Rv2

El número uno del BNG de Ferrol responde a los lectores tras los resultados del 24M. El martes, día 2, a partir de las 11.30 horas

1 Iván 02/06/2015 11:35

Ola, bo día, comezamos o encontro dixital no que agardo responder as vosas preguntas.

2 EnFerrolyNaron 02/06/2015 11:42

Ainda que o BNG non entre no goberno, intentará vender o seu apoio a cambio dalgun punto do seu programa ¿exemplo? #preguntarivas

Iván:

Ola, o noso obxectivo é transformar esta cidade, podémolo facer desde o goberno e desde a oposición, e farémolo en base a obxectivos concretos para facer que a cidade teña un futuro digno, pero non a cambio de nada.

3 Paco Canido 02/06/2015 11:49

Non pensa que é unha covardía non entrar a formar parte do Goberno Municipal. Vostedes se presentan para gobernar e cando poden formar parte do Goberno, escollen a posición máis comoda: Quedarse fóra

Iván:

Ola, os gobernos son simplemente un instrumento das institucións dunha sociedade onde estas representan, cos crecentes niveis de abstención a unha parte desa sociedade. O noso obxectivo é transformar esa sociedade e esta cidade, e para iso o fundamental e permanecer ao lado dos problemas e conflictos da cidade, non formar parte dun goberno por criterios abstractos como a unidade.

4 Peter Pan 02/06/2015 11:52

No cree que un gobierno de 3 partidos(en realidad de 5) dificulta mushicimo el crecimiento de la ciudad?

Iván:

Ola, Peter Pan, nestes catro anos un goberno dunha cor e de estabilidade a cidade perdeu máis de 3000 habitantes e só traballa unha de cada tres persoas, parece obvio que é necesario cambiar algo.

5 Chicho 02/06/2015 12:01

Bo día Sr. Rivas: Vostedes din que van apoiar un goberno de esquerda pero sin entrar en el. Se o Psoe e EU, fan o mesmo en Fene o BNG gobernaría con 4 concelleiros nunha corporación de 17?

Iván:

Ola Chicho, a estabilidade do goberno foi o argumento do PP en toda a campaña electoral. Creo que é hora de abandonar as abstraccións da estabilidade e a unidade para falar dos problemas reais da cidade. O desmantelamento do sector naval, a dependencia do Mº de Defensa, o saneamento ou as infraestrututas ferroviarias, e de facelo con propostas concretas. O noso primeiro obxectivo é falar dos problemas e os gobernos, estables ou non, son unha parte para que isto aconteza, onde o fundamental é contar coa veciñanza.

6 Manola 02/06/2015 12:05

¿Las encuestas decian que el BNG desaparecería de Ferrol y consiguieron 2 concejales a que cree que fué debido?

Iván:

Ola, creo que a nosa presenza permanente nos conflictos e problemas dos veciños e veciñas da cidade e a súa canalización a través da institución municipal e o noso obxectivo e é a nosa forza.

7 Isaac 02/06/2015 12:13

¿Considera que la unidad de la izquierda va a ser capaz de darle estabilidad al gobierno de Ferrol?

Iván:

Ola Isaac, creo que o problema non é a estabilidade do goberno, argumento empregado reiteradamente polo PP. Creo que as organizaicóns estatais da cidade, incluído o PP, teñen posicións moi similares respecto dos prblemas fundamentais da cidade. Só o BNG se opuxo a un convenio para o saneamneto que nos obriga a pagar unha infraestrutura de competencia estatal, só o BNG se opuxo a un plan aprobado por EU e o PSOE e vaildado polo PP para o Sánchez Aguilera que pretende construir un novo centro comercial e 460 viviendas, só o BNG se ten manifestado públicamente en contra da amortización dun só posto de traballo na empresa Navantia, só o BNG ten reclamado nesta cidade e no congreso a renovación das infraestruturas ferroviarias. Por iso o noso traballo de aquí en diante é moi duro, facer que as organización estatais rompan esa dependencia con Madrid, e eses deben ser os obxectivos non a estabilidade dun goberno municipal.

8 Javi Ríos 02/06/2015 12:19

¿ Que te parecieron los discursos de los diferentes partidos en la Campaña Electoral?

Iván:

Ola Javi Ríos, creo que esta campaña se caracterizou polo silencio, a ocultación do debate político mentres se falaba de abstraccións como a unidade ou a estabilidade. A excepción da posición do BNG ninguén qixo entrar en debate. O primeiro paso para resolver os problemas é falar deles e ese é o noso primeiro obxectivo, aclarar a posición das organizacións estatais respecto de cuestións como o Naval, a ría, o tren ou as propiedades de Defensa e que definan a súa posición.

9 Adrián 02/06/2015 12:21

Vostede enumerou os problemas de Ferrol na campaña, sobre os que dixo que eran tabú para o resto de forzas. Agora que pasará, vai calar ou se enfrontará a eles?

Iván:

Ola Adrián, como ben dis, fixemolo en campaña e antes da campaña, e por tanto seguiremolo facendo, é básico falar dos problemas para resolvelos, e insistiremos en que esta cidade saia do silencio no que está sumida desde décadas.

10 Mariola 02/06/2015 12:27

A Beatriz Sestayo se le ve con más ansias de poder que de otra cosa ¿No le preocupa formar parte de su gobierno o facillitarle el acceso a este?

Iván:

Ola Mariola, entendo que o PSOE e FeC do que forma parte EU, avancen no proceso de realizar un pacto de goberno, xa que son organizacións estatais, con criterios ideolóxicos similares, cun pasado histórico nesta cidade na que xa teñen compartido responsabilidades de goberno xuntos nunha cidade na que a súa situación é produto de décadas de submisión e servilismo a Madrid, e porque teñen unha representación institucional similar, pero aínda que o noso obxectivo é mudar a cidade e non entrar en gobernos é obvio que estes 4 anos aceleraron o proceso de deterioro da cidade e unha necesidade cambiar o actual goberno.

11 MIGUEL ANJO 02/06/2015 12:34

Que pensa que vai fazer EU tras gañar as eleccións con temas como o naval o saneamento

Iván:

Ola Miguel Anjo, a posición de EU debe definila EU, en todo caso o pasado recente amosa a súa abstención no pleno municipal ante as iniciativas do BNG respecto do sector naval, ou o feito de non se ter o posto á sinatura do convenio do saneamento con ACUAES en 2012. En todo caso, nos consideramos básico para o sector naval que aproveitemos os traballadores e traballadoras da industria auxiliar da cidade para desenvolver un complexo integral da construción naval onde o ámbito civil é fundamental e onde non podemos admitir a amortización dun só posto de traballo. respecto do saneamento reclamamos que pague o Estado unha infraestrutura que no resto de España pagou Españ, que limpe os fondos da ría e elimine barreiras artificiais como o peirao carboeiro. Os demáis deberán definirse.

12 Peter Pan 02/06/2015 12:37

Que tiene que ver un votante del BNG con uno del PSOE o uno de PODEMOS, ANOVA o IU? si son lo mismo, porque no se unifican en un solo partido?

Iván:

Ola, creo que nesta cidade hai dúas alternativas políticas difrenciadas. O abano de forzas estatsis que conflúen con matices nos problemas estruturais da cidade e a única alternativas galega, que actualmente representa o BNG e que manten claras difrencias coas anteriores opcións.

13 Uxía 02/06/2015 12:46

Voteille a vostede e resulta que agora o meu voto foi para ANOVA (Resentidos escendidos do Bloque) e Podemos. Estoy defraudado e gostaríame unha explicación.

Iván:

Ola Uxía, o seu voto foi para o BNG, a única opción pensada desde Galiza, pero creo que os últimos catro anos de goberno do PP que aceleraron o proceso de deterioro da cidade non poden ter continuidade. Nós permaneceremos ao lado dos veciños e veciñas da cidade en todos os seus conflictos, porque ninguén vai vir de fora a resolver os nosso problemas. En catro anos fronte á maioría absoluta do PP condicionamos a cidade con pequemas vitorias en barrios como Canido, san Xoan, Bertón... e grandes vitorias permanecendo aolado dos afectados polas participacións preferentes ou emigrantes retornados, nestes 4 continuaremos a facelo pero sempre ao lado dos veciños e veciñas, ese é o noso principal obxectivo, transformar a cidade.

14 Peter Pan 02/06/2015 12:52

Porque si la mayoria de los ciudadanos vota al PP...no les gobierna? Yo si ustedes fueran los 5 en un partido unico lo veria bien, pero de esta manera...

Iván:

Ola, o PP non ten a maioría dos votos, e menos a maioría do sentir dunha cidade cun nivel de abstención do 43%, e ademáis creo que a unidade ou a estabilidade son abstracións que pretenden ocultar os prblemas reais. Creo que é mellor camiñar cara asunción das diferenzas, da diversidade e pluralidade no canto de camiñar car a homoxeneidade que pretende ocultar moitos .

15 José 02/06/2015 12:57

Afirmaste que la ría no es para que vengan a verla los turistas... ¿Te molesta que la ciudad tenga como aliciente económico (necesario) el turismo?

Iván:

Ola José, claro que non me molesta, pero creo que a ría é un lugar de producción que pode dar traballo a moita xente, querer convertila exclusivamente nunha paisaxe para contemplar, é vivir para os de fora e non para nós. Do mesmo modo querer convertir os estaleiros da ría nun referente para o turismo industrial é o mesmo camiño. O absurdo é que contando con riquezas produtivas como a ría ou os estaleiros renunciemos a elas porque o din desde Madrid, e que as potencialidade turísticas que temso permanezan abandonadas, como as baterías d acostas, a paisaxe natural ou as edificacións abandonadas da cidade. Debemos comezar a querernos anós mesmos.

16 iago 02/06/2015 13:02

Cales van ser os eixos do seu traballo os vindeiros meses?

Iván:

Ola Iago, en primeiro lugar creo que temos que exixir que o novo goberno municipal se enfrente aos deseños de Madrid que tanto condicionan esta cidade, e segundo lugar continuar ao pé dos veciños e veciñas da cidade en todos os conflictos que existan e canalizalos a través da institución municipal.

17 Anónimo 02/06/2015 13:05

Cal será o camiño a seguir respeto Navantia

Iván:

Ola, creo que o primeiro debería ser que desde a cidade se explicite de maneira contundente a oposición a calquera proceso de reducción de postos de traballo na industria auxiliar, que se comece a dotar de persoal aos centros deproducción aproveitando aos traballadores e traballadoras da industria auxiliar, que se exixan o cumprimentos dos acordos laborais destes traballadores que permnecen a traballar e que se diga dunha vez NON ao deseño do Estado par o desmantelamento do noso principal sector produtivo.

18 Julia F.G. 02/06/2015 13:11

Como arquitecto... Que ejemplo de ciudad trasladaría a Ferrol? Solución Sánchez Aguilera? Demolición de la nave provisional del mercado? Gracias

Iván:

Ola Julia, creo que é obvio que o PE do Sánches Aguilera aprobado polas organizaicións estatais é un absurdo polo feito de propoñer un novo centro comercial e 460 vivendas candoo pequeno comercio agoniza e o 20% das vivendas da cidade están baleiras. Creo que Pontevedra é un exemplo de recuperación do patrimonio construído, que provoca que este a incrementar poboación. No Sáncez Aguilera debráin recuperarse as edificacións existentes con adpatacións funcionais, nós temos propostas encamiñadas a isto no nos program electoral, pero en todo caso é claro que a responsabilidade de que facer debe ser do novo goberno municipal.

19 Ramom Rodríguez 02/06/2015 13:15

Muitos falam de se vam entrar no Governo Municipal ou não vam entrar ... mas parece uma abstração, pois que concretos há ao respeito (juntanças, oferecementos, discussões)?

Iván:

Ola Ramom, eu creo que a abstración é falr de entrar nun goberno sen ter propostas concretas de cales son os obxectivo dese goberno. A Primeira runión para falar diso será hoxe, e nos acudiremos a todas aquelas reunións nas que se pretenda falar do futuro da cidade. Creo, coma ti, que debemso falar de c ousas concretas, dar solución aos problemas que é o noso obxectivo, non entrar nos gobernos

20 Decepcionado 02/06/2015 13:18

Leyendo su entrevista ahora mismo... No veo que responda a nada de lo que se le pregunta. Sólo lanza tópicos y carga contra el PP y Madrid (como si fueran enemigos a batir). Los enemigos tienen que ser el paro y el inmovilismo. Donde están sus propuestas?

Iván:

Ola, creo que o problema fundamental está na dependencia de Madrid dos gobernos desta cidade, que ocultan a nosa realidade, como o sistema de fianciamento deste Concello do que ninguén quere falar tampouco. Por iso o noso empeño en que abandonemos o silencio das abstraccións de unidade ou estabilidade.

21 Javi Ríos 02/06/2015 13:33

Me gustaría que me explicases los argumentos a favor y en contra de entrar en el tripartito.

Iván:

Ola, Javi Ríos, creo que esta cidade precisa dun cambio evidente despois destes catro anos, por iso apoiaremos ese cambio. Creo que organizacións estatais que xa teñen un pasado xuntas como PSOE e EU nesta cidade e teñen nesta corporación municipal unha representación similar deben asumir a responsabilidade dese cambio polo a representatividade acadada nas últimas eleccións, e creo que o obxectivo do BNG e continuar ao lados dos veciños e veciñas para transformar a cidade. Eso pódese facer desde o goberno ou desde a oposición como xa temos demostrado nestes anos pasados, e sendo conscientes de que somos a única organización política da nova corporación que non ten que rendir contas a Madrid, e por tanto quen pode abrir debates que permanecen ocultos.

22 Iván 02/06/2015 13:35

Rematou o tempo, despídome, agardo ter repondido ás vosas preguntas.

Un saúdo!