El componente de Luar Na Lubre se mostró partidario de que las discográficas se cuestionen el coste de los discos compactos en las tiendas, para evitar la venta ilegal.
Protagonista absoluto del 'mundo celta' en A
Coruña, Bieito Romero es uno de los gaiteros más importantes
de la música gallega. Al frente de Luar na Lubre se ha
convertido en un superventas en España y ha popularizado la
gaita gallega en los festivales de folk de todo el mundo. El
día que cambió su futuro fue el 14 de noviembre de 1992,
cuando recibió una llamada que le pedía que su grupo tocara
ante el músico británico Mike Oldfield. El lunes 14 de
enero de 2002 respondió a las preguntas de los internautas
de lavozdegalicia.com.
Mando un saúdo a toda a xente que tivo interese en participar neste chat. Paréceme interesante que haxa encontros deste tipo porque dalgunha forma se palpa o sentir da xente que estades no 'outro lado' e espero responde-lo mellor posible a tódalas preguntas que fagades.
Qué sentimiento te produjo tocar la bellísima gaita en la quinta provincia gallega, Buenos Aires ? Florencia Tojeiro desde Argentina
Para nós era un reto moi importante ó ir a Arxentina a tocar porque a pesar de que esta foi a primeira vez sempre houbo un contacto moi fluido cos galegos alí. Para nós o concerto que dimos e a estancia dunha semana foi tremendamente emocionante e dende logo temos moitísimas ganas de volver porque a pesar do mal momento que está a vivir creemos que é un gran país e para nós sería moi grande voltar en mellores condicións. Saúdos para toda a xente de Arxentina.
Gaita ou acordeón?
Eu son gaiteiro O acordeón é un instrumento moi interesante pero tendo que elexir o meu instrumento é a gaita.
¿Consideras que Luar na Lubre ha alcanzado ya la fama y el nombre que obtuvo Milladoiro en su época?
Falar de fama, de cotas, é moi relativo. Milladoiro cumpliu un papel moi importante no desenrolo da música galega e nunca é comparable o que nós fagamos neste momento co que eles fixeron. Son cousas distintas e cada unha ten o seu valor no momento en que se está a facer.
¿Con que grupos/musicos galegos tes mellor relacion?
Hoxe en día a relación enre os músicos é moito máis fluida que hai anos. Eu penso que hai unha relación cordial con tódolos grupos porque somos conscientes que a única maneira de construir é colaborando e dalgún xeito estamos 'condenados' a entendernos polo ben do movemento musical galego.
¿que é o peor de estar nunha gran discográfica?.. ¿"Lo mejor de".. ?
O peor dunha gran discográfico é soportar determinadas presións. No noso caso podemos decir que somos un grupo bastante afortunado xa que as presións que exerceron sobre nós sempre foron mínimas e fácilmente acatables. Así e todo nunha multinacional non é o no normal. Con respecto a 'Lo mejor de..' teño que dicir que foi un problema de despiste persoal do grupo. Nós temos un compromiso importante co noso idioma, coa nosa cultura, e aquí cometimos un grave erro de despiste sin ningún tipo de intencionalidade.
Que é o peor que vos ten pasado nun concerto?
Nos concertos nos que fai moito frío incluso no verán galego pasámo-lo moi mal polo difícil que é tocar físicamente con frío e polo complicadísimo que é para as gaitas a afinación. Concretamente este ano nos pasou en dous concertos onde a xente o pasou en grande pero nós sufrimos moito. Despois, hai multitud de anécdotas que xa se contarán no seu debido momento.
Por preguntar que non quede: Un libro, unha canción, unha película, unha banda sonora, unha constelación, un viño e unha crenza
Un libro. Eu poría 'El druida' de Morgan Llywelin. Unha canción. Por saír do folk, 'Here comes the sun' de George Harrison. Unha película. Apostando polo cine do país, 'Sempre Xonxa'. Unha banda sonora, a da película 'A la caza del octubre rojo' interpretada por Sean Connery. Unha constelación. ?? Un viño, godello. Unha crenza, a nai terra.
Escribo desde Madrid,me enterao de la existencia de este chat en el canal #musica_celta: Existe un auténtico universo de leyendas alrededor de Bieito Romero y la Cova. Muchas de ellas incluso llegan aqui. ¿Cual es la mas simpatica u original que recuerda?
Sobre mín e a Cova Folk, lembro un sábado de fai nove anos onde por casualidade nós xuntamos aproximadamente 12 gaiteiros entre os que estaban Carlos Núñez, Manuel Múxico, Iván Costa, Xaquín Branco, e Clemente 'de Ibias', Brais Maceiras, etc, e que foi unha noite inolvidable de música sin parar.
Por qué tantos galegos dubidan das súas raices celtas?
Penso que é básicamente por descoñecemento. Desafortunadamente a cultura celta en Galicia está moi pouco estudiada e normalmente o que se sabe é bastante supeficial e confuso e eso leva a que moita xente teña dudas fundadas sobre un posible pasado celta no noso país. Todos sabemos que Galicia é unha confluencia de culturas, pero nega-la existencia da parte céltica penso que é un grande erro.
¿Que tipo de "cambios" son os que ides poñer no novo disco?Non cambiedes...!
Os tipos de cambios que vai a haber son de producción, básicamente no estilo non imos a cambiar, que naide teña medo que non imos a facer pop, nin outro tipo de música alonxado do que estábamos facendo ata agora, pero o que sí haberá son grandes sorpresas e cambios significativos dentro do noso xeito de entende-la música.
A súa opinión sobre a progresiva introducción do modelo escocés nas bandas de gaitas
Eu penso que é moi negativo, sobre todo estando financiados con cartos públicos. Eu creo que en Galicia hai a capacidade e a calidade suficiente como para crear bandas de gaitas con estética propia e eu creo que ese é o camiño a seguir.
Que opinión tienes de que tus discos estén en internet sin pagar derechos de autor.
A opinión boa non pode ser. De tódolos xeitos entendo que o elevado custe dos Cd's nestes momentos xenere todo este tipo de alternativas tanto en Internet como a venta ilegal nas rúas. Creo que as discográficas terían que empezar a cuestionar o custe en tenda da música para reactivar e mermar todo este tipo de alternativas.
Hola desde Bretaña...Qué opinas de las relaciones entre Bretaña y Galicia? Si te proponen un encuentro con un grupo de aqui, te vienes? Besos. Aurélie
A Bretaña para mín é o país máis increíblemente igual a Galicia que coñezo, tanto na paisaxe, como na arquitectura, música, xentes, etc. Creo que as relacións non son todo o fluídas que deberían ser, desgraciadamente. A pesar de ser irmáns, aínda estamos un pouco de costas, pero pouco a pouco nos vamos querendo máis. Con respecto o encontro cun grupo de ahí, xa sabes Aurélie que aceptaría encantadísimo.
Varios persoaxes da cultura galega se preocuparon moito de resaltar que non son nacionalistas. cres que sen unha determinada cultura nacional farias a arte que fas?
Eu creo que hai que entender e amar a terra para facer determinadas formas de cultura. De todos xeitos, as concepcións persoais da xente varían significativamente sin ser nin mellores nin peores. Creo que o que eu fago, tanto a nivel persoal como en 'Luar na Lubre' está fundamentado nun profundo amor á terra.
Por hacer una pregunta que ya ha sido hecha en otros ámbitos, ¿consideras que sólo puede ser música gallega aquella hecha en gallego? ¿Puede haber música gallega hecha en castellano?
Sí, de feito a hai. Hai grupos galegos de rock and roll, pop e outros estilos que cantan en castelán e non deixan de ser de aquí. Incluso no folk, sobre todo nos últimos anos, hai xente de calidade que emprega o castelán. Eu non o faría pero o respeto.
Lein nalgures que te asustan os avions. Algun outro temor confesable?
Sí, os avións é algo certo. Cada día o estou superando máis, pero o levo mal. E algún outro temor, é o que estamos vivindo día a día con estas guerras absurdas que amenzan con meternos a todos no medio.
Non esta farto xa de que sempre o relacionen con Mike Oldfield?
Eu estou moi agradecido a Mike Oldfield polo que fixo por mín. Teño unha relación bastante boa con él. Creo que este tipo de relacións se lles dice que son relacións 'químicas'. Nunca me farterei de que se me relacione con él porque como di o refrán 'De ben nacidos é ser agradecidos'.
¿Por que empregades a mesma receta musical que Milladoiro?
Non creo que empreguemos a misma receta musical que Milladoiro. Creo que nos dous grupos hai un estilo e unha forma de entende-la música diferente, pero recoñezo que ó ser Milladoiro os primeiros en facer este estilo musical en Galicia, sempre vai a haber comparacións.
¿que lle parece que exista un conservatorio folk en Lalin?
Paréceme unha moi boa iniciativa que sirve para forma-la xente dentro do estilo do folk e da música tradicional. Conservatorios similares hainos desde fai moito tempo na Bretaña e cuns resultados magníficos, deles sairon unha gran canteira de músicos recoñecidos actualmente. Eu espero que este de Lalín seña un primeiro paso para a creación de máis conservatorios deste tipo por todo o territorio galego.
Nunha entrevista que escoitei na radio non parecías moi cómodo falando de Mike Oldfield. Queda moi lonxe un posible novo concerto/disco xuntos ?
Como dixen antes, nunca me sinto incómodo falando de Mike Oldfield. O problema é cómo o entrevistador plantee a entrevista que moitas veces fai que te sintas incómodo pero nunca por Oldfield. Con respecto o concerto-disco, non queda moi lonxe...
Porque pensachedes que era bó introducir a guitarra electrica na vosa música?
A guitarra eléctrica non é un instrumento definitorio da nosa música. Creo que para determinados matices, ou fraseos, ás veces está ben. Polo tanto a concebimos como un color dentro da nosa música, non como algo importante.
amáis de Luar Na Lubre, ten vostede outros proxectos musicais?
Nestes momentos non.
Pensa que coa produccion de Donal Lunny van deixar de ser os Luar Na Lubre de sempre?
Donal Lunny é musicalmente un mago. Creo que a súa producción vai a aportar un sonido moito máis grande e vai a facer que 'Luar na lubre' sone en disco como en directo. Agora mesmo estamos a traballar con él aquí na Coruña e podoche dicir que é un productor tremendamente respetuoso con a nosa forma de entende-la música, apenas cambiou nada do que nós xa tíñamos, e él o que vai a facer é aportar esa calidade de sonido que tanta falta fai na nosa música moitas veces.
bos días ¿crees que internet e un bó medio de difusión da música galega e da Folck. ¿Poderían facerse Carballeiras on line?
Sí, Internet é un medio idoneo para difundir calquer cousa, por suposto a música folk galega tamén. Creo que hai proxectos interesantes para esta difusión e espero que cheguemos a dar a coñecer a nosa música como realmente se merece. Carballeiras on line é posible que se podan facer pero serían un pouco frías.
Cal é ese sitio que tanto inspira pra compoñe-las tuas cancions? ,dache bo resultado :)
Hai moitos sitios e moita xente nos que inspirarse para facer cancións. A mín persoalmente, me atrae moitísimo a Costa da Morte e xa non só a nivel compositivo senón que tódalas melodías tradicionais desta zona son maravillosas.
¿Que pasa coa túa colaboración en Lume na Palleira?
Foi unha etapa que comenzou en Onda Cero hai dez anos e que continuei na Radio Galega, pero por motivos persoais din por finalizada esta etapa da que me sinto moi satisfeito.
cabe a posibilidade de abrir unha cova Celtica para actuacións un pouquiño mías grandes?
Non. Realmente é necesaria pero creo que nestes momentos eu non teño a capacidade, sobre todo de tempo, para meterne neste tipo de proxectos.
Está remitindo o fenómeno das cantareiras?
Eu creo que non. Mais ben o fenónemo está consolidado e non hai efervescencia que había en anos anteriores. Pero de ningún xeito penso que esté remitindo.
Para alguén que non ten acceso ó 'mundillo folkie', ¿qué grupos novos, non coñecidos lle recomedarías?
Como dou por feito que a música folk galega xa a coñeces, recomendaríache calquera disco donde aparezca Donal Lunny como productor. Penso que son os discos que están marcando un pouco o novo estilo de son dentro do chamado mundo celta. Poderíache citar un en concreto que a mín me marcou do guitarrista bretón Dan Ar Bras, que sacou unha triloxía, producida por Donal Lunny, sobre a música dos países celtas.
Para mín foi un pracer ó estar aquí con todos vós. Como dixen ó principio, paréceme interesantísimo que haxa este tipo de encontros e un pouco como consigna vos pido que apoiedes á xente que está a traballar dentro da música folk no noso país para poder consolidar, dunha vez por todas, un movemento musical galego forte. Unha aperta para todos.