El diputado del BNG, Xosé Francisco Ferreiro analizó con los internautas las necesidades electorales de los gallegos en el exterior.
El diputado nacionalista Xosé Francisco Ferreiro
convirtió su participación en los Encuentros Digitales de La
Voz en un análisis de la actualidad política más reciente y
de las necesidades de la emigración de cara a las elecciones
autonómicas del 21-O. Al mando del teclado habló de los
retos de un futuro gobierno de su color. Una Consellería da
Emigración es una de las ideas esgrimidas por el
nacionalista quien ha asegurado que la sucesión de Beiras
'es una cuestión de frescura' y no de edad.
hola bos dias,teño o gusto de apresentarme e espero que de cumprida resposta as vosas preguntas
Como lograr que los votos lleguena tiempo?
penso que os mecanismos que ata agora se ultilizan non permiten ter garantia de que sexan eficaces, seria de interese que se axilizara e se informara puntualmente a traverso de todo o dispositivo institucional.
¿Qué nos puede contar, según su partido, de la "dimisión" del Sr. Amarelo de Castro do PP?
en boa loxica non parece entenderse que se fale de dimisión, dende o meu punto de vista estaría xustificada por unha detección de determinadas irregularidades, por exemplo a detención en Cuba do seu "home na havana"
¿Cuándo dejará el PP de manipular el voto de los emigrantes?
o PP non debera ter necesidade de utilizar ningun tipo de perversión no proceso eleitoral no exterior,xa que normalmente a identificación co governo do Estado lle garantiza un alto nivel de respaldo,pero neste caso o PP non ten ningun rubor en querer sacar "todolos votos" ainda que sexa utilizando a situación de precariedade na que se atopan moitos galegos-as,en todo caso esta situación remataría cando se faciliten as condicións precisas para que os que voten no exterior o fagan nas mismas condicións das que o facemos en Galiza.
Me parece que el BNG no tiene electorado potencial entre los emigrantes, ¿o me equivoco?
O BNG non é que non teña un potencial eleitoral na emigración, o que ocurre e que a información transmitida por parte dos que ostentan o poder tento en Galiza como os directivos dos centros e irmandades galegas(fundamentalmente vinculados ao PP)é absolutamente malevola. De todos xeitos a emigración comenza a coñecer a realidade plural da Galiza, seria interesante facer un exercicio de hixiene politica e transmitir institucionalmente unha información seria e rigurosa de todalas opcións politicas e particularmente do que significa o nacionalismo que representa o BNG.
¿Existe algo semellante ós interventores para controlar os votos nos consulados ou nos centros galegos?
O BNG, propuXo por activa e pasiva que se vote en Consulados e Embaixadas, con interventores e apoderados. Sistematicamente o PP négase a esta lóxica petición o cal amosa un obscuro interese en que esto siga igual o que sin ninguha dúbida significará un PUCHEIRAZO.
Habería nun hipotético goberno do BNG unha consellería de Emigración? Sería vostede o Conselleiro?
Xosé M. Beiras adiantou en Arxentina a posibilidade de criar no próximo governo progresista unha Conselleria de Emigración,no caso de ter responsabilidades de governo temos suficientes compañeiros-as que poidan ter a responsabilidade nesta area.
¿Se sufre máis na política ou coma profesor de instituto?
Supoño que depende das condicións de traballo. Na politica, si un sufre demasiado sempre ten a posibilidade de marchar a súa casa, na docencia non parece moi posible.
Que pasa cos emigrantes que non están censados e os que non están inmersos nos círculos dos centros galegos?
Aquelas persoas que están fora dos circuitos(centros etc), descoñecen calquera programa e polo tanto si residen en grandes urbes,ex.Caracacas, son uns autenticos desprotexidos e nón teñen acceso a axudas de ningun tipo, sería de interese mellorar notablemente a difusión de información das axudas tanto do Estado como da Xunta.
vivo en Madrid, he tenido que marcharme de mi querida galicia como otros muchos gallegos, po falta de trabajo,sin embargo no puedo votar porque solo lo pueden hacer aquellos emigrantes residentes en paises extranjeros.yo tambien soy emigrante.
Esta é unha das grandes contradiccións da Lei Eleitoral,mentras poden emitir o seu voto netos de emigrantes de primeira xeración que en moitos casos nin tan siquera coñecen o seu povo,outros os que viven no Estado e pretenden retornar de xeito inmediato,non o poden facer,o como os mariñeiros que faenan no Gran Sol tampouco poden emitir o seu voto.
O BNG ten pensado facer algún encontro cos emigrantes residentes noutros puntos do Estado?
O BNG ten considerada a emigración como unha comarca. Polo tanto ten representación dentro do seu Consello Nacional, o que permite un contacto permanente,de todos xeitos na actualidade temos previsto xuntnzas en Madrid, Euskadi, Cataluña, Andorra etc.
¿que opiona Vd. sobre a posible incompatibilidade de cargos que presenta o Sr. Cuiña?
En boa lóxica e cuns medios de comunicación públicos imparciais, sería suficiente para que o escandalo Cuiña determinara o resultado eleitoral. A defensa do fiscal Sr. Malvar é a verificación da incompatibiliidade. Poñer a este fiscal como valedor, é como si pos ao raposo a coidar das galiñas.
En caso de chegar o goberno, ¿ Cales serán as principais actuacións do BNG en política de retorno dos emigrantes en idade activa ?
O BNG non pode crear falsas expectativas para o retorno. O reto e crear as condición socio-economicas que permitan un regreso que se garanta traballo,-si fose o caso-vivenda etc.
¿Que percepción existe, dende a emigración, do proceso normalizador da lingua galega? ¿A Galicia exterior traballa por recuperar o uso da lingua ou, definitivamente, réndese?
A única politica de normalización se manifesta a traveso dos cursos impartidos por profesionais,pero non existe unha clara politica de potenciación do galego en tódalas suas manifestacions e posibilidades reais.
¿El voto joven está cada vez más cerca de sus ideales?
Todo apunta que efectivamente a estimación de voto nos mozos-as vai na dirección de identicarse co BNG, polo tanto será de gran interese coñecer en que porcentaxe influirá no resultado final. En todo caso parece loxico que a sana rebeldia que representa a xuventude atope o seu espacio politico nas tesis do BNG.
Se fala moito da edade de Fraga e da sua sucesión, pero Beiras non é un meniño de berce
O problema non radica na edade, radica na frescura das ideas e dos programas. Nese senso o PP e Fraga representan o estancamento,o envellecemento. Por outro lado o BNG representa a frescura, ilusión e alternativas novedosas.
¿Non cre que a actitude do seu partido no referente á emigración é moi oportunista como consecuencia de perder un diputado nas anteriores eleccións?¿Por que non se lembraron tanto deles en pasados comicios?
Non é verdade,o BNG foi a única organización que apresentou no Parlamento unha proposta de constitución dunha comisión para o estudo da situación socio-sanitaria dos emigrantes galegos,comisión que se constituiu e que fixo o seu traballo. Pero cando tanto os emigrantes,autoridades consulares,presidentes de centros galegos etc, manifestaron que efectivamente a situacion era lamentable nos aspectos social e sanitario e incorporaron unha nova preocupación: AS RESERVAS DA LIMPEZA DO VOTO. Neste intre cando a comisión tiña que emitir o seu dictame final e polo tanto incorporar este feito, o PP PECHOU A COMISIÓN IMPEDINDO O REMATE DO SEU TRABALLO. Un autentico escandalo que frustrou as expectativas dos emigrantes. Polo tanto queda claro que o BNG ten en consideración dende sempre a problematica da emigración.
¿Pensan facer cursillos de encaixe de Camariñas nos centros ou vanlle dar de comer os que non teñen?
O BNG e calquera organización que sexa rigurosa,ten que facer unha politica de prioridades na emigración,polo tanto neste intre a situación de moitos galegos-as no exterior esixe dun plano socio-asistencial que aborde as demandas de fármacos,asistencia sanitaria e pensións non contributivas. Esta debe ser a orientaciñón en primeira instancia e polo tanto as primeiras medidas a tomar. Resulta evidente que todo o que represente non perda as señas de identidade temos que promovelo pero seguindo escrupulosamente unha politica de prioridades.
¿Non debería haber un certo número de parlamentarios escollidos unica e exclusivamente polos emigrantes, como se tratase dunha quinta provincia galega?
Este é un debate aberto, nas conclusións da reunión do Consello Xeral da Emigración celebrado na Toxa,recollíase esta petición que lle foi trasladada ao Sr. Fraga. Este dixo que era moi interesante e que poñia a traballar no tema ao Sr. Amarelo de Castro, nunca tivemos constancia dese traballo.
Como atender os novos emigrantes, especialmente os de alta cualificacion. Cada vez temos máis difícil a volta a nosa terra. E agora se prioriza a volta dos que levan 30 anos fora respecto os que so levamos 4. Asina: Cientifico no Reino Unido.
Este é un tema moi interesante. Galiza estase despovoando,non nacen nenos,a curto prazo podemos ter serias dificultades no traballo. É de gran interese traballar na dirección de asesoramento dos galegos-as que estando en condición de incorporarse ao mercado de traballo o poidan realizar, máxime cando moitos deles teñen unha alta cualificación. Esta é unha demanda recurrente que nos fixeron en todolos paises tanto de America como Europa.
Sinto non ter o tempo suficiente para contestar a todalas preguntas sen dúbida todas elas interesantes. Foi un placer este tempo. Unha aperta: Chema Ferreiro