacional, e limitando o seu número e as súas condicións laborais perxudícase aos policías, ao corpo policial e aos cidadáns, que son os recipendiarios do esforzo e do traballo destes profesionais. Polo tanto, un policía do Estado español non pode cobrar menos que outro policía calquera dunha comunidade ou dun concello. A dignidade salarial é parte da dignidade profesional.

19 Salo 15/12/2015 12:50

¿Vostede é un profesional prestixioso? ¿Qué recompensa atopará na política?

Luis García Mañá:

Non o sei, pero sei o que quero, que é botar unha man a este Ourense que quero e que me dá moita magoa velo esmorecer ano a ano como ao resto da Galicia interior.

20 Anónimo 15/12/2015 12:52

Bos Dias. Que pensa da limitacion temporal dos cargos publicos, para que non nos encontremos con persoas que levan 30 anos en politica, sin deixar paso os novos? Noutros paises funciona ben e é un bo escudo contra o nepotismo e a corrupción clientelar. Moitas gracias e sorte

Luis García Mañá:

Paréceme correcto. Coido que ninguén debería estar en política arriba de oito anos. E tamén coido que podería ser un remedio contra a corrupción e o nepotismo e desde logo unha limitación efectiva para aqueles que queren vivir dunha actividade que debería caracterizarse pola nobleza.

21 M. Rodríguez 15/12/2015 12:56

Que pasaría no PSdeG se cae Besteiro?

Luis García Mañá:

Bueno, son independente e non estou moi ducho nas cousas internas do partido. Hai un adagio italiano: "Despois da partida -enténdese de xadrez- o rei e o peón volven ao mesmo caixón". E ese é o destino de todos nós, volver ao mesmo caixón, que é ser cidadáns de a pé. E a vida segue e non hai que estar teimando co que non pudeche ser ou facer así que penso que se se da esa premisa o PSdeG seguirá para adiante e terá longa vida.

22 Nacionalista 15/12/2015 12:57

Contempla que o PSOE sexa terceira forza en Galicia?

Luis García Mañá:

Non. Coido que será a segunda.

23 Kaiser 15/12/2015 12:57

Mójese, cuál fue el peor ministro de Interior que le tocó sufrir

Luis García Mañá:

O actual.

24 Paco 15/12/2015 12:57

Ten solución a crise demográfica ou e mellor baixar a persiana

Luis García Mañá:

Difícil pero posible. Remítome ás anteriores respostas.

25 Luis García Mañá 15/12/2015 13:00

Grazas a todos. Sinto non dar satisfacción a todas as preguntas que me fixeron pero asegúrolles que contestei con sinceridade. Boa fada.