Encuentro con José García Buitrón
El candidato al Senado de En Marea por A Coruña responderá a los lectores el jueves, día 16, a partir de las 11.30 horas
Ola, bos días. Comezo a "rendir contas". Gracias pola participación e gracias a La Voz de Galicia por convidarme.
¿Sabe vd. que estando de baja 2o días o más, con el sueldo minimo acabas cobrando 400 € aparte del 40€ del copago de las medicinas. No garantizan ni el minimo de subsistencia, cuando Senadores y Diputados sin hacer nada se embolsan mas de 40000 € por la legislatura fallida; eso sí, democraticamente amparados en sus propias leyes que les protegen.?
Son dúas cousas diferentes, aínda que teñen de común as desigualdades. Entendo que esos soldos resulten pouco decentes, cando se comparan coa situación que vostede conta. O que temos que resolver é os salarios de miseria e os copagos que os adoitan acompañar. E tamén, axustar os soldos dos altos cargos á realidade social.
¿Es posible la transformación del Senado en una cámara territorial en la que se dirimiesen precisamente las cuestiones relativas a la organización territorial del Estado? En caso negativo, ¿debería plantearse la eliminación del Senado?
É imprescindible. Porque agora non cumpre coa función que debería. De isto levan falando anos, pero aínda non se resolveu. Nós queremos convertila en cámara das Comunidades para tratar nela os asuntos de cohesión e distribución de recursos.
¿cómo le fue cuando tuvo que gestionar el partido?
Ben. Gracias a isto coñecín máis a organización e as persoas. Prefiro non repetilo polo que supón de inestabilidade dentro da organización, pero foi unha rica experiencia.
Eres más de Errejón o de Pablo Iglesias?
Dividido. Son dous líderes e dúas persoas que é un luxo ter en Podemos. Fan roles diferentes. O executivo, Pablo Iglesias, está sometido a máis riscos de imaxe.
La pregunta del millón: ¿cómo se gobernará España tras las elecciones?
Pois sí. Esa é a pregunta. Vai depender soamente de ter uns poucos Deputados máis que o do lado. Confío nun goberno de cambio no que participe o PSOE. Espero que non se equivoquen. Sería un drama.
Que opina vostede sobre a labor de Feijoo na xestión da sanidade pública, vostede como coñecedor do tema?
Vívoo con moita tristeza. Porque de ter unha sanidade exemplar, estamos a ver unha sanidade empobrecida e que deixa moita dor nas persoas que non son adecuadamente atendidas en tempo. E deixa tamén moita frustración profesional. Ocupouse máis de os seus amigos, privatizando servizos e hospitais, como o Álvaro Cunqueiro, que dos doentes e dos profesionais.
¿Piensan promover algo para que jubilados de 600 € no paguen el IBI?
Hai que cambiar as normas tributarias e adaptalas aos ingresos. Non poden ser normas ríxidas. E con esos ingresos é obvio que non pode haber ningunha presión de fiscalidade.
Una persona ligada, desde siempre, a Losada y Paco Vázquez, piensa que puede ser senador de Podemos?
Colaborei co PSOE uns anos e estivo ben. Chegou un momento no que vin que esas políticas xa non respondían ás necesidades da cidadanía. Outra cousa son as relacións persoais que coa a maioría seguen sendo cordiais e de amizade.
Le recuerdo a usted como Gerente del CHUAC, no queriendo cambiar el nombre de Juan Canalejo, y su gestión no se diferenció de la de los Gerentes del PP: Falta de personal, contratos en precario, cierre de camas, colapsos en Urgencias, etc
Coido que é inexacto. Fun precisamente eu o que lle cambiou o nome, feito do que me sinto orgulloso. E aumentouse moitísimo a dotación de persoal e de recursos, especialmente na área de urxencias.
Porque el señor Iglesias nunca fala do que cobrou en venezuela??
Levan falando diso acotío. A Fundación na que participaba Iglesias fixo traballos alí e cobrou por eles. Cobrar polo traballo é lexítimo. O que non hai, e desmostrose unha e outra vez, é financiaciamento ilegal do partido. Forma parte da campaña electoral falar diso.......
É partidario da inmersión ligüistica?
Obviamente. A lingua é unha ferramenta cultural da identidade dun pobo que hai que mimar e cultivar. Cohesiónanos e comunícanos. Sen o galego é imposible entender Galicia. E o mesmo pasa con Cataluña e Euskadi.
Confío en ti. Dime cuales son tus 3 objetivos si sales elegido para el Senado.
Gracias, Alberto. O primeiro seguir a defender a Sanidade Pública en España e en Galicia. Comprometerme coas persoas máis necesitadas e que a investigación sexa uns dos piares do noso desenvolvemento.
¿Cree que se ha hecho suficiente pedagogía para informar a los votantes de la importancia de votar al senado este año? Se echa de menos un info-gráfico , claro y conciso, o un video aclaratorio.
Tes razón. Nas próximas horas faremos algo así. Ter maioría no Senado é imprescindible para cambialo.
Quen lle está traducindo ao galego as respostas? Por que leva tanto tempo en Galiza e non é capaz de dicir nin unha soa palabra de galego? Considérase integrado?
Tan integrado que aquí fíxenme persoa. E sempre tentei aportar traballo e curar a miles de doentes cos trasplantes. Outra cousa é que non domine a lingua; pero sempre a apoiei. Tamén é certo que habitualmente, no meu medio, non se falaba moito e iso dificulta a aprendizaxe.
Te ves en el ministerio de Sanidad en un hipotético gobierno de Podemos y PSOE?
Non é a miña preocupación. Hai moita xente que pode facelo ben. Nunca aspirei a ocupar cargos ainda que nunca eludín as miñas responsabilidades.
Por que dixo que Galicia era como Extremadura ou Castilla La Mancha, cando ten recoñecido o seu carácter de comunidade histórica xunto con Cataluña e Euskadi? Non supón unha rebaixa no status acadado tras moitos anos loitando por un recoñecemento do noso territorio?
Falei diso no contexto de Comunidade con moitas necesidades. Outra cousa é a identidade cultural e de pobo de Galicia, que pra nada é comparable.
Qué pasará nas autonómicas?
Que hai que gañalas. Porque no goberno de Galicia xogamos a maioria do benestar e da vida cotidiana. É unha necesidade. É un reto.
Sinto moito non ter podido respostar, polo tempo, a todas as preguntas. Tedes que perdoarme.
Foi un pracer. Paréceme un excelente medio de comunicación. Gracias de novo a La Voz por permitirmo e a vostedes por participar.
Jose García Buitrón