F15y5046

La candidata del PSOE a la Alcaldía de Narón responderá a los lectores el viernes, día 15, a las 17.00 horas

1 Katy 15/05/2015 17:04

Boa tarde, encantada de respostar ás vosas preguntas, espero que sexan aclaratorias para as vosas preguntas.

2 Juan Manuel 15/05/2015 17:05

Me gustas mucho como candidata, pero no quiero que mi voto sirva para que TEGA continue gobernando. Si te voto, ¿prometes no pactar con TEGA?

Katy:

Me presento para ganar estas eleccións, pero en todo caso o PSOE é un partido de goberno, e esa decisión se tomaría entre todos e todas as persoas da nosa agrupación.

3 Marcela 15/05/2015 17:07

Para llegar a gobernar, aceptaria una coalicion con el PP? O se atreve a afirmar que nunca se juntaria con esos personajes?

Katy:

Non hai posibilidade de coalición co PP, podemos chegar a concretar algunha proposta por ben da veciñanza, pero non coaligarnos con eles

4 Marcela 15/05/2015 17:08

Seguira luchando por la igualdad? Cree que el PP de Naron discrimina a la mujer y la utiliza como floreros?

Katy:

Sempre, é unha sinal de identidade socialista, polo que sempre o defenderei. En canto á segunda pregunta non hai máis que ver este mandato para darse conta do que representan as mulleres na candidatura do PP de Narón.

5 Manuel Vazquez 15/05/2015 17:10

Hola, quiero dejar claro que me pareces una buena persona. Dicho esto, me preocupa un poco votar a alguien cuyo nivel de estudios no la facultaría para sacar casi ninguna plaza pública por oposicion. ¿Crees que estoy errado?

Katy:

Non teño rematados estudos universitarios, en todo caso non creo que sexa indispensable, pero para a túa tranquilidade teño estudos medios e non deixo de formarme en distintas áreas como pode ser o inglés ou a informática.
Teño capacidade de traballo e de aprendizaxe, e sobre todo sentido común.

6 Andrea 15/05/2015 17:12

Narón es el ayuntamiento que menos invierte en gasto social de toda la comarca. ¿Siente que ha hecho los deberes desde su concejalía?

Katy:

Sinto que teño deixado a pel na miña concellaría, creando o Centro de Recursos e traballando para dar mellor calidade de vida á veciñanza que peor o está a pasar. Dende logo si tivera máis concelleiros e concelleiras, máis peso dentro do goberno tería posto máis cartos nas partidas adicadas a este área.

7 MovementoEnNarón 15/05/2015 17:14

Onde poido atopar unha copia do seu programa electoral? Cómo se levou a cabo e qué tiveron en conta para a súa elaboración?

Katy:

Podes consultalo na nosa paxina, http://socialistasdenaron.com/ e hoxe repartiremos unha copia en cada local social do concello.
Se fixo coas aportacións e peticións de veciños e veciñas, ademais de compañeiros e compañeiras, e por suposto aportacións miñas.

8 Carcos Rodríguez 15/05/2015 17:16

Siendo el saneamiento una obra "irrenunciable", como dices en la entrevista a este medio, ¿Por qué no se ha oído ni una sola protesta del PSOE de Narón ya que no se licitó ni se completó ningún tramo en estos 4 años? Concretamente por mi zona, en Castro, sí se hizo un tramo pequeño que ya venía proyectado del gobierno anterior. ¿Y el resto?

Katy:

Temos reclamado á Xunta de Galicia axuda estes catro anos para que incluisen no seu orzamento asignación económica para o noso concello, pero non foi posible conseguir esa axuda.
Seguiremos a traballar nese senso, e si ganamos e/ou temos máis representación dentro do concello, negociaremos ata conseguir facer dese servizo unha realidade

9 Jose Luis 15/05/2015 17:18

Mientras al pueblo nos subiais los impuestos, tu obtuviste una dedicación exlusiva por la que te embolsaste más de 100.000€ en esta legislatura. ¿como lo justificas?

Katy:

unha persoa un cargo, un posto e un salario, eso é o que defendo e no que creo. Renunciei ao meu traballo por adicar todo o meu tempo a traballar por Narón e ingreso o que está aprobado por pleno no ano 2008, pode parecer moito ou pouco, pero en todo caso, non cobro máis dun salario e adico todo o meu tempo e esforzo á veciñanza naronesa.

10 Carmen Fernández Paz 15/05/2015 17:19

No me parecio nada bien que te pusiesen la dedicación exclusiva mientras hay tanta gente sin nada para llevarse a la boca. Si gobiernas, ¿mantendrás la dedicación exclusiva o la dedicarás a cosas realmente importantes?

Katy:

Si son alcaldesa rebaixarei o salario á metade do que está na actualidade para a alcaldía. Espero que iso resposte a túa pregunta.

11 Laura Diaz 15/05/2015 17:22

Ahora tanto vosotros como vuestros compañeros de gobierno habláis de transparencia y de participación ciudadana. ¿Por qué en campaña y no durante estos últimos 4 años?

Katy:

As cousas na administración van lentas, pode parecer pouco o feito, pero desenvolvemos os consellos territoriais, puxemos en marcha a escola de participación, impartimos formación e axudamos a entidades e persoas a nivel particular en reclamacións e xestións varias, facilitando a información que é de carácter público, sempre co asesoramento do equipo técnico do concello.
Da por feito que seguiremos a apostar pola participación e a impulsar o seu completo desenvolvemento.

12 Lidia 15/05/2015 17:25

qué propuestas tiene para Freixeiro? Que se va a hacer con el campamento que sigue siendo un nido de droga y toxicomano

Katy:

Para Freixeiro temos un programa de erradicación do chabolismo que conleva tempo e un investimento importante, se ganamos o 24 chamaremos ás portas que sexan precisas para acadar orzamento suficiente para levalo adiante e así dar maior seguridade ó barrio

13 Ferrolano 15/05/2015 17:27

¿estas a favor o en contra de la fusion? ¿No crees que sería beneficioso poder vivir en la tercera ciudad de galicia que sería la suma de naron y ferrol?

Katy:

Estou a favor de mancomunar servizos, pero para que exista unha fusión consultaría á poboación primeiramente. Eles e elas serían os que deberían orientarnos a dar ou non ese paso.
Agora mesmo toca mancomunar.

14 Patricia 15/05/2015 17:29

¿Levase ben cos seus compañeiros de partido? ¿E co psoe de outros municipios como ferrol?

Katy:

Sí, fenomenalmente, son unha parte da miña familia, paso máis tempo con eles e con elas que cos meus.
Tamén me levo ben, iso non significa que teña que sair de festa ou a comer con cada un deles, pero son compañeiros e compañeiras cos que se pode traballar perfectamente.

15 Luis C. R. 15/05/2015 17:29

Onte no debate Miguel do PP dixo que salvo el e Blanco o resto de candidatos preséntanse para ser concelleiros e non alcalde. ¿Que opinión lle merece?

Katy:

Unha falta de respecto ao resto de persoas que nos presentamos á alcaldía de Narón.

16 Xoan Manuel 15/05/2015 17:30

No crees que sería beneficioso conseguir acuerdos y que trabajasen en conjunto los alcaldes de los municipios de toda la comarca. No entiendo que a pesar de la situación en la que estamos de crisis y penurias no seais capaces de llegar a acuerdos entre naron ferrol neda fene etc

Katy:

Importantísimo, será unha das nosas bandeiras, chegar a acordos co resto de concellos da comarca para levar servizos comúns entre todos, de forma que se podan abaratar e dar mellor cobertura.

17 Chente 15/05/2015 17:31

Cree que su relación con la candidata de Ferrol podría ser mejor?

Katy:

A caso cree que no es buena?

18 Carmen López 15/05/2015 17:33

Podía decirme cuales son sus prioridades si sale alcaldesa para Narón

Katy:

Centro de saúde, completar saneamento e abastecemento de auga no concello e seguir a impulsar o Centro de Recursos Solidarios, así como dotar de mellor consignación económica a partida de acción social. Tamén convocar unha mesa estable pola formación e o emprego, cos sindicatos, empresarios/as e sector do ensino para crear máis e mellor emprego.

19 Rebeca 15/05/2015 17:35

¿Cree que Narón destina suficiente dinero a fines sociales?

Katy:

Todo é mellorable, pero fixemos atención a 1300 persoas, para as que melloramos non só as axudas económicas, se non que tamén conseguimos máis alimentos e máis diversos, así como roupa, mobles, xoguetes, material escolar e de farmacia, e outros enseres.

20 Maria 15/05/2015 17:37

Si los naroneses (yo soy ferrolana) la eligen como su alcaldesa las proximas elecciones va a tener mejor voluntad y mejor relacion con quien salga alcalde de Ferrol?

Katy:

A miña vontade sempre foi boa e a miña relación tamén, lamento non ter sido alcaldesa para ter posibilidade de negociar e buscar acordos con Ferrol.
Manteño esa vontade e a defendo, non só con Ferrol, se non co resto da comarca e co resto de administracións

21 Amante de los animales 15/05/2015 17:39

¿Tienes perro? Si es así, ¿vas a impulsar más zonas y parques para perros?

Katy:

non teño can, pero tiven dous cando era pequena, e me gustan moito. O que non me gusta é a xente que incivicamente non recolle o que as súas mascotas ensucian. Pero claro que podemos ver coa cidadanía que teña mascotas onde habilitar zonas para elas.

22 narones 15/05/2015 17:42

soy naronés y me gustaría que mejorasen nuestras playas y los accesos pq siempre se habla de las playas de ferrol y nosotros tenemos tres que parece que estan abandonadas por el ayuntamiento

Katy:

é un tema competencia de costas do estado, pero dende logo non teremos problema en solicitar e negociar a mellora dos accesos ás mesmas

23 Juan González 15/05/2015 17:42

¿Se ve como alcaldesa de Narón?, ¿cree qué está preparada para asumir ese cargo?

Katy:

claro, se non non me tería presentado

24 Lorena 15/05/2015 17:44

se por gente cercana que el centro de recursos tiene cada vez más gente que lo necesita. ¿Cómo vas a seguir impulsandolo? De verdad que hay gente que necesita esa ayuda que es muy importante

Katy:

Seguiremos chamando a todas as portas para que nos fagan donacións e aportacións, pero tamén se está ultimando a persoalidade xurídica propia, polo que poderemos acceder a subvencións doutras administracións e patrocinios para mellorar o seu capital económico e por suposto as materias a repartir aos seus usuarios e usuarias.
Tamén faremos realidade que a nave do centro sexa propia do concello de forma que se aforren os cartos do aluguer para comida e outras necesidades das familias

25 Paco 15/05/2015 17:45

¿Crees que es factible que salga alguna mayoría amplia o absoluta estas elecciones?

Katy:

Agardo que non, non creo nas maiorías

26 Rita Fernández 15/05/2015 17:46

Narón tiene como asignatura pendiente realizar más inversiones en la zona rural, ¿si ganase las elecciones apostaría más por esas zonas del municipio?

Katy:

Eu aposto por Narón con maiusculas, por todo Narón, e polo tanto polo rural tamén. Nacín no rural e medrei no rural, polo que teño conciencia das problemáticas e deficiencias nos servizos que ten

27 Anónimo 15/05/2015 17:47

en naron creo que se presenta tb ciudadanos. ¿que opinas de ese partido? ¿crees que puede robar a los votantes descontentos de tu partido y del pp?

Katy:

Que viva a democracia, iso é o que significa que xurdan outros partidos. Penso que pode coller máis voto do PP, pois asimilo as súas ideas máis á dereita que á esquerda.
En todo caso benvidos/as.

28 Manu 15/05/2015 17:49

Yo quiero hacer una propuesta. Me gustaría que Narón recuperase las fiestas de verano como tienen en Ferrol. ¿Si sales elegida lo recuperarás?

Katy:

Recollo a proposta, pero mentras exista unha familia sen recursos, non é tempo de festas dende o meu punto de vista. Hai festas parroquiais e outras celebracións para divertirse.
Se a situación mellora por qué non, pero sempre en consenso coa cidadanía.
Prioridade as persoas e as súas necesidades básicas

29 Manuela 15/05/2015 17:50

Después de los últimos meses tengo dudas sobre el ambulatorio nuevo. ¿Qué va a pasar? ¿Vamos a tener que esperar los naroneses cuatro años más?

Katy:

Pois iso teremos que preguntarllo ó Sr. Feijóo, pero agardo que Besteiro sexa o vindeiro presidente da Xunta e que o faga realidade.
Nós estaremos a traballar e poñer todo o noso empreño para que se faga.

30 Luís 15/05/2015 17:52

Ahora que los naroneses conocemos que se han cometido supuestas irregularidades, ¿cree que una persona tan íntegra como usted ha podido manchar su nombre al pactar con TEGA?

Katy:

Iso terá que dicilo a xustiza, non teño probas nin nada que me indique que existan esas irregularidades. Dende logo eu teño o expediente limpo, vou sempre polo libro. Podo durmir tranquila e mirar aos ollos dos veciños e veciñas sen problema

31 pablo 15/05/2015 17:55

Ve correcto que se cobre a los artistas que quieren exponer en los espacios culturales de Narón?

Katy:

Creo que podería habilitarse á sá do baixo da biblioteca pública para esas exposicións

32 Carmen Fernández Paz 15/05/2015 17:57

Dice que rebajará el sueldo a la mitad si es alcaldesa. ¿Cuánto gana el alcalde? Porque los datos que yo tenía eran que ganaba menos del doble que usted. Entonces usted perdería dinero siendo alcaldesa?

Katy:

Non o sei con exactitude pero uns 52000 euros é o que está aprobado en pleno de 2008. Rebaixaría á metade o importe.

33 naronesa 15/05/2015 17:57

¿No crees que deberían ser los ciudadanos y no los políticos los que decidan si quieren o no la fusion de ferrol y naron?

Katy:

Sí, hai que contar coa súa opinión, así o manifestei nas miñas respostas anteriores.

34 Alberto Díaz 15/05/2015 17:58

Ha dicho que si ganase su partido rebajaría el sueldo del alcalde, pero ¿y si vuelve a salir concejala recortaría el suyo propio?

Katy:

Gano 1500 euros ao mes, pero non teño problema en rebaixalo ao que gana calquera outro concelleiro do grupo de goberno.

35 paloma 15/05/2015 17:59

¿Os llevais bien los miembros del cuatripartito? Porque estoy seguro que tiene que haber discrepancias

Katy:

En xeral sí, discrepamos igual que se discrepa dentro das familias ou coas amizades, pero chegamos a entendernos que é o importante para traballar pola cidadanía

36 Carlos 15/05/2015 18:01

¿No crees que es absurdo hoy en dia el gasto de carteles y todo tipo de propaganda? Es lamentable que cada cuatro años lleneis las calles de porqueria

Katy:

Estou de acordo, pero é un dos medios que temos para publicitarnos. Nós temos recortado o número de carteis á metade que noutros comicios e non temos investido en propaganda salvo un resumo do noso programa para facilitarllo á xente.
Me gustaría que habilitasen taboleiros dixitais que pasasen as fotos de todos e todas, sería mellor e máis ecolóxico.

37 Aurora García 15/05/2015 18:02

¿Mantendrá el feirón de la Solana a pesar de los problemas que ocasionan los vecinos del barrio?

Katy:

Mantelo sí, pero sería fantástico cubrir a vía do tren e poder facer ahí un espazo no que podería desenvolverse perfectamente sen ocasionar eses problemas

38 Ana García 15/05/2015 18:05

La mayoría de la gente de mi edad ha tenido que irse a otros lugares en busca de trabajo ¿qué pretenden hacer para fomentar la creación de empleo?

Katy:

Convocaremos unha mesa estable pola formación e o emprego, para ir da man dos sindicatos, empresas e sector da educación para adaptar a oferta e a demanda. Promocionaremos o noso chan industrial e as nosas potencialidades para atraer novas empresas que xeren traballo de calidade.
Crearemos un viveiro de empresas para emprendedores/as onde teñan un lugar para arrancar e por en marcha os seus negocios, así como unha sá de xuntas nas que poder manter as súas reunións.
Por exemplo.

39 Antón Fuertes 15/05/2015 18:06

¿Cree qué en Narón tenemos un buen transporte público o que sería mejorable?

Katy:

Sería moi mellorable, temos que aunar ao resto de concellos da comarca e pelexar todos xuntos por un transporte público de calidade e con bos servizos.

40 P. 15/05/2015 18:09

¿No crees que tu trabajo queda eclipsado por la figura d eBlanco? Que conste que yo prefiero a alguien que trabaja en la sombra que a alguien que va de importante

Katy:

Creo que inevitablemente un alcalde ou alcaldesa rentabiliza o traballo que se fai dende todas as áreas, pero tamén son consciente de que a cidadanía sabe o traballo que fixemos os socialistas estes catro anos nas nosas concellarías e que saberán aprecialo

41 Juan Domínguez 15/05/2015 18:10

¿Cuándo veremos la ría saneada? Los días de marea baja tenemos que soportar malos olores en los aledaños de la ría.. ¿Presionará su partido para que se aceleren los plazos de estas obras?

Katy:

Velaremos porque se cumpran os prazos de execución e dende logo preferimos que se faga ben a que por apurar un pouco máis quede algo mal resolto.

42 Olga 15/05/2015 18:11

¿Como van a tratar o asunto dos almorzos escolares se están no goberno?

Katy:

Negociaremos coa Xunta para que os habilite dentro do programa de comedores, posto que é unha competencia deles, si queremos conciliar vida familiar e laboral é preciso que os almorzos existan.
Non deixaremos de dar o servizo entre tanto non cheguemos a acordo.

43 Marta 15/05/2015 18:13

¿Por qué decidió abandonar su antigua profesión? Hay muchos concejales que compaginan ambas funciones...¿fue porque le compensaba más económicamente?

Katy:

Decicino, porque miña avoa que era moi sabia dicía que o que moito abarca pouco aperta, e é certo.
A cidadanía de Narón precisa de xente que se dedique a traballar con seriedade e plenitude para solventar os seus problemas, e para facer ben o meu traballo no concello tomei esa decisión.
Defendo unha persoa, un cargo, un salario. Penso que todos e todas deberiamos facelo así.

44 Katy 15/05/2015 18:15

Agradezo o voso interese para co noso programa e para conmigo. Agardo ter dado resposta a todo o que queriades saber. Quedo á vosa disposición, e vos envío un cordial saúdo.
Por suposto e despois das miñas respostas, agardo que depositedes a vosa confianza en min e na candidatura socialista e o 24 votedes PSdeG-PSOE.
Graciñas