El entrenador del Deportivo de La Coruña respondió a las preguntas de los lectores de La Voz
null
Profesor Vázquez.vai usted quedar no Depor sexa cal sexa o seu destino en primeira ou segunda divisioon?gracias
Un saúdo cariñoso a todos e a impresionante afición deportivista. A miña intención é quedar, si. Pero hai que esperar pola situación en en que se atopa o clube.
¿Cual cree que es la mejor estrategia para ganar ante el Valladolid?
A miña estratexia para Valladolid é desmarcar a un xogador para que se atope só ante o porteiro e marque gol. Case é a única estratexia.
Se gañamos en Valladolid ¿subirás a saudar á hinchada que nunca se rinde como fixeches o día do Levante?
Se me esperan subirei, claro. Pase o que pase estaremos sempre xuntos.
Fas algunha promesa se o dépor se mantén na categoría?
Non fago promesas. Non me gusta facelas. O que me gustaría é festexar con todos en catro Camiños se nos salvamos. Saltar, cantar... Iso é o que prometo.
Cales son os equipos que ficarán na primeira?
Con que o Dépor quede en Primeria, non teño preferencias. Ás veces en Primeira pasa que o que non pensas que pode caer cae.
¿Cree usted que Riki debería ser llamado a la selección?
Está a facer unha temporada sensacional. Del Bosque disfruta de moitísima competencia nesa posición. Vaino ter complicado.
Hola Fernando, ¿Te consideras deportivista de nacimiento? Si no es así, ¿Cuál es tu equipo de corazón?
O Compostela é o equipo da miña cidade. Son desde hai moitos anos compostelanista. Cando era rapaz, escoitaba Carrusel, a Guimaraes, a Triave, e seguía ao Deportivo desde pequeno.
¿ Que opina de los supuestos cosos de compra de partidos ?
Si realmente existen, e todo o mundo da por suposto que existen, a xustiza debería actuar con determinación. Que pinchen teléfonos, que se saque á luz todo o que pasa. Pagar por perder é ilegal, pero tamén pagar por gañar, a xente olvida. Iso favorece aos ricos. Hai clubes que poden facelo e outros que non.
Que xogador do Deportivo che impresionou máis dende a túa chegada ?
Non está no primeiro equipo o xogador que máis me impresionou. Está na canteira.
Fernando querido, dende Bos Aires, Alfredo che pregunto, como compostelanista ata a medula... ¿voltaras algun dia?
Voltar ao Compos? Quen sabe... O Compos está a facelo ben, leva unha senda boa e estable, cun presidente que colleu as cousas con moitísimo cariño e precisa que o sigan empresarios, a cidade, a afición. Se conseguen meterse en 2ªB empeza a ser importante.
Buenos días Fernando y muchas gracias por volver a ilusionarnos. Tengo una curiosidad, en la época de entrenador del Compostela te llamaban «chatarra», ¿cúal era el motivo de ese mote?. Muchas gracias y mucha suerte.
No, Chatarra era o meu axudante, Gabi Leis. E non recordo por que...
Hola Míster! Todos sabemos que eres un buen ojeador. ¿Qué delantero te gustaría tener?
Conformaríame con que me cederan a Jesé.
Fernando,esperabas sentirte tan querido en la Coruña. Un saludo de un deportivivista afincado en Alcorcon.
Non esperaba sentirme tan querido. Estou sorprendido, non o podo negar. Impresionado e absolutamente sorprendido.
¿que te parece la retirada sir alex ferguson?
A retirada de Ferguson era esperada, nalgún momento ía ocurrir. Non é unha sorpresa moi forte. Todo o mundo poñía prazos. Deixa ao Manchester United campeón, termina como directivo do clube... É un mito, non só polos títulos senón polo tempo que aguantou, 26 anos. Algo especial tiña que ter para motivar tanto tempo a un equipo.
Buenas tardes míster ¿En qué ha cambiado el fútbol desde que empezaste a entrenar al Compostela hasta hoy?. Gracias por tu optimismo. Pódese
Non é un período demasiado largo desde que comecei a adestrar, non se deron saltos cualitativos dende entón. A nivel sistemático houbo cousas que se foron transformados. Pero neste momento hai unha corriente de fútbol ofensivo, que invade a moitos adestradores, seguindo a Cruyff, a escola holandesa, impregnada no Barça, na selección... Cando eu comecei era máis estratéxico, máis táctico, acercábaste ao fútbol dun xeito máis conservador.
Se quedará Valerón en el cuerpo técnico o seguirá una temporada más en plantilla?
Se as cousas seguen igual e continuo no Deportivo, confío en que Valerón siga xogando. El está máis contento e considero que ten un ano máis de fútbol. Noto que está motivado. A partir de aí, nalgún momento terá que dicir "ata aquí chegamos".
Si nos salvamos, ve posible hacer un equipo solvente para la temporada que viene no sufrir tanto con los problemas económicos que tiene el club?
Pódense construir equipos bos sendo ao mesmo tempo económicos. Non hai unha relación directa equipo caro-equipo bo, equipo barato-equipo malo. Se a situación do Dépor segue como é, os recursos serán escasos. Haberá que traballar coa canteira primeiro, despois buscar cedidos importantes e fichar a coste cero. Iso require moita información. Pero se pode montar un equipo competitivo sen moitos recursos.
Como levas o tema de que te paren pola rúa, na piscina etc...
Hai momentos en que che pode molestar, pero non me traumatiza, lévoo con naturalidade, sen problemas. Son charlatán. A xente é respetuosa, sabe cando ten que acercarse. Non teño problemas.
Para min un dos problemas que tiña este equipo era o aspecto fisico, non sei se motivado pola mala preparación ou polo aspecto psicolóxico. Ti como o viches cando chegaches? Un saludo crack.
O que vin é que faltaba un cacho de mellora, había espazo para a mellora. Non só no aspecto físico (que tamén). Tiña a sensación de que o que chamamos estado de forma non era bo, non tiña alegría, enerxía suficiente para competir. Tentei construir ese estado de forma. En tres ou catro meses non podes facer todo iso, houbo que ir con coidado porque pode chegar a ser perxudicial.
Si el año que viene sigues entrenando al Depor, harás una galeguización de la plantilla?
Non é un concepto que manexe. Non é moi profesional. Se me ofrecen xogadores non mido por onde nace ou que fale, mido polo talento futbolístico. O clube si que ten que vender un proxecto de canteira baseado no noso territorio. Iso provocaría que unha parte dos xogadores da plantilla fosen galegos. É algo que temos que facer entre todos: clube, técnicos e afición. É un pacto necesario que nos podería levar a cotas moi altas de competitividade, como sucede no País Vasco.
¿Cres que o Deportivo chegará ao último partido xogándose a permanencia?
A realidade é que espero estar a salvo antes. Ao último partido, espero que cheguemos con posibilidades e dependendo de nós mesmos. Xogamos na casa e é unha vantaxe.
Fernando que te parece Bicho e Insua como para darle algun partido de pretemporada con el primer equipo
De pretemporada? Seguro, iso está garantizado. Insua é en realidade un xogador do primeiro equipo. Bicho é futuro, un futuro cercano.
Señor Vázquez, ve algún paralelismo entre la situación que atraviesa el Deportivo en la actualidad con la que atravesó el Compostela nos seus «séculos escuros» Gracias y suerte.
Non se parecen en nada. O Deportivo ten un apoio da cidade, da afición, que o Compostela nunca tivo. Iso transmite confianza e seguridade.
Que opinas sobre a tempada dun dos teus ex, o Lugo e do traballo de Setién? Ainda recordo ós Dominguez, Cacharrón, Alvite, Juanín, Buide, Comendez, Maseda, Borge...
Paréceme que é un luxo para Lugo este clube, especialmente esta temporada, aspirando case a meterse en play off, facendo un fútbol alegre, sinxelo, bonito... Hai que cuidalo. Tamén me recordo de todos, deses xogadores e da cidade, sempre fun moi querido e ben tratado.
Hola Fernando. Lo primero gracias por devolvernos la ilusión. Ves posible la próxima temporada subir a chicos del filial como Insua, Paulo Teles y Romay? Que fichajes ves prioritario hacer la próxima temporada?
Eses chavales están na miña mente, por suposto que a oportunidade de contrastarse no primerio equipo seguro, están adestrando moito comigo. Non haberá cortapisas. Temos un equipo construido a base de moitas cesións, imos perder moitos compoñentes. Riki acaba, Nélson non sabemos... O máis complicado é ter dous dianteiros que che garantizasen 15 goles. A partir de aí é máis fácil construir.
Boas Ferando, parabens pola reacción do equipo dende a sua chegada. A miña pregunta ten que ver coa motivación. ¿Cómo se consigue motivar e facer creer a un grupo de xogadores que estaban tan pouco confiados nas suas posibilidades? ¿recurres a musica para mellorar a concentración ou crear algo de euforia en momentos puntuais? Gracias pola resposta e ánimo nestas 4 finais!
Eu contribuyo coas miñas charlas, esa é unha parte. Pero apelo á motivación persoal de cada futbolista, o que levan dentro. Facerlles ver que o fútbol non remata este ano, que tiñan que ter metas persoais. A continuación ven o apartado de adestramento. Eles vían unha situación de que era imposible salvarse, puxémoslles metas máis cortiñas, pasos pequenos que nos foron acercando ao obxectivo final. Empezas a gañar, colles máis confianza, alegría... Eu viña moi ilusionado, e se tes esa pasión podes convertir algo negativo en algo moi positivo.
¿Cómo veas a España para el próximo mundial?
Véxoa ben. Non son dos pesimistas. Chegamos cun equipo maduro, con experiencia de campeón. Poden repetir o éxito, sempre e cando a nivel mental estén ben. O fútbol español ten savia nova que poden incorporar, un futuro asegurado. Penso que podemos gañar o segundo mundial consecutivo en Brasil.
Tras entrenar aos 2 grandes equipos galegos, cal sería a guinda para completar a túa traxectoria como adestrador?
A guinda podería adestrar a un Pontevedra, a un Lugo, un Ourense en Primeira división. Vai ser complicado, pero iso sería sensacional.
Vas acabar conmigo Fernando Vazquez (risas) Estoy de erasmus en Rumanía y todo el mundo conoce al depor, muchos me preguntan como hemos salido de esta mala racha.Yo digo que con casta y valor y un entrenador con garra.Tu que opinas?Un saludo y forza depor
E con talento. Os xogadores do Deportivo non eran tan malos como parecían. A eles se lles debe. Eu dinlles estratexias para gañar partidos, convencelos de que tiñan nivel. Non é só casta e valor, hai talento e traballo. Traballamos como cabróns.
Podes enviar unha menxase a peña celtista que leva o teu nome?
Á peña un saúdo moi cariñoso e afectuoso a todos os compoñentes, especialmente unha aperta forte ao seu presidente. E o desexo profundo de que os dous equipos galegos quedemos en Primeira.
Fernando, ante todo: Gracias, por devolvernos la ilusión, lo que has conseguido es impagable. ¿Se puede saber cual es el jugador de la cantera que te ha sorprendido? Gracias!
Polos meus actos o saberás. Prefiro mantelo no anonimato.
Gracias a todos polas vosas preguntas e Forza Dépor! Ata a próxima!