Alex

La candidata de En Marea contestará a las preguntas de los internautas el viernes 17 a las 16.30 horas

1 Alexandra Fernández 17/06/2016 16:37

Boas tardes, xa andamos por aquí, lista para comezar. Graciñas polas vosas preguntas e agardo poder resolver todas as vosas dúbidas. Imos!

2 Jorge 17/06/2016 16:52

QUE PASARÁ FINALMENTE COA A-76?

Alexandra Fernández:

O obxetivo de En Marea é paralizar a A76 polo seu enorme impacto ambiental e cun gasto de 1.200 millóns de euros. É unha autovía que non se xustifica polo fluxo de vehículos que transitan e que a maiores pasaría por numeros lugares cun alto valor paisaxístico como a Ribeira Sacra(imposibilitaría a súa declaración como Patrimonio da UNESCO) ou a Enciña de Lastras. É unha obra que responde ao modelo de infraestructuras faraónicas que en lugar de dar respostas ás necesidades dos veciñxs serve para agrandar a carteira das grandes constructoras. Somos conscientes de que a área require da mellora de infraestructuras por iso propoñemos mellorar a rede de estradas nacionais. A maiores as nosas propostas en materia de infraestructuras é apostar pola elaboración dun plan estratéxico que vertebre o país para dar resposta ás necesidades de mobilidade da maioría no noso día a día.

3 LK 17/06/2016 16:54

Qué pasará esta vez co grupo parlamentario?

Alexandra Fernández:

Hai que recordar que foi o PP, PSOE e Cs os que bloqueron a decisión de constituírnos como grupo parlamentario. Confiamos en que desta volta, cunha nova correlación de forzas na Mesa do Congreso poidamos conseguir, desta vez sí, o que na pasada volta nos negaron.

4 Avanti 17/06/2016 17:03

¿Qué pensades da coalición Unidos Podemos?

Alexandra Fernández:

En Galicia levamos dende o 2012 con Age e despois coas mareas municipalistas apostando pola cooperación e a confluencia política para poder acabar coa ditadura da austeridade e a liquidación dos nosos dereitos e liberdades. Alegrámonos de que no resto do Estado miren cara Galicia e aposten polo camiño da unidade popular como fórmula para combater as políticas de afogamento social.

5 emilio 17/06/2016 17:20

O Psoe de Susana, Felipe, Elena Salgado, Griñan, Chaves, Caballero, Leiceaga, Sanchez, Corcuera...non quere pactar con PODEMOS-EN MAREA por iso interpuseron a C´S. Volverán a facer o mesmo o 26J e nas galegas. A burocracia do psoe vive mellor con Rajoy que con PODEMOS- EN MAREA. Nos Concellos pasa o mesmo se unen ao PP para boicotear a xestión o que pasa é que nos concellos o aparato non é tan "aparatoso" e podes xestionar.Nestas circunstancias ¿non é mellor denunciar abertamente esta situación e negarse a gobernar con esta dereita?

Alexandra Fernández:

Somos conscientes de que o PSOE é un dos piares do réxime do 78 e que ao longo da súa traxectoria foi incongruente cos seus idearios iniciais. Tamén sabemos que precisamos unha maioría parlamentaria de cambio para acabar coas políticas exterminadoras do PP. Por iso tendemos a man ao PSOE para que desta vez non se escude tras a súa cobardía. Coido que o PSOE ten que decidirse xa: convertirse no flotador das políticas de recortes e privatizacións do PP ou mirar cara a esquerda e recuperar o seu programa socialdemócrata como punto de encontro.

6 Jose 17/06/2016 17:28

Como sabes os empregados públicos e esepcialmente os profesionais da sanidade sufrimos dende hai uns anos recortes e sobrecarga de traballo:
1.Recortes na prestacion por incapacidade laboral.
2.Reduccion no salario e non perceción das pagas da totalidades das pagas extras dende o 2011.
3.Non contratacion de persoal sustituto para cubrir ausencias.
4. Reducción dos días libres por asuntos propios.
5. Sobrecarga de pacientes nas consultas.
6. Imposicion de obxectivos non consensuados polas xerencias de área etc
Polo tanto quixera saber a tua opinión ó respeto e as medidas que se apoiarían para recuperar todolos dereitos perdidos e recortados polos gobernos do PP en Madrid e en Galicia.
Grazas.

Alexandra Fernández:

O PP foi o alumno aplicado das políticas da Troika. En 2012 puxo en marcha o paquete de recortes que abriu as portas ao desmantelamento da sanidade pública. Creo que o relato que empregas dan boa mostra das súas consecuencias. Sen ir máis lonxe, aquí en Vigo, no hospital Álvaro Cunqueiro temos o exemplo de cara onde nos levan as políticas do PP. Todo isto co agravante dunha situación de crise onde os que menos teñen, máis pagan as consecuencias, por exemplo co copago dos medicamentos ou a restricción do acceso universal á sanidade. A nosa proposta e volver a recuperar unha sanidade pública e de calidade ampliando as partidas orzamentarias que recortou o PP e coa derogación do decreto sanitario de 2012.

7 Xan 17/06/2016 17:31

Ola, que estades facendo para evitar o carretaxe de votos que nesta vez se está dando no voto por corrreo?

Alexandra Fernández:

Nós como forza da oposición só podemos denuncialo ante a Xunta Electoral. Aproveito esta pregunta que me fas, que agradezo, para denunciar a falta de papeletas de En Marea nos envíos que se fan á xente que pide o voto por correo.

8 Hayekiano 17/06/2016 17:39

Buenas tardes, señora Fernández: Usted no tiene experiencia profesional y es posible que jamás haya creado un puesto de trabajo. ¿Por qué debo confiar en usted para dejar en sus manos la economía?

Alexandra Fernández:

Non creo que seña cuestión de que a vida laboral sexa o aval co que medir o compromiso político. Eu pertenzo á xeración das precarias que levamos encadeando contratos temporais. Sempre compaxinando a vida académica coa laboral. E a experiencia que saco diso é a de poder facer política dende unha realidade que coñezo e que non me resulta allea.

9 Alexandra Fernández 17/06/2016 17:45

Quedan máis de 70 preguntas en cola. Neste curto espacio de tempo, resultoume materialmente imposible dar resposta a todas. Pero agardo que teñamos tempo para charlar. Póñome ao voso dispor para plantexarme dúbidas, así que aproveito para emplazarvos mañá no encontro no Casco Vello de Vigo ás 11.30h. Unha aperta e agardo que o 26 de xuño as galegas poidamos decidilo todo. O cambio non hai quen o pare!