Liss 2h

El candidato del BNG a la Alcaldía de Sada responderá a los internautas el miércoles, día 13, a las 18.30 horas

1 Liss 13/05/2015 18:32

Ola,son Liss Becerra.Son candidato á alcaldía de Sada polo BNG e agardo entusiasmado polas vosas preguntas,que respostarei encantado

2 Xil 13/05/2015 18:36

Sada é un concello totalmente xudicializado. ¿Qué medidas ten pensado tomar?

Liss:

Eu encabezo unha lista transparente,renovada,comprometida e limpa e polo tanto teño que predicar co exemplo.Sada non se merece saír só nos xornais por paseíllos polo Xulgado de Betanzos.O eu compromiso e gobernar coas propostas da xente,que incluímos no noso programa elctoral.Se levamos as proposta dos veciñ@s,levamos a honestidade tamén con nós e seremos dignos da responsabilidade que asumiremos.Os corruptos e os enleados en trampas legais teñen que saír para sempre da Política e pagar polos seus erros

3 Maria Canosa 13/05/2015 18:42

¿Contempla a posibilidade de facer pactos? ¿Con quen e en que condicións?

Liss:

O BNG é a única forza de todas as que concorren ás eleccións que ten demostrada experiencia e espíritu negociador.Tanto cando gobernamos coma cando estivemos na oposición asumimos un rol no que cremos profundamente.Escoitar a todas e a todos e tamén propoñer as nosas ideas.Son veciño desde que nacín e comerciante desde hai máis de 20 anos na vila e sono popr enriba de todo polo que o meu pacto foi,é e será coas veciñas e os veciños de Sada.O día que tome posesión coma Alcalde,porei en práctica este xeito de actuar,esta convicción,chamando a todos os portavoces das forzas políticas para poñer en marcha un Plan Xeral que Sada necesita coma respirar.En cuestión de Aritmética,direiche que coa Dereita nunca me saen as contas

4 Nuno 13/05/2015 18:48

¿Es su juventud un handicap teniendo en cuenta su antecesor?

Liss:

Teño 41 anos e me considero xoven,pero levo na Política desde a Universidade e no Concello de Sada xa son concelleiro na actualidade.Non o considero un hándicap porque teño moito que aportar a Sada coma as miñas compañeiras e compañeiros pola nosa preparación,compromiso e amor inquebrantable por Sada.Ademáis,fumos elexidos por asentimento a través de Asembleas Abertas nas que participaron,con voz e voto, máis de 200 sadenses sen afiliación política e contamos coa experiencia e xenerosidade de quenes tiveron labor de Goberno e de Oposición.O cambio en Sada é imparable e o BNG-AA,imprescindible.Se queremos cambiar,hai que renovar,hai que ser valente,hai que sumar

5 Julián 13/05/2015 18:59

¿Qué puede aportar el BNG al Ayuntamiento de Sada en estos momentos?

Liss:

O BNG é a única alternativa segura e fiable de goberno en Sada.Aportamos achegas d@s verciños que supoñen máis dun 70% do noso programa.Somos conscientes de que Sada está diurmida,só ten que espertar polo que tomaremos medidas relativas a cortar a curva crecente do desemprego que co goberno do Señor Anido levounos a encabezar a destrucción de emprego na Comarca.Cómo o faremos?Creando un viveiro de empresas para todos,empezando por mulleres e xovene que son os máis aferctados pero seguindo polos demáis recantos da pirámide poboacional,desenvolvendo o programa SADA EMERXENTE que ten coma obxectivo facer da vila un hábitat intelixente.Podemos aportar tamén interlocución a todos os niveis pois temos representantes en Bruxelas,Madrid,Compostela ou A Coruña que levarán a defensa dos intereses de SAda ata onde faga falla.Aportaremos normalidade e tranquilidade á Administración Municipal,aos traballadores do Concello,á xente do Comercio,da Hostalería,da Industria,do Mar.....a todos en xeral porque a miña idea de Sada é unha Sada unida en prol dun obxectivo común:Sada ten que ser,ademáis do lugar onde vivimos,o lugar onde poidamos traballar para vivir

6 Jenifer 13/05/2015 19:20

¿Cales son as suas tres medidas estrela?

Liss:

É difícil escoller só tres por que no noso programa incluímos un cento delas e citar unha por enriba das demáis é inxusto para os colectivos que as propuxeron.Pero,considerándoas todas importantes,podo falar da posta en marcha inmediata do SADABÚS en canto entremos a gobernar para que o transporte interparroquial e co centro da vila sexa unha realidade,para que os maiores poidan ir ao Centro de Saúde,ao Cemiterio,a mercar no comercio local,ao Feirón,a pasear polo Porto...Tamén poremos en marcha o proxecto SADA EmerXENTE,un proxecto que consiste en convertir a noisa vila nun entorno intelixente onde o primeiro paso será crear unha planta de fabricación de astillas para xerar Biomasa para alimentar as caldeiras dos edificios municipais e que se poderá ir extendendo ao resto de sectores ou eidos de toda Sada.Estas astillas fabricaránse a partir da materia prima que os propietarios de montes por exemplo poden extraer da limpeza que se fai deles e pola que obterán un rendemento económico.Unha planta que estará situada no Polígono do Tarabelo e que dará emprego desde o intre en que se poña a funcionar.Emprego que serápara sadenses.Este proxecto é rendible para o Concello,sostible,eficiente e económico.Convertiranos ao Concello de Sada nunha referencia en toda Galicia porque ,paulatianmente servirá para xestionar dun xeito sostible,económico o alumeado público,permitirá crear zonas wi-fi libre nalgunhas partes da vila,axudará á xestión do día a día da administración para facela máis eficaz,unha mellor xestión nde recursos,do transporte,do estado das praias,dos roteiros....un proxecto que abarca ao Conclello enteiro,creando emprego e aforrando cartos de todos os contribuíntes.
Outra medida importante é a consecución,dunha vez por todas,do Plan Xeral de Ordenación Municipal para dinamizar económica,social,comercial e urbanísticamente o Concello a través de creación de sinerxias coas demáis forzas políticas e sociais de Sada.Un PXOM que sirva para racionalizar o urbanismo e concentrar a superficie de edificabilidade nas parroquias e non no centro da vila pois agora mesmo hai máis de 400 vivendas nas parroquias fóra de ordenación tras das que estánn 400 familias e construír máis no centro,onde xa hai máis de 1000 vivendasbaleiras,é de tolos
Tamén faremos,enlazado co anterior,de Sada unha vila accesible para todos,peensando especialmente naquelas persoas con discapacidades de todo tipo,fomentando o asociacionismo tamén enste sentido e apoiando a quenbes emprenden,facendo parques,edificios ou lugares públicos máis accesibles
Non se me pode esquecer que en Sada máis dun 25% da poboación está en risco de exclusión social polo que hai que atalllar este problema con medidas tamén urxentes coma a creación de partidas expecíficas contra a pobrezxa enrxética que presentamos nesta lexislatura a través de moción e que o Seññor Anido non executou.Para que Sada sexa digna,primeiro ten que ser inclusiva

7 Gustavo Iglesias 13/05/2015 19:27

Sada fue en el pasado un referente de la movida nocturna. ¿Tiene pensado impulsar ese sector hotelero de algún modo? ¿Por qué cree que se vino todo abajo?

Liss:

As causas do desastre débense ás políticas practicadas pola Dereita sendo un bo exemplo as do Señor Anido;políticas que dan as costas a todos os sectores da realidade sadense, incluída a Hostalería por exemplo, e que buscan o beneficio individual antes que o do colectivo.Beneficiar aos amiguiños da Coruña é o que mellor se lle da ao actual Alcalde.
Pero sexamos positivos:eu quero que o Hotel volte a ser do Concello,no BNG queremos que a Fernando Pessoa veña a Sada e,se non é a Pessoa,calquera iniciativa que sexa rendible para o Concello.Antes dixen que hai que escoitar aos veciños....Pois os veciños teñen moito que dicir neste senso:O Sadautor,Esperto,grupos como The Trunks,Balón Rojo.Los Santos.....(que non se me enfade ningén) que seguen a manter viva a ilusión de renacer de todos.O Concello non será intervencionista neste sentido porque toda a xente da Hostalría e o Comercio o stá a facer de marabilla pese a crise e hai que escoitar aos que saben porque serán os que lideren

8 Liss 13/05/2015 19:29

Foi un pracer ter este encontro dixital con vós.Agradézovos as preguntas a tod@s e tamén a La Voz de Galicia e a María Ballesteros a invitación.O día 24 de Maio xogámonos o futuro da nosa vila.Ou eles ou nós.Depende de ti,depende de min.Depende de nós.Votade ao BNG!!!Grazas mil:))