Data?1436006777

El candidato del PSOE a la alcaldía de Ferrol, Amable
Dopico, aseguró en su encuentro con los internautas que Juan
Fernández es una 'candidatura duplicada del PP'.
En su opinión, hay que clarificar 'diante dos
ciudadanos cales van a ser de verdad as posicións de cada
un'. Y es que cree que un pacto PP-IF
'paralizaría' de nuevo el concello de Ferrol.
Sobre la posibilidad de reanudar el pacto de su formación
con el BNG afirmó que está a favor de un pacto de las
fuerzas progresistas.

1 Amable Dopico 09/07/2015 13:18

Bos días a todos ós internautas que están en contacto coa Voz de Galicia. A vosa disposición para o que queirades preguntar.

2 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿cómo valora Vd. el emplazamiento de la planta de gas en Mugardos?

Amable Dopico:

Penso que o emplazamento da planta de gas ten que ser en Prioriño. Tal como un estudo de impacto ambiental aprobou no seu día cando Repsol era unha empresa pública. Ese é o emprazamento adecuado e que non presenta ningún risco.

3 Anónimo 09/07/2015 13:18

estaría disposto a reanudar o pacto con bng, para manter fora da alcaldía o pp

Amable Dopico:

No asunto de pactos queremos ser moi claros. En Ferrol nunca houbo maiorías absolutas. Nosoutros estamos por un pacto con forzas progresistas que lle dea estabilidade ó goberno de Ferrol. Me parece que hai outras forzas, como é o PP e IF, que non aclaran cal vai a ser a súa posición. Hai que clarificar diante dos ciudadanos cales van a ser de verdad as posicións de cada un. Un pacto PP-IF volvería a paralizar o concello tal como pasou no 95-99. Juan Fernández, cos contactos co Señor Fraga, está sendo unha candidatura duplicada do PP.

4 Anónimo 09/07/2015 13:18

Boas señor Dopico. ¿Cáles son as políticas que plantexa vostede para resolver o problema do endeudamento financeiro nas arcas municipales?. Saúdos e boa sorte nas eleccións.

Amable Dopico:

Fundamentalmente mellorar os ingresos. Para elo, sobre todo, o que defendemos é un convenio con Defensa donde ademais de falar dos terreos e instalacións desafectadas, hai que falar de que Defensa e Izar paguen os seus impostos en pé de igualdade con todos os cidadáns de Ferrol.

5 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que pode facerse para sacar a Ferrol na situación na que se encontra?

Amable Dopico:

O primeiro dos grandes eixos do noso programa é o emprego e o desenvolvemento económico. O concello ten que liderar un gran pacto polo emprego que se aplicaría a través dun consello de desenvolvemento local no que estarían representadas todas as forzas sociais como empresarios, sindicatos, Cámara de Comercio, entidades financeiras, Universidade, etc.. Ese esforzo tería que coordinalo o concello prácticamente o alcalde para conseguir darlle a volta a nosa situación tanto industrial como comercial e de servicios. Isto foi abordado en outras cidades con problemáticas similares con éxito, por exemplo, Gijón, Getafe, Hospitalet, etc... Nosoutros queremos abordar desde unha alcaldía socialista o que outros alcaldes socialistas foron capaces de facer en esos pobos.

6 Anónimo 09/07/2015 13:18

qué opinión persoal ten vostede de Xaime Bello?

Amable Dopico:

Creo que foi un bon socio de goberno. O pacto foi positivo e sirveu para sacar adiante proxectos fundamentais para Ferrol que estaban parados desde había catro anos.

7 Anónimo 09/07/2015 13:18

Falemos de cousas concretas: ¿por que están as rúas de ferrol como están?

Amable Dopico:

Todos sabemos que as rúas de Ferrol necesitaban unha inversión forte para a súa renovación. Agora estamos instalando novas infraestructuras como é o gas e o cable. A partires deste ano se van a investir máis de 3.000 millóns das antigas pesetas en reurbanizar máis de 38 rúas. Mentras, estamos a facer mantementos de urxencia hasta acometer esos grandes cambios, confiamos en que esta situación dure pouco.

8 Anónimo 09/07/2015 13:18

Valore de 0 a 10 su experiencia de cogobierno con el BNG

Amable Dopico:

Decíamos antes que a experiencia foi positiva. Fixemos un exercicio de responsabilidade para, superando pequenos problemas, conseguir que Ferrol tuvera un goberno eficaz. O próximo día 25 son os cidaddáns os que deben pronunciarse sobre si queren un goberno progresista ou un goberno de dereitas.

9 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Por queFerrol renuncia a capitalizar o norte de Galicia, e a forza de querer ser un barrio da coruña parece condenado a ser un barrio de narón?

Amable Dopico:

Ferrol non renuncia a ser a capital do norte de Galicia. A nosa insistencia en reclamar unha transcantábrica pola costa está encamiñada a que Ferrol sirva de referencia para a toda a comarca do Ortegal. Ferrol vai a ser esa referencia sin ningunha dúbida. Con Coruña hai que manter unha relación normal buscando complentariedades. Hoxe en día cando se fala do eixo Oporto-Ferrol para as comunicacións de futuro, non ten sentido quedarse en localismos estériles. Temos que abrirnos ó exterior e non pecharnos en nós mesmos nin poñer raias donde os cidadásn non as poñen.

10 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que pensa de Juan Fernández? Sorte nas eleccións

Amable Dopico:

Juan Fernández tuvo unha oportunidade no 95-99. A súa coalición co PP fracasou e o concello estuvo paralizado durante catro anos. A pesares dos intentos do PP de Santiago por convertilo nun PP bis, calquer posibilidade de reeditar ese antiguo pacto creo que vai ser negativo para Ferrol. Ademais, quen vote a Juan Fernández está colaborando a votar ós responsables da xestión na catástrofe do Prestige.

11 Anónimo 09/07/2015 13:18

Bos días, don Amable ¿Que pasa coa candidatura de Ferrol a capital cultural europea?

Amable Dopico:

Ferrol é candidato a ser declarado Patrimonio da Humanidade nos seus arsenais e castelos da ría. Temos que poñer en valor o noso patrimonio para sea unha referencia mundial ademais de ser con ilo unha maneira de conseguir unha posición de referencia no turismo. É outra maneira de conseguir riqueza e emprego para a nosa cidade. No próximo ano vamos a ter unha infraestructuras culturales de primeiro nivel, o Jofre, o Centro Cultural Torrente Ballester, o Museo de Ferrerías para a construcción naval, etc... Todo isto ten que supoñer un auténtico pulo para a nosa actividade cultural para Ferrol e para toda a comarca.

12 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que recordos garda do seu paso pola dirección de Astano?

Amable Dopico:

Recordos moi positivos aínda que pasáramos por momentos moi duros. O esforzo feito para introducir a Astano no mundo Off-shore pagou a pena. Astano segue aberto e traballando e confiamos en que agora se lle de a libertade de poder traballar tamén na construcción naval tradicional. Sempre seguirei pendente dos seus problemas para axudar en todo o que poida.

13 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Por que Ferrol perdeu tanto peso político en Galicia durante estes catro anos?

Amable Dopico:

Non estou dacordo en que Ferrol perdera peso político estes últimos catro anos. Ferrol ten uns problemas que están en vías de solucións e ten que ser unha cidade máis de Galicia e pé de igualdade con todas. Temos que ser quen de explicar tamén ós demais cales son os nosos proxectos e os nosos obxetivos. Estou seguro de que Ferrol si os seus cidadáns queren saldrá adiante. Para eso se necesitan gobernos fortes e alonxados de calquer localismo estéril.

14 Anónimo 09/07/2015 13:18

con que propostas pensa que podería seducir os xoves e os gais, dous colectivos que parecen non contar moito nestas eleccións

Amable Dopico:

Ós xoves hai que ofrecerlles unha auténtica oprtunidade de traballar na súa terra. Os xóves moitas veces teñen que ir traballar fóra de Ferrol. Todo o que levamos falado do emprego ten aplicación directa á súa problemática. Tamén estamos decididos a resolver outros problemas que teñen como é o acceso á vivenda, que lles obriga a retrasar moito o seu emancipamento. O respeto dos gais, temos pensado que unha concellalía de igualdade debe ocuparse de resolver os problemas deste colectivo que debe ser tratado en absoluto pé de igualdade como calquer outro. Vamos a revitalizar o rexistro de parellas de feito, creado en tempos doutra alcaldía socialista. Tuven reunións con membros do colectivo GLBT, de gais e lesbianas, e a súa problemática debe ser tratada con moita seriedade. Esta concellalía de igualdade ocuparase tamén dos problemas dos emigrantes retornados e da inmigración, colectivos que teñen situacións que non son aceptables.

15 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que hai de continuidade na súa política que lle dea continuidade ao feito na alcaldía por manuel couce pereiro?

Amable Dopico:

Hoxe todo o mundo recoñece en Ferrol que a alcaldía de Manuel Couce foi das máis positivas para a cidade. Eu aspiro a continuar a traxectoria de alcaldes socialistas como él ou Xaime Quintanilla e dos actuales BUgallo, Paco Vázquez e Orozco, algo terán cando a ciudadanía cada vez lles presta máis apoio. A proximidade e o contacto cos problemas da xente son a mellor receta para gobernar coa participación de todos.

16 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿cual es su proyecto "estrella"?

Amable Dopico:

Os principais proxectos da nosa candidatura son o emprego e o desenvolvemento económico, conseguir unha cidade máis humanizada, o gran convenio con Defensa e abrir a cidade ó mar. O proxecto estrella está en conseguir que de verdade estos catro eixos principais funcionen.

17 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Por que o seu partido se <desmarca> de Nunca Máis? ¿Coincide vostede coa postura de Touriño?

Amable Dopico:

O noso partido nunca se desmarcou de Nunca Máis. Eso xa foi aclarado polo señor Touriño e desde logo esa é a miña postura. Nunca Máis está por riba de calquer asignación partidista. É un auténtico berro de resposta de toda a cidadanía galega en contra dun goberno do PP que deixou á sociedade galega completamente desamparada e abandonada ante a súa crise máis grande. É unha afirmación tamén en positivo do que queremos que sea Galicia a partir de agora.

18 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Por que o seu partido renunciou á demanda de que se constrúa un vial que vertebre o norte de Galicia pola costa? ¿Non estaban vostedes na loita pola transcantábrica? Sorte nas eleccións

Amable Dopico:

Nunca renunciamos a ese vial. A nosa proposta segue sendo de que a Trascantábrica veña pola costa, tanto para comunicar o Ortegal como para que Ferrol sea a capital de referencia para toda esa zona. Foi o goberno da Xunta do PP e o goberno central tamén do PP os que non aceptan esa solución. Agora falan dun vial de alta capacidade que sirva para esa comunicación. Nosoutros seguiremos insistindo en resolver ese problema.

19 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que opinión lle merece a proposta de que Ferrol conte cun estatuto de capitalidade propio, para que as Administracións supramunicipais compensen os miles de postos de traballo que aquí se perderon?

Amable Dopico:

Ferrol ten que ter un estatuto especial que recolla o feito da súa situación especial como cidade dedicada á defensa. Estos próximos catro anos teñen que ser os anos de conseguir este estatuto e unha nova relación con Defensa que compense todo o que ata agora non se fixo.

20 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que opinión lle merecen as valoracións da enquisa publicada o domingo pola voz?

Amable Dopico:

A auténtica enquisa é a do día 25 de maio. Nosoutros nas anteriores eleccións tivemos un resultado bastante distinto ó que nos pronosticaban as enquisas. Nas autonómicas pasou tamén o mismo. Así que estamos confiados de que vamos a ter un resultado moi bon cando os cidadásn voten. Lémbrome de Orozco en Lugo que da terceira posición que lle pronosticaban pasou a ser o alcalde. Así que, volvo a repetir, o día 25 teremos o resultado.

21 Amable Dopico 09/07/2015 13:18

Gracias polas preguntas. Espero que non foran moitas as preguntas que quedaron sen responder e gracias á Voz de Galicia pola oportunidade de conectar con todos os internautas. Graciñas.