Rix

El candidato de Rianxo en Común responderá a los lectores el jueves, día 21, a partir de las 12:00 horas

1 Antón 21/05/2015 12:10

Bo día xa estamos aquí dispostos a respostar as vosas inquedanzas. Gracias

2 Lucas 21/05/2015 12:12

Móllate. Consideras que Adolfo fixo os deberes estos 4 anos? en que acertou e en que errou

Antón:

É dificil facer unha valoración de catro anos en catro líneas. Acertou en algunhas áreas, cultura por exemplo e errou noutros aspectos como participación e transparencia, pero tamén é verdade que non era un goberno só do BNG

3 Tembra 21/05/2015 12:15

Ides a fiscalizar e empezar a controlar Arousa Norte?

Antón:

Non creo que estea na nósa man, e espero que tampouco na de ningún dos socios, controlar a mancomunidade. Somos partidarios de servizos mancomunados se responden os intereses das distintas partes, no noso caso os veciños de Rianxo

4 Moncho 21/05/2015 12:17

Por que non suprimimos a policia local? Creo que non é preciso ter un estado policial para que exista máis seguridade, ca GC xa sería suficiente para manter o orde.

Antón:

Nin nos plantexamos tal cuestión, en todo caso tentar facela máis operativa. Desde o noso punto de vista policía municipal e estado policial non casan porque xusto este corpo é o que traballa máis en contacto cos veciños

5 María 21/05/2015 12:21

Como definirías o perfil político dos Rianxeiros e Rianxeiras. Nacionalistas, galeguistas, conservadores, socialistas, anarquistas, socialdemócratas...

Antón:

Se nos atemos a historia das eleccións locais teríamos que definilos fundamentalmente como socialdemócratas pero non creo que poida definirse políticamente a un pobo

6 Marisa 21/05/2015 12:26

Que tes pensado facer se estás no goberno e a xunta non da accedido a facer o centro de día?

Antón:

Non podo creer que sendo, como é, un equipamento prioritario ninguén se negue a facelo, nin en Rianxo nin en Santiago. En todo caso, si así fora trasladaría inmediatamente a cuestión ós veciños para que entre todos decidiramos o que facíamos

7 Luisa 21/05/2015 12:27

¿Condenas las pintadas que hubo hacia el PP y sus miembros?

Antón:

Por suposto, como calquera outro acto vandálico

8 Asados 21/05/2015 12:29

Gústache como é a mocidade rianxeira?

Antón:

Gústame toda a mocidade, e a de Rianxo en especial. Aproveito para decir que é unha franxa de idade moi maltratada polas administracións públicas.

9 Manolo 21/05/2015 12:31

Plantexástedesvos crear un grupo que atenda as emerxencias en Rianxo? Tipo Servizo municipal de prot civil de Boiro, GAEM de Ribeira ou GES de PAdrón?

Antón:

Tentariamos que o grupo de proteción civil de Rianxo fose operativo. Para esto precisa un equipamento mínimo do que non dispón e coordinación con outros ámbitos de intervención, nomeadamente a policía local

10 M.S.S. 21/05/2015 12:38

Qué futuro ten a mocidade en canto o traballo na vila?

Antón:

O emprego en xeral e o da mocidade en particular é un tema prioritario que está mal todas partes. Pero precisamente porque o consideramos prioritario adicaremos os nosos esforzos a traballar sobre o mesmo, sabendo que as posibilidades do concello son limitadas. As lineas son, apuntalar o que hai, apoiar ó comercio local, incentivar e apoiar as ideas de empresa que xurdan, e fomentar a produción, transformación e comercialización de productos ecolóxicos do mar e do agro

11 toni 21/05/2015 12:43

como potenciar os sectores produtivos

Antón:

Quen mellor coñece as necesidades dos distintos sectores son eles mesmos, polo tanto é moi importante traballar o seu lado . Partindo do que temos, é moi importante incrementar a actividade económica, diversificando, transformando, e comercializando dun xeito innovador.

12 Presas 21/05/2015 12:48

Se es alcalde canto cobrarías? e se es tenete de alcalde?

Antón:

O noso grupo valora que deberíamos tentar ir a unha sola dedicación exclusiva, polo tanto queda contestado o de tenente de alcalde. En ralación o salario do alcalde teríamos que decir primeiro se queremos un alcalde de luns a venres de 8 a 15 horas, ou un alcalde 24 horas ó día 7 días á semana. Segundo a opción os salarios terían que ser moi distintos

13 Roi 21/05/2015 12:52

a Pobra ten unha poboación semellante á de Rianxo, en camibio vese moito máis ambiente nas rúas, os fins de semana hai 4-5 locais onde tomar unha copa e no verán está cheo de xente, e aínda tendo en conta que ten por ambos lados dous municipios que lle poderían absorver xente. Como é posible que en Rianxo estea tan morto?

Antón:

É certo que Rianxo ten pouco ambiente, especialmente polas noites no inverno. Sería un tema a traballar cos hosteleiros para ver o xeito de modificar esta situación.

14 carlos 21/05/2015 12:57

E posible mellorala participacion e atransparencia do concello?

Antón:

É fundamental mellorala e a verdade é que temos moita marxe de mellora neste eido. Para nós que nos definimos como defensores do común, a participación e a transparencia son os aspectos centrais do que queremos que sexa o noso traballo político cos veciños

15 M. Gonzalez 21/05/2015 13:00

Podería explicarme como funcionan as asambleas de ReC e como seguirían funcionando se chegan ó poder? Grazas

Antón:

As asambleas de Rianxo en Común sempre foron totalmente abertas e seguiran a selo despois das municipais, porque entendemos que a solución dos problemas colectivos é unha cuestión dos veciños na que deben participar sin intermediarios.

16 Presas 21/05/2015 13:05

En canto ao de suprimir o tenente de alcalde, paréceme un pouco populista.
1º Non é un derroche pagarlle ao mes a un tipo que fai que mellore e funcione mellor o concello. Que máis da pagarlle 2500 ao mes se igual consegue 10000€ mensuais.

2ºImaxina que o alcalde está en Santiago xestionando o centro de día, hai un incendio quen o atende ou mesmo aos veciños?

3ºUn municipio co volume de habitantes de Rianxo precisa de duas persoas adicadas 24 hrs, non cres?

que che parecen os argumentos?

Antón:

Os seus argumentos parecenme respetables, incluso o de considerar a miña reesposta como populista. A pesar do anterior, nestes momentos a poboación está facendo esforzos importantes, porque non intentalo nos tamén ainda que se vísemos que non é operativo tivesemos que modificar a medida. Por outro lado, o traballo no concello fano os funcionarios, non os cargos políticos.

17 Brétema 21/05/2015 13:09

Tedes contactos con outras formacións políticas da zona por se hai que facer reivindicacións de tipo comarcal como un centro de examen de conducir?

Antón:

Somos un grupo novo e os nosos contactos son escasos ainda cos grupos políticos do nóso concello. A parte desto, contactaríamos con quen fóra, independentemente do signo político, para lograr que as necesidades dos veciños sexan atendidas

18 Antón 21/05/2015 13:15

Moi agradecido pola vosa participación