El candidato socialista a la alcaldía de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo apostó por potenciar el Aeropuerto de Lavacolla y aprovechar el Xacobeo para dar un salto cualitativo
El candidato del PSOE al concello de Santiago de
Compostela y actual alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, apostó en
los encuentros digitales por potenciar el Aeropuerto de
Lavacolla con respecto a los de Vigo y A Coruña para
competir con Oporto. Destacó la oportunidad que brindará el
año próximo el Xacobeo para que Santiago dé un salto
cualitativo y cuantitativo. Negó que esté descendiendo el
número de peregrinos y estudiantes en la ciudad, y aseguró
que el concello apoya a la S.D. Compostela pese a no
defender a su gestor.
Ola un saúdo a todos, especialmente ós composteláns e en xeral a tódolos internautas.
¿Por que censura a SA? ¿Donde esta su preciada libertad de expresion?¿Por que ser vasco y hacer canciones reivindicativas es asociado inmediantemente con el terrorismo?
Eu non exerzo nin pretendo exercer ningún tipo de censura, teño noticias incluso de que SA nos últimos anos non interpreta determinadas cancións dos anos 80 pero o certo é que na súa páxina web seguen figurando a disposición de todo o público determinadas cancións daquela época que constitúen, o meu xuízo, un auténtico escarnio para as víctimas do terrorismo, moi especialmente policías e membros do colectivo Basta Xa e inclúso unha delas que ten por título 'Explota cerdo' adicada a un destacado membro da Ertzainza que fóra coronel do exército particulamrmente creo que é Apoloxía do terrorismo. Non me corresponde a min xulgar, pero non me parece bén que medios públicos, instalacións financiadas con impostos de tódolos cidadáns sexan utilizadas para promocionar este tipo de actividade. Eu creo que a liberdade de expresión é unha cousa que debe ser protexida e defendida e o dereito á mofa, á befa das víctimas ou á defende-la discrimanción racial non están amparados pola liberdade de expresión.
¿piensa lanzar, esta vez de verdad, la mancumunidad de municipios?
Non só o penso senón que está constituída e entre todos estamos traballando a diante.
¿Hasta que punto cree usted que se producirá un cambio político en los Concellos gallegos ?
Eu non estarei seguro ata o día 25 ás dez da noite.
Cuándo se va a llevar a cabo el proyecto de juntar la estación de tren y la de bus?
No ano 2008 entrará en funcionamento a nova estación do ave e vinculado a ela a estación intermodal, de tal maneira que estarán integrados o automóbil, o tren e o autobús.
¿Es cierto lo del proyecto del metro ligero? Para cuando estaria? Que comunicaria?
Está incluído no proxecto 2003-2013. É moi caro, 132 millóns de euros, e de moi difícil encaixe.
¿Qué razóns "poderosas" tivo para non permitir a celebración dos premios MAX en Santiago?
Iso non é certo, o Concello mantivo o seu apoio ós premios Max en todo momento, o que dixemos é que nós non nos podiamos facer cargo de abonar a subvención primeiro comprometida e logo retirada pola Xunta de Galicia.
¿É vostede o Joan Clos de Santiago?
Ogallá.
¿Qué lle parece a situación de Arxentina. Ten familia emigrante?
Si teño familia na emigración arxentina, aínda que non a coñezo. Paréceme lamentable a situación arxentina e resúltame incomprensible o resultado das últimas eleccións.
¿Se van a crear plazas de aparcamiento para los residente en el Casco antiguo, o por el contrario seguiran eliminandose como estos ultimos 4 años?
No casco histórico de Santiago prácticamente existen moi poucas prazas de estacionamento na vía pública. Desde hai tempo a nosa política é construír unha rede perimetral de aparcamentos na améndoa do casco histórico: Praza de Galicia, San Clemente, Xoan XXIII, Belvís e a vindeira semana inaguraremos o da Salle. Na vindeira lexislatura se inaugurará o de Xoan Carlos I e outro novo en Belvís. En total máis de 3000 prazas de párking.
moitos altos estudios musicais, moito auditorio e non son quen de cubri-las prazas da Banda de Música, a máis antiga de Galicia
As prazas vacantes na banda de música non foi posible LEGALMENTE cubrilas porque nas leis de acompañamento presupuestario dende 1996 ata o ano 2002 non autorizaban a cobertura como máximo do 25% das vacantes efectivas combinada coa ampliación da idade de xubliación ata os 70 anos. Esta limitación afectou á totalidade dos servicios municipais, salvo á Policía e dende o ano 2002 ós bombeiros, cousa que pola pregunta debes coñecer perfectamente.
¿Cómo valora o papel do BNG no Concello, vería con bos ollos outro pacto tras estas eleccións?
O BNG xogou un bó papel durante este mandaato municipal e teño que salientar moi especialmente o papel e a colaboración de Encarna Otero. Ante outro mandato teño que dicir que vexo con preocupación a política que veñen seguindo os representantes municipais do Bloque de marcar diferencias coa maoiría do governo municipal e incluso determinados compromisos que están adquirindo que son contradictorios coa política que viñemos seguindo ata o día de hoxe: exemplo, compromiso de construcción do aparcamento debaixo da Praza de Abastos.
¿El Xacobeo le provoca vértigo?
Non, prodúceme unha gran ilusión e danos ós cidadáns de Compostela a oportunidade de prantexarnos un novo reto baixo o epígrafe de Compostela 2004-2010 debemos prantexarnos que Santiago de un novo salto cuantitativo e cualitativo afrontando os temas que temos pendentes e abordando a transformación da nosa cidade como centro loxístico de Galicia, consolidando o noso papel como referencia turística e cultural e ofrecendo mellores condicións e calidade de vida ós nosos cidadáns. E dadas as circunstancias constitúen unha nova oportunidade para relanzar a Galicia.
¿Cómo es posible que teniendo sus propios abogados en la plantilla el Concello se plantee externalizar dicho servicio?
Os servicios xurídicos son moi comprexos, diversificados e esixen un alto grao de especialización. Un COncello da nosa dimensión é moi difícil que poida ter no seu cadro de persoal especialistas en dereito laboral, civíl, mercantil, administrativo ou penal, polo tanto parece axeitado ter unha estrcutra básica e contratar en tódolos casos que se estime oportuno unha asistencia xurídica especializada. Desde que aplicamos este sistema os nosos resultados melloraron espectacularmente, de feito nos procesos sometidos a este sistema estamos gañando no entorno do 90% dos casos.
¿De qué maneira van fomentar o emprego da numerosa xente nova parada da cidade?
No noso programa electoral dedicamos un capítulo enteiro ó fomento do emprego que constitúe unha aúténtica prioridade para nós. Resúltame difícil resumir nunhas liñas o conxunto das propostas que xa resumidas no programa ocupan sobre 20 páxinas pero básicamente falamos de creación de viveiros de empresas, de fomentar unha formación profesional orientada cara ás demandas do mercado, de facilitar solo empresarial, de crear un órgano especializado na captación de inverións e recursos. Gustaríame convidalo a que se pase polo noso local electoral, na rúa da Senra, ou se nos facilita a súa dirección con sumo gusto fareina chegar ó seu domicilio.
¿No se está pecando de electoralismo? Alumbrado en Sarela, asfaltado en Castiñeiriño, parque del pajonal ¿en cuatro años no se pudieron hacer esas obras menores? ¿justo ahora es necesario?
O longo de 4 anos se fixeron moitas obras, no caso do parque do Paxonal-Eugenio Granell o maior parque urbano de Santiago e Galicia, non me parece que sexa unha obra menor. En todo caso non imos deixar de facer obras porque haxa eleccións.
Cuando tendremos canchas de tenis y de fronton municipales?
Recoñezo que é unha asignatura pendente, no caso das canchas de tenis temos previsto no entorno do Multiusos do Sar ampliar o campo deportivo e preparar unha ampla zona de instalacións deportivas ó aire libre na que estarán incluídas varias canchas de tenis. O frontón temos que estudialo.
¿Cómo es que el Papa viene a España y no visita Compostela?
A min tamén que viñera a Santiago e senón é este ano me gustaría que viñera no Ano Santo do 2004, pero lóxicamente é unha decisión papal. Nós estaremos encantados de recibilo cando el queira ou poida vir.
Non sería maís lóxico facer un AVE en forma de L que unise Ourense e A coruña por Vigo co que se vertebraría Galicia? Parecelle lóxico que os veciños de Vigo e area (600.000 persoas teñamos que ir por Compostela?
Non, o AVE tal como está prantexado permite que o conxunto dos cidadáns de Galicia, non só os de Vigo, teñan un mellor servicio. Por outra banda lembrar o compromiso do Ministerio de Fomento de levar o AVE ata Vigo e Lugo.
Ahora que la fuerza de los estudiantes y los peregrinos va remitiendo, ¿cuáles son sus proyectos para conseguir que Santiago siga creciendo al carecer de industria?
Non é certo que vaia remitindo nin os peregrinos nin o turismo, todo o contrario. Como dato só lembrarlle que nos dez últimos anos Santiago pasou de 12 a 74 hoteis e hai varios más en construcción. TAmpouco é certo que Santiago careza de industria, empresas como Televés, Intelsis ou Finsa, empresas con sede en santiago e cun capital social maioritariamente compostelano son boa proba delo. Aparte diso, Santiago vai a dar un gran salto cualitativo nos 10 ou 12 próximos anos pola combinación de varios elementos: posición xeográfica central en Galicia, boas comunicacións co conxunto das capitais galegas, boa comunicación por tren e por avión con Madrid. Desde o punto de vista municipal as nosas prioridade vanse centrar na posta a disposición das empresas de máis de 6 millóns de metros cuadrados de solo empresarial e na creación dun organismo especializado, o Instituto de Promoción Económica e de Emprego de Compostela (IPECO) como órgano especializado destinado á captación de investimentos, á facilitar a implantación de empresas na nosa cidade e á colaboración cos axentes económicos e sociais na formación de persoal e en tódolos ámbitos que se consideren axeitados para facilitar o desenvolvemento ecomómico.
Santiago es una ciudad llena de gente joven pero parece que ninguno de los jóvenes que va allí a estudiar se plantea quedarse. ¿Tiene algún proyecto para captar la atención de ese sector en materia de empleo o vivienda?
Nestos 4 anos, recibiu un impulso espectacular a política construcción de vivendas e especialmente de vivendas protexidas, en total se iniciaron 6000 novas vivendas delas máis de 1200 protexidas pero o máis importante é que temos establecido a partir dos dous novos convenios asinados co IGVS, coas modificacións do plan xeral actual xa aprobadas, co planeamento parcial xa desenvolvido ou en fase de desenvolvemento e a través tanto do propio Instituto coma da empresa municipal Emuvissa de desenvolver un amplísimo programa de vivendas protexidas nos vindeiros 4 anos. En total 5000 novas vivendas protexidas, delas 1000 en réxime de aluger con dereito á compra, destinadas especialmente á población xoven e 500 de tipo social par a población carente de recursos económicos. Destas 5000 a primeira pedra do primeiro polígono se colocará o vindeiro día 7 en Fontiñas. Xunto coa creación de emprego, son para min as dúas maiores prioridades no vindeiro mandato.
¿Cómo se va a suplir la pérdida de recaudación por el IAE?
En principio o Estado ten a obriga legal, así o establece a Lei de Acompañamento Presupuestario e a Modificación da Lei de Facendas Locais de compensar ós concellos pola pérdida da recaudación procedente desde imposto pero é certo que a día de hoxe non sabemos nada nin de canto nos van a compensar nin de cando teñen pensado facelo.
En Santiago hay muchos locales de ocio que incumplen normativas, sobre todo de ruidos. ¿Que hace el concello para evitarlo?
En Santiago, en Galicia e en España. Non é un problema exclusivo de Santiago nin é maior en Santiago que en outra cidades que eu coñezo. por parte do Concello se están tramitando docenas de expedientes sancionadores, varios dos cales conclúen co peche dos locais afectados, o cal non impide nin que unha vez subsanadas as infraccións poidan abrir, nin que as decisións municipais sexan recurribles diante da xustiza e que esta nalgúns casos avala a actuación municipal e noutros dalle a razón ós sancionados e tamén nalgúns casos ampara a actuación municipal e noutros casos ampara ós afectados. En todo caso dado o noso sistema xurídico e complexo e como é lóxico, tódalas acutacións administrativas son recurribles e en xeral recurridas diante da Xustiza, por iso os expedientes deben ir perfectamente construídos respetando tódolos prazos e dereitos que a Lei concede ós presuntos infractores ou doutro xeito todo o que apuremos antes pode ter como consecuencia a anulación ou declaración de nulidade das actuacións realizadas. Non é doado nin en Santiago nin en ningunha cidade española, o noso sistema legal, o meu xuízo hipergarantista, ten esta dificultade. Pero tamén seguramente tódolos que nos parece excesivamente prolixo e complexo, cando nos convertemos en parte afectada, non dubidamos en utilizar todo o amplo abano de garantías que a Lei nos ofrece. No que é á miña opinión se refire, aínda sabendo que Santiago é unha cidade con 30000 estudiantes, que teñen un ciclo que non é exactamente o mesmo que o dos cidadáns que nos temos que erguer diariamente ás sete da mañá e que o límite da diversión duns remata no dereito ó descanso dos demais.
Por que no pide de una vez que se cierren los aeropuesto de Vigo y La Coruña y solo quede el de Santiago?
Eu non creo que nós debamos pedir o peche de ningún aeroporto, simplemente debemos prantexar que ou se fai a maior aposta por un, o que reúna mellores condicións, teña máis posibilidades de crecemento e esté mellor comunicado co resto de Galicia ou non teña a menor dúbida de que o gran aeroporto do Noroete peninsular estará en Oporto.
¿Va a cambiar la actitud del Concello con respecto a la S.D. Compostela?
O Concello sempre apoiou e seguirá apoiando ó Compostela. Outra cuestión distinta é que apoiara a xestión do seu presidente e moito menos que esté disposta a facer recaer sobre o conxunto dos cidadáns as consecuencias desta xestión.
¿Qué proyectos tiene para remediar la desastrosa situación de la Rúa de Betanzos?
Todo iso sen esaxerar. Xa está encargado un proxecto de remodelación da Rua de Betanzos que acometeremos unha vez que rematen as novas obras na Rúa de San Pedro que saen á licitación estes días. Vostede saberá que non podemos pechaar o tráfico ambas rúas á vez.
¿Tiene algún compromiso con Manuel Fraga para que Santiago lleve su basura a Sogama?
A día de hoxe non.
Señor Bugallo, pida un deseo para Santiago
Desexo que a nosa cidade sega progresando en tódolos aspectos, social e económicamente, preservando a cultura galega e universal, o patrimonio histórico que herdamos dos nosos antepasados, comprometida co conxunto de Galicia, cunha cidade tolerante e aberta para todos os que nela viven ou veñan a vivir no futuro. En suma unha cidade da que todos os galegos e compostelanos nos poidamos sentir orgullosos e á vez na que poidamos vivir, traballar e disfrutar.
Estou moi agradecido a todos os que nos acompañaron ó longo do encontro, foi para min un pracer estar aquí e espero ter a ocasión de coñecer persoalmente ós que conectaron con nós. Unha aperta a todos.