El Rector de la Universidade de Santiago se mostró en contra de la LOU y defendió que en el desalojo de su despacho en el Rectorado no se empleó la violencia
Después de la unidad que supuso el rechazo a la LOU por
parte de toda la comunidad universitaria, el desalojo de un
grupo de estudiantes que habían entrado en el despacho del
Rector de la Universidade de Santiago de Compostela rompió
en parte esa armonía. Este fue el tema central del Encuentro
Digital que protagonizó Darío Villanueva, que se refirió
también a la petición de una facultad de Informática para
Santiago, su abierta oposición a la Ley Orgánica de
Universidades o el alto nivel de la USC en el ámbito
científico, además de esgrimir la defensa de la Universidad
pública. Denunció también la existencia de un pequeño grupo
de estudiantes que lleva a cabo las acciones extremistas.
Encántame poder participar por primeira vez nun diálogo internauta. Son asiduo da rede, pero sinceiramente nunca tivera a ocasión que hoxe LA VOZ DE GALICIA me proporciona.
¿cal e a sua version do acontecido o venres no reitorado?
Vou a ser breve. Foi a usurpación, non pacífica, da sede institucional que representa á USC para un obxectivo decidido por un grupo de persoas, que non quixeron ou non foron capaces de calibrar a trascendencia do seu acto. Asimesmo, foi un exemplo de falta de interese en dialogar. E houbo moitas oportunidades de facelo, con participación de xente de dentro e fora da USC en calidade do que se chama "homes ou mulleres bos". Unha mágoa, que en todo caso non representa para nada á Universidade de Santiago de Compostela e que hai un rato a Xunta de Goberno acaba de rexeitar enérxicamente por 51 votos a favor do rexeitamento e unha abstención. Ningún en contra. A CRUE (Conferencia de Rectores das Universidades Españolas) acordóu onte por unanimidade un rexeitamento parello.
¿Iso de reclamar Informática para Santiago é por vinganza de Medicina/A Coruña?
A solicitude de Informática por parte da USC data do periodo rectoral do profesor Villares, que rematóu no 1994, solicitude que eu asumín con todo convencemento. Á miña vez pregunto: ¿é posible hoxe unha Universidade que non teña estudios de Informática, máxime cando a demanda de profesionáis neste sector será crecente nas vindeiras décadas e nin siquera USA ou Alemaña son capaces de producir técnicos abondo ou de importalos doutros países, ofrecéndolles magníficas condicións inmigratorias e salariáis? ¿Galicia pode prescindir dun centro de alta calidade para a producción destes técnicos como é a USC e ficar descolgada da sociedade da información? Por outra parte, para completa-la súa pregunta, Santiago non está a pedir polo momento Arquitectura.
O meu apoio sen matices ás institucións democráticas de goberno da Universidade de Santiago
Resposta moi fácil: eu apoio sen matices ás institucións democráticas de goberno da USC como demostra que elas, as institucións democráticas de goberno da USC, me apoien constantemente a mín. ¿Vostede cree que podería ser doutro xeito?. Fun elixido dúas veces polo claustro: en 1994 e 1998. E hoxe mesmo, a Xunta de Goberno acaba de aprobar por 51 votos a favor e unha abstención un apoio total ó Rector e o seu equipo nas difíciles situacións que acabamos de pasar.
¿estas realmente en contra de la lou?
Lea, por favor, o meu discurso no acto de inauguración oficial do curso académico para as tres Universidades galegas que pronunciéi no salón de Fonseca, cheo de políticos e universitarios, o 28 de setembro pasado. O pode atopar na hemeroteca dixital do noso Xornal, ó que pode acceder pola páxina web da USC. Foi un discurso moi comentado, en canto á fixación dunha postura clara e inequívoca pola miña parte, que xa era coñecida desde meses atrás polas miñas intervencións no ámbito da CRUE, da que son Vicepresidente. Sorpréndeme que vostede teña dúbidas sobre algo que para mín e para case todo o mundo está moi claro. Fale, si lle parece, con alguén do mundo universitario.
Calidad cientifica en Santiago. Bajo cualquier criterio la USC en ciencias se encuentra a la cola de Espana (no digamos del mundo) y el problema es el profesorado (en teoria tambien investigadores). ?No cree que el sistema de evaluacion es antidiluviano?
A súa información é totalmente errónea. A USC está no grupo de cabeza das Universidades españolas neste eido. Hai uns anos, por exemplo, ocorréu algo insólito: dous dos catro premios nacionáis de investigación foron para dous dos nosos profesores. Acaba de publicarse o estudio realizado polo Departamento de Socioloxía da Universidade de Barcelona dirixido polo profesor De Miguel, que en 1999 tivo moita sona porque inclúe un ranking das Universidades españolas. A de Santiago é a séptima, despois das de Madrid e de Barcelona. Estes días acaba de fallarse a axuda ós parques científicos das Universidades españolas e os nosos proxectos sitúanse no grupo dos tres primeiros parques en canto a financiación. É difícil responderlle á súa pregunta, porque vostede debe falar doutra universidade distinta da nosa.
¿Por qué los/las asturianas/os no podemos estudiar nuestra lengua en la universidad?
Según mis informaciones, la Universidad de Oviedo imparte un título propio sobre estas materias.
si quieren una universidad libre, ¿por qué no se autofinancian?
El modelo clásico de la Universidad europea se ha consolidado con el paso de los siglos a base de, entre otras, dos características fundamentales: el principio de autonomía, reiterado de nuevo en la Carta firmada en Bolonia en 1988 por cerca de quinientas Universidades europeas, y el principio de que la educación superior es un servicio público. Nuestra constitución de 1978 consagra ambos principios, y todos deberíamos estar orgullosos de ello, porque así es la democracia. Usted parece referirse a la Universidad privada, que igualmente está amparada por la Constitución, pero debo decirle que del millón y medio de los estudiantes universitarios que existen en España, el porcentaje que estudia en la privada, con costes anuales de matrícula que multiplican hasta por diez los de la pública, no superan el 6 o 7 por ciento.
¿Como justifica la ministra, a nivel personal, la intromisión de políticos, velada o explicita en los Consejos sociales?
Lógicamente, esa pregunta solo la puede contestar la Dra. Pilar del Castillo, que es Ministra pero también Catedrática de la Universidad. Yo he tenido la magnífica oportunidad de hablar varias veces con ella, y solo recuerdo, en relación a su pregunta, un intercambio de pareceres acerca de si autonomía universitaria significaba algo más que libertad de cátedra. Yo pienso que significa mucho más.
¿ Quen son os que movilizan os esudiantes e despois aproveitan o rio revolto para accións extremistas (ex: a encerrona a vostede)?
A mobilización dos estudiantes pola LOU foi moi ampla e plural. As accións extremistas son minoritarias e teñen siglas que non se agochan: son públicas e notorias.
Por favor, explicanos que paso el viernes en el rectorado. ¿quien ordeno esa carga policial? creemos que la policia no puede entrar en el rectorado sin su autorizacion. Gracias
Na sede do rectorado non houbo ningunha carga policial. O Rector e o equipo rectoral, despois de cinco horas de esfuerzo inutil, demandaron o desaloxo e identificación dos 29 ocupantes, o que se fixo sen violencia por ningunha das partes.
O Claustro da Univ de Vigo aprobou establecer unha estratexia de acción conxunta co resto das Universidades de Galicia de cara a negociar ca Xunta aspectos relativos o desenvolvemento da lei ¿Como valora esta proposta? ¿Cree posible a unidade de acción?
É algo que a propia Conferencia de Rectores das Universidades Españolas acordóu estudiar na súa asemblea donte. A Lei será cumplida pero o seu desenvolvemento vai a ser complexo e admitirá distintas perspectivas.
¿por que existen en Galicia cada vez máis movementos violentos nas Universidades?
Probablemente porque a violencia existe tamén na sociedade. Unha mostra máis de que non se pode separar Universidade e Sociedade.
¿Que opina da demanda que presentou o caf contra iesga e ficus
E tan absurda como a que presentóu contra LA VOZ DE GALICIA.
¿Considera que es estes momentos, cando a lou acaba de ser aprobada definitivamente no Parlamento, na comunidade Universitaria temos perdida xa a batalla na súa contra? Moitas gracias
Non creo que sexa así. Os gobernos saben moi ben que a maioría parlamentaria ten que harmonizarse co consenso social. Había tempo que a Universidade non se pronunciaba como o está a facer, e ou pouco entendo de política ou esta realidade está xa na axenda dos nosos lexítimos representantes, gobernantes e membros da oposición.
Gracias polas vosas preguntas. Gostaríame poder facervoslas tamén, en pura interactividade. Feliz Nadal, e o mellor para todos no Aninovo.