Encuentro con Ana Pontón
La candidata del BNG a la presidencia de la Xunta responderá a las preguntas de los internautas de La Voz de Galicia el jueves 22 a partir de las 13:00 horas.
Moi bo día!
Encantada de contestar as vosas preguntas!
¿Si Feijoo no consigue la absoluta, quién quieres que sea tu presidente, Leiceaga o Villares?
Prefiero que a presidenta sexa Ana Pontón do BNG, mais iso terán que decidilo as e os galegos co seu voto.
Señora candidata, me parece muy bien cuando dice que hay que sacarle el dinero a Montoro. Lo que quiero que me explique es como piensa hacer tal cosa, o es hablar por hablar.
Galiza ten un sistema de financiamento deficiente, insuficiente, no que saímos perdendo. Segundo os datos de Facenda os galegos e galegas pagamos 14.000 millóns de euros e só retornan uns 7.000. Só se precisa unha facenda propia, como a que xa ten Euskadi ou Navarra. É unha decisión política. O que temos que decidir e se preferimos que eses recursos se empreguen para mellorar a sanidade, a educación, a dependencia... ou que os use o estado para rescates da banca, guerras inxustas ou financiar a Casa Real.
Considero que o BNG ten unha boa candidata, pero teño bastantes dúbidas á hora de botar polo BNG, porque non me considero nacionalista galego.
Moitas grazas, para votar BNG non fai falta sentirse nacionalista. Temos un programa para que todas as persoas que vivan en Galiza, melloren a súa vida e deixemos atrás estes anos grises e tristes do PP. Se pensas que Galiza é mellor que o goberno de Feijóo, se queres un goberno decente e honrado, que poste polo emprego digno, a igualdade entre homes e mulleres, defensa dos servizos públicos a papeleta do BNG é a túa. Estou convencida de que somos un gran país que temos todo por gañar, pero para iso precisamos confianza nas nosas propias forzas.
Cal é a súa proposta para a nosa paisaxe maltratada? Cómo pensa que pode conseguir eliminar as casas a ladrillo e as estruturas sen rematar? Qué proposta ten para evitar que sigamos facendo edificios de 4 pisos no centro de vilas de 2.000 habitantes (en regresión demográfica)?
Galiza precisa unha nova lei do solo, que relamente sexa útil para ordenar o territorio, poñer fin a destrución do noso patrimonio e que se estea adaptada á nosa realidade. Para eliminar as casas de ladrillo e estruturas sen rematar sería útil unha orde de axudas, pois moitas persoas non teñen recursos para facelo.
Ana, fixeches un gran debate na TVG e estou pensando en voltar a votar Bloque. Dame unha razón para coller a papeleta do BNG e non a da Marea.
Moitas grazas, alégrome que che gustara o debate. Só lamento que o candidato do PP, Núñez Feijóo, rexeitara volver a debater conmigo. Defendo que os debates son un dereito das e dos cidadáns e non un privilexio de ningún candidato. O BNG é unha organización nacionalista, coa súa cabeza e o seu corazón en Galiza, temos un proxecto sólido, solvente e unido e un programa de cambio real. Estou convencida de que non chega con xestionar mellor -que o sabemos facer-, hai que apostar por facer cambios máis profundos, avanzar nun autogoberno real, poder político para blindarnos contra a LOMCE, as reformas laborais, o espolio da nosa electricidade ou do aforro das e dos galegos. En fin, que fronte aos que nos din que Galiza non pode saír adiante coas súas propias forzas e que o relevante é o que pasa no estado, nós pensamos xustamente o contrario: para saír adiante temos que defender os intereses dos galegos e das galegas e confiar nas potencialidades e capacidades do pobo galego.
Parabéns por ser a primeira muller feminista candidata á presidencia da Xunta! Sabendo que se trata dunha cuestión complexa e que require unha atuación trasversal, cal consideras que é a principal, ou máis urxente medida que cómpre adoptar para mellorar a situación das mulleres?
Ola Raquel, para min en pleno 2016, ser a primeira muller en algo é a denuncia da desigualdade. Mais agradezo moito a confianza para ser candidata e estou moi orgullosa. Para avanzar temos que ter compromiso real coa igualdade: lei de coeducación, prioridade de loita contra a violencia de xénero, recoñecendo que supón un Feminicidio e mellorando recursos para a atención e restablecemento dunha vida sen violencia e finalmente apostar pola corresponsabilidade e por unha rede pública de servizos para atender as tarafeas do coidado.
Vostede defende unha medida que me parece moi ben: rebaixar as peaxes da AP-9 porque é unha vergoña o que nos cobran entre Santiago e Coruña. Pero claro, como?
POis penso que é simplemente un problema de vontade política. O PP rescatou as radiais de Madrid con millóns de euros, por que non se pode rescatar a AP-9 e acabar coa estafa das peaxes?
Outras forzas están presumindo de alcaldes continuamente na campaña, por qué o BNG non o fai cos seus, tan premiados e recoñecidos a nivel mundial?
Eu estou moi orgullosa das alcaldesas e alcaldes do BNG e tamén os ppoño en valor. Demostran día a día que outra Galiza é posíbel e que o programa do nacionalismo é para modernizar o país e mellorar a calidade de vida das persoas.
Boas Ana ! Pensa que deberíamos retomar a Cosellería de Cutura? A Cultura é unha pata fundamental da personalidade dun País. Que medidas teñen para defendela? Grazas pola respostas
A cultura é clave para o noso país, e nestes anos sufría unha forte invernía. Desde o BNG pensamos que a cultura necesita estar apoiada e que debemos facer da cultura un aspecto clave, apoiando talento e creatividade, apostando polas redes de distribución interna e pola internacionalización.
o sistema de concerto sería viábel para Galiza?
Galiza paga impostos por valor de 11,125 millóns de euros, mentres que o sistema de Financiamento so nos devolve 7.042 millóns de euros. Polo tanto, 4.000 millóns de euros dos impostos dos galegos e galegas que en vez de financiar a sanidade ou educación galegas, van a parar ao peto que xestiona Montoro.
Cabe recordar que mesmo na Unión Europea, o feito de que cada Estado sexa soberano non impide que existan políticas fiscais redistributivas entre os Estados membros. Así que, mesmo no peor escenario, Galiza contaría cos recursos necesario para levar a cabo as políticas de benestar necesarias. En resumo, Galiza sería viábel, o que non o sería son os rescates multimillonarios á banca ou os grandes programas de armamento que o goberno central financia en parte cos impostos de todos os galegos e galegas.
Ana a que se debe a campaña de andar repartindo condóns aos novos, cre que é normal o gasto que realizou o seu partido nesa parvada en vez de invertir eses cartos en cousas máis importantes como doar ese diñeiro a comedores sociais? Un saúdo
Estou segura que as mozas e mozos non coinciden coa súa opinión . O importante sería que non tiveramos necesidade de comedores sociais, son un síntoma do grave problema de pobreza que existe na Galiza, son máis de 700.000 galegas e galegos que viven con menos de 600 euros ao mes. No BNG defendemos un Plan de loita contra a pobreza e a exclusión social.
¿De dónde sacas que Hacienda afirma que los gallegos pagamos 14.000 millones de euros y solo recibimos 7.000 siendo históricamente una comunidad autónoma receptora neta de fondos del Estado? Hay que ser un poco más fiable con las cosas que se dicen y no decir falsedades, por favor.
Son datos oficiais da Axencia Tributaria Española e dos orzamentos da Xunta de Galiza de 2014 -os últimos dispoñíbeis_.
Boas, vivo en Pontevedra e cada vez que escoito o das “cidades do cambio” pítanme as orellas. Non pode espabilar o BNG e dicir que a polvora leva tempo inventada?
Creo que esta é unha pregunta na que ti mesma respondes. Mais o cambio está xa en moitos concellos da man do BNG. Fagámolo agora na Galiza.
¿E posible obrigar as empresas que explotan os recursos en Galicia teñan as suas sedes sociais tamen para que tributen aquí?
Cunha facenda galega recadariamos aquí todos os impostos. Mais tamén podemos reclamar neste modelo que a xunta xestione o imposto de sociedades, significaría uns 1.000 millóns de euros máis cada ano. É posíbel e é necesario!
Por que Feijóo segue coa súa boa imaxe e de bo xestor pesar dos casos de corrupción (Baltar por exemplo) e coa débeda galega subindo cada día máis?
Feijóo foi un xestor nefasto e un presidente que nunca estivo ao servizo de Galiza. ë cómplice da financiación ilegal do PP e amparou todos os casos de corrupción do seu partido, desde Barberá a Baltar. O 25S temos a oportunidade de apostar pola honestidade e un goberno ao servizo do pobo galego da man do BNG.
Vese que no BNG houbo cambios (parece que bos) e hai unha nova imaxe e discurso, cres que terá efecto no curto ou no longo prazo?
Estamos nunha campaña na que moitas persoas nos dixeron que lles devolvemos esperanza e alegría para votar. Estou convencida de que a corrente de simpatía que espertamos nesta campaña será decisiva para empezar un tempo novo para Galiza.
Que che parece que as enquisas che dean un resultado tan pequeno mentres din que Feijóo terá maioría absoluta despois de todas as que fixo e co caso Baltar facéndolle sombra?
As enquisas non son a realidade. Nos últimos anos non acertan nada e estou convencida de que se hai unha participación masiva de persoas que queren cambio o 25S Feijóo non seguirá gobernando. Sobre o caso Baltar é a mostra da prepotencia e desprecio do PP pola democracia, a ética e a decencia política. Amparar a unha persoa que ofrece enchufes a cargo de emprego debería de ser delito. Baltar é a Rita Barberá de Feijóo, a pregunta clave é por que non lle pode pedir a dimisión?
Boa tarde, Ana. Quería preguntarche cal é a proposta do BNG para fomentar a vida no rural e evitar así o éxodo masivo dos xoves e o abandono de comarcas enteiras do interior de Galiza. Moitas grazas.
Para o rural defendemos apoiar a nosa base preodutiva, diversidcar e mellorar servizos públicos en relación coa emigración dirixiremos as nosas accións a un Plan Retorna que conte con liñas específicas para o retorno de investigador@s e tecnólog@s emigrados, mediante a subvención parcial e gradual do custo laboral. Tamén un programa de incorporación laboral en sectores estratéxicos, en empresas manufactureiras e industriais, e finalmente,contemplar apoio específico a través de capital risco para o emprendemento ou a creación de empresas por persoas retornadas, un programa de vivendas en aluguer e un programa de ampliación de estudos.
Moitas grazas polas preguntas, foi moi un pracer compartir con vós este espazo. Un abrazo forte!