Agustinfernandez 1h

El candidato del PSdeG a la alcaldía de Pontevedra responderá a las preguntas de los internautas el miércoles 20 a las 18 horas

1 Agustín Fernández 20/05/2015 18:00

Un saúdo afectuoso aos lectores de La Voz

2 Jaime García 20/05/2015 18:04

Según el periodista Eugenio Giráldez los socialistas de Pontevedra no tienen el reconocimiento ciudadano que merecen, ya que han hecho grandes proyectos, obras y programas en lasa áreas que han gobernado durante tres legislaturas, ¿considera afirmativa esta apreciación?

Agustín Fernández:

Efectivamente, durante os tres últimos mandatos os socialistas colaboramos de xeito trascendental na transformación de Pontevedra. Obras urbanas como A Seca, Salgueiriños, San Antoniño, casco histórico ou máis recentemente avenida de Lugo, Fontesanta, Santa Clara levan o selo socialista, sen esquecernos do casco histórico. Pero tamén axudamos á transformación no eido das persoas, comedores escolares, Plan Madruga, ludotecas, espazos naturais protexidos... son obra dos socialistas. A aportación dos socialistas é, así, básica para entender a mellora da calidade de vida dos pontevedreses.

3 A.G.L. 20/05/2015 18:08

Cual es su propuesta para crear empleo?

Agustín Fernández:

Nós levamos una proposta que é condicoinar 2,2 millóns de euros nos orzamentos cada ano para investilos na reactivación económica. Subvencionando as contratacións de desempregados naquelas empresas que non tiveran despedido a ninguén no ano anterior, duplicando a partida para plans de emprego, creando una caixa de investimento local que sirva de aval aos novos emprendedores, axudando economicamente ás empresas de I+D+i, axudas directas para a modernización do comercio local e a creación dun observatorio local de emprego son medidas claras e concretas de aplicación inmediata. Por outra banda, compre un novo PXOM que debuxe os espazos adicados a solo industrial e comercial de cara a ofertalo a aquelas empresas que se queran instalar en Pontevedra.

4 Nicolas 20/05/2015 18:12

por que insiste en atacar a los que han sido sus socios durante doce años??

Agustín Fernández:

Ao longo deste mandato os nacionalistas amosaron uhna importante dose de deslealdade ao pacto de goberno. A pesares deso, os socialistas entendemos que a estabilidade do goberno era fundamental para Pontevedra nuns tempos de crise económica e mesmo social. Non fomos os socialistas os que pactamos con Louzán ocurrencias como as da planta de residuos ou os que se agocharon no tema dos sobrecustes de Pasarón. O Partido Socialista sempre foi leal ao pacto e cumpriuno escrupulosamente. As explicacións deberían dalas os nacionalistas, quen reiteradamente se dedicaron a erosionar a confianza, botándose en mans da dereita máis caciquil da provincia de Pontevedra, representada polo señor Louzán

5 José Luis P. 20/05/2015 18:16

Dos de sus apoyos en esta campaña, Besteiro, y Pepe Blanco, han destacado la importancia que tendría la plaza de Pontevedra para lograr la Diputación. ¿A qué cree que se debe la bajada de votos de los socialistas respecto a otras cifras electorales?

Agustín Fernández:

No ano 2011 sufrimos un forte revés electoral, pero estamos convencidos de que estas eleccións serán as da recuperación da confianza entre os electores da esquerda, polo que esperamos acadar un mellor resultado do obtido hai catro anos. Penso que estas eleccións serán as que suporán a práctica desaparición do BNG no concerto galego e una importante baixada do Partido Popular tamén en Pontevedra

6 María Fontoira 20/05/2015 18:17

¿Volvería a pactar con el Bloque?

Agustín Fernández:

Nestes intres só pensamos en acadar a mayoría suficiente para gobernar. En todo caso será o BNG quen terá que pensar en pactar con nós

7 Xosé L. 20/05/2015 18:18

Dimitirá se consigue peores resultados que Antón Louro hai catro anos?

Agustín Fernández:

Comprenderá vostede que un candidato nunca pensa en sacar peores resultados que o seu predecesor

8 Xosé L. 20/05/2015 18:20

Por que non logra despegar o PSOE nas enquisas en Pontevedra cando si o fai en Vilagarcía e en Vigo?

Agustín Fernández:

As realidades políticas de cidades como Vilagarcía e Vigo son moi diferentes á de Pontevedra. En ambas cidades temos ou tivemos a alcaldía, cousa que non sucedeu en Pontevedra. Non quero obviar a realidade de que as diverxencias que existiron noutros tempos no seo do partido tampouco axudaron a consolidar unha proposta gañadora. Nestes intres a situación é moito máis positiva, e cremos que estamos poñendo as bases para que no futuro o Partido Socialista sexa o gran referente da esquerda de Pontevedra.

9 Ana Gómez Pereiro 20/05/2015 18:24

Dijo en una entrevista hace poco que es fan de Springsteen y John Lee Hooker, ¿algún referente musical más cercano?

Agustín Fernández:

Do panorama musical español inclínome por Loquillo e un grupo xa desaparecido que se chamaba La Trampa. En xeral, por todo aquello que se chamou "a movida". Javier Ojeda, de Danza Invisible, é a mellor voz de pop español de todos os tempos. Fóra de España, aparte de Springsteen, Bob Dylan, por suposto, e Tom Waits, un poeta enorme.

10 Rosa M. Varela 20/05/2015 18:28

Si es alcalde que hará con el hospital unico de la xunta?

Agustín Fernández:

¿Que hospital? Agora en serio: se son alcalde sentarei inmediatamente coa Xunta para retomar o proxecto de Montecelo, porque é o único sensato e coherente. O outro foi unha ocorrencia desgrazada de alguén que quixo desviar a atención. En Montecelo xa se fixo no seu momento un investimento por riba dos 60 millóns de euros que non podemos desperdiciar. A ampliación de Montecelo permitiríanos dedicar o Hospital Provincial a gran centro de especialidades de Pontevedra (consultas externas), centro de crónicos e convertir Mollabao no centro de saúde da zona sur de Pontevedra.

11 Toni Xesteiro 20/05/2015 18:32

Como concejal de Deportes, mójese, cómo va a quedar el Pontevedra?

Agustín Fernández:

Ascenderá, sen dúbida. Hai una gran plantilla e una gran afición que vai empuxar para que este sexa o ano de ascenso e completar así una magnifica temporada dos equipos de Pontevedra.

12 Ana Lois 20/05/2015 18:42

Haga una porra para el 24M, ¿cómo va a quedar el concello?

Agustín Fernández:

Son moi malo facendo pronósticos. Esperemos ao día 24 para saber realmente que vai pasar. Sen embargo, canto mellor lle vaia ao Partido Socialista, mellor lle irá a Pontevedra, e non é una afirmación baleira: a historia do democracia o demostra.

13 Laura Argibay 20/05/2015 18:51

¿Qué aporta a la lista Ivan puentes, una persona que no conoce pontevedra? No se puede comparar con Telmo, al que ustedes siempre reprocharon su falta de vinculación con la ciudad?

Agustín Fernández:

Iván leva catro anos vivindo en Pontevedra e exercendo como profesor universitario na Facultade de Ciencias Sociais. Está ademáis implicado nos movementos máis dinámicos da cidade dende que chegou aquí. Aporta o valor da xunventude (ten 35 anos), xunto coa experiencia de ter sido alcalde de Fene. De tódolos xeitos, se para ir nunha lista hai que ser natural dun concello, lémbrolle que o señor Fernández Ñores é de Vilalonga e o señor Moreira é de Santiago de Compostela. Eu, pola contra, son de Salcedo.

14 Alfonso Marcos 20/05/2015 18:57

¿Cal é a proposta do PSOE para recuperar o patrimonio da cidade histórica, además do que se poida facer dende o ARI? ¿Vanse tomar medidas para que os propietarios dos edificios catalogados os arranxen e conserven?

Agustín Fernández:

O Partido Socialista xa contribuiu decisivamente á conservación do patrimonio histórico, como por exemplo coa construción do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Ademais, fomos responsables da iluminación suntuaria da Basílica de Santa María e da iluminación da praza da Ferrería e o convento de San Francisco. A aprobación do ARI non é, nin de lonxe, unha cuestión superficial. Pense vostede que é a única oportunidade de obter subvencións para a rehabiltación de edificios e de vivendas do centro histórico. Lamentablemente, o Partido Popular paralizouno durante os últimos dous anos. Ten vostede razón en que debemos adoptar medidas para que tamén os propietarios arranxen as súas vivendas, en principio dende o convencemento, pero sen esquecer a posibilidade de aplicar os medios legais ao noso alcance. FInalmente, Patrimonio da Xunta ten tamén un papel moi importante que xogar, non limitarse unicamente a facer informes.

15 lavoz24M 20/05/2015 18:57

Envía tus preguntas a @tinoafg, candidato del @PSdeG en Pontevedra http://t.co/iF5HUNQHpw Usa el hashtag #preguntaagustinfernandez

16 Agustín Fernández 20/05/2015 19:00

O día 24 os pontevedreses e pontevedresas deberán elixir entre opción que representan e falan do pasado, que se presentan ás eleccións sen proxecto ou sometidos á obediencia de Santiago e o Partido Socialista, que presenta un proxecto renovado, ambicioso, xoven e dinámico, e aporta ademáis a experiencia da mellor xestión que se ten feito durante este mandato.