Data?1436006719

El candidato del PSOE a la alcaldía de Lugo, José López
Orozco, aprovechó su presencia en los Encuentros Digitales
de La Voz para destacar su labor como 'director de
orquesta' de una gestión municipal del gobierno de
coalición y la promesa de crear centros sociales en los que
puedan desarrollar sus actividades tanto las personas
mayores como los jóvenes, y recordó que en su momento fue de
los primeros en apoyar al actual secretario general del
PSOE, José Luis Rodríguez Zapatero.

1 José López Orozco 09/07/2015 13:15

Queridos internautas, un saúdo cordial desde A Coruña a través do espacio para todo o mundo.

2 Anónimo 09/07/2015 13:15

Tras la innegable buena gestión del ayuntamiento en estos úlimos cuatro años ¿qué parte de mérito hay que atribuir a cada uno de los dos partidos que gobiernan en coalición?. Muchas gracias. JP

José López Orozco:

Indudablemente ós dous, pero hai que ter en conta que eu fun "un director de orquestra" que dirixiu con man templada (¿esquerda?) e tolerante a xestión dos asuntos da cidade. Traballouse moito e nada que fora de interese para a cidade quedou sen resolver.

3 Anónimo 09/07/2015 13:15

Por qué el PSOE hace fichajes fuera del partido que bajo el manto de independientes se esconden unos autenticos oportunistas que se colocan siempre al sol que más calienta, no son necesarios tales fichajes, solo les benefician ellos, nunca al partido.

José López Orozco:

Agradezo que persoas, desde a súa independencia, se brinden a traballar con nós nun obxectivo común: mellorar as condicións de Lugo. Ninguén é imprescindible, pero si todos necesarios. Estamos abertos a todos e hai moita xente que pode e quere aportar o seu esforzo e traballo nun ideario social como o que representa a nosa candidatura.

4 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Que opina do Regulamento de participación Cidadán?

José López Orozco:

Sen dúbida un paso importante que se deu no noso Goberno. Chega o momento de profundizar na democracia e por iso hai que melloralo, por exemplo, poñendo a figura do Valedor do Cidadán ou coa implantación dun teléfono 010 que estará en funcionamento as 24 horas do día os 365 días do ano.

5 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Ten algún proxecto de actividades interxeneracionais dirixido dende o Concello para a mocidade e outras xeracións?

José López Orozco:

Sempre defendín que os centros sociais son lugares para todos: mozos/as, persoas de mediana idade e persoas maiores. Somos os que formamos a sociedade e todos temos que aprender e ensinar uns dos outros. A experiencia é un "grao" e a xuventude ten unha forza e ilusión contaxiosa que se necesitan en Lugo. Por iso imos facer no próximo mandato dous centros sociais máis (Piringalla e Fontiñas) co fin de que existan máis lugares de encontro nos que se poidan desenvolver esas actividades, que xa se están dando por exemplo nas escolas recuperadas da zona rural.

6 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Está no seu programa definida a vivienda pública con orzamentos concretos aproximados?

José López Orozco:

Efectivamente e por iso tamén se creou a Empresa Municipal de Solo. Promocionaremos esa vivenda pública en solo municipal ou poñendo solo a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Pero ó mesmo tempo é necesario, e así consta no noso proxecto, rehabilitar non só o centro (xa se rehabilitaron 150) senón aqueles barrios que teñen a vivenda sen as comodidades que se esixen hoxe. Tamén xunto co IGVS, daremos subvencións para rehabilitar, nos distintos barrios, estas vivendas para facelas máis habitables e cómodas.

7 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿O seu partido mollarase un pouco máis no tema relacionado coa homosexualidade e teremos por fin os mesmos dereitos que as demás persoas?. Moita sorte Orozco.

José López Orozco:

Fomos pioneiros, como non podía ser menos, nese "mollarse". Unha sociedade é democrática cando se respectan os dereitos de todos, incluidas as minorías. Por iso imos seguir profundizando nesa democracia para que todos nos sintamos a gusto e acollidos como persoas na sociedade.

8 Anónimo 09/07/2015 13:15

Sr Orozco, ¿Quxera saber porqué Lugo non consegui o plan URBAN para a rehabilitación do casco histórico?. Moitas gracias

José López Orozco:

O 7 de xullo do ano 2001 o director xeral de Plans Europeos, que fora nomeado días antes, deixounos claro que o plan URBAN ía ser para Ourense, como así foi. Por iso, acudimos ó mecanismo financieiro da Unión Europea cun proxecto para o casco histórico, a recuperación e a construcción dun parador, pero non se nos deu subvención. A cambio, tras numerosas entrevistas co señor director xeral do IGVS conseguimos que financiara, con 2.500 millóns de pesetas (15 millóns de euros) a compra e rehabilitación de vivendas na zona máis deteriorada do casco histórico. Xunto co que se fixo desde o Concello (recuperación da Praza do Campo, urbanización de todo o casco histórico, alumeado, rehabilitación de vivendas...) estase dando un cambio de 180 graos ó noso ben máis preciado.

9 Anónimo 09/07/2015 13:15

Orozco, solamente felicitarte por tu labor al frente de la alcaldía. Un fuerte abrazo. Adelino soler

José López Orozco:

Adelino, a pesar do tempo, acordácheste de min. Unha forte aperta e poucas cousas hai como ... A Pobra.

10 Anónimo 09/07/2015 13:15

Hola, bos días sr. Alcalde, quixera que me explicara o proxecto para o deporte lucense, élite, base, instalacións, etc.

José López Orozco:

Melloramos tódalas instalacións do Concello. Aumentamos un 146% as subvencións ó deporte de base. Incrementamos as escolas deportivas municipais... Imos construir unha cidade deportiva nas Gándaras, un novo polideportivo en Frigsa e seguiremos facendo os peches externos dos polideportivos de tódolos colexios. Estamos dispostos a debatir e a chegar a acordos con outras administracións e empresas co fin de axudar ó deporte de élite da nosa cidade: baloncesto, fútbol, fútbol sala, voleibol, judo, kárate,...

11 Anónimo 09/07/2015 13:15

Boas tardes. Son un lucense que vive na avda das Fontiñas, ¿ Poderíame explicar onde están as dotacións que nos prometeu hai catro anos?¿ Para cando teremos o parque dos pazariños?. Gracias

José López Orozco:

A dotación fundamental é o Parque dos Paxariños. Dentro de moi poucos días haberá noticias positivas sobre ese tema. Ofertouse o ano pasado á Consellería de Familia o terreo para construir unha gardería infantil. Mellorouse a iluminación dos distintos Carrís (dos Indios, do Outono...). Funciona unha Oficina de Proximidade. Nun breve prazo estará aberta unha ludoteca. No próximo mandato, construiremos o centro social.

12 Anónimo 09/07/2015 13:15

Sr Orozco ,que hara para que la poblacion joven y activa no abandone Lugo en busca de mejores perspectivas laborales?

José López Orozco:

Fundamentalmente facer unha aposta clara e definida pola Universidade e Formación Profesional. Seguiremos coas políticas activas de emprego e por iso inauguramos a Escola Municipal de Emprego e as Oficinas de Proximidade; poñeremos en marcha o Centro Municipal de Empresas en Garabolos, que estamos rehabilitando. Pero o punto fundamental vai ser a creación de solo industrial nas Gándaras para que as empresas de Lugo, os emprendedores e as empresas que veñan de fóra teñan solo industrial en boas condicións. O luns aprobaremos a Empresa Municipal de Solo.

13 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿ Queira preguntarlle, por que o PP protestan tanto porque a Muralla fose declarada patrimonio da humanidade? outros dias din que foi gracias a eles, non o entendo?

José López Orozco:

A Muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade polo traballo común de tódolos lucenses: "Conseguímolo entre todos" foi o lema que se puxo no balcón do Concello aquel 30 de novembro do ano 2000. A partir de aí, comezou un novo momento na nosa cidade que se nota na autoestima dos lucenses, no turismo, nos cambios do casco histórico e no coñecemento externo da nosa cidade.

14 Anónimo 09/07/2015 13:15

-Escoito falar do plan estratéxico pero non sei o que

José López Orozco:

É unha ferramenta de traballo que impulsamos dende o Concello, pero que queremos que se desenvolva por tódalas forzas políticas, sociais e empresariais da cidade. Tódalas cidades desenvolvidas de España son as que consensuaron un plan estratéxico no que consten os obxectivos a conseguir nun prazo determinado e aquelas obras que cubran eses obxectivos. Ese é o meu desexo para Lugo.

15 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Que podemos esperar os veciños do barrio da residencia a uns anos vista, cando esta sexa trasladada?

José López Orozco:

Non consentirei, serei inflexible con todos aqueles que pretendan quitar de alí unha dotación pública que lle deu vida e nome a un barrio. Propoñemos para ese lugar unha residencia da terceira idade, un centro de día, un centro de especialidades, unha unidade de rehabilitación e fisioterapia, un centro social,... é dicir, unha dotación pública que lle dea vida ó barrio, pero nunca desmantelar esa dotación pública.

16 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Como consegue parecer tan cercano?

José López Orozco:

É cuestión de talante. Son un veciño máis, cunha responsabilidade asumida con gusto e ilusión, pero que teño que escoitar, aprender e estar cos pés na terra para entre todos cambiar e mellorar a nosa cidade.

17 Anónimo 09/07/2015 13:15

Poña boa cara que o estamos vendo :-)

José López Orozco:

Estou feliz pero teño ganas de contestar tódalas preguntas, que son moitas. :-)

18 Anónimo 09/07/2015 13:15

Que posicionamento tén o PSOE a respecto da ubicación da Estación de Autobuses?

José López Orozco:

É unha cuestión técnica. Cando chegue o AVE hai que facer unha estación intermodal: ferrocarril e autobús. O lugar ten que ser aquel que permita unha boa comunicación co centro. Podería ser preto da estación de mercancías que se vai construir nas Gándaras.

19 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Que e o que lle fixo fai uns anos avalar a Rodriguez Zapatero para o 35 Congreso do seu partido tendo en conta que era un descoñecido?

José López Orozco:

O seu talante; as súas ideas claras sobre o papel do Partido no seno da sociedade; pero sobre todo, a súa forza para cambiar unha organización no comezo dun novo século.

20 Anónimo 09/07/2015 13:15

Primeiro darlle como lugués a miña enhoraboa pola súa boa xestión como alcalde, quixera preguntarlle se fará máis incapé o Concello por adicar máis fondos á Cooperación Internacional, no Prorgrama Electoral Marco do PSOE figura o tratar de chegar ó 0,7

José López Orozco:

Gracias, pero o traballo é de todos. Levo o compromiso de dedicar máis fondos á cooperación internacional. É imprescindible esa solidariedade, por xustiza.

21 Anónimo 09/07/2015 13:15

No se si procede pero me gustaria saber su opinion. Soy gallego,vivo en Inglaterra y como muchos me senti insultado por las mentiras del gobierno ante el tema Prestige.Me indigna que nadie haya dimitido y no entiendo que no se sigan exigiendo dimisiones.

José López Orozco:

Estou de acordo. Pero estas cousas en política, antes ou despois pasan factura. E en Galicia e en España vaina pasar. Porque por primeira vez os galegos protestamos e non emigramos se puxo en marcha o Plan Galicia. Esixirei o seu cumprimento. É a débeda con Galicia.

22 Anónimo 09/07/2015 13:15

Hola, soy de Santiago. Me llama la atención cómo está destacando en el panorama político. Usted siempre tan campechano y tan educado. Desde luego no me extraña que sea el alcalde más valorado. ¿Cómo hace para no perder la paciencia?

José López Orozco:

Gústame o que fago, gústame ser alcalde; teño vocación de servicio e sei que son un instrumento que ten que aunar vontades para mellorar o conxunto da cidade e colaborar con todos aqueles que queiran facer un Lugo mellor. Sempre estiven cos veciños, sei recibir os seus parabéns e tamén os seus tiróns de orellas.

23 Anónimo 09/07/2015 13:15

¿Cómo podemos aumentar o turismo en Lugo? ¿Ten algún plan?

José López Orozco:

Fun o primeiro en defender a creación dun ente público (empresa ou patronato) para profesionalizar a proxección externa da cidade. Temos que seguir asistindo ás feiras importantes de turismo: Madrid, Barcelona, Berlín, Londres, Bruxelas, etc. Seguir mellorando o casco histórico e os nosos monumentos, así como a gastronomía e a extraordinaria paisaxe do Miño e da zona rural. A Muralla sempre será o leit motiv, pero temos outros valores, algúns deles en proxecto como é o Museo Interactivo da Historia da cidade a construir no que foi o matadoiro de Frigsa.

24 Anónimo 09/07/2015 13:15

Certo é que se mellorou moito a cidade, pero para aqueles que aínda non desfrutamos de infraestructuras e servicios básicos como un camiño asfaltado, saneamento ou alumeado público, ¿será na vindeira lexislatura?

José López Orozco:

Nunca se traballou tanto na zona rural como nestes catro anos. Pero aínda así hai que seguir traballando porque son máis de 1.000 kilómetros de pistas rurais e 302 núcleos que necesitan fundamentalmente saneamento. Seguiremos nese traballo e na mellora dos "puntos negros" de alumeado tal e como estivemos facendo neste mandato.

25 Anónimo 09/07/2015 13:15

Noraboa pola xestión en Lugo. ¿Gustaríalle ser Presidente da Xunta?

José López Orozco:

Só quero ser alcalde de Lugo. O de Presidente... foi un erro, moi gracioso, de catro carteis electorais. Non tema, señor Fraga. ;-)

26 José López Orozco 09/07/2015 13:15

Gracias a todos/as. Pasei un rato extraordinario porque estiven falando con moita xente de algo que para min é un ideal: Lugo.