Jesus vazquezh1

El exconselleiro y candidato del PP a la alcaldía de Ourense charlará con los internautas el viernes 15 a las 18:00

1 Jesús Vázquez 15/05/2015 18:02

Boas tardes a todas e a todos e grazas a La Voz de Galicia por convidarme a participar neste encontro

2 Santiago 15/05/2015 18:05

Hola Jesus cando se podria facer realidad ese gran museo que necesita ourense e que seria un icono da arquitectura en homenaje os grandes intelectuales e xente da cultura que destacaron tanto en ourense como en outras partes do mundo.gracias.

Jesús Vázquez:

Ola Santiago,
desexo que neste mandato. De feito, o Goberno Central adquiriu este compromiso cando eu era conselleiro de Cultura e foi unha das demandas feitas dende a Xunta de Galicia, dada a importancia que ten este proxecto para a cidade de Ourense.

3 Antonio 15/05/2015 18:07

Qué opina de las políticas de sus compañero que incluso le arropan en la lista con ejemplos como el del PXOM. Vendiendo la finca diputación por 5millones de € y ahora cueste 90 millones de €

Jesús Vázquez:

Na lista non me acompaña ninguén que participara nesa operación. En todo caso, son un firme defensor dos intereses colectivos e da boa xestión por parte das administracións públicas, defendendo sempre os intereses dos cidadáns, e debendo dar explicacións das súas actuacións.

4 Miguel 15/05/2015 18:11

No le parece extraño que usted no haya sido imputado cuando existe un correo pidiendo un "enchufe" al Alcalde de A Coruña. Y sí lo esté su rival por un tema administrativo y que salte precampaña electoral?

Jesús Vázquez:

Reafírmome na miña opinión de que eu non teño nada que ver coa Operación Pokemon nin cos temas que se tratan dentro da devandita investigación. Teño total respecto polas decisións e investigacións xudiciais, así como polo principio de presunción de inocencia

5 Armando 15/05/2015 18:12

Parece que no ha dimitido como parlamentario para así mantenerse un buen sueldo pensando que puede estar en la oposición como su compañero Lugo, la candidata del PSOE de Ferrol..etc?

Jesús Vázquez:

Estou cumprindo totalmente coa legalidade vixente. Non faltei a ningún dos meus compromisos como parlamentario.

6 Anónimo 15/05/2015 18:13

Que ten pensado facer co niño de corrupción no que se convertiu o servicio da ora.

Jesús Vázquez:

En todo caso, as empresas concesionarias deben cumprir cos pregos das concesións. Polo tanto, a obriga de todo alcalde é facer cumprir a legalidade.

7 María 15/05/2015 18:16

Me gustaría saber si tiene intención de regularizar la zona de ocio de Oira la cual está costando un dineral al ayuntamiento y nuestros pequeños no pueden disfrutar. Me refiero a la zona de las antiguas piscinas de arriba. Gracias.

Jesús Vázquez:

Trátase dunha concesión privada, realizada polo goberno municipal bipartito, por bastantes anos. En todo caso, trataremos de revisar as condicións na que se atopa esa concesión, tratando de favorecer aos veciños da nosa cidade.

8 Antonio 15/05/2015 18:19

La integración del AVE a la ciudad se encuentra actualmente paralizada. es usted partidario del soterramiento como defendieron sus antiguos compañeros con DO, o cree que los tiempos no están para esos gastos?

Jesús Vázquez:

O Concello de Ourense debe liderar o proxecto de integración e chegada da Alta Velocidade á cidade. Nestes momentos, atópase en fase de exposición pública a declaración de ocupación dos terreos afectados pola nova liña ferroviaria entre Taboadela e Ourense-Estación Empalme. En todo caso, reclamaremos unha estación intermodal acorde á terceira cidade de Galicia, que preste un bo servizo, tanto aos veciños como aos visitantes que acudan á nosa cidade.

9 Cristina Ourense 15/05/2015 18:22

Parécelle responsable abandonar a consellería de educación no momento de implantación da LOMCE?

Jesús Vázquez:

En ningún momento abandonei, senón que asumín outra responsabilidade ilusionante e de servizo aos cidadáns de Ourense. Queda na Consellería de Cultura e Educación un equipo magnífico, con experiencia e capacidade de xestión, contando cun profesorado e persoal de servizo excelente.

10 Anónimo 15/05/2015 18:22

¿Cómo se arregla el desaguisado que deja el PSOE en el Concello de Ourense?

Jesús Vázquez:

Con honestidade, traballo, capacidade de xestión, rigor, ilusión, entrega e cercanía aos veciños

11 Jose 15/05/2015 18:24

Hola, Jesús, cómo llevarías el hermanamiento pendiente de la ciudad de Ourense con otras ciudades internacionales que dejaron pendientes los de la anterior corporación?

Jesús Vázquez:

Un dos nosos puntos do programa é, precisamente, a promoción de irmandamente con outras cidades na procura de establecer lazos económicos, sociais e culturais a prol dun maior desenvolvemento e enriquecemento de Ourense

12 L. U. 15/05/2015 18:27

Qué proyectos tienes para As Burgas. Es verdad que vas a paralizar las expropiaciones

Jesús Vázquez:

As Burgas débense convertir nun referente do turismo termal da cidade, procurando que sexa un foco de atracción turística e xeración de emprego a través do termalismo. E poremos todos os medios para que eso suceda o antes posible, apelando tamén ás outras administracións para acadar a vella demanda dun Ourense Termal

13 Antonio José 15/05/2015 18:27

¿Te ha sorprendido que tanta gente apoyase lo del selfie con sus gafas?

Jesús Vázquez:

Sinceramente, sí. Agradezo a implicación e proximidade da xente con esta iniciativa.

14 Manuel J. 15/05/2015 18:31

Eres habitual en los partidos del COB. ¿Si asciende a la ACB les darás más subvenciones?

Jesús Vázquez:

Gústame asistir aos partidos do COB, equipo do que estou orgulloso como ourensán. Dende as miñas responsabilidades públicas sempre tratei de apoiar a este clube. En todo caso, o COB é unha Sociedade Anónima Deportiva onde o Concello ten máis do 20% das accións, e debe ser o conxunto dos propietarios o que deba analizar a decisión do ascenso do COB

15 Manuel J. 15/05/2015 18:37

¿Qué será lo primero que haga si se convierte en alcalde?

Jesús Vázquez:

Devolverlle a normalidade á institución buscando a participación de todos os veciños e colectivos, implicando a todos os funcionarios e traballadores do Concello. E traballando con honestidade e ilusión para que Ourense teña o seu futuro garantizado. É imprescindible unha boa xestión e xenerar proxectos que favorezan o emprego e a actividade económica da cidade.

16 Artemio 15/05/2015 18:39

Jácome dice que está orgulloso de haber presentado siete denuncias contra el Concello. ¿A ti que te parece? ¿Tú harías eso si estuvieses en la oposición?

Jesús Vázquez:

Eu estarei contento cun Concello que nos vindeiros catro anos dé resposta aos veciños, aos seus problemas e sexa noticia pola posta en marcha de proxectos que ilusionen á cidade. No que actúe con rigor tanto o goberno como a oposición, sempre en beneficio dos veciños e veciñas.

17 martin m 15/05/2015 18:43

poderia dar a coñecer algunha medida concreta que teña en mente aplicar se chegara a ser alcalde? por exemplo planea baixar algun imposto/tasa municipal ? teño lido o seu twitter e as suas propostas pero son moi intanxibles e xenerais, nada concretas...

Jesús Vázquez:

Comprometémonos a xestionar eficientemente os recursos, sendo conscientes da situación crítica de moitas familias, e traballaremos para reducir a presión fiscal ao longo deste mandato. Para isto, é necesario contar cun Concello saneado. Comprometémonos a reducir gastos superfluos (como por exemplo persoal de confianza, gastos de protocolo, asignacións a grupos políticos, alugueres, etc..) e adicar maiores partidas á area social.

18 josete 15/05/2015 18:49

algun dia ten pensado dar algunha resposta clara, directa e concisa?? todas son moi xenericas, superficiais e obvias, xa sabemos que todos debemos cumplir a legalidade, que os politicos traballan para os cidadans, que todos procuran o mellor para a cidade, que estara o servicio de todos.....parece un futbolista!

Jesús Vázquez:

Os futbolistas levan a cabo accións concretas como meter goles e gañar partidos, sen por elo actuar danando ao contrario. En todo caso, no programa electoral existen 200 medidas concretas e realizables. Presentamos un programa para ser cumprido e afastarnos de promesas que despois serán incumpridas. Por exemplo:
Incremento de partidas destinadas a entidades sociais; mellora do servizo de limpeza; maior atención aos nosos maiores; creación de novas garderías en barrios; sinalización das zonas turísticas e termais; mellora das ribeiras do Miño con novas estructuras balnearias; eliminación; inauguración da biblioteca central; completar o proxecto de San Francisco; levar a cabo un programa de compras; revitalizar as festas desta cidade; apoiar a nosa industria cultural; atención ao noso rural... E así, ata 200 medidas.

19 martin 15/05/2015 18:51

hola, cal é a sua postura respecto á expropiacion do solar das Burgas? esta de lado dos veciños e seguirá adiante, ou está do lado da empresa á que lle "regalaron" a finca e paralizará o proceso ?

Jesús Vázquez:

O proceso débese levar a cabo baixo unha negociación, diálogo e acordo que impida a xudicialización do proceso durante anos, e incluso a anulación do proceso expropiatorio como pasou co Centro de Saúde do Couto, debido á mala xestión do goberno municipal.

20 martin 15/05/2015 18:53

hola, como explica que dos 11 concelleiros do PP na actual lexislatura, tan so repita 1 delas? é un recoñocemento ao seu mal traballo durante os 4 anos?

Jesús Vázquez:

Non é certo. En concreto, repiten dous concelleiros. Ao igual que noutros partidos. E nalgún caso, incluso menos.

21 Jesús 15/05/2015 18:54

¿Cómo se propone revitalizar las fiestas de Ourense?

Jesús Vázquez:

Traballando e implicando a todos os colectivos, asociacións, comercio, hostelería e axentes culturais. Buscando unha oferta plural e atractiva que se achegue á maior parte da cidade.

22 Ariadna 15/05/2015 18:56

¿Pactaría con Jácome?

Jesús Vázquez:

O diálogo, a búsqueda de consensos e o respecto a todas as forzas representantes da cidadanía, deben ser unha constante en todo o mandato, independentemente de que a cidadanía de Ourense nos dé a maioría absoluta e apoie o noso proxecto, que supón a volta á normalidade, á xestión e ao traballo serio. Os erros do pasado non deben volver a repetirse, pois avergoñan a todos os ourensáns.

23 Juanjo 15/05/2015 18:57

A muchos nos gustaría que, de ser necesario, pactasen PP y psoe, ¿no sería eso lo mejor para la estabilidad del Ayuntamiento de Orense?

Jesús Vázquez:

Os pactos teñen que estar por riba das siglas e deben buscar o interese xeral.

24 Luis 15/05/2015 18:59

No se ha pasado de buen rollo amparando a Rosendo en su campaña? que al fin y al cabo fue el derrotado en las anteriores municipales y ha ayudado bastante a que la corporación municipal dé mala imagen...

Jesús Vázquez:

O PP gañou as anteriores Eleccións Municipais en Ourense, e únicamente o pacto entre partidos políticos perdores quixeron que a cidade de Ourense non puidese ter un mandato de estabilidade e proxectos beneficiosos para os veciños e veciñas.

25 Mariana 15/05/2015 19:00

¿A quién le darás la concejalía de Cultura? ¿A Pepe Araújo o a Paco?

Jesús Vázquez:

Gracias por recoñecer que imos a gobernar esta cidade. En todo caso, calqueira dos dous -ao igual que o resto do grupo- son profesionais altamente cualificados para esta responsabilidade pola súa preparación e experiencia.

26 Jesús Vázquez 15/05/2015 19:02

Moitas grazas a todas e todos. Espero contar co voso apoio para afrontar unha nova transformación en positivo e de crecemento para a nosa cidade, polo ben de #Ourense #conoutramirada