Heribertog 1h

El director del Instituto Galego de Vivenda e Solo responderá a preguntas sobre Suelo Empresarial el viernes 5 a las 12 horas

1 invitado 05/06/2015 12:03

Bos días. Estou a disposición de todo o mundo para contestar todas aquelas cuestións referidas ao solo empresarial titularidade de Xestur e do IGVS.

2 Manolo 05/06/2015 12:06

Que pasos ten que seguir un interesado en acollerse ás bonificacións no prezo do solo?

invitado:

No caso das parcelas de Xestur que xa saíron a concurso poderán realizarse solicitudes directamente a Xestur.
No dia de hoxe convocouse a venda de parcelas titularidade do IGVS. Se quere participar neste concurso de venda deberá presentar a súa proposta nun prazo de 45 días. Na páxina web do IGVS (www.igvs.es) atopará as bases do concurso nas que se indican detalladamente os documentos que debe presentar.

3 Anónimo 05/06/2015 12:09

Qué resultados deu o concurso de Xestur?

invitado:

O concurso de Xestur rematou recentemente e a día de hoxe os compradores do 42 por cento das parcelas xa están redactando os proxectos de construción ou xa os teñen aprobados. Parte deles xa solicitaron a licenza municipal de obras e nun caso xa a obtivo. Resulta evidente que os que compraron solo a Xestur estaban dispostos a investir de inmediato.

4 Chiqui Vilagarcía 05/06/2015 12:13

Cómo garantizan que os compradores de solo non especulen con el, mercando agora con rebaixa e vendendo despois a prezo de mercado?

invitado:

Os adquirentes están obrigados, por contrato, a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade nun prazo máximo de tres anos dende a sinatura do contrato. En caso de non facelo, tanto o IGVS como Xestur poderán recuperar a parcela e reter o pagado por ela. Pensamos que é garantía máis que suficiente.

5 antonio 05/06/2015 12:16

Van servir as rebaixas para que os empresarios invistan e a economía se veña arriba???

invitado:

Podo darlle datos relacionados cos máis de 262.000 metros cadrados de solo vendido por Xestur con bonificación. Segundo os datos achegados polos solicitantes de parcelas estimamos que o investimento total a realizar polas empresas adquirentes superará os 172 millóns de euros e os postos de traballo creados, directos e indirectos, serán máis de 5.700.
O concurso de venda de solo propiedade do IGVS convocouse no día de hoxe, polo que non podemos adiantar qué investimento nin cantos postos de traballo se crearán co solo que venda do IGVS, pero agardamos que as cifras sexan significativas.

6 Lorena 05/06/2015 12:19

Las rebajas de precio se aplican solo a empresas gallegas o pueden beneficiarse también otras de fuera de Galicia?

invitado:

Las rebajas son aplicables a cualquier interesado que cumpla las condiciones establecidas en los pliegos de bases del concurso, tanto en el del IGVS como en el de Xestur. Sean gallegos, del resto de España o extranjeros.

7 Vanesa 05/06/2015 12:22

Por qué en Lugo e Ourense os descontos son do 50 por cento e nas outras provincias do 30?

invitado:

Os descontos do 50 por cento aplícanse alí onde é necesario un maior incentivo para reactivar a actividade económica. Por iso o desconto é do 50 por cento nas provincias de Lugo e Ourense, pero tamén en Ferrolterra e na Costa da Morte.

8 Fernando 05/06/2015 12:28

No cree que el suelo destino a uso industrial en Portugal es una competencia a tener en cuenta por, sobre todo, los promotores del suelo en Galicia

invitado:

No se puede confundir la venta de suelo empresarial con el derecho de superficie, en el que pasado cierto número de años el empresario tiene que devolver el suelo que le fue adjudicado. Los mejores precios de Portugal se refieren a concesión de derecho de superficie, no a la venta en propiedad del suelo. La Xunta también ofrece suelo en derecho de superficie. Sin ir más lejos, en Mos se adjudicó suelo de esta manera a menos de 1,5 euros por metro cuadrado.
Por otra parte, la Xunta cuenta con suelo empresarial en venta a precios comparables a los de Portugal, como es el caso, por ejemplo, del parque de Arbo, en la misma frontera, a 30 euros el metro cuadrado. Y en otras zonas de Galicia disponemos de suelo a precios todavía inferiores, de entre 10 y 20 euros por metro cuadrado.

9 Lois 05/06/2015 12:34

Ten pensado urbanizar máis parques industriais no futuro noutros sitios? e cómo?

invitado:

A Xunta de Galicia conta co Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial creado no ano 2012 como instrumento para novas actuacións, que se desenvolverán alí onde exista demanda contrastada e suficiente que xustifique novas actuacións. Detrás desa demanda haberá un compromiso firme do empresarios, que terán que depositar unha fianza como garantía da mesma. Pero so se executarán novas actuacións onde exista esa demanda suficiente que o xustifique e sempre en cumprimento do Plan Sectorial de Ordenación de areas empresariais da CA de Galicia

10 Carlos 05/06/2015 12:37

Os interesados en iniciar unha actividade empresarial en Galicia contan con algún tipo de axuda aparte das rebaixas no prezo das parcelas?

invitado:

O IGVS e Xestur asinaron un convenio co IGAPE polo que este organismo facilitará financiamento e avais ás empresas que se instalen nos parques empresariais galegos. O financiamento inclue tanto a compra do solo como a implantación do propio proxecto empresarial. Para mais información poderán dirixirse ao IGAPE

11 Anxo 05/06/2015 12:40

Que solucións van a dar a polígonos como o do concello de Touro, que actualmente so sirven para albergar toxos e xestas?

invitado:

O Poligono de Touro é un polígono de iniciativa e propiedade privada polo que os tempos de execución son os determinados polo promotor do mesmo.

12 Manuel 05/06/2015 12:45

Cuál es el precio medio por m2 en Galicia de suelo industrial urbanizado?

invitado:

No concurso convocado hoxe polo IGVS o prezo medio é de 24,5 € /m2 . O prezo minimo é de 10 €/m2 e o máximo 45 €/m2

13 José Manuel de Santiago 05/06/2015 12:47

Que os descontos non sexan iguais en todos os parques non vai causar movementos de empresas cara as zonas onde se aplica a rebaixa do 50?

invitado:

O concurso de Xestur, no que se adxudicaron máis de 262.000 metros cadrados deixa claro que iso non vai pasar. O 98 por cento das empresas que adquiriron solo nese concurso son da mesma provincia e comarca na que están constituídas. So hai unha empresa que cambiase de provincia, pero fíxoo para o concello contiguo ao do seu domicilio social, inda que pertenzan a provincias diferentes.

14 Reyes 05/06/2015 12:50

Hai algún tempo quixen ampliar as instalacións da miña empresa, pero tiña que pagar a parcela ao contado e non había moitas facilidades para financiala. Con rebaixar o prezo non é suficiente para min.

invitado:

O novo Decreto que rexe a venda de solo empresarial propiedade do IGVS inclúe medidas tendentes a flexibilizar as condicións de venda para facilitar que todo aquel que queira iniciar una actividade empresarial en Galicia poida facelo. Agora xa é posible aprazar o pago do solo empresarial, tanto do IGVS como de Xestur, pero o decreto tamén regula alternativas á adquisición, como son o alugueiro ou o dereito de superficie.

15 Toribio 05/06/2015 12:52

Qué pasa coas parcelas que non vendan a través dos concursos?

invitado:

O solo que non se venda no concurso público poderá venderse directamente a quen o solicite. Pero sempre cos mesmos requisitos e prezo establecido no concurso. O mesmo sucede co solo que Xestur non vendeu no seu concurso, parte do cal xa foi adxudicado con posterioridade.

16 Maria 05/06/2015 12:53

Temos que pagar nós as rebaixas das parcelas que vai vender a Xunta?

invitado:

As bonificacións que está a facer a Xunta sobre os prezos do solo empresarial da súa propiedade van dar como resultado beneficios sociais en forma de creación de emprego e beneficios económicos, algo que sempre repercute directamente sobre as arcas públicas. Esas bonificacións vanse recuperar de maneira indirecta ao longo dos próximos anos.

17 María Pampín 05/06/2015 12:56

¿Exactamente qué se necesita para lograr la declaración de proyecto empresarial singular?

invitado:

Deberá de presentar una solicitude acreditando as características do proxecto empresarial a implantar onde se indiquen as condicións de especial importancia extratexica ou económica do proxecto, os postos de traballo a crear, o investimento e a superficie que se necesita.

18 María Sánchez 05/06/2015 13:03

¿Cómo están yendo las ventas de suelo bonificado?

invitado:

Ata o momento adxudicaronse mais de 260.000 m2 de solo de Xestur o que supon mais solo vendido en 5 meses que conxuntamente nos anos 2013 e 2014. Esta cifra esta moi próxima ao vendido no ano 2008,. Polo tanto o resultado das bonificaciones é moi satisfatorio.

19 invitado 05/06/2015 13:04

moitas grazas a todos polo voso interese no referido ao solo empresarial do IGVS e Xestur. espero que as contestacions foran o suficientemente claras. Bos dias