Encuentro con Alberto Núñez Feijoo
El candidato del PP a la Xunta de Galicia responderá a las preguntas de los internautas de La Voz el viernes 16 a partir de las 11:00 horas.
Bos días a todos e moitas grazas polo voso interese. Vou camiño dos Peares, unha parada moi especial para min nesta campaña. Tentarei responder a todas as preguntas que me sexa posible. Comezamos...
Cal é a súa proposta para a nosa paisaxe maltratada? Cómo pensa que pode conseguir eliminar as casas a ladrillo e as estruturas sen rematar? Qué proposta ten para evitar que sigamos facendo edificios de 4 pisos no centro de vilas de 2.000 habitantes (en regresión demográfica)?
Un dos fitos máis importantes desta lexislatura é a aprobación dunha nova Lei do Solo, que nos vai a permitir avanzar na protección da paisaxe e que, de feito, inclúe entre os seus obxectivos a necesidade de rematar as fachadas. Por poñerlle un exemplo concreto, temos unha colaboración co Colexio de Arquitectos para que elaboren unha guía para mellorar a integración das construcións na paisaxe. Ademais, por primeira vez en Galicia, están en vigor as Directrices de Ordenación do Territorial e o Plan do Litoral. En canto á planificación urbanística, é unha competencia dos concellos pero a Lei do Solo establece mecanismos para que o poida facer de forma máis áxil.
Por qué después de más de treinta años de PP en Galicia dice ud q los problemas de Galicia se crearon durante el bipartito?
Mis diferencias con muchas políticas llevadas a cabo por el bipartito son conocidas pero nunca he dicho que todos los problemas de la comunidad sean fruto de ellas. Hay problemas estructurales que arrastramos desde hace más tiempo y otros más recientes por causas diversas. En todo caso, sea cual sea el origen y la motivación, trato de abordarlos todos ellos en la medida de nuestras posibilidades. Sí creo que todos esos problemas no se van a poder abordar con un gobierno inestable como fue aquel. Y, por eso, lo que propongo es que Galicia continúe la excepción de estabilidad que es hoy en el conjunto de España.
Buenos días: ¿como cree que puede convencer al electorado para que no se quede en casa y vaya a votarle? Yo he realizado una miniencuesta de intención en un entorno muy heterogéneo y veo que los suyos se confían en que ya saldrá sin sus votos. Me permito sugerirle que lo que le dará votos es la claridad en el discurso , la verdad, la cercanía y la argumentación de que el programa de los otros es quitarle a usted y prometer la luna. Es decir , ¿somos tontos o que?...
Si hay algo que he repetido durante esta campaña es que no podemos dar las elecciones ni por perdidas ni por ganadas. Lograr un apoyo mayoritario es un reto difícil pero posible si los ciudadanos que quieren un gobierno estable, responsable e inconformista lo defienden con su voto el domingo electoral.
Trabajo en Turismo en Suiza . Galicia gusta pero no es posible conseguir paketes de viajes y al final hotel coche avion sale mas caro que ir a otra parte. Porque Galicia sigue a la cola?
Que Galicia gusta demóstrase no feito de que este ano esteamos recibindo máis visitantes que nunca na nosa historia. E iso ten que animarnos a seguir mellorando as nosas comunicacións para poder seguir facilitando que o mundo coñeza o noso potencial turístico así como social e económico. Non comparto as políticas que consisten en pecharnos as portas. E, por iso, tento que todas as nosas decisións políticas axuden a que Galicia se abra ao mundo.
¿ dónde se ha quedado su promesa de eliminar nº de parlamentarios y de chiringuitos públicos? Le recuerdo que rtvg tiene en plantilla 1.000 funcionarios y está superinflada, por ejemplo.
O plan de racionalización dos entes públicos supuxo a eliminación dun centenar respecto a 2009, e a inclusión de melloras de funcionamento nos restantes, tanto desde o punto de vista da eficiencia como da transparencia. E en canto á redución de parlamentarios, penso que debe facerse co consenso das forzas parlamentarias, e ata o de agora os grupos da oposición rexeitaron esta posibilidade.
D. ALBERTO vostede conincidira conmigo que en Galicia temos de todo, por que non o explotamos como dios manda, o decir todo digo todo. Que estamos esperando que no lo veñan explotar. Que opina vostede de eso, gracias.
Comparto totalmente a opinión de que Galicia ten un gran potencial e, de feito, nos últimos anos hai mostras dabondo de que temos capacidade para competir no mundo en moitos ámbitos. Os novos modelos que se van a fabricar en PSA Peugeot Citroen demostran que seguimos sendo unha referencia na automoción. Os novos pedidos nos estaleiros tanto de Vigo como de Ferrol acreditan que se confía nas nosas capacidades. O proxecto aeronáutico que se está a desenvolver en Lugo proba que podemos abrirnos a novos sectores produtivos e competir no ámbito da innovación. É sobradamente coñecido o noso potencial internacional no sector téxtil. Mellorou a situación da pesca, que hoxe ten un 12 % máis de cotas. Hai mellores perspectivas no lácteo, por exemplo, coa planta de transformación que este ano se vai a comezar a construír en Curtis. Exportamos máis viño que nunca e os produtos con denominación de orixe galega están cada vez máis recoñecidos no mercado internacional. Pero en calquera caso non debemos conformarnos e estes avances o que nos mostran é que aínda podemos acadar máis.
Si se baixaron as listas de espera no sergas, porque miña nai leva esperando 7 mes es por unha colonoscopia, y eu con cita preferente espero por unha endoscopia 5 meses e despois teño que esperar outros 5 meses para sabelo resultado?.
As listas de espera son hoxe as máis baixas desde que hai rexistros, pero iso lamentablemente non evita que haxa pacientes nunha situación que se lle fai longa. Traballamos para seguir reducindo as cifras ao máximo e, por exemplo, boa parte dos fondos adicionais que logramos este ano por ser rigorosos nas contas públicas destinámola a este eido. Porque sabemos que aínda non se cumpren todas expectativas, porque hai situacións de familias como a vosa que son mellorables, por iso ten que seguir sendo unha prioridade. Sinto a vosa espera e confío en que teñades o mellor trato posible porque temos uns excelentes profesionais na Sanidade Pública.
D. ALBERTO digame unha cousa vostede cree que pra gobernar 2.500.000 de Galegos son necesarios 314 concellos, non nos estaremos estorbando unhos os outros, por eso non vemos as cousas que temos que ver, he en consecuencia non avanzamos he mais gastamos o que non temos, que lle parece a vostede.
Coincido en que se traballa moito mellor unidos e, por iso, todas as axudas da Xunta priman os proxectos que os concellos levan a cabo con outro ou máis municipios. Ademais, despois de moitas décadas, en Galicia leváronse a cabo dous procesos de fusión voluntaria de concellos. En todo caso, se fusionen ou non, en moitos ámbitos os municipios deberían funcionar como un.
Que pode decir acerca do evidente declive que sufren os sectores da leite e da pesca? Considera que as actuales conselleiras son as mellores para eses cargos? O Goberno nacional non pode facer mais presión en Europa? En definitiva, está contento ca labor da Xunta dos últimos anos?
No lácteo, acaba de abrirse unha nova posibilidade coa planta de transformación que se vai a construír en Curtis con capacidade para asumir case 1 de cada 4 litros de leite que se producen en Galicia. En calquera caso, compartimos a preocupación co sector leiteiro pola evolución dos prezos e, por iso, cada explotación recibiu de media unha axuda de 15.000 euros o pasado ano. En canto ao mar, as cotas pesqueiras son hoxe un 12 % máis que ao comezo da lexislatura e teñen un 55% máis de valor. Pero tanto no lácteo como no sector da pesca, temos que seguir esforzándonos por mellorar as condicións, abrirnos a novas posibilidades e chegar a unha situación máis esperanzadora como se acadou noutros ámbitos, como a automoción ou o naval.
D. ALBERTO seguindo coa baixa natalidad de Galicia, he Lugo con 350.000 habitanes he OUrense chegando os 300.000, vostede non cree que seria ben xuntas as duas provincias, pra competir con La Coruña y Pontevedra xa que son elas as que se laven sempre EL GATO al agua financieramente falando que nestes tempos he o idioma que triunfa, vostede que opina.
Somos conscientes de que ningunha muller ou home decide ter un fillo polas axudas que lle garante o seu goberno, pero as familias que tomen esa decisión teñen que saber que hoxe en Galicia hai un goberno que os vai apoiar ao máximo das súas posibilidades. Hoxe, a nosa comunidade é a que máis axuda ás familias con fillos, que teñen á súa disposición, por exemplo, unha Tarxeta Benvida de 100 euros ao mes para os gastos de manutención do bebé, prazas públicas de gardería que nunca antes –é a primeira vez que superamos as recomendacións da UE- e distintas opcións para poder conciliar a vida familiar e laboral. Para nós, é unha prioridade e imos a seguir con ela. Por iso, ademais de seguir incrementando as prazas públicas de escolas infantís , tamén propoñemos manter a Tarxeta Benvida toda a lexislatura e estendela ata os tres anos para as familias con menor capacidade adquisitiva. Confiemos en que estas medidas axuden ao obxectivo que vostede propón, sen ter que levar a cabo a súa proposta, que non sei eu o que pensarían nunha e noutra provincia ;)
Os incendiarios que levan o mechero e os utensilios e que son pillados están moi pouco penados. Só se penan mellor se en lugar de pillalos se descobre que ardeu un determinado número de metros elevado aínda sabendo que ían atacar con malicia. Vostede podería propoñer que os que o fagan adrede non dependan dun número de metros ou hectáreas?
O principal problema que ten a Xustiza é a dificultade de poder acreditar a actividade incendiaria dunha determinada persoa ou persoas. Téñense dado pasos nesta área, como o agravamento das penas ou o persoamento da Xunta nas causas. Pero si é verdade que resulta moitas veces frustrante para a inmensa maioría dos galegos que non toleramos esta acción criminal. En calquera caso, a colaboración cidadá segue sendo fundamental para poder acurtar as posibilidades de que os incendiarios queimen os montes.
¿Por qué ocultou as siglas PP do seu partido da propaganda electoral? Avergónzase de pertencer a él, ou é unha forma de aferrarse ó poder, porque sospeita que lle vai perxudicar a súa militancia da que despois din estar tan orgullosos?
Non creo que haxa moitos galegos que non saiban por que partido me presento. Resúltame curioso que as críticas poidan vir de partidos que directamente cambiaron o seu nome nestas eleccións, como Podemos. Ou de partidos que, non é que poñan máis grande ou máis pequeno un logotipo, senón que directamente ocultan a persoa á que apoiarían na Presidencia nun pacto multipartito.
Moitas grazas a todos polo voso interese. Tamén moitas grazas aos traballadores da edición dixital de La Voz de Galicia. Estou á vosa disposición para próximas ocasións. Entramos na recta final da campaña e quero animarvos a todos a que vaiades a votar o próximo domingo 25 de setembro. Anímovos a consultar o noso programa en www.feijoo.gal. Temos que acadar entre todos que Galicia continúe avanzando unida, con estabilidade e responsabilidade, xa desde o día seguinte ás eleccións. Unha aperta.