El responsable de migración de la CIG manifestó que el neoliberalismo es el responsable de la crisis económica de Argentina
Argentina se sume en el caos. El pueblo ha tomado las
calles, los saqueos están a la orden del día, el Gobierno de
De la Rúa ha dimitido y no hay señales de reactivación
económica. Con la crisis, el sueño de la emigración gallega
se desvanece en el aire al mismo tiempo que el abismo se
abre bajo sus pies. Lois Pérez Leira, responsable de
Migración de la CIG, charló sobre este tema con los lectores
de La Voz de Galicia.
Bos días a todos/as os internautas, Para mín é un prace entrar en contacto con todos vos, co obxectivo de poder falar sobre a grave situación que padece a Arxentina e, polo que vexo nas preguntas, sobre os dereitos que teñen os nosos emigrantes galegos na Arxentina. Antes de entrar en tema, quero sinalar, en primer lugar que quen está a falar non é arxentino como di a presentación, sinon un galego que marchou de moi pequeno, exactamente en 1954, levado por seus pais e donde vivin 35 anos da miña vida. Neste país me criei, me formei, tiven meus amigos e teño moitisimos recordos poa cual sinto a Arxentina como meu propio país. Por outra banda, tamén quero aclarar que a miña responsabilidade sindical é de coordinador nacional do departamento de Migración da CIG. Con esta presentación, e esta aclaración, me ponho a vosa disposición para este debate.
¿Cree usted que las medidas tomadas por el nuevo presidente argentino sean realmente efectivas?
En relación a esta pregunta, é moi difícil dar unha resposta xa que o novo presidente, Adolfo Rodríguez Saá, acaba de acceder ó goberno provisional e as medidas urxentes que acordou están orientadas a dar unha solución urxente ó clima de dramatismo e violencia que se viveu en Bos Aires. As primeiras medidas teñen aspectos positivos e aspectos preocupantes. Coido que é positiva a decisión de conxelar o pago da deuda externa. Tamén son positivos algúns nombramentos, como o do ministro de Xustiza, Alberto Zuppi, quen anunciou que dará marcha atrás co decreto do ex-presidente que prohibía extraditar os militares acusados de violación de dereitos humans. Por outra banda, tamén nomeou a ex-funcionarios vinculados coa represión durante a dictadura de Videla. As primeiras decisións, de carácter dialogante, están máis orientadas a perpetuarse ate o 2003 que a ser un presidente por dous meses.
Ante tamaña desfeita social e económica, ¿onde está a esquerda (socialista, comunista...) arxentina?
A situación patetizase con cifras que falan de que diariamente morren case cen rapaces por motivos evitables. Que no país hai cada día 8.260 novos pobres e que neste momento 16 millóns de persoas (o 45 % da poboación total do país) está debaixo da liña da pobreza. Teño que sinalar que este modelo económico comenzou a aplicarse durante a dictadura militar que significou o asesinato de máis de 30.000 loitadores sociales. Con este xenocidio puideron aplicar este modelo. Tras varias décadas de políticas neoliberales, os sectores populares comenzaron unha lenta resistencia que culminou coa patriótica movilización de todo o pobo contra a política de De la Rua e Cavallo. Días antes o Frente Nacional contra a Pobreza lograba máis de 3 millóns de votos solicitando un subsidio de desemprego de 380 $ para cabeza de familia sin emprego. A esquerda hoxe está na movilización social e na construcción dunha alternativa política a este modelo
Es justo que Menem se presente de nuevo como candidato a la Presidencia, siendo él y Cavallo los responsables máximos de la actual crisis argentina
En un sistema de´mocrático, todos teñen dereito a participación plítica. Neste caso, Menem está inhabilitado nestas próximas eleccións segúm marca a Constitución, non así no 2003. Outra cousa é a responsabilidade que lles toca a Menem, De la Rua e Cavallo pola sua responsabilidade nas políticas económicas que significaron a destrucción e a pobreza deste país. Porque as políticas neoliberais aplicadas por estes inmorais políticos significaron un novo xenocidio económico. Por este motivo, o pobo arxentino terá que instrumentar as medidas necesarias para que esta clase de personas non podan acceder máis a responsabilidades de goberno. E terá que ser co voto e, se fora necesario, coa xustiza, como deben combaterse actitudes que ate agora permanecían na plena impunidade. Neste momento o ex-presidente De la Rua e Cavallo terían que dar conta ante a Xustiza polos máis de 30 arxentinos asesinados estes días.
neoliberalismo,culpable de la crisis
O neoliberalismo, evidentemente e o máximo responsavel da crise económica arxentina, de América Latina, e de case 3/4 partes da humanidade. As recetas do FMI significaron a pobreza xeneralizada, as deudas externas dos países dependentes son as novas formas de dependencia que adoptou o imperialismo norteamericano para dominar os países subdesenrolados. Antigamente, falabannos de que o problema era o enfrentamento entre o Este e o Oeste. Cando se acabou o fantasma do comunismo, EEUU pasou a ser a potencia hexemónica dominante. E demostrou nos últimos anos o rostro máis feroz da sua ideoloxía. Este capitalismo globalizante fracasou porque non puido resolver os graves problemas da humanidade. Cada vez hai máis pobres, cada vez, centos de millóns de persoas deambulan polo mundo na busca dun traballo, ou escapan da guerra. Mentres que África se desangra polo Sida e os yanquis se converten nos donos do mundo, amos de vidas e de enseres. !Que tremendo¡
Cree que habrá finalmente elecciones el 3 de marzo
Según as últimas noticias, o actual presidente, Rodríguez Saá, estaría intentando alongar o seu mandato ata o 2003. Neste sentido, seu irmán estaría buscando as apoiaturas políticas para lograr este obxectivo. Incluso as medidas anunciadas de goberno, están orientadas neste sentido. Eu creo persoalmente que o mellor escenario sería que rematara este período ata o 2003 para darlle tempo a forzas políticas para presentar unha alternativa a este modelo económico. O que sí creo é que se isto fora así, este goberno tería que implementar urxentemente o subsidio de desemprego solicitado pola central dos traballadores arxentinos, tería que liberar os presos políticos e sociales, e permitir a extradición dos responsables do xenocidio e terrorismo de Estado neste país.
Aznar se ha olvidado de los emigrantes
Eu creo que Aznar e o seu goberno están máis preocupados polos intereses españoles na Arxentina, que son as multinacionais que na última década invirtiron 30.000 millóns de dolares e que actuaron con actitudes leoninas contra os intereses deste país. Eles tamén son responsables desta crisis por avalar este tipo de políticas económicas. Aznar e o propio ex-presidente Felipe González, lonxe de preocuparse pola situación dos nosos emigrantes, simplemente fixeron declaracións de preocupación ante a posibilidade de que esta crise afectara a economía española
La corrupción es el peor enemigo de Argentina ¿lo será siempre?
A corrupción política é consecuencia dun inmoral sistema económico. Sistema perverso que senta as bases para que todo sexa corrupto. Pero o problema do país é que ten problemas de carácter estructural que ten as suas raices na propia colonización, a partir dun reparto das terras baixo o modelo prusiano que determinou a concentración da terra en grandes latifundistas; e por outra banda, o carácter dependente da sua economía. Primeiro en relación os ingleses, despois os norteamericanos e agora coa aparición "triunfal" do novo imperio español. Dito todo esto, quero sinalar que a corrupción é unha consecuencia da estructura económica de Arxentina que determina unha superestructura en crise, tanto no marco moral, político e ideolóxico. É necesario xenerar unha alternativa que cambie de raices o modelo e que poida ilusionar novamente o povo arxentino.
Y Galicia, ¿qué puede o qué debe hacer ahora? ¿Favorecer el retorno de los hijos y nietos de los emigrantes?
Eu creo que Galicia, seu goberno, e os concellos deberían ter unha política que garanta o retorno digno dos seus emigrantes e os seus descendentes. A pesar delo, tanto o goberno central coma a Xunta non comprenderon, ou non quixeron comprender, que a nosa emigración en América está a pasar por momentos difíciles e que como marca a propia Constitución española se ten que garantir o retorno de todos aqueles que libremente o decidan. Este retorno ten que estar acompañado de medidas, programas e os presupostos necesarios que garantan a plena integración social e económica destes retornados. A pesar desta situación, a Xunta carece de programas neste sentido, dificultando as posibilidades de que os nosos emigrantes atopen a información necesaria antes de sair do país receptor e posteriormente cando chegan a Galicia. O novo conselleiro de Emigración tería que tomar nota desta necesidad e implementar urxentemente medidas destinadas a este colectivo.
Cómo cree que reaccionarán a medio plazo los emigrantes gallegos ante este panorama
Os nosos emigrantes en Arxentina seguramente que optarán, en moitos casos, pola posibilidade de retornar ó noso páís. A actual crise e os recentes sucesos acelerarán a decisión de miles de galegos que, por distintos motivos (económicos, inseguridade, etcétera)optarán por trasladarse a Galicia. No último ano, o noso departamento en Vigo atendeu a cinco familias arxentinas ó día e recibimos case 5.000 correos electrónicos pidindo información para trasladarse ó noso país. Ante esta situación é necesario que as distintas administracións se comprometan a facilitar o retorno.
Porqué el partido Popular no Trata en el Congreso de Diputados la Reforma a la Ley de Nacionalidad, que ese mismo partido presento en Marzo y aún duerme sinser tratada?? Acaso era solo una propuesta para conseguir el Voto de la Emigración
O PP, que leva case 6 anos de goberno comprometeuse ante o Consello Xeral de Emigración a implementar en cen días unha política de Estado para emigración. Teño que decir que en estes seis anos, o partido que goberna, e agora con maioría absoluta, non cumpliu coa sua promesa e non levou nengunha proposta ó Parlamento español. E cando os partidos da oposición facían algún tipo de proposta parlamentar o partido de goberno a rexeitaba sistemáticamente. Ante a presión da nosa emigración, o PP levou unha proposta de modificación do código civil en relación á nacionalidade. A pesar das promesas de que entraría neste mes en estado parlamentar, esta proposta sigue sin ser debatida.
Soy nieto de gallegos; mi hermano menor tiene la ciudadanía española, pero yo no la tengo pues cuando mi padre consiguió los documentos necesarios y ejerció la opción, yo tenía más de 21 años. ¿Tengo alguna posibilidad de adoptarla? JG-Bs.Aires
Nesta resposta quisiera abarcar as distintas inquietudes acerca da modificación da normativa que rixe a nacionalidade. Según o texto presentado polo partido de goberno, os fillos de pai e nai españoles poderán acceder a nacionalidade sen límite de idade o discriminación de sexo. Existe un compromiso público dos responsables de política migratoria do PP de que esta normativa se amplie, a través de unha transitoria, hasta os netos de emigrantes. En todo caso, as propostas de lei se saben como entran no Parlamento pero nunca como saen. Partindo do compromiso, ata agora incumplido por parte do PP, de que no mes de xaneiro se poida debatir no Congreso, en abril ou maio do 2002 poderíamos ter en pleno funcionamiento a nova normativa.
ante unas posibles ayudas (que yo no he encontrado) como debería volver un emigrante mayor de 60 años. Es decir, tendría que venir repatriado o por sus propios medios. Y los muebles y recuerdos de toda una vida pueden tienen ayudas para traelos
Ante esta pregunta, e outras máis que están facendo os internautas, querolles comentar que a nosa central sindical ten varias oficinas especializadas en informar ós emigrantes retornados sobre os seus dereitos. Tamén o ministerio de Traballo conta cunha guía práctica para o retorno donde conten todos os programas destinados os nosos emigrantes. Para que a administración vos considere retornados teñen que traer a baixa consular, que é un trámite sinxelo e rápido, unha certificación de traballo por máis de seis meses no país receptor e o pasaporte español. En caso de que o emigrante carezca de recursos ou estea na indixencia, existen programas de repatriación que teñen que ser consultados nos consulados ou agregadurías laborais que de xeito coordinado coa Xunta teñen que auxiliar a dito emigrante.
que opina de los brotes de xenofobia que se estan empezando a formar por la cantidad de argentinos que va a venir a Galicia
Eu non creo que haxa ningún tipo de brote de xenofobia pola chegada de arxentinos. Galicia e o seu pobo teñen un talante aberto, unha historia emigrante e polo tanto eu creo que debe estar vacinada contra este mal que se chama racismo ou xenofobia. Eso non quita que poidan existir actitudes puntuais de intolerancia, pero non é un problema xeneralizado. Muito vai a evitar este tipo de situacións na medida en que as distintas administracións ou partidos políticos, ou a sociedade no seu conxunto, comprendan esta nova situación que vive a humanidade. E que se lembren que ainda viven máis de un millón e medio de galegos no exterior. E que naquel fermoso país que se chama Arxentina nos reciberon os galegos como un pobo amigo. Este é o momento de demostrar a nosa solidariedade con este país para que o antes posivel poida volver a ser aquela Arxentina digna e próspera.
Tócame despedirme de todos vos. Gustaríame seguir debatendo estes temas que tanto me preocupan como galego-arxentino, porque naquel país vivín os mellores anos da miña vida e alí meus país puideron facer un fogar de traballo e de progreso. Quero, dende a miña Galicia natal, enviarlle a todo o pobo arxentino unha mensaxe de solidariedade e desexos de que pasen pronto esta triste páxina da sua historia. Os galegos, e muitas das suas institucións, demostraron nestes últimos días o seu compromiso real coa Arxentina. Nos poñemos a sua disposición desde as nosas posibilidades para todo tipo de requerimento, información que teñan os nosos internautas. En caso de que queiran unha relación personalizada, poden poñerse en contacto connosco no teléfono de información de temas migratorios (986 266 282). Unha aperta.