F15y5000

El candidato del BNG en el Concello de Ferrol responderá a los lectores el viernes, día 15, a las 11.00 horas

1 Iván 15/05/2015 11:03

Bo día, comezamos o encontro dixital, agardo poder responder as vosas preguntas.

Un saúdo

2 Alexandre 15/05/2015 11:07

Sr Rivas: Que opina o BNG da ampliación de Reganosa e que vai propoñer sobre Forestal del Atlántico que remata a concesión no 2017? Van vostedes seguir apostando por Reganosa?

Iván:

Ola Alexandre, creo que foi o BNG a única organización política que fixo alegacións a actual ubicación de Reganosa, e ademáis desde o BNG de Ferrol comprometémonos a apoiar calquera inicativa para o traslado dunha planta coa que nunca estivemos dacordo na súa ubicación. En todo caso, creo que o actual goberno de EU e BNG do concello afectado debería iniciar o proceso.

3 Xaquín 15/05/2015 11:12

Boas Sr. Rivas, como votante nacionalista que opina da división xenerada por culpa de algúns que din ser nacionalistas sin selo e nos quitan votos?

Iván:

Ola Xaquín, creo que no momento actual a situación do país e da cidade é crítica, creo ademáis que estamos a vivir un proceso de globalización e de xerarquía acelerado e que no estado pasa por máis España e menos Galiza e por tanto menos Ferrol. Desde o BNG pensamos que o cambio real pasa por mudar as relacións d edependencia por relacións de respecto entre iguais, e porque ninguén virá de fora a resolver os nosos problemas. este é o noso compromiso. Cada quen debe asumir a súa responsabilidade e as súas decisións.

4 PETER 15/05/2015 11:16

Boas Iván! Estás en contra do PP en tódolos ámbitos non? pero como pode ser isto? Se están a facer tódalas cousas que non fixo o teu partido cando gobernou! O que pasa? Falla a memoria xa¿?

Iván:

Ola Peter, non estamos en contra do PP por chamarse PP, estamso en contra dunha visión ideolóxica que comparte co resto de organizacións estatais que para esta cidade supón que desmantelen o seu principal sector produtivo, que o Mº de Defensa non pague un euro por ocupar o 20% do solo urbano do concello ou que teñamos que pagar os veciños de Ferrol unha infraestrutura como o saneamneto que no resto de España pagou España. Estamos en contra de todo isto, da discriminación permanenete do Estado con esta cidade e este país.

5 AVÓ 15/05/2015 11:19

Buenas, me gustaría saber que haría con el gallego si usted fuese alcalde, lo hablaría siempre, o también lo complementaría con el idioma dominante?

Iván:

Ola, somos a única organización que inclúe no seu programa medidas concretas en defensa do noso idioma, pola sinxela razón de que como alguén dixo : si seguimos sendo galegos e galegas e por obra e gracia do idioma. Un pobo que non se expresa é un pobo que non existe.

6 Charmander 15/05/2015 11:24

Que propone para eliminar la pobreza y el paro en Ferrol?

Iván:

Ola, bo día, oa creación de emprego nesta cidade é fundamental, e por iso debemos afrontalo de dúas maneiras.
1º exixindo que non se permita que os traballadores e traballadorass dass compañías auxiliares poidan facer xornadas de 14 horas, esto xa é xerar emprego.
2º aproveitar os nosos recursos como as terras abandonadas do rural para facer que os veciños e veciñas de Ferrol que queiran desenvolver proxectro de agricultura ecolóxica teñan os medios para facelo co apoio institucional.
e 3º rescatando servizos público como o lixo, encamiñando car a compostaxe contratando persoal para facer este traballo co que sería máis barato ao reducir o volume a tratar en vez de continuar coa dinámica de entregarllo a grandes empresas que reducen persoal. O mesmo co transporte público ou o mantemento de instalacións eléctricass ou a limpeza das estradas do rural ....

7 Reto 15/05/2015 11:28

Boas, vostede criticou a famosa estatua coñecida como "Capuchoncito", pero é un simbolo e homenaxe para os cofrades e para a Semana Santa Ferrolana, polo tanto, está en contra dela non? o como vai a cousa?

Iván:

Ola, estamos en contra de que o investimento para o ano 2015 fose 20.000 euros nunha estatúa, máis a de Canalejas, e outras e chapapote para a cidade. Creo que non é o camiño, sobre todo cando se oculta a verdeira historia dunha cidade cunha historia impresionante desde a idade media.

8 Pincho Moruno 15/05/2015 11:30

¿Por qué esa política agresiva contra la Armada Española? ¿Acaso no le aporta la Armada a la ciudad buena parte de su actividad económica?

Iván:

Ola, o problema está en que esta cidade ten un déficit de ingresos estrutral derivado de que o Mº de Defensa ocupa máis do 20% do solo urbano do concello, que moitas das propiedades que non usa están abandonadas e se nos pretende cobrar por recuperar algo que construíron os ferroláns. Creo que son reivindicacións de xustiza, sobre todo si este fose un Estado solidario.

9 Rey Arturo 15/05/2015 11:34

Confrontación constante con el Gobierno Local y alguna que otra buena idea, pero... ¿Qué proyectos tiene usted? Es que la verdad, no se le conoce ninguno.

Iván:

Ola, Rey Arturo, creo que somos a organización política co programa electoral máis específico e abundante en propostas. O primeiro é recuperar a dignidade dunha cidade que padeceu e padece gobernos municipais servis e cómplices con decisións do Estado que nos aniquilan. O segundo recperar a autoestima para unha cidade que ten moitos moticvos para estar orgullosa, contamo scun patrimonio arquitectónico, natural e cultural inigualable e o terceiro e xestionar os nosos recursos en función dos nosos intereses enon malvendendo a empreasa privadas a xestión de servizos públicos como o lixo ou patrimonio municipal como o mercado de Caranza.

10 Vivodelmar 15/05/2015 11:38

Dígale a los mariscadores (legales y furtivos) por qué está dispuesto usted a frenar el saneamiento de la ría, aún a riesgo de que se retrase 5 o 10 años.

Iván:

Ola, nós demándamos un saneamento da ría na que o Estado pague unha infraestrutura da súa competencia que no resto de España pagou España, que limpe os fondos da ría de lodos e que elimine barreiras artificiais como o Peirao Carboeiro. Somos a única organización política que ten esta visión integral do problema da ría de Ferrol, porque a ría é un espazo de producción non para que os turistas veñan a mirar para ela e o actual modelo de saneamneto non vai resolver ningún destes problemas.

11 Marina 15/05/2015 11:41

Que preferiria, ser alcalde o que se disuelva el PP?

Iván:

Ola Marina, o que prefiro é que está cidade deixe de perder poboación e que poidan traballar máis dunha persoa por cada tres, sinceramente este é a miña aspiración.

12 María José 15/05/2015 11:42

Qué ideas aporta su partido acerca de la utilización del Castillo de San Felipe?

Iván:

Ola, pois a redacción dunha vez dun Plan director para o seu uso.

13 Pedro 15/05/2015 11:45

Os veciños reclaman os montes do Chá para o seu uso de mancomún, ten vostede pensado facer algo para devolverlle os montes aos veciños?

Iván:

Ola, o comportamento deste goberno muncipal respecto dos veciños de Brión e Doniños respecto dos montes do Chá reproduce o do Mº de Defensa cos veciños e veciñas de Ferrol.
Defensa pensa que Ferrol é seu e que pode facer o que queira, o actual Alcalde pensa que os montes do Chá son del e que pode facer con eles o que queira. A realidade é que eses montes osn dos veciños e veciñas de Brión e Doniños e eu me comprometo a facer unha declaración pública nun pleno municipal na que o concello de Ferrol reitre as alegaciósn presentadas e recoñeza a propiedade dos montes aos veciñoe e veciñas.

14 Carles 15/05/2015 11:47

Yo como ciudadano catalán, catalán de sangre y independiente totalmente de España, pero asentado en Ferrol desde hace mas de 20 años, cree usted que mi voto iría a buen sitio dándoselo a usted?

Iván:

Ola , se vostede considera que é fundamental defener o noso e que o goberno municipal ten que defender os intereses da cidade e non condicionado por Madrid, si.

15 Daniel 15/05/2015 11:48

Cómo va a abordar su partido la petición de Ferrol como patrimonio de la Humanidad

Iván:

O único que hai que facer é constituir o ente xestor da candidatura que é un requisito da Unesco e que leva desde 2007 paralizado.
A realidade é que o Mº de Cultura respondeu ao BNG que a candidatura non s epode abordar porque a Xunta de Galiza e o concello de Ferrol non o solicitou. É intolerable.

16 Manuela 15/05/2015 11:51

Qué planes ten para o dique da Cabana e cal é a súa postura ante a candidatura a patrimonio da Humanidade?

Iván:

Ola o dique de A Cabana forma parte desa candidatura e debe ser rehabilitado de maneira inmediat porque non existe un dique mareal desas características no resto de Europa. O seu abandono é un atentado ao patrimonio da cidade, como o é permanecer pasivo fronte as afeccións que lle provoca ao acceso ao porto exterior mediante o trazado Sur, ante o que este Alcalde permanece en silencio.

17 Xoán Xosé 15/05/2015 11:52

Que faría vostede para crear emprego na cidade?

Iván:

Ola, brevemente rescatar servizos públicos, como o lixo, o mantemento de instalaciósn electricas ou o transporte público e exixir que os traballadores e traballadoras desta cidade, como os das compañías auxiliares non poidan facer xornadas de 14 horas.

18 Anónimo 15/05/2015 11:54

Que ten pensado para a zona rural?

Iván:

A zona rural permanece no abandono absoluto, é fundamental dotala de berarrúas para permitir que a xente que alí vive polo menso poida facer os seus recorridos cotiás a pé, dotala de infraestruturass básicas como o saneamneto e dun transporte público adecuado as necesidades no canto de reducir servizos e horarios.

19 Mirian Varela 15/05/2015 11:58

No piensa usted que el Naval no se recupera porque los partidos con más poder mantienen un discurso hipócrita y no apoyan realmente nuestro derecho a trabajar si no los intereses de Madrid.

Iván:

Ola Mirian, creo efectivamente que hai un deseño do Estado para o desmantelamento do sector naval na cidade que comparten todos os partidos estatais. Creo ademáis que esta cidade contou con gobernos municipais qu e ocultaron e ocultan esta realidade, e creo que só cun goberno galego na cidade os estaleiros da ría volverán a construir barcos da mesma maneira que só cun goberno galego Ence sairá da ría de Pontevedra,. É unha cuestión de estar sometidos ou non as directrices de Madrid.

20 Mirian Varela 15/05/2015 11:59

¿Que le parece que Ferrol quede fuera del rápido Vigo-A Coruña? E que opinión ten da situación de desconexión de Ferrol co resto do territorio galego?

Iván:

Ola, desde Ferrol tardase unha hora e 20 minutos en chegar a A Coruña pero ten 5 viaxes a Madrid, e aquí se celebra o centenario do ferrocarril ferrol betanzaos hai 100 anos, é inasumible e o goberno municipal calado.

21 Andres Piernas 15/05/2015 12:00

Vostede reside en Ferrol?

Iván:

Ola, sí claro, en Canido

22 Anónimo 15/05/2015 12:07

Que opina das Mareas? Por que o BNG non a utilizou para agochar as súas siglas?

Iván:

Ola, en 1º lugar decir que cada quen ten lexitimidade para facer o que considere, pero o cero é que ao BNG ninguén lle fixo ningunha proposta para debater sobre nada.
En 2º lugar decir que pola contra o BNG convidou a PSOE e EU a forzar ao PP a celebrar un pleno extraordinario no concello para debater sobre o estado da cidade e esta proposta foi rexeitada sen coñecer os motivos e en 3º lugar decir que creo que as organizacións estatis teñen unha dependenciade Madrid que condiciona asúa posición respecto de problemas fundamentais para acidade.
Eu non comprendo ninpodo aceptar que ao Mº de defensa se lle concella a construción dun centro comercial no sánchez Aguilera, os partidos estatais s´. eu non comprendo nin podo aceptar que a situación do sectro naval se siga delegando en representantes políticos e sindicais madrileños despois de 30 anos e eu non comprendo nin podo aceptar un conevio para o saneamneto que supón unha usura para os ferroláns pero so partidos estatais si. Por iso nos estamos a favor da unidade, pero da unidade en defensa da cidade e en contra de todo isto.

23 MIGUEL ANJO GONZALEZ GAR 15/05/2015 12:10

Que ten que dizer sobre a denuncia que fixo o alcalde contra o BNG por colocar bandeiras nas farolas da cidade?

Iván:

Ola, creo que é a mostra de que o Sr. Rey Varela pensa que a cidade é súa e as farolas tamén. O máis sorprendente é que o PP colocou a súa propaganda antés de tempo e o BNg o fixo cando o tiña que facer e onde o tiña que facer. A xunta electoral tivo que baixarlle os fumes e nós farémolo cando volvamos a permitir o acceso libre aos plenos e restauremos a democracia neste concello.

24 Girolamo Savonarola 15/05/2015 12:18

Moi boas, Iván. Cal é a túa opinión no relativo á política de pactos?? Por outra banda, sería interesante coñecer a túa opinión como arquitecto sobre o futuro de Ferrol Vello, de Recimil e do Muro do Arsenal.

Iván:

Ola Girolamo, creo que esta cidade ten un patrimonio arquitectónico excepcional, pero abandonado, o 20% das vivendas baleiras e o 40% dos baixos abandonados.
O certo é que unha cidade como Pontevedra despois de rehabilitar o seu patrimonio e investindo o dobre por habitante que Ferrol medra en poboación mentres que ferrol perde poboación. Parece obvio que aparte dos condicionantes de fora unha política municipal destinada a gastar o diñeiro nos veciños e veciñas e non en financiar aos bancos da resultados e que hai que deixar de pensar que aculpa sempre é dos de fora. Nós apostamso por comezar por incrementar o investimento púbico para rehabilitar as edificacións abandonadas e cambiar polítca da demolición pola de a rehabilitación e comezar a dar axudas á xente para que poida recuperar as súas vivendas que teñen no custe das obras o principal a tranco para fecelo. desta maneira Ferrol pode covertir se nunha cidade excepcional.

25 Iván 15/05/2015 12:22

Ben, moitas grazas a todos e a todas polas vosas preguntas, rematou o tempo e sinto non poder ter contestado a máis preguntas. Despídome animándovos a que xuntos fagamos desta cidade unha cidade onde poder vivir. Saúdos