Data?1436006764

Alexandre Sánchez Vidal aseguró en su encuentro con los
internautas que su prioridad, si llega a la alcaldía de
Ourense, es promover el empleo joven y dedicar una especial
atención a las personas mayores. Por otra parte, el
candidato comentó a los visitantes de La Voz que el BNG es
una buena alternativa al Partido Popular para que los
ciudadanos de Ourense obtengan la atención que necesitan.

1 Alexandre Sánchez Vidal 09/07/2015 13:18

Ola, hoxe estou aquí coma candidato do BNG aberto a todas as preguntas que nos queirades propoñer e desexando que as miñas respostas enchan o voso interés tanto polo noso programa como pola situación de Ourense.

2 Anónimo 09/07/2015 13:18

Cales son as principais medidas que ten previsto impulsar en materia de emprego para a xente moza?

Alexandre Sánchez Vidal:

O emprego é o elemento central do noso programa, temos unha serie de medidas para que o Concello afronte dunha vez o principal problema dos ourensáns que se concreta na creación dunha COncellería de Emprego, dunha Axencia de desenvolvemento local e do Consello Económico Social. Os mozos terán unha atención preferente dende a Axencia para a promoción de novas empresas ó cal dedicaremos 500 millóns de pesetas de fondos municipais.

3 Anónimo 09/07/2015 13:18

He leído en su web que propone un "Foro Viciñal". Me pude explicar en que consiste eso?

Alexandre Sánchez Vidal:

O Foro Veciñal é un novo organismo onde estarán representados as organizacións políticas, as entidades cidadáns e técnicos municipais. A súa función primordial será a de debater sobre as grandes cuestións de Ourense. Antes do seus plenarios haberá comisións de preparación do traballo con asesoramento dos informes e da presencia dos técnicos municipais. Xustaráse cando menos dúas veces ó ano e será obrigatoria a presencia do alcalde.

4 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Modifecará vostede o P.X.O.M. recentemente aprobado?

Alexandre Sánchez Vidal:

Non modificaremos o P.X.O.M na súa globalidade. Non queremos paralizar a cidade. Máis si queremos modificar aquelas cuestións para nós máis importantes. No primeiro pleno emendaremos o planificado sobre a finca da Diputación en Mariñamansa, o parque de Oira, as rúas Remedios e Velázquez e o Estadio do Couto. Todo esto para conseguirmos novas zonas verdes. Ademais limitaremos a entrada de grandes superficies comerciais e daremos máis facilidades para a autoconstrucción de vivenda unifamiliar do medio rural.

5 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Qué va a hacer para erradicar el pesimismo crónico de los ourensanos?

Alexandre Sánchez Vidal:

Creo que Ourense é unha cidade con grandes oportunidades. Podemos ser o motor económico do interior de Galicia. Temos unha sociedade emprendedora, imaxinativa, criadora e con enerxía. O que necesita Ourense é que esa capacidade social teña na súas Institucións un interlocutor político adecuado. Unha organización que crea nesas capacidades, que sexa quen de impulsalas. Comprendo o pesimismo que xeneran os actuais representantes políticos. O antídoto está na participación desa sociedade que vai por diante deles e o cambio político que o BNG representa.

6 Anónimo 09/07/2015 13:18

Díganos un proxecto estrela para os próximos catro anos que vostede propoña

Alexandre Sánchez Vidal:

O BNG centra o seu programa en participación cidadán, promoción do emprego, promoción da vivenda pública e novos servicios públicos nos bairros. Adicaremos o 50% da promoción de nova vivenda á vivenda pública e investiremos 1000 millóns de pesetas de fondos municipais na rehabilitación de vivenda asequible no casco histórico. Crearemos 4 garderías públicas en diferentes zonas de Ourense e poñeremos en marcha comedores escolares nos 13 centros públicos de Ourense que aínda non o teñen.

7 Anónimo 09/07/2015 13:18

Realmente, ¿ten o Bloque algo que facer en Ourense?

Alexandre Sánchez Vidal:

Estou convencido de que o 25 de maio traerá un novo governo a Ourense gracias ós votos que vai recibir o BNG. A sociedade de Ourense e unha sociedade madura que está chamando por un governo diferente. Un governo que de verdade dea participación á xente e que ofreza solucións e aproveite as oportunidades impresionantes que temos coma cidade. Son os ourensáns os que o 25 de maio poñerán de manifesto que queren que o BNG sirva a Ourense coma xa o está a facer noutras cidades do noso pais.

8 Anónimo 09/07/2015 13:18

que medidas ha tomar para a promoçom turistica do nosso concelho?

Alexandre Sánchez Vidal:

Ourense ten os tres elementos básicos do novo turismo: termalismo, paisaxe natural e patrimonio histórico e artístico. Polo tanto cosntitúe unha das nosas grandes oportunidades. Desenrolaremos o termalismo dende unha empresa mixta que planifique en conxunto e que fixe o valor engadido en Ourense. Milloraremos as infraestructuras para que os viaxeiros do corredor Madrid-costa entren e permanezan en Ourense. Poñeremos en valor ó noso patrimonio na cidade e na provincia. Resulta básico que Ourense cidade sexa o capitán do enorme potencial do interior actuando liverados de leiras menta is e xeográficas.

9 Anónimo 09/07/2015 13:18

Sendo Ourense un referente comarcal, como desenvolvería un servicio mancomunado de transportes, bombeiros,...

Alexandre Sánchez Vidal:

Ourense concello ten o papel histórico de desenvolver a provincia no seu conxunto. Empezaremos mancomunando servizos cos Concellos perimetrais. A Mancomunidade de transportes é unha das nosas propostas máis importantes. A planificación e xestión dos servizos públicos non se poden facer con eficacia hoxe senón é con perspectiva global e non localista. Planificación e xestión urbanística, lixo, bombeiros, seguridade pública, e outros, serán abordadas por nós con esta perspectiva comarcal.

10 Anónimo 09/07/2015 13:18

Unha ver perdida a oportunidade de convertir o Simeón nunha gran biblioteca pública, que daria un bo servicio a cidade, que pensa vostede de facer esa bibllioteca no banco de España?

Alexandre Sánchez Vidal:

No noso programa cultural contemplamos o actual edificio do Banco de España para situar a biblioteca municipal central. Resulta inusitado que Ourense, con 112000 habitantes, aínda non conte con este servicio público. Concellos con 5000 habitantes xa a teñen. Esta biblioteca central vámola completarémola cunha rede de bibliotecas de bairro que atenderán por distritos cada unha a 20000 habitantes.

11 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿A previsible baixada do PSOE en Ourense perxudicará ó BNG porque xa non haberá posible pacto entre ámbolos?

Alexandre Sánchez Vidal:

Creo que o Bloque é a alternativa seria e sólida ó Partido Popular. Nestas eleccións barállese continuar cun governo que non da respostas ás oportunidades e ás necesidades de Ourense ou optar polo cambio que representa o BNG. Os cidadáns de Ourense que queiran este cambio teñen que pensar que o voto útil nestas eleccións é votar á única alternativa ó PP que representa o BNG. Se todos os que queren esta mudanza acuden o 25 de maio ás urnas será, por fin, o momento de Ourense.

12 Anónimo 09/07/2015 13:18

Tendes poucos votos entre a gente de mais idade. Ainda assim, tendes previstas medidas para a sua atençom?

Alexandre Sánchez Vidal:

Dende o governo do BNG prestaremos unha atención integral ás persoas maiores. A nosa política cara eles non se basea no reparto de chourizos asados no día dos magostos. Hai que ampliar servizos como o da atención domiciliaria e ampliar os seus horarios de funcionamento. Dotaremos á cidade dun conxunto de centros cívicos onde as persoas maiores poidan estar en contacto co resto da sociedade e poidan aportar o seu capital de coñecementos. Proporcionaremos un servizo de teleasistencia ó conxunto das persoas maiores.

13 Anónimo 09/07/2015 13:18

A Ourense non chegou o Prestige, pero han saír tan beneficiados como as zonas afectadas...

Alexandre Sánchez Vidal:

O Prestige non foi unha lotería para GAlicia nen para Ourense. Foi unha calamidade e polo tanto ninguén con dignidade e conciencia de pais se pode sentir beneficiado. Creo que a eclosión de autoafirmación da cidadanía galega vaise reflectir no comportamento electoral. A xente de Galiza reclama dos seus dirixentes eficacia mais sobre todo honestidade e capacidade de servizo. Esa sociedade que se autoorganizou precisa verse reflectida nun proxecto político para todos e todas.

14 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Cuales son las diferencias entre la política cultural actual y la que vosotros proponeis?

Alexandre Sánchez Vidal:

O BNG propón unha política cultural baseada nos seguintes alicerces: -a participación dos cidadáns na criación e xestión das políticas culturais. -unha programación estable, diversificada, coordenada, de calidade e interactiva coa poboación. -un mapa de infraestructuras culturais que sitúe a cada actividade no lugar idóneo.

15 Anónimo 09/07/2015 13:18

¿Que opina do nepotismo, axudaría dende o Concello a frear o da Diputación? ¿E que opina do estacionamento ultraprivatizado en Ourense?

Alexandre Sánchez Vidal:

-O nepotismo é a antítese da concepción política do BNG. Naturalemente cando governemos o Concello de Ourense seremos un factor de equilibrio frente ó poder absoluto que hoxe ten o Partido Popular. Ademais este partido terá que responder ante os cidadáns á pregunta de ¿por que non actúan vostedes coa mesma transparencia e capacidade de participación con que opera o BNG no Concello?. -O Partido Popular suprimiu todo o estacionamento público para favorecer ó privatizado. Modificaremos os pliegos de condicións para que os cidadáns paguen polo tempo realmente utilizado nos aparcamentos. Conqueriremos que as empresas concesionarias aporten prestacións para a promoción da nosa cidade. Promoveremos o aparcamento público na nova urbanización de Ourense. Criaremos aparcamentos disuasiorios a prezos máis reducidos e combinados cos billetes de autobús do transporte municipal.

16 Anónimo 09/07/2015 13:18

Que opinión ten do feito que haxa 12.000 residentes ausentes no censo do Concello de Ourense (ocupando o quinto lugar dos 8.000 de toda España)

Alexandre Sánchez Vidal:

O problema de Ourense é que a emigración non é pasado senón presente. No ano 2000 máis de 4000 rapaces e rapazas marcharon do noso Concello. Moitos destos asentaránse noutras zonas do Estado e non poderán votar en Ourense. No canto destes o Partido Popular instrumentaliza as situacións de necesidade da nosa emigración en América para apuntalar as súas cifras electorais. Queremos os mesmos controis democráticos para o voto na Galiza que para o voto alén mar.

17 Alexandre Sánchez Vidal 09/07/2015 13:18

Espero que as miñas respostas encheran o voso interese e a vosa curiosidade. Tedes a miña web totalmente aberta para continuares este diálogo. A participación cidadán que nós propugnamos ten unha vía idónea de plasmación nas novas tecnoloxías. Un saúdo para vós e o agradecimento á 'La Voz de Galicia' por esta oportunidade para estar convosco.