Encuentro con Carme Adán
La cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega por Pontevedra respondió a las preguntas de los lectores de La Voz el viernes 11 a las 16.30 horas
Un saúdo a todas e todos os ciberlectores que queren coñecer as propostas de Nós Candidatura Galega!!
¿ Qué opina respeto a nova lei de educación?
Derrogación XA!! É a lei máis cuestionada por toda a comunidade educativa, atenta contr a igualdade, os dereitos lingüísticos, introduce as reválicas e... elimina a Filosofía! vamos peor imposíbel!!
Boas tardes, Carme. Como deputada e representante de Nós-Candidatura Galega no Congreso dos Deputados por Pontevedra, vostede ten a responsabilidade de elixir como presidente do goberno executivo que vai gobernar o estado español durante os próximos 4 anos. Cal será a súa votación nese pleno? Moitas grazas!
Non son unha leccións presidenciais, a investidura dun presidente ou presidenta depende do programa de goberno que se presente. Nunca apoiaremos un presidente que propoña recortes!
Este ano vin-me obrigado a deixar os estudos por mor de problemas económicos. Se voto a Nós que tipo de políticas levariades contra o actual sistema educativo? Estarião projectadas cara a situaçom da mocidade galega ou simplemente levariades umha voz anti-lomce/recurtes...?
Primerio derrogar LOMCE, aumentar as bolsas e que non penalicen as notas. Eu estudei con becas e creo que as axudas ao estudo deben ser unha prioridade eductiva e social. No ámbito europeo propoñemos máis dotación para os e as estudantes de ERASMUS. Tamén defendemos que as familias sen recursos estén exentas do pago da matrícula.
BUENOS DIAS PARA SU PARTIDO DEBERIA DE PODER JUBILARSE UNA PERSONA CUANDO ALCANCE LOS 37 AÑOS COTIZADOS AUNQUE AUN CUMPLIESE LOS 65 AÑOS DE EDAD??
Si, xa foi defendido isto por Olaia Fernández Davila do BNG, partido que integra esta coalixción, na anterior lexislatura, ou sexa que o seguimos matendo. Non queremos que se aumenten os anos de cotización.
Que diferenza hai entre votar En Marea-Podemos e Nós-Candidatura Galega? Porque debo votar por vostede?
A nosa prioridade fundamental é defender os intereses dos galegos e galegas, non estamos vinculados a ningunha forza estatal. Defendemos cousas como a gratuidade da AP), prezos xustos para o lactero, cotas para os mariñeiros, carreira para os nosos investigadores/as, defensa mediomabiental das nosas rías... defendemos o NOSO
O sector naval en VIgo está practicamente morto ¿de que maneira o van defender en Madrid?
Primeiro, en Vigo necesítase financiamento para construir barcos. Defendemos Banca Pública, Plan industrial e políticas activas para a busqueda de pedidos como fixeron estes últimos anos os vascos desde o seu goberno. Segundo, en Vigo necesítase o centro de reparacións do naval.
En Ferrol existen uns asteleiros públicos que necesitan un Plan insdustrial civil e o dique flotante tantas veces prometido.
Teño 27 anos. Todos os meus amigos están fóra. En Brasil, en Alemaña, en Madrid e Barcelona. Eu inda non atopei o meu primeiro emprego e estou pensando en coller a maleta tamén. Que vai facer NÓS para evitar que máis mozos teñamos que marchar?
Primeiro é necesario reactivar todos os nosos productivos. Desde os primarios, como lacteo a pesca, até os vinculados ao desenvovlemento tecnolóxico. Pensa que nos último anos segundo o IGE pecharon un 44% das empresas de base tecnolóxica, se non aapostamos pola innovación e a investigación a sangria de mozos e mozas e toda a vosa creatividade seguirá. POlo tanto, máis orzamentos para innovación e carreira investigadora propia.
No programa tamén desenvolvemos un apartado de políticas activas de emprego para mozos e mozas con salarios dignos, xa sabemos que hoxe ser mileurista é o grande soño de moita mocidade, tremendo!
segundo as encuestas parece que non vai haber maioría absoluta de ninguén. moitos partidos están evitando dicir claramente que faran co seu voto. que vai facer Nós? a quen apoiarán? a Rajoy, a Sánchez, a Iglesias ou a Rivera?
Non apoiamos persoas, apoiamos programas. Teñen que ser programas políticos antirecortes, con políticas sociais e que Galiza teña a suficiente presencia en cuestións básicas par o noso desenvolvemento económico.
Que sentido ten que unha forza nacionalista se presente a unhas eleccións españolas?
Todo o sentido. Defendemos o noso alí onde se toman decisións sobre cuestión básicas para galegos e galegas. Mirade para os vascos e cataláns, defenden a súa economía, os seus dereitos... en fin as cousas de comer!
Pouca xente coñece a túa candidatura. Non cres que foi un erro renunciar á sigla do BNG que era moi coñecida?
O BNG renunciou as siglas para conseguir unha candidatura galega unitaria que non fora dependente de ningunha forza do estas, que integrara máis partidos e persoas que teñen a Galiza como o máis importante no panorama político. Presentámonos co legado do traballo feito polo nacionalismo estes 20 anos no Congreso e coa forza de outras organizacións e persoas que se suman a este proxecto de Nós Candidatura Galega. Agardo que persoas preocupadas coma ti por dar a coñecer esta candidatura nos axuden neste traballo de rúa cotiá. Grazas
El nuevo Congreso va a tener que tomar decisiones importantes sobre la lucha contra el Estado Islámico. ¿Nós va apoyar la participación de España en una internvención militar en Siria?. Gracias.
Nós o temos moi claro, Non a guerra, Non a OTAN.
Que leva Nós no seu programa sobre @s empregad@s publicos e sobre os servizos públicos?
Recuperación do seu poder adquisitivo tan recortado durante esta lexislatura. Hai que facer un recoñecemento aos empregados e empregadas públicos que co seu bo facer mantiveron en pe servizos básicos como a sanidade ou a educación entre outros.
Porque ningun partido lleva en su programa, la aunulacion del impuesto sobre los premios de Loterias Nacionales, si esta fue tomada como medida transitoria y parece que va ser definitivamente fija?
En impostos hai outras prioridades como a rebaixa do IVE que penaliza a todos e todas as persoas por igual independentemente da renda , ou as herdanzas que en moitas ocasións se abandonan por non poder pagar os impostos. A lotaría ao final depende da deusa Fortuna!
Castelao sabía que presentandose como PG non teria representacion poriso se apresntaron na FP sen renunciar aos seus principios.Fixo mal Castelao?
Case un século despois podemos dicir que era outro contexto social, histórico e político. No momento actual o máis importante é que Galiza teña Voz propia diante dos debates da próxima lexislatura, máxime os referidos á denominada cuestión territorial.
Considérome galeguista mais non de esquerda. Considera vostede que me podo sentir representado pola oferta de Nós-Candidatura Galega?. Graciñas.
Dentro da coalición temos partidos como Coalición Galega que comparte ese mesmo espíritu. Pode estar seguro de que os seus intereses estarán representados.
Que papel entende que lle corresponde cumprir lingüística e culturalmente ao Instituto Cervantes? Unicamente promocionar e expandir o castelán como até o de agora?
Claro que non, na anterior lexislatura o personaxe Wert entendeu que era necesario españolizar España e non recoñecer o carácter plurinacional, pluricultural e plurilingüístico do estado. Magoa que non existan fondos para a nosa cultura e lingua desde o Cervantes. Nós, defenderémolo.
Desexo que Nós teña representación no congreso dos deputados, pero mirando cara o futuro: Cree que despois de estas eleccións, a unidade nacionalista que non se conseguiu, poderase volver a intentar para as eleccións galegas? Son Nacionalista, adoro Galicia e doeme ver a separación que estamos a sufrir. Estou con vos pq sei que non hai supeditacións a Madrid, pero non deixa de doerme esta separación.
As cicatrices falan do pasado, é momento de construír o futuro. Para min sumar por Galiza é o máis importante.
parlamento galego, europeas, municipais e congreso o bloque negouse a entrar nestas coalicións de nacionalistas e de esquerdas. pero si pactou con zapatero, touriño, caballero, carmela silva, diputacións lugo e coruña do PSOE e alcaldia de pontevedra con corrida de touros...¿porque non admite a podemos e esquerda unida e si admitides ao psoe?
Nunca fumos nunha coalición electoral co PSOE. O BNG nunca foi cunha forza estatal en ningunha coalición. Como outras forzas políticas garantimos gobernos alternativos aos gobernos antisociais e que promoven os recortes.
¿ Ten vostede: plan de pensións privado, seguro médico privado, con que compañias?
Aínda que son funcionaria, Profesora de Filosofía, desde os 23 anos sempre tiven sempre estiven na Sanidade Pública. Pago unha hipoteca que ten vinculado unha claúsula bancaria cun plan de pensións obrigatorio.
A súa opinión sobre a situación da Sanidade pública en particular sobre o Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo
A sanidade pública recibiu un ataque frontal durante a última lexislatura. Recortes nos medicamentos, repagamentos e en concreto en VIgo negocio para as empresas que construiron o Álvaro Cunqueiro. Un hospital que se fora público costaría cerca de 400 millóns multiplica por 3 o seu prezo e da problemas todos os días como os que estamos vendo. Listas de espera, quirófanos pechados, problemas nos laboratorios... un longo etcétera de despropósitos para que as empresas teñan beneficios coa nosa saúde.
Ola Carme, realmente hai diferenzas entre as medidas que precisa a xente en Galicia e noutras partes do estado para sair da crise? Porque é preciso un voto en clave galega nunhas eleccións xerais?
E tanto, basta que mires as portadas dos xornais coa imaxe dos tractores nas rúas. Temos os salarios máis baixos do estado aínda que traballamos máis horas, polo tanto , tamén temos as pensións máis baixas... en Euskadi e Asturias están construíndo barcos e as nosas gradas están baleiras. Temos a mesma factura da luz aínda que producimos un 40% máis do que consumimos, os vascos conseguiron unha redución do prezo da luz no 2013 para as súas empresas, non sería bo para Nós pagar menos pola luz?
Podes explicar un pouco en que que consiste iso do "feminicidio"? Gracias.
Feminicido é o termo acaido para definir o asasinato de mulleres por ser mulleres. Recoller este termo no ordeamento xurídico sería un paso adiante moi importante para visibilizar e erradicar a violencia machista. Compre dotar de medios todos os xulgados de violencia XA! e elaborar un Estatuto de vítima de Feminicidio que recolla dereitos sociais para todas as mulleres que o necesitan.
Foi un pracer compartir ciberespazo con todas e todos vós, sinto non ter máis tempo para contestar a todas as preguntas, podedes atoparme en @carmeadán. Grazas polo voso tempo e se me permitides lembraros o importante que é votar o 20D en clave galega!