Open uri20150704 3 12c8br2?1436006661

El candidato a la alcaldía de Santiago por el BNG, Néstor
Rego, dibujó en sus respuestas a los internautas un proyecto
de ciudad más sensible a las distintas sensibilidades que
acoge y preocupada en la captación de inversiones que
posibiliten la creación de puestos de trabajo. Prefirió no
adelantar la posibilidad de llegar a pactos tras las
elecciones municipales pero calificó de positiva la
participación del Bloque en el gobierno de coalición compostelano.

1 Néstor Rego 09/07/2015 10:27

Ola, boa tarde. É un pracer estar con vós e contestar ás preguntas que teñades a ben facer.

2 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Que pensa continuar e que pensa modificar da política realizada polo Bloque neste mandato?

Néstor Rego:

Basicamente hai unha continuidade na política do BNG no Concello de Santiago. Queremos seguir facendo fincapé en resolver os problemas dos cidadáns e en seguir construíndo a cidade e para iso é necesario que apareza e se reflexe máis nitidamente o proxecto político do BNG.

3 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Vaise porfin facer cumpli-las normativas en temas de licencias de pubs e cafeterias? ¿Vaise facer cumpli-la obrigatoriedade de ter un sonometro no local?. Gracias.

Néstor Rego:

Nós queremos facer cumprir a normativa ambiental en xeral, e especificamente en ruidos porque cremos que solucionar o problema dos ruidos é resolver tamén un problema de convivencia cívica nalgunha zona de Santiago.

4 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Non cree que é unha mágoa e unha perda de capital importante o "favorecer" a marcha dunha persoa tan válida como a da anterior candidata do seu partido, Dona Encarna Otero?

Néstor Rego:

Hai que ver como normal que alguén que leva moitos anos ocupando un cargo decida que xa cumpriu unha etapa e polo tanto deixalo. A renovación na vida pública é lóxica. O ilóxico sería o contrario, que alguén se perpetúe nos cargos, pero como a propia Encarna manifestou, ela vai seguir traballando a prol do BNG e a prol de Galicia noutros ámbitos.

5 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Que lle parece o proxecto de la Praza Roxa?

Néstor Rego:

Paréceme positivo e por iso o promovemos dende o Goberno municipal, porque ademais de crear praza de aparcamento nunha zona saturada do Ensanche, posibilita a reurbanización e polo tanto a mellora da calidade ambiental desta zona, especialmente da cidade.

6 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Pactaría con Dositeo si el PP le ofreciese la alcaldía?

Néstor Rego:

Francamente non consideramos a posibilidade de pactar co Partido Popular a alcaldía de Santiago, porque os proxectos políticos do BNG e do PP son antagónicos. Mentres o BNG procura ir na mesma dirección que vai o conxunto da cidadanía e que se manifesta na mobilización social e cívica dos últimos meses, o PP empéñase en ir na dirección contraria. Non obstante, parécenos de interese procurar puntos de encontro con tódalas forzas políticas na vida municipal para sacar adiante aquelas propostas que sexan positivas para Santiago.

7 Anónimo 09/07/2015 10:27

Me gustaría saber cal é a súa proposta para resolver o caos circulatorio no esnsanche

Néstor Rego:

Cremos que hai que procurar resolver o problema de circulación no conxunto da cidade, e non é posible facelo pensando en zonas concretas. Para iso hai que poñer en marcha medidas novidosas en diversos ámbitos. En primeiro lugar, mellorar o transporte público. En segundo lugar, acometer obras de infraestructuras viarias básicas: o túnel da Galuresa, a conexión do Sar coa Pontepedriña, o xiro no periférido do Castiñeiriño a Conxo, o túnel no cruce do Camiño Novo con Romero Donallo. En terceiro lugar, poñer en marcha aparcamentos periféricos a baixo prezo e ben conectados co transporte público. A maiores o BNG propón unha implantación de servicio ferroviario de proximidades (metro lixeiro) que conectase Bertamiráns e O Milladoiro con Santiago e a cidade co aeroporto.

8 Anónimo 09/07/2015 10:27

Como pensan fomentar a iniciativa privada e a creación de postos de traballo en diversos sectores na comarca de Santiago?

Néstor Rego:

Hai que favorecer a vocación económica que xa ten Santiago, apoiando a renovación do pequeno e mediano comercio e promovendo a diversificación e a mellora da oferta turística da cidade. Pero sobre todo hai que procurar a diversificación do tecido económico poñendo no mercado solo empresarial suficiente (ata seis millóns de metros cadrados nos próximos anos) e desenvolvendo unha política máis activa de captación de investimentos e de atracción de empresas que creen riqueza e postos de traballo. Para iso, poñeremos a funcionar unha Oficina de Promoción Económica da cidade.

9 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Qué opina del hecho de que se suspendan conciertos de supuestos 'radicales vascos'? ¿Cree que es un atentado a la libertad de expresión?

Néstor Rego:

Nós cremos que un alcalde nunca pode erixirse en xuíz porque se o fai así está poñendo en perigo dereitos básicos como a liberdade de expresión e a mesma esencia do sistema democrático. O delicto de apoloxía está perfectamente tipificado, e en todo caso, correspóndelle á xustiza determinar se existe ou non. Se non existe ningún inconveniente legal, suspender un concerto é simplemente un acto de censura que nós non compartimos.

10 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Está dispuesto a renovar el pacto con el PSOE?

Néstor Rego:

Estamos a un mes dunhas eleccións e en todo caso agora son os cidadáns os que teñen que falar e decidir qué goberno queren para o futuro de Santiago. É polo tanto, despois das eleccións cando haberá que adoptar decisións ó respecto. En calquera caso, entendemos que foi moi positivo para a cidade, a participación do BNG no goberno nestes últimos catro anos.

11 Anónimo 09/07/2015 10:27

Si accede a la alcaldia tendremos por fin un registro de parejas de hecho más amplio y tolerante?

Néstor Rego:

Si. Nós entendemos que en Santiago temos que avanzar en construír unha cidade aberta e tolerante que sexa capaz de integrar diferentes sensibilidades e polo tanto, parécenos fundamental que as parellas de feito, tanto heterosexuais como homosexuais, poidan acceder ós mesmos dereitos que as parellas casadas. Entre tanto, isto legalmente non é unha realidade, o BNG dende a alcaldía adoptará todas as medidas posibles para que en Compostela camiñemos nesa dirección.

12 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Por qué, despois de tanto tempo opoñéndose á idea, propón agora a construcción do aparcamento na Praza de Abastos?

Néstor Rego:

Non é tanto que nós propoñamos a construcción dun aparcamento baixo a Praza de Abastos como que somos sensibles ás demandas dos xestores do mercado. Sabemos que pode haber dificultades para construír este aparcamento incluso que fose necesario suspender ou trasladar a actividade da praza durante o tempo de duración das obras, o cal sería preocupante, e polo tanto, cremos que antes de adoptar unha decisión, se deben facer os estudios necesarios con seriedade e rigor.

13 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿que vai facer o bng respecto a axudas sociais?

Néstor Rego:

O BNG entende que máis alá dos servicios sociais con carácter asistencial, hai que promover unha auténtica política de benestar social baseada en accións concretas para conseguir a integración sociolaboral de todos os colectivos con dificultades. Loxicamente, mentres non se avanza decididamente neste obxectivo, haberá que manter e mesmo ampliar, as axudas sociais, pero tendo sempre en conta que do que se trata, non é de dar peixes, senón de dar a cana e ensinar a pescar.

14 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Para cando un debate público entre os candidatos á alcaldía de Santiago?

Néstor Rego:

Nós estaríamos encantados de poder realizar debates, porque entendemos a campaña como un contraste de proxectos e de ideas, e nesa medida os debates poden contribuír a que os cidadáns coñezan as propostas de cada quen e teñan máis elementos de xuízo á hora de votar. Pero, en última instancia, dependerá do interese dos medios de comunicación por realizalos.

15 Anónimo 09/07/2015 10:27

Resuma en tres ideas o seu proxecto de cidade

Néstor Rego:

Unha cidade con máis calidade de vida, na que o desenvolvemento económico e urbano creen postos de traballo estables e faciliten o acceso a unha vivenda a todos os sectores da poboación, sobre todo os de rentas medias e baixas. Unha cidade sostible, respectuosa co medio ambiente, integrada socialmente e con servicios públicos universais e de calidade. Unha cidade que se sinta protagonista do seu futuro a través da participación na vida e nos proxectos municipais de forma permanente.

16 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Cal é a sua posición sobre o acoso que sufren por parte dos veciños moitos pubs de ambiente en Santiago?

Néstor Rego:

Somos conscientes de que detrás de algunhas denuncias amparadas en problemas de ruidos, se agochan actitudes homofóbicas que o BNG rexeita rotundamente. Nós cremos que hai que camiñar cara unha cidade máis aberta e integradora na que todas as sensibilidades convivan sen dificultade. Polo tanto, desde a Alcaldía seremos escrupulosos á hora de facer cumprir a normativa municipal con equidade e sen ceder a ningún tipo de actitude discriminatoria.

17 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Apoya la creación de una bolsa de vivienda para jóvenes y solucionar la indefensión de los estudiantes ante alquileres altísimos sobre pisos que dan miedo?

Néstor Rego:

Si, no programa electoral do BNG incluímos a reserva de vivenda pública para a mocidade, tanto en réxime de propiedade como de aluguer, e ó mesmo tempo continuaremos traballando como fixemos ó longo dos últimos catro anos dende a Concellería de Sanidade e Consumo para favorecer as condicións adecuadas de aluguer de vivendas tanto a estudiantes como a outros sectores da poboación.

18 Anónimo 09/07/2015 10:27

Igual é que non me entero, pero ¿ten algún sentido a Cidade da Cultura? ¿Haberá unha estatua de Fraga na entrada? ¿E un parque temático sobre as cacerías do presidente?

Néstor Rego:

Precisamente como a Cidade da Cultura está falta de contidos, non lle viría mal un parque temático sobre cacerías do presidente. Nós sempre criticamos que detrás de un gran proxecto arquitectónico non existía proxecto cultural e polo tanto entendemos que do que se trata é de dotármonos dese proxecto cultural nacional innovador e integrador e posteriormente, decidir os espacios e os contenedores necesarios para desenvolvelo como en outros casos, a Xunta do PP actúa ó revés. Non obstante, agora que o proxecto está en marcha, Compostela debe aproveitar o existente buscando conformar ese proxecto que sexa capaz de dinamizar o enorme potencial cultural que existe en Galicia. Para iso, loxicamente, hai que cambiar o Goberno da Xunta, porque só o Bloque Nacionalista Galego pode facelo.

19 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Que se pode facer para extender a outras cidades galegas os éxitos que Santiago acadou en materia de normalización lingüística?

Néstor Rego:

Cremos que as cidades non só deben aprender as unhas dos éxitos das outras, senón que se debe camiñar cara a conformación de redes de colaboración e de intercambio a partir das cales propostas ou proxectos exitosos poidan ampliarse. Un exemplo bo é o de Ciberlingua, pero tamén tanto a metodoloxía participativa de traballo como o propio Plan de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela poden ser de utilidade ás outras cidades.

20 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Cree que el BNG va a beneficiarse en estas elecciones de la gestión de la Xunta en el tema del prestige?

Néstor Rego:

Cremos que na crise do Prestige o PP demostrou non ter capacidade nin de goberno nin de escoitar e entender a opinión da cidadanía. Tanto neste tema como no da guerra empeñouse en ir na dirección contraria da que vai o conxunto da sociedade galega e polo tanto entendemos que os cidadáns, que necesitan confiar nas persoas que elixen para gobernar, tomarán nota da actitude do PP tanto na Xunta coma no Goberno central.

21 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Piensa que la ciudad de Santiago puede presentarse al mundo tan mal concienciada como está con el medio ambiente? sólo hace falta ver la ciudad para darse cuenta lo sucia que está!

Néstor Rego:

Compostela é unha cidade na que a conciencia ambiental creceu notoriamente nos últimos catro anos como denota que de nada fomos capaces de situarnos á cabeza de Galicia e do Estado español en cuestións como a recollida selectiva de residuos. E isto non sería posible sen a colaboración da cidadanía. En relación coa limpeza a percepción maioritaria que hai na cidadanía é que Compostela é unha cidade limpa, de feito, nos dous últimos anos recibimos tres premios de ámbito estatal por esta razón. Fomos tamén o primeiro concello galego en poñer en marcha unha auditoría ambiental para a implantación da Axenda 21 Local, non obstante, é moito o que queda aínda por facer e por iso queremos contar co respaldo da cidadanía para continuar avanzando nos próximos catro anos, porque demostramos que só o BNG ten políticas ambientais coherentes e progresistas.

22 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Van a seguir restrinxindo o aparcamento na cidade vella? En caso afirmativo que pensan facer cos residentes que necesitan do coche. Vaise a convertir a cidade vella nun lugar onde non se pode vivir. Gracias.

Néstor Rego:

Nós cremos que hai que tratar de compatibilizar o uso dos vehículos co uso da cidade polos peatóns. Dada a configuración da cidade vella isto vólvese máis complexo, non obstante, o BNG propón solucións para paliar o problema do aparcamento nesta zona pola vía de chegar a acordos para abaratar significativamente o custo dos parkins existentes no límite da cidade histórica: praza de Galicia, San Clemente, La Salle; construír un novo parking soterrado na zona de Belvís a prezos asequibles e con reserva para residentes e mesmo reservar espacio en superficie para aparcamento de residentes.

23 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Propondra o BNG a creacion dunha rede de carris bici na cidade?

Néstor Rego:

Si, pretendemos nos próximos catro anos poñer en funcionamento carrís bici non só para conectar os diferentes parques públicos a través dun corredor verde, senón tamén incluíndo esta vía especializada nas novas urbanizacións e en todos os ámbitos urbanos en que se acometan obras de reurbanización. Especificamente, queremos construír un carril bici desde Lavacolla ata a cidade e tamén para comunicar co Monte Pedroso.

24 Anónimo 09/07/2015 10:27

¿Cree que os resultados das eleccións municipáis cambiarán algo no mapa autonómico galego? ¿A batalla é simplesmente en cada concello ou importan máis as diputacións?

Néstor Rego:

Estamos convencidos de que estas eleccións municipais van ser o inicio dun cambio político trascendental en Galicia que se culminará nas próximas eleccións autonómicas. Neste momento o BNG está en condicións de non só consolidar os concellos nos que goberna, senón tamén de avanzar accedendo ó goberno de máis concellos e mesmo de diputacións provinciais.

25 Anónimo 09/07/2015 10:27

Señor Rego: ¿cre vostede que a Igrexa Católica, no eido do concello de Santiago, estar a facer dabondo pola promoción do galego na súa liturxia? ¿Ten algunha proposta no tocante a este tema?

Néstor Rego:

Sinceramente non. Entendemos que é importante avanzar decididamente na normalización da nosa lingua en tódolos ámbitos, tamén na liturxia. E por iso, nestes catro anos se veu traballando tamén neste ámbito e programando actuacións futuras a través do Plan de Normalización Lingüística. De calquera xeito, sen a sensibilidade necesaria por parte da Igrexa é difícil materializar estas propostas, non obstante, hai que perseverar.

26 Anónimo 09/07/2015 10:27

Como sería Santiago en 2006, según su propuesta?

Néstor Rego:

A Compostela que queremos para o 2006 é unha cidade máis habitable a escala humana con calidade de vida ou o que é o mesmo, unha cidade en crecemento harmónico composto de traballo, vivenda e servicios. Unha cidade construída entre todos, na que os seus habitantes se sintan protagonistas do futuro, pero da que tamén se sintan lexitimamente orgullosos. Será a cidade capital de Galicia que asuma o liderazgo dun proxecto de país dinámico que camiñe cara maiores cotas de benestar e autogoberno.

27 Néstor Rego 09/07/2015 10:27

Agardamos que as respostas servisen para clarificar o proxecto de cidade do BNG e polo tanto, para decidir o apoio a esta forza política nas próximas eleccións municipais. Foi un pracer estar con vós e ate outra.