El percebeiro más famoso de Galicia respondió furtivamente a preguntas de los internautas
No siempre vivió del furtivismo. Miguel de Lira comenzó
en el teatro cuando estaba cursando sus estudios de Derecho.
Este actor de 37 años fue uno de los fundadores de la Sala
Nasa en Santiago. Además de su trabajo en el grupo Chévere,
de Lira ha volcado su creatividad en la televisión: primero
con su participación en la miniserie 'Unha de
romanos', junto a Sergio Pazos y Manuel Manquiña, y más
tarde con la serie 'Mareas Vivas'. Gracias a su
papel de Currás, obtuvo el reconocimiento del público y un
premio AGAPI al mejor actor de televisión.
Bos días chatos y chatinas. Son Arturo Fernández.
Hola , un saludo para ti y para toda Galicia desde Hull , Inglaterra . Por cierto me he prometido a mi mismo q si hubiese un dia una continuacion de 'Unha de Romanos ' me compraria una tele ....jejej , es broma , pero aqui en inglaterra y otros sitios d
Temos desde Galicia a curiosidade por saber si en Hull(jal) vive ou se encontra o famoso ordenador de abordo da odisea 2001 na que estamos inmersos.
consideras que para ser actor,hay que ser un poco furtivo,tambien?
Os furtivos son grandes actores nas súas interpretacion coa lei. Un actor que interpreta a un furtivo tamén ten que saber mentir e ter moito sabor de aventura.
Qué 'performance' che gustaría interpretar
A do cabalo de Franco, versión troyana.
Mighel, o teu sentido do humor as tuas especiais "sonrisas" teñen-che axudado na carreira de actor, ou é todo froito do traballo serio ?
Al trabajo 'con amor', ou como diría un colega, 'a divertirse'.
¡Hola Miguel! Chámome Xabier e son de Ourense e quería transmitirte a miña admiración e preguntarte cál é a receta do percebal e os seus efectos psicotrópicos se os ten. Graciñas.
Ten máis efecto nos trópicos, efectivamente. A receita orixinal está blindada nunha caixa forte de Londres, xusto ó lado de onde se atopa o famoso metro.
¿Participaches nalgunha outra serie estatal fóra de "Periodistas"?
Chamáronme para participan nunha que se chamaba 'El Grupo' con Héctor Alterio e Cristina Ramos, pero aqueles días que tiña que grabar 'atopábame sin cobertura'.
¿Que se sinte ó ser o mellor actor de todo o planeta????
Un mundo de ben.
¿Serás algún día poeta?????
Xa o fun na outra vida. Non coñecedes o meu famoso poema, por suposto pirateado: 'Hai unha moza neste axuntamento que parece unha saca de cemento'.
TEMOS UNHA PEÑA CURRAS AQUI EN NOIA E QUERIAMOS XE INVITARE A CHANTARE. meu emilio aleiras@mixmail.com
Nese 'chantare' espero que teñades peñas de percebes, si non, non vou.¡Que aproveite!
Crees que los actores gallegos reciben las mismas ayudas que otros actores españoles?
De su madre, sí.
Miguel: ese arte teu, que se che ve na tua elegancia sin par cando encarnas a Currás, soio comparable a do noso alcalde, non Manolo, senón Paco Vázquez, ¿pódese deber a que te criastes a sombra da cabaceira mais grande de Galicia? (Mais que a de Carnota)
Elegancia 'simpática' hai moita en Lira donde, como sabes, atópase a 'cabaseira' máis larga do mundo, creo. A de Carnota é a máis ancha. ¿Cal é a máis grande?.
¿Que supón para ti se-lo primeiro sexsimbol galego da historia?
Acoso y derribo permanente.Non dou feito nin dou abasto...Arrastro, triunfan copas...
Poñendonos a elexir que preferirias uns perseves de portosas,eso si coma puños, ou unhas boas necoras las nasas de lira?
¡Cabrón! Ti si que sabes...Non me desestabilises con ese tipo de preguntas.
soy una niña de 14 años, y hago teatro en el instituto, que tengo que hacer para poder llegar a hacer un papel en alguna serie gallega?????? gracias y un beso, soy tu fan. Patricia.
O teu obectivo non debería ser usó unha serie galega, hai outras vías. Papeles, polo que vexo, xa estás interpretando, sempre podes apuntarte a fiebre do 'casting', pero non cho aconsello sin antes ter conciencia de que che atrae o personaxe que queres interpretar.
¿Que hai do sherif de Rio Bravo en Currás?
O sherif é a lei e Currás é o antídoto.
Pensa que Galicia conta cunha boa canteira de actores ou ainda queda moito camino por percorrer no cine e teatro galegos?
A canteira xa é grande, pero aínda queda moito material mineral en bruto. Penso que é inagotable.
¿Cando estrenaredes nova obra os Chévere? ¿De cal gardas mellor recordo?
Posiblemente en outubro, e vaise chamar 'O navegante'. Gardo mellor recordo da primeira, 'Servicio discrecional', na que debutei como actor, e da última 'Hero.es', porque é a que está mais fresca.
¿Cando escribirás "O Currasismo: unha forma distinta de ver a vida"Juan Alonso Lamas .VERIN( AGRADECESE CONTESTACIÓN RAPIDA MICAJINA)
Cédoche os dereitos para que a escribas ti.
Miguel: o voso grupo a penas ten recibido premios en Galicia ¿por que algún grupúsculo "intelectual", ademais da propia Xunta, ten virtualmente censurado todo o que fai Chévere?
Porque 'Chévere' non fai espectáculos para recibir premios, senón para recibir aplausos. ¡Esto quedoume un pouquiño pedante, pero é o que ten internet!
¿Por qué los actores gallegos tienen esa "chispa" innata coñera, de carallada, esa ironía que se desarrolla incluso cuando se agradece la entrega de un premio? ¿Por qué son (o somos, los gallegos) tan genios, geniales e ingeniosos?
Por el acento, evidentemente. Y así, correlativamente.
¿o simbolo da tua camisa e "Galicia en positivo"?eres do pp?
Son de Canal Crus e 'Pepe' tamén.
Miña aboa di que eres mais guapo e mellor actor que o Banderas ¿tes pensado ir a America buscar unha Melanie?
Tua aboa debiu ser unha muller de bandeira. Á bandeira americana, fáltalle unha estrela. ¿Cómo se chama a tua aboa?, ¿non será Melania?.
Mijel, cando decidiches elixir "de Lira" como parte do teu nome artistico
En realidad non o decidín eu, foi a xente que me chamaba así, Miguel 'o de Lira' e a min gustoume velo escrito como nome artístico polo que ten do verbo 'delirar'.
As repeticions insesantes de series con exito, coma e o caso de Mareas Vivas, pensas que acaban esgotando o publico e, polo tanto, perdendo todo o que son?non seria mellor deixa-las reposicions para mais adiante?
Non, non estou de acordo contigo, creo que é unha 'mágoa' que haxa espectadores de Galicia que aínda non viron o capítulo I, por eso estou en consonancia coa 'Compañía de Reposicions TVG', e coa sua política de programación porque o galego é un ser duro de mollera por naturaleza e cando non quere viño 'hai que darlle duas tazas'. Paréceme un acerto repetir todo como se está a facer cos atentados de ETA. Non todo vai ser ficción. Hai quen pensa que é un abuso do espectador, tamén hai quen pensa que esto é unha televisión autonómica...¡Qué falta de 'ignoransia'!Esta é unha resposta 'a la gallega'.
¿que dirían en Portosás se che visen no ordeñador, fumando, cunha camiseta de grunge e descubrindo os teus secretos de furtivo?
Millor que non se enteren, porque vin aquí a Sabón furtivamente entre secuencia e secuencia de 'Mareas vivas'.
Por favor, Miguel, unha pelicula favorita e porque?
Unha das últimas que vin, 'Amores perros', porque é moi 'pendeja'.
Non temes o encasillamento? Curras forever!, xa sabes! Os papeis dramáticos? Na lista de espera, un proxecto..?
Proxectos varios na lista de espera, especialmente cine e teatro. Remato 'Mareas vivas' a primeira semana de agosto e na segunda reengancho con 'O lápiz do carpinteiro'. Ten paciencia que tamén poderás disfrutar dun 'Currás' dramático.
De onde sacaches os xogos de palabras de Curras? Canto hai dos guionistas e canto de ti mesmo?
Na construcción do personaxe de 'Currás' colaborou moita xente, ademais dos guionistas e eu mesmo. Os que mais colaboraron son os centos de 'currases' que hai espallados por toda Galicia. Currás ten mais improvisación que guión o pé da letra.
Que se poderia facer dende os concellos, para fomentar o teatro entre os mais novos, que agora o miran dende lonxe
Creo que hai que facer unha vista de páxaro. O fomento do teatro non é só responsabilidade dos concellos, senón de institucíóns que voan máis alto: dende a propia Xunta, cun plan serio a medio plazo apoiando decididamente ó sector ata as propias productoras do audiovisual que se están nutrindo inmediatamente desa canteira e que non aportan nada a cambio. Os concellos, desde logo, deberían ter máis compromiso coa cultura e educación dos seus propios cidadans, porque, na maioría dos casos, vaíselles a forza polo cemento, que é o que da votos, ¡claro!.
Que obra das que anda por galiza actualmente me recomendarias?
Non te perdas o novo montaxe recién estreado das 'eleccións autonómicas 2001', vai ser unha obra estupenda, un espectáculo...Hai outras obras que che recomendaría:¿xa viches 'os encoros do Umia' co seu protagonista Pepe subindo en Zodiac polo río? ¡Apaixoante! Non te perdas a reposición da 'reinauguración do Río Xallas na extinta cascada do Ézaro' protagonizada polo inigualable Don Manuel. En fin, tes un montón de obras cas que disfrutar este verán, porque, ademais como estamos en eleccións...vai haber moitas novas.
Hola Miguel, son Milucho, éxplicanos que historia é esa na que estás metido que lle chaman "O Porquiño de Lariño"
¡Hola Milucho!¿cómo vai o peixe? 'O porquiño de Lariño' vaise facer o 2 de setembro ó pé do faro de Lariño e ten dous ingredientes fundamentais: o porco e o teatro. Recupérase este ano despois de 5 anos parado e é un día de renda solta ó teatro popular. O guión do espectáculo que máis ou menos facemos en creación colectiva cordínoo eu, e este ano vai virar arredor do 'Gran Marrano'. É teatro aficionado puro e duro e unha oportunidade para xuntarnos moita xente da comarca que prácticamente non nos vemos en todo o ano. O público pásao moi ben e nos disfrutamos de lo lindo. Este ano, ¡a non perder!. O 'Porquiño' é un modelo de festa sen pretensións.
Bueno, tal, tal, tal...quedan moitas preguntas porque entráchedes mogollón. O meu correo electrónico é migueldelira@salanasa,com. Xa nos iremos encontrando por aí..Saúde e liberdade.