Jssfec

El llamado a ser alcalde de Ferrol y número uno de FeC responde a los lectores el jueves, a partir de las 11.00 horas

1 Jorge 04/06/2015 11:02

Ola, bo día a todos e todas, e grazas por estar aí. Encantado de responder ás vosas preguntas e saúdos

2 A.ferrol 04/06/2015 11:05

Bo dia Alcalde, me gustaría preguntarle en torno a el derribo de la muralla del arsenal, que idea concreta tiene y si va a fijar unos plazos para devolver a la ciudadania de ferrol el derecho de disfrutar de para mi uno de los mejores lugares de la ciudad el cual desconocen los Ferrolanos. Ademas si ve viable la recuperación de la antigua playa copacabana en un futuro espero no muy lejano.
Sin mas un joven ferrolano de 21 años estudiante en santiago recordarle que es su momento y nuestro momento, que no se olvide de que pasa a ser alcalde de ferrol y que pasa a gobernar para toda la ciudadania, olvidemonos de una vez por todas de siglas e ideologías y luchemos por un Gran Ferrol que es lo que todos deseamos. Graciñas e moita sorte

Jorge:

Ola, bo día

Dende logo, o derrubo da muralla creo que é unha débeda coa cidadanía de Ferrol, por parte dun Ministerio que vén ocupando grandes superficies da cidade dende hai décadas. A día de hoxe non ten sentido a ultraprotección de segredos militares, polo que consideramos que o espazo do Arsenal debe ser disfrutado por toda a veciñanza, e superar o concepto de Abril Ferrol ao Mar como a construción dun ascensor.

Tamén é importante o que sinalas da praia de Copacabana, pero para iso precisamos un saneamento integral e, sobre todo, paralizar o trazado sur do tren ao porto exterior, optando pola alternativa norte, que acabaría definitivamente coa recuperación desa zona da Ría. Faremos forza tanto ante Defensa como Fomento, facendo destes temas unha reivindicación de cidade, para acadar eses obxectivos.

E si, é o momento dun goberno centrado en Ferrol e a súa veciñanza máis alá de cuestións identitarias.

Moitas grazas e unha aperta

3 Betanzos 04/06/2015 11:07

Va retirar la ayudas a los sindicatos que deben financiarse con las cuotas de sus afiliados y no con subvenciones . Pagarán IBI los sindicatos.

Jorge:

Ola

Coido que os sindicatos reciben subvencións do Estado, moito menores que outras entidades, e non do Concello. Teño o máximo respecto polos sindicatos, que deben ser baluarte e parapeto na defensa dos dereitos dos traballadores. Sen unhas organizacións sindicais fortes, a reforma laboral, a lei mordaza, os contratos precarios, o emprego temporal e todas as medidas que atacan á clase traballadora serían duplicadas e viviríamos nun réxime de semi esclavitude.

Grazas e saúdos

4 Marcos 04/06/2015 11:09

Bueno, a ver se responde agora que se rematou a campaña e non lle pasa factura electoral; por que mira que llo dixeron e llo repetiron, e vostede adopta a técnica Rajoy, como se non fora con vostede. ¿E certo que EU non se opuxo o pago do saneamento da ría por parte dos veciños de Ferrol, e certo que EU aprobou a construcción dun centro comercial no Sánchez Aguilera? A ver se responde aquí xa que non se atreve a respondelle a cara o portavoz do BNG cando llo recrimina nos diferentes debates que se fixeron.

Jorge:

Ola Marcos

Graciñas polo ton amable da túa pregunta. Ferrol en Común loitará, agardamos que man a man co PSOE e o BNG por un saneamento integral da ría e pola modificación do Plan para o Sánchez Aguilera para evitar a construción dun centro comercial. Creo que estamos nun novo ciclo político onde a responsabilidade para por ser construtivos, pola unidade da esquerda en torno a propostas de futuro concretas e non centrarnos no que foron os grandes erros do pasado e lanzarse pedras uns aos outros. Grazas e saúdos

5 Anónimo 04/06/2015 11:11

No cree que empieza mal echandose a medio Ferrol encima por la Semana Santa?

Jorge:

Bo día

Dou por zanxado o tema da Semana Santa. Dende logo que non é unha prioridade, dados os graves problemas da cidade de desemprego, falta de servizos sociais e recortes sociais. Non foi unha declaración en positivo, senón a resposta a unha pregunta puntual, pero non é o noso interese focalizar, mesmo antes de entrar no goberno, as políticas en aspectos que para nós non son cruciais, dada a situación de emerxencia que estamos a vivir en Ferrol.

Grazas e saúdos

6 Jose manuel 04/06/2015 11:13

Cuando van a empezar a arreglar los viales de Ferrol Vello

Jorge:

Ferrol Vello é unha das nosas prioridades, é imprescindible a rexeneración urbana e a rehabilitación de vivenda, non só actuar nos viais, senón tamén na decrepitude que vive a zona que debera ser insigne na cidade, e por aí pasarán os nosos plans, que ademais xenerarían emprego nunha cidade tan necesitada de el. Será unha das primeiras actuacións.

Saúdos

7 Margarita 04/06/2015 11:14

Sr Suarez: Veremos alguna vez a la Policía Local patrullando a pie por los barrios de Ferrol?

Jorge:

Ola Margarita

Creo que as tres forzas políticas, que actualmente estamos negociando e que confío en que cheguemos a acordos, estamos nesa liña, que a Policía Local estea presente, servindo á cidadanía, con proximidade e dispoñibilidade.

Grazas e saúdos

8 Luís 04/06/2015 11:17

Sr Suarez: Vai permitir que a cidadanía asista os Plenos do Concello, sen ter que ser humillada e cacheada, como sucedía con Rey Varela?

Jorge:

Un dos maiores ataques á cidadanía é o recorte democrático. Creo que os plenos deberan ser abertos e non limitarse a iso, senón permitir, aplicando o Regulamento de Participación Cidadá, a participación activa da veciñanza na vida política da cidade, sentíndose copartícipes das decisións de goberno que se tomen, de forma que as prioridades sexan marcadas pola cidadanía e non por intereses partidistas.

Grazas e saúdos, Luis

9 Paco Canido 04/06/2015 11:18

Sr Suarez : Pensa poñer orde o novo Goberno Municipal en todas as terrazas ilegais de hostalería que invaden o espazo público en todo Ferrol: Amboaxe, Inferniño, Ferrol Vello, Esteiro, Mercado da Madalena, Dolores, Galiano, Cantón, etc.

Jorge:

A actual ordenanza, confusa e que deixa lugar a excepcionalidade continua, debe ser revisada, para crear un criterio claro e uniforme que permita aos hostaleiros ter unha idea clara do posible e o ilegal. Estaremos en comunicación con eles para crear unha ordenanza xusta, que free os desmáns que se produciron nos últimos anos, e que combine a potenciación da hostalería local co dereito da cidadanía a gozar dos espazos públicos.

Grazas e un saúdo

10 sito 04/06/2015 11:20

porque esa obsesión de querer tirar la muralla del arsenal o paralizar las obras de la cuesta de mella

Jorge:

En realidade non é unha obsesión, senón a idea de facer un Ferrol máis sostible, máis habitable e mellorar a súa calidade de vida. En canto ás obras, non é máis que ser coherente, frear obras magnas e eliminar gastos supérfluos para derivalo a gasto social penso que é o que cómpre facer para toda esa xente que nos transmite a súa desesperación por falta de ningún tipo de ingreso, vivenda ou traballo.

Grazas e saúdos

11 Viaxeiro 04/06/2015 11:23

Que pensa facer con respecto o transporte público en Ferrol? modernización? paradas intelixentes?

Jorge:

O transporte público de Ferrol merece unha completa revisión, é o máis caro e máis deficitario de toda Galicia. Estamos en pleno proceso negociador para acadar un goberno estable, e de seguro que as tres forzas imos apostar por revertir a concesión a unha empresa privada, en potenciar as paradas aos centros hospitalarios e conectar todos os barrios, demandar dunha vez que o tren do século XIX que temos, se modernice e nos conecte co eixo atlántico así como a interconexión entre Feve, Renfe e o servizo de autobuses, que debemos impulsar o seu uso, mesmo para o acceso aos grandes centros de traballo, como Navantia ou os polígonos industriais.

Grazas e saúdos

12 Juan couce 04/06/2015 11:25

Estoy proceso de desguace Hace ya 4 años por el popular y. Nada tengo una pensión enfermedad.de 420€ pero cuando voy a solicitar una casa social mamarrachada por ser propitario

Jorge:

Bo día

O sistema de subsidios, risga e vivenda social e axudas de emerxencia merecen unha revisión total, a súa burocratización e lentitude non poden ser permitidas cando o que está en xogo é a mesma supervivencia. Impulsaremos os servizos sociais e asumiremos a labor social que debe ter un goberno que non debe derivar a súa responsabilidade a entidades caritativas.

Saúdos

13 xurxo 04/06/2015 11:27

sr alcalde creo que tendremos durante estos próximos años tiempo para ver sus medidas respecto a la ciudad , pero la primera pregunta que le voy a hacer es si tiene pensado limpiar las calles y fachadas de los edificios que están llenas de panfletos suyos , que sepa que en la coruña el nuevo alcalde ya empezó con los miembros de marea atlántica a limpiarla, incluso con normas de no utilizar productos de limpieza solo con agua , usted nos va a dejar los portales y fachadas así ? tendré que pagar de mi bolsillo la limpieza a un profesional ? un saludo y gracias

Jorge:

Bo día

Estamos preparando para esta fin de semana un equipo de limpeza, das persoas que participaron na campaña, para retirar todos os carteis que foron pegados durante os días previos as eleccións. Pido disculpas polas molestias ocasionadas e transmitir que en poucos días non vai haber ningún cartaz de Ferrol en Común na cidade.

Saúdos

14 Anónimo 04/06/2015 11:29

Que vai facer coa praza de Armas? Vai devolverlle a imaxe que tiña antigament sen o parking?

Jorge:

A adopción de medidas concretas está a ser negociada por Ferrol en Común, PSOE e BNG, aos que respecto e non é a miña intención poñer trabas a esta labor difícil que teñen por diante, conseguir un programa de mínimos para conseguir o que Ferrol demandou, un goberno de esquerdas centrado nas persoas e que dea estabilidade durante catro anos.

Respecto ao que preguntas, a solución que se busque debe ser consensuada cos veciños e pasaría por devolverlle o aspecto que tiña, xemelo á Praza de Amboaxe

Saúdos

15 Fernando Castro 04/06/2015 11:32

Que opina el que va a ser nuevo alcalde de la ordenanza del suministro de agua y recogida de basuras actual, y que supone para una pequeña peluqueria pequeñita con un solo sillon, que gasta dos o tres metros cubicos de agua cada dos meses, pague un recibo bimensual de 130 euros. Quien puede aguantar eso y con el IVA al 21% ?

Jorge:

O pequeno comercio estivo a ser esmagado, a base de tributos, obras desacompasadas e creación e proxecto de grandes superficies comerciais. Se queremos a recuperación de Ferrol, unha das primeiras medidas debe ser o impulso do pequeno comercio, a través de bonificacións fiscais, freo ás grandes áreas e campañas de impulso que vaian máis alá de bolsas e vasos financiados co Plan Urban que ningúen viu.

Por outra banda, vai na nosa esencia a recuperación para o público dos contratos da auga e o lixo, este último xa vencido. Pensamos que xestionado dende o público sería factible unha mellor xestión, creación de emprego de calidade e un abaratamento do servizo

Saúdos

16 Pepe 04/06/2015 11:33

Teniendo en cuenta su exiguo número de concejales ¿Tiene intención de gobernar para todos?

Jorge:

Si, a miña intención pasa por gobernar para todos, e creo que é imprescindible formar un goberno estable, xunto coas outras forzas da esquerda, para que a maioría social se vexa representada no Concello de Ferrol

17 Anónimo 04/06/2015 11:37

Cales son as súas propostas para a antiga nave do mercado? Van derrubala e facer un paseo marítimo como o PP?

Jorge:

As propostas concretas serán dadas a coñecer nos próximos días, supeditadas a un acordo de goberno. Os mercados municipais deben ser referenciais, facilitar o acceso a eses espazos infrautilizados e impedir a especulación e privatización. Penso que os mercados deben ser un puntal para subministrar os produtos autóctonos do sector primario de Ferrolterra, de gran calidade e que é unha vía pouco valorada que debe ser explorada para evitar os caterings nos centros públicos e poñer en valor o que é da nosa terra fronte aos subministros das grandes superficies comerciais

18 maria 04/06/2015 11:39

¿Cuando un parque para niños de todas las edades en el centro? el del cantón quedará así? ya que está reutilizado, el suelo podrido y no hay nada más que una cosa.
¿No cree que una gran zona de juegos atraerías a la gente al centro?

Jorge:

Está na nosa idea crear servizos dotacionais en todos os barrios, non só no centro de Ferrol. E penso que nas alternativas de ocio infantil para o inverno en Ferrol son moi limitadas, polo que estamos traballando nese aspecto, conxuntamente coas outras forzas, na procura de solucións a un déficit claro

19 Annamaria.G 04/06/2015 11:41

Ahora la grúa municipal incumple la normativa al llevarse coches que no obstruyen manifiestamente el tráfico o desplazamiento de vehículos. Se los llevan de sitios dónde solo deberían ser multados. Va a hacer algo al respecto?
Muchas gracias.

Jorge:

O actual pintado de rúas e a ordenanza de tráfico roza o subrealismo. Será unha das primeiras medidas poñer orde nesta desfeita. E apostaremos por aparcadoiros de superficie para paliar o déficit de prazas de aparcamento que vivimos no centro de Ferrol e noutras zonas da cidade

Saúdos

20 Manuel 04/06/2015 11:44

Non te das de conta que a Semana Santa trascende do aspecto relixioso e ten outros aspectos,como o turístico,o artístico,o social...? Moita xente,coma min,vai ás procesións,por tradición da cidade,e non é relixiosa. ë unha parvada circunscribir o evento só á cuestión relixiosa,non cres? Por esa regra de tres,que cada un se pague as súas aficións:os futboleiros,o fútbol;os que gostan da música,os concertos...e que non se gaste un duro nas festas,que hai outras prioridades,non?

Jorge:

Ola Manuel

Entendo que hai que romper certas barreiras nunha sociedade ferrolá polarizada. Non está no meu ánimo crear confrontación, mesmo antes de entrar no goberno. Como expliquei nunha pregunta anterior, os problemas graves da cidade son outros e aí centraremos a nosa atención. Sen embargo, non podemos ser incoherentes coas nosas posicións ideolóxicas. É un debate artificial que se xenerou a través dunha declaración puntual, e que explicaremos con argumentos cando chegue o momento. Pero como digo, as prioridades agora son outras.

Saúdos

21 Annamaria.G 04/06/2015 11:46

Buenos días,no encuentra muy difícil enfrentarse a una ciudad tan conservadora y con poderes económicos establecidos durante años y a los que es muy difícil, por no decir imposible plantar cara, se ve con fuerza, y sobre todo con apoyo?
Por otra parte, la semana santa colapsa la ciudad durante toda una semana, cree que estoy por muy turístico que sea, no coarta la libertad de las personas que no la seguimos y tenemos derecho a circular libremente y no estar sometidas a la dictadura de las procesiones?
Gracias por anticipado y muchísima suerte en su mandato

Jorge:

Ola, ben, vexo que a Semana Santa esperta interese, simplemente remítome ao xa explicado, e lanzo unha mensaxe de tranquilidade. Somos de esquerdas e laicos, pero non imos prohibir a Semana Santa e tampouco está no noso ánimo quemar igrexas ou algo similar.

Grazas e unha aperta Anna

22 Maica R.F. 04/06/2015 11:47

Ola, Jorge,
Como se iniciará o novo proceso de Orzamento Participativo no municipio?

Jorge:

Ola Maica

O primeiro que toca é renovar todos os órganos previstos no Regulamento de Participación Cidadá, que xa toca, e a partir de aí comezar a traballar nos orzamentos participativos. A maiores, temos o compromixo de executar os OP´s xa comprometidos e que o anterior goberno se negou a executar. Grazas e saúdos

23 Maica R.F. 04/06/2015 11:54

Bo día, de novo,
Cal será o sistema de avaliación e seguimento durante o mandato?

Jorge:

Ola Maica

A comisión negociadora está traballando nesa proposta, polo que non quero entorpecer ese diálogo aberto. Polo que respecta a Ferrol en Común, que e o sobre o que podo falar, temos o noso propio código ético, que podedes consultar en www.ferrolencomun.org , e aí establécense sistemas de control para os concelleiros e concelleiras de Ferrol en Común. A nosa intención é estar sometidos constantemente ao control da asemblea de Ferrol en Común e seguir na liña do que prometimos, que a cidadanía se empodere e contribuír a este cambio de ciclo político que dea pulo á democracia, e poña fin aos intereses e connivencia política-financieira en detrimento dos dereitos sociais.

24 Anónimo 04/06/2015 11:56

Levará a cabo o proxecto do parque das vías e o cinturón verde do PSOE para dotar de espazos verdes a barrios como o Inferniño ou San Xoán?

Jorge:

Como dixen, teño o máximo respecto pola comisión negociadora, e diferencio o que é a Asemblea de Ferrol en Común do que se acorde para un goberno estable e en igualdade. Aproveito para lanzar unha mensaxe tanto a militancia do PSOE como do BNG, no sentido de que estamos en igualdade de condicións e que as propostas acordadas pola Asemblea de Ferrol en Común están supeditadas a un pacto entre as tres forzas que confío e agardo que sexa posible, sen ningún tipo de control, colaborativo e en positivo.

Saúdos

25 Alejandro 04/06/2015 11:58

Buenos días Jorge, hace poco más de un año hemos creado la primera librería gratuita de Galicia, en la Calle Dolores, somos un grupo de amigos que queremos que la lectura llega gratis a toda la gente que lo necesite en Ferrol, proyectos ciudadanos como el nuestro tendrán ahora el apoyo del ayuntamiento? Muchas gracias por su tiempo. Un saludo y mucha suerte!

Jorge:

Ola

Parabéns polo proxecto, como devorador de libros paréceme unha proposta moi interesante. Potenciaremos a cultura e facilitaremos o seu acceso a todas as persoas. Pasareime polo voso local para coñecer de primeira man as vosas propostas.

Saúdos

26 Cobicheiro 04/06/2015 12:01

Planteo dos preguntas rápidas, 1ª ¿por qué después que contribuir a la Marea Artabra se fueron y crearon otras siglas?. 2ª ¿Considera usted que es más importante rescatar el Ateneo que financiar la Semana Santa o restaurar los fondos artísticos del Concello?. Gracias por su respuesta.

Jorge:

Ola Cobicheiro. Revisar e emendarse creo que xa non toca, e dende logo tendo a man as persoas que forman a Marea Ártabra, con respecto á decisión que tomen na súa asemblea, para que se sumen esta proposta, necesitamos a maior unidade posible, de cara ás vindeiras citas electorais.

Respecto ao Ateneo, creo que é máis que un espazo cultural, converteuse nun símbolo de resistencia fronte ao esnaquizamento de dereitos dos últimos catro anos, e debe recuperarse como un lugar para a cultura libre, da que tanto precisamos para o noso desenvolvemento persoal

27 Amadito 04/06/2015 12:03

Hola Jorge,

Sabiendo que ere de Vigo, algunos ferrolanos estamos preocupados por si no eres consciente de la realidad que se vive en Ferrol, así como de lo arraigados que somos a nuestra cultura y tradiciones. ¿Qué podrías decirnos para tranquilizarnos? Muchas gracias y un saludo.

Jorge:

Bo día

Son circunstancialmente de Vigo, xa que toda a miña familia é de Ferrol, pero por motivos laborais tiveron que emigrar, cousa que corenta anos despois segue a suceder, por desgraza nesta cidade, e nunca rompín o vínculo con esta cidade

Saúdos

28 Pocho 04/06/2015 12:04

¿Está dispuesto a pasar a la Historia como el alcalde que echó abajo el convenio con defensa, que costó 10 años de trabajo?

Jorge:

Máis ben estou disposto a, coa axuda de todos e todas, en ser parte do goberno que conseguiu que os terreos non utilizados polo Ministerio de Defensa, teñan un uso social e dotacional, e non especulativo.

29 Paquita 04/06/2015 12:05

Usted ha sacado sobre 7000 votos. Rey Varela casi 12000. ¿Qué le parecería si sucediese al revés y no le dejasen gobernar a usted?

Jorge:

Ola

Pois paréceme que niso consiste a democracia, en sumar apoios libremente en torno a un programa político concreto para dar resposta ao que a cidadanía demanda, un goberno de esquerdas

30 Jose 04/06/2015 12:08

Bos días, ¿que lle parecen as relacións do anterior alcalde con Narón? ¿Qué opinión ten sobre unha hipotética fusión entre Ferrol e Narón?

Jorge:

Unha das prioridades é reconciliarnos co Concello de Narón, logo de tanto ataque gratuíto, é imprescindible para a comarcalización de servizos e potenciar a mancomunidade, que redundaría nun beneficio para todos.
Respecto á fusión, creo que é un debate artificial, non se da o contexto nin as circunstancias materiais, e, en todo caso, sería unha decisión da cidadanía, non de dous gobernos.

31 Marcos 04/06/2015 12:10

Vostede acusa hoxe o BNG de deslealtad, cando foi un partido que públicamente apoia a sua investidura sen condicións; tendo discorformidades en moitas cousas que vostedes fixeron na oposicion apoiando as politicas do PP; ¿que pretenden que faga o que vostedes digan, que formen goberno renegando das suas reinvindicacións a calquer precio?¿Por que non fan estas negociacións públicas, vostedes que falan de trasparencia? Ademais, ¿a quen se debe a lealtad a Ferrol ou o seu partido?

Jorge:

Ola Marcos

Son días difíciles para todos, cando o interese é a cidadanía de Ferrol, ás veces cométense erros, por todas as partes, incluída a nosa. As negociacións non se fan públicas por motivos obvios, pero o resultado final si será público, transparente e de fácil acceso para todos e todas.

32 Jorge 04/06/2015 12:12

Rematou o tempo. Sinto non ter respondido a todo o que formulastes, pero déixovos o meu correo para seguires en contacto: jorge.suarez.fdez@gmail.com ou a través das redes sociais. Anímovos a todas as preguntas que fixestes aquí e non houbo tempo a responder mas fagades e darelles publicidade nas redes sociais.

Graciñas e saúdos