Data?1436006869

El candidato del BNG a la alcaldía de Vigo, Lois Pérez
Castrillo, afirmó que durante los últimos cuatro años de
gobierno en coalición se aprobaron muchos proyectos para la
ciudad y que en ningún caso se dejó de realizar alguno por
discrepancias gubernamentales. De todas formas, a la hora de
calificar la fidelidad del PSOE al pacto de gobierno el
candidato no quiso darles el aprobado y se quedó con un 4.

1 Lois Pérez Castrillo 09/07/2015 13:25

Ola, son Lois Castrillo. Estou encantado de estar aquí convosco e de respostar as vosas preguntas.

2 Anónimo 09/07/2015 13:25

Vostede di que non privatizou ningún servizo. As contratacións e asesorías técnicas se consideraban privatizacións encubertas cando gobernaba o PP. ¿Os funcionarios non sirven nin para atender o teléfono do Concello e informar ós cidadáns?

Lois Pérez Castrillo:

os servizos que estaban privatizados non os podemos recuperar porque isto suporia a bancarrota do concello, nunca criticamos as asesorias e si as privatizacións do PP. Temos recuperado o control directo de servizos como o de arrecadación. Temos criado mais emprego público que na corporación anterior. Temos criado un servizo de control das concesionarias. ....

3 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Deixará o Concello se non consigue seguir como alcalde? ¿Podese ser xeneral e despois sólo cabo?

Lois Pérez Castrillo:

Podese ser calquer cousa se estás ó servizo da tua cidade e non pos a cidade ó teu servizo. Non vou marchar da corporación, e xa o demostrei na anterior.

4 Anónimo 09/07/2015 13:25

Porqué no ha aceptado ningún debate en el que estén preesentes todos los candidatos de los grupos con representación municipal?

Lois Pérez Castrillo:

Si teñoo aceptado, pero non me teñen aparecido.

5 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿que pensou para solventar o problema do aparcamento nas praias?

Lois Pérez Castrillo:

Facer mais aparcamentos. No novo plan xeral contemplanse xa as súas ubicacións futuras.

6 Anónimo 09/07/2015 13:25

Na crise do Prestige a actuación do Concello de Vigo foi exemplar. Nas situacións difíciles é cando se ve a valía das persoas. Por qué non din esto na campaña?

Lois Pérez Castrillo:

Si o decimos, ven ó noso mitin.

7 Anónimo 09/07/2015 13:25

Paréceme sobresaliente o feito de poñer comedores escolares nos centros educativos para poder compatibilizar vida familiar e laboral, ¿vanse ampliar os horarios das garderías?

Lois Pérez Castrillo:

A do casco vello xa ten horario ampliado, e as próximas seguirán ese camiño. As garderías municipais teñen un horario mais flexibel ca os da Xunta.

8 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Qué lle parece a proposta da candidata popular de eliminar a taxa do lixo?

Lois Pérez Castrillo:

Debe estar moi desesperada para propoñer tamaña cousa.

9 Anónimo 09/07/2015 13:25

por que marxina as politicas de mocidade dende o concello (por favor non omita esta pregunta)

Lois Pérez Castrillo:

¿Tes ido por noites vivas? Mais de 20.000 mozos foron o ano pasado. Nunca tanto mozo/a participou nun programa municipal.

10 Anónimo 09/07/2015 13:25

Presume de ter criado emprego público, pero ¿serve de algo se plantillas coma a da Policía Local pasan máis tempo ó ano de baixa que traballando?

Lois Pérez Castrillo:

Non é certo esta afirmación. Nestes catro anos tense combatido o absentismo con resultados positivos. Seguiremos incrementando a plantilla municipal para dar mellor servizo ós cidadáns.

11 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Cre que foi beneficioso para Vigo ser un refén do PSOE? Lores demostrou que se pode gobernar en minoría con apoios puntuais do PSOE.

Lois Pérez Castrillo:

Nunca tantos proxectos vironse culminados en Vigo coma nestes catro anos. Dime algo que quedara no tinteiro por unha discrepancia no governo.

12 Anónimo 09/07/2015 13:25

No se esta reclamando nada de la chapuza del cruce de la circunvalacion con Castrelos. Desde su inauguracion el barrio tiene que sufrir un trafico lamentable agravado por las direcciones únicas que su partido iba a suprimir. ¿que se puede hacer?

Lois Pérez Castrillo:

Temos previsto un tunel desde a circunvalación ate mais menos Balaídos.

13 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Cree que poderá recuperar, de aquí ó 25, a vantaxe que lle leva o candidato do PSOE?

Lois Pérez Castrillo:

Naide sabe quen leva ventaxa. Eso saberase o 25. En todo caso, ¿conto co teu voto?

14 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Esta disposto a pactar co PSOE sexa que sexa o que quede por enriba?

Lois Pérez Castrillo:

Xa o teño feito no ano 91, en todo caso, os pactos dispois das eleccións e sobre un modelo claro da cidade. De momento non teño ouvido nengunha proposta do PSOE sobre que quere facer de Vigo.

15 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Por que non crea o Concello de Vigo un informe sobre os pecios afundidos na Ría de Vigo e se intenta recuperar un activo para a cidade?

Lois Pérez Castrillo:

Unha idea moi interesante, pero non temos competencias para elo.

16 Anónimo 09/07/2015 13:25

Cal é a súa opinión respecto da solución proposta polo PP para a autovía Vigo-Porriño?

Lois Pérez Castrillo:

O que propuxo o PP non é unha solución, é iniciar un estudo que xa hai catro anos estaba feito.

17 Anónimo 09/07/2015 13:25

A pesares da sua promesa de non subir os impostos maia alo do IPC, as taxas subiron en grande medida. ¿Que sabe agora que non sabia na ultima campaña? e, ¿Que é o que non sabe nesta campaña?

Lois Pérez Castrillo:

A taxa do lixo paga so unha parte do novo servizo de recollida de lixo, que o PP non foi capaz de por en marcha: novos camións, nova tecnoloxía, novos contenedores, mais persoal de barrido, recollida todolos días... Isto é o que deben saber os cidadáns, o servizo de recollida é mais moderno que en 1999.

18 Anónimo 09/07/2015 13:25

Mariño leva vivindo en Vigo só dende hai 3 anos e descoñece a política municipal, Corina foi elexida concelleira no 99 e abandonou aos catro meses. Vostede sempre asumiu o seu compromiso con Vigo. Non cre que esa é a súa principal ventaxa?

Lois Pérez Castrillo:

Si.

19 Anónimo 09/07/2015 13:25

cal e a situacion finacieira real do concello de Vigo? como se fai frente a reduccion da debeda?

Lois Pérez Castrillo:

En 1999, a debeda estaba case nos límites legais permitidos: un 110%. Hoxe está nun 80%. A clave é saber xestionar, combatir o fraude fiscal, negociar mellor as operacións de préstamo.

20 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿algo que quedara no tinteiro por discrepancias? ¿Que pasou cos presupostos do 2000?

Lois Pérez Castrillo:

Están aprobados e executados. Este governo foi quen de aprobar catro orzamentos. É o primeiro en oito anos que o logra.

21 Anónimo 09/07/2015 13:25

Estimado Sr. Castrillo, no caso de voltar a governar (o mais provável) em Vigo, quais som as suas propostas no marco da normalizaçom linguística e as relaçoms com o mundo lusófono ? Obrigado e muita sorte.

Lois Pérez Castrillo:

Mui intensas.

22 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿poderías calificar do 1 ó 10 a fidelidade do PSdG PSOE ó pacto de goberno ?

Lois Pérez Castrillo:

Depende da fracción do PSOE, globalmente 4.

23 Anónimo 09/07/2015 13:25

qué espectativas atribuie á sua candidatura?

Lois Pérez Castrillo:

Moi boas se votas por mín e convences ós teus amigos e amigas. Creo que teño demostrado que non defraudo.

24 Anónimo 09/07/2015 13:25

boa tarde, lois; por favor, enumere os 3 principais erros do seu mandato; gracias e sorte.

Lois Pérez Castrillo:

O que non toma decisións non erra. Seguro que cometemos algúns. Pero da experiencia sacamos conclusións para corrixilos no próximo mandato.

25 Anónimo 09/07/2015 13:25

Por que han fracasado actuaciones como la FINCA do CONDE o CARBALLA ?

Lois Pérez Castrillo:

¿En que sentido fracasaron?

26 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿no considera excesivo el pago del impuesto de circulación para el deficiente servicio de asfaltado que ofrece Vigo?

Lois Pérez Castrillo:

Estamos desde hai dous meses cun programa de asfaltado que durará cando menos tres meses mais e que ten a finalidade de mellorar a rodadura agora que as obras de canalización remataron.

27 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Podería concretar os tres ou catro proxectos que considere máis importantes para Vigo na próxima lexislatura (no caso de sair elixido, claro)? Gracias.

Lois Pérez Castrillo:

Un, renovar o barrio de Teis desde Sanjurjo Badía ate Julián Estévez, o paseo da Guia e un complexo público na Etea. Dous, impulsar o novo plan xeral. Tres, incrementar as políticas sociais.

28 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Por que tanto retraso na tramitacion do novo Balaidos? ¿Por que cree que Gomez retrasou a presentacion dos papeis ata despois das eleccions?

Lois Pérez Castrillo:

Non é tema electoral. Hai algún problema de tráfico que temos que estudar ben. Concello e Celta colaboran perfectamente.

29 Anónimo 09/07/2015 13:25

Cal vai a ser a novedade no URBANISMO vigues no seu seguinte mandato? Para cando o novo PXOUM?

Lois Pérez Castrillo:

Que non sexa nen motivo de polémica política nen de sentencia xudicial. O novo PXOUM conto con que estea para a aprobación inicial neste ano.

30 Anónimo 09/07/2015 13:25

Mercedes fabrica en Stturgart e a cidade ten dous museos do automovil. BMW fabrica en Munich e tamén teñen museo do automovil. En Vigo fabrica Citroën: ¿para cando un museo industrial nunha cidade obreira?

Lois Pérez Castrillo:

É unha boa suxerencia. Nós temos no programa algo semellante, chamamoslle Museo das técnicas industriais.

31 Anónimo 09/07/2015 13:25

¿Ten previsto algún plan para evita-los enormes atascos que se forman por mor da dobre fila á entrada e saída dos colexios?

Lois Pérez Castrillo:

Debese utilizar mais o transporte escolar e menos o vehículo privado. Temos feito un esforzo por controlar o estado dos autobuses para mellorar a seguridade dos mesmos e queremos negociar coa Xunta a ampliación da rede de transporte escolar (xa que é a sua competencia).

32 Anónimo 09/07/2015 13:25

Cuales son las responsabilidades municipales en el caos del urbanismo vigues? Que le pareceria dar trato igualiario a propietarios iniciales del suelo, propomotres -APROIN- y compradores de viviendas? No cree que marcaría un precedente revolucionario?

Lois Pérez Castrillo:

O caos é fruto de como ten medrado a cidade. Queremos que o novo plan xeral ordene o crecemento da mesma e cada desenrolo urbanístico teña non so vivendas senón novos viais, zonas verdes, infraestructuras dotacionais... O concello trata a todos por igual.

33 Lois Pérez Castrillo 09/07/2015 13:25

Voume a un mitin no barrio do Calvario. Gracias polas vosas preguntas. Se queres mais información sobre as nosas propostas, visita www.bng-galiza.org