Pobrabng

El candidato del BNG de Rianxo responderá a los lectores el martes, día 19, a partir de las 11.00 horas

1 Adolfo 19/05/2015 11:00

Ola, moi bon día a todos e todas. Aquí estamos na Voz de Galicia para contestar ás preguntas que vaian chegando. Son Adolfo Muíños, candidato á Alcaldía de Rianxo.

2 feli 19/05/2015 11:03

Si gana as eleccions vai asfaltar a rua dos loureiros.

Adolfo:

Á rúa Loureiros correspóndelle un novo formigonado, máis acorde coa zona do casco na que se insire e co que xa ten de base. Máis que asfalto penso novo formigonado semellante á rúa Hospital, polo menos no seu primeiro tramo.

3 Feranando Barallobre 19/05/2015 11:07

Que fara cos vertidos que fan no paseo xa que o cheiro non se aguanta por culpa das conserveiras por que nas moven a poligono

Adolfo:

Debemos ser cada vez máis esixentes coas empresas, para que cumplan os parámetros de verquido, sen esquecer que son das poucas que xeran traballo estábel no concello. Dito isto, conectadas como están á rede xeral de sumidoiros deberían realizar investimentos para minoralos ou reducilos ao mínimo. E oxalá as súas demandas futuras de ampliación lles obrigasen a ir ao polígono. Sería bo para todos en todos os sentidos: ambientalmente, máis postos de traballo...

4 francisco 19/05/2015 11:08

cando estara listo oplan urbanistico

Adolfo:

Entendo unha vez aprobado inicialmente o horizonte deste ano, sempre que non haxa retrasos de última hora por informes ou outras dificuldades.

5 Alberto 19/05/2015 11:11

¿Entra dentro dos seus plans tratar de conseguir que a casa de Castelao sexa un ben público?

Adolfo:

Sempre está nos plans, mais como edificio privado isto pasa co acordo dos seus propietarios, e non só, tamén entendo que é necesaria a implicación de todas as administracións para non só comprala, senón restaurala, equipala e mantela aberta. Non é só unha casa para Rianxo, é unha casa para un país. Coa de Rosalía a casa dun persoeiro máis importante de Galicia. Teño feitos todos os contactos e xestos posíbeis coa familia buscando ese acordo.

6 María Xosé 19/05/2015 11:14

¿Considera un fracaso non ter logrado sacar adiante o plan urbanístico neste mandato?

Adolfo:

Fracaso é se estivese cons brazos cruzados. Aprobado xa inicialmente pola Xunta de Galicia actual, cos seus parabéns pola proposta, coas alegacións presentadas cun prazo que triplicou o que sinala a lei, considero que se seguiu unha actuación impecábel e rigorosa, pensemos que outros concellos tardan até tres mandatos e nós praticamente deixamos o plan nunha situación óptima para levalo á Xunta definitivamente.

7 Antía Pérez 19/05/2015 11:20

¿Que grandes obras bota en falla en Rianxo? ¿Por que cre que non foi quen de conseguilas?

Adolfo:

Fai falla sobre todo que se faga xustiza con Rianxo. Que non teña menos que o que lle corresponde por poboación: sobre todo un centro de día para os maiores e rematar outras actuacións de saneamento comprometidas e dentro dos orzamentos da Xunta como o tanque de tormentas, novo colector desde Rinlo, ampliar depuradora, remate dos saneamentos de Isorna e Leiro (tramos inconclusos), nave municipal no polígono... Pero senón chegan algúns deles se está valorando outras maneiras que pasan pola xestión propia desde o Concello, para o que precisabámos ser autónomos económicamente. Fomos indo cara ahí e iremos estando en condicións de asumir nós eses custes.

8 Ramón M. C 19/05/2015 11:22

Rianxo ten un amplo movemento artístico e cultural, ¿ve factible impulsar dende o Concello unha empresa de eido cultural?

Adolfo:

Entendo que é labor do Concello apoiar ou asesorar mais é o promotor privado o que debe xerar isto. E labor do Concello dar facilidades e apostar polo local. O dinamismo de Rianxo no eido cultural é evidente e sería positivo que saira tamén ese tipo de empresas de xestión cultural.

9 rafael varela 19/05/2015 11:26

Promoverä ou confirmará durante esta lexislatura, o centro estable para a escola de música?

Adolfo:

Coa Escola de Música e en xeral moitos outros colectivos penso foi unha relación inmellorábel, coa cesión de varios espazos case en exclusiva para o seu labor. De que se poida acometer algunha actuación noutros equipamentos dependerá que a Escola poida ir mellorando a súa ubicación e equipamentos para unha entidade que funciona case como un pequeno conservatorio na nosa localidade e que valoramos sobremaneira.

10 María (Taragoña) 19/05/2015 11:34

Boas Adolfo; nas anteriores eleccións depositei o meu voto na túa persoa. Despois destes 4 anos vexo Rianxo como un municipio bastante inmóbil; entendo que as administracións non están apoiando, pero con respecto ao dinamismo da vila vexoo moi apagado. En Rianxo nunca hai mocidade nas rúas, os mozos marchan a vivir e traballar a outras vilas e non vexo que sea un foco de dinamismo, actividades e xuventude como si o son Ribeira ou Boiro.
Como vas solucionar ou cambiar esto?

Adolfo:

Non é doado responder que é o que pasa, nin dar coa solución que seguro ten múltiples causantes e solucións varias. Se o tema é o urbanismo agardemos o PXOM sirva para dinamizar a construcción. Se é o emprego, temos o polígono con incentivos para a instalación de empresas. Mais ten que haber quen emprenda. Desde o concello dicir que sí se apoia, son moi poucas as iniciativas sociais que non teñan en maior ou menor medida apoio do concello, deportivas, culturais, recreativas, mesmo empresariais. O que non podemos é suplantar á iniciativa privada que é un piar fundamental. E tamén vexo en Boiro ou en Ribeira locais que pechan, negocios que non funcionan ou nin a movida é o que era. En Rianxo un motor como a pesca ou o marisqueo están nun momento difícil. Agora non imos conseguir nada dicindo que está morto, temos que xuntarnos, compartir e impulsar cousas xuntos. Laiándonos non imos facer nada.

11 sergio 19/05/2015 11:36

como anda o plan urbanistico

Adolfo:

Neste momento se están recibindo a maior parte dos informes doutras administracións. Con eles se poderán ir resolvendo as alegacións, incorporando a maior parte delas e ao longo deste ano tentar levalo á súa aprobación definitiva.

12 Lola 19/05/2015 11:43

¿Pensa seguir apostando pola cultura como fixo nos últimos anos?

Adolfo:

Para o BNG é fundamental a aposta pola cultura, cremos nela porque nos fai mellores como persoas e como dinamizadora tamén da economía, ou o turismo. A cultura é entendida como recuperación do patrimonio artístico, histórico, ambiental e natural para amosar o moito que temos que ensinar. E Rianxo debe ser un referente comarcal e galego na súa preservación, no potenciamento da rede de museos de Rianxo, ( en especial atención inmediata na casa de Rafael Dieste) na propia actividade que se xenera no concello desde o auditorio ou os centros parroquiais. Pero non nos conformamos nunca se fai abondo neste xeito e compre seguir a traballar colaborando máis cos moitos colectivos de Rianxo.

13 Sabela 19/05/2015 11:48

¿Cal é o pilar do seu programa electoral?

Adolfo:

O piar é aproveitar o mellor estado da nosa economía para poñela en servizo da xente. Unha vez chegamos a un nivel de débeda asumíbel, arredor do 20% a finais deste ano, debemos poñer os orzamentos municipais a intervir na mellora da rede de estradas municipais, en ampliar os servizos sociais, en dinamizar o polígono empresarial, na mellora xeral das instalacións educativas e recreativas dos máis cativos, tamén unha zona deportiva nova a carón do auditorio, o sanemaneto de novos núcleos, etc. Despois de pagar un millón de euros cada ano poder utilizalos agora para materializar o programa que presentamos.

14 Arturo C. 19/05/2015 11:54

A pasada lexislatura foi critico coa labor que fai Arousa Norte, e sen embargo cando foi o presidente non tomou ningunha medida. ¿Que ten pensado facer si sae de novo alcalde?

Adolfo:

Arousa Norte só se pode modificar se existe un amplo consenso político para cambiala. E ese consenso non existía evidentemente polo que o meu papel foi o de respectar o funcionamento actual para que unha futura composición das alcaldías e dos concellos permita abrir un debate sobre ela.

15 José (Asados) 19/05/2015 12:00

É posible facer de Rianxo algo como Allariz? que deixe de ser un pobo semi morto e que pase a ter vida.

Adolfo:

Cada localidade debe seguir o seu propio camiño. Pero vexo que Rianxo ten moitas posibilidades polo mar, pola súa paisaxe, pola súa historia, pola natureza, polo patrimonio... Todos debemos sumar, desde administracións a colectivos e empresarios. Pero nolo temos que crer e non repetirnos até a saciedade está morto até que nos convencemos diso, xuntarnos e oferecer Rianxo ao visitante e ao que aquí vive. En Rianxo pasan moitas cousas, máis das que parecen e o digo porque me tocou vivir en moitos lugares e se isto está morto non vos conto outras experiencias vitais... Mais non nos conformemos e tiremos para adiante con optimismo.