Open uri20150704 3 1u0r0p0?1436006805

El alcalde de Ferrol y candidato a la reelección por el
BNG, Xaime Bello, se mostró satisfecho de la gestión hecha
por el gobierno de coalición en la ciudad departamental,
aunque reconoció que en algunas ocasiones y debido a la
diversidad de interlocutores del PSOE el pacto fue
'complejo' . El edil pidió que se concentre el
voto de la izquierda nacionalista y no nacionalista en su
coalición. Bello se mostró tajante al negar la existencia de
un 'agujero económico' en el concello y explicó
que lo que hubo fue una petición de un crédito a largo plazo
que se pudo rentabilizar en distintas obras
socio-culturales.

1 Xaime Bello 09/07/2015 13:21

Boas tardes benqueridos e benqueridas internautas. Acabo de sufrir as diarias retencións de saída de Ferrol, por iso pido disculpas por este pequeno retraso. Gracias pola vosa comprensión.

2 Anónimo 09/07/2015 13:21

El proyecto de rehabilitación de la Magdalena y Ferrol Vello está muy bien, pero ¿qué pasa con el resto de los barrios de Ferrol?

Xaime Bello:

Pois que van ter un tratamento sigularizado recollido no desenvolvemento urbanístico do Plan Xeral de Ordenación Municipal: plans parciais para o Bertón, Santa Mariña, Ponte das Cabras e O Boial. Plans especiais para A Graña, San Felipe. Bulevar das Pías con accesos a Caranza e A Gándara e depresión viaria permitindo así a permeabilidade entre os ensanches e Esteiro...

3 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿Que lles diría aos que pensan en recuperar a estatua de Franco para a praza de España?

Xaime Bello:

Diríalles que a etapa da estatua na praza de España está superada, que Ferrol non necesita simboloxía caudillista e que está onde debe estar, nunha zona museística. A cidade do século XXI non podía estar presidida por un grupo escultórico anacrónico.

4 Anónimo 09/07/2015 13:21

Boas. ¿Cales son as súas propostas económicas concretas acerca do desenrolo económico de Ferrol?. Moitas gracias e sorte nas eleccións.

Xaime Bello:

Ferrol está a vivir un momento favorable economicamente. Desde o Concello impulsamos políticas activas que favorecen este crecemento económico. Un parque empresarial de dous millóns de metros cuadrados en Leixa, convenios de colaboración coas asociacións de comerciantes e hostelería, o desenvolvemento urbanístico do Plan Xeral, o traballo conxunto coa Cámara de Comercio en FIMO, o saneamento da ría para impulsar o marisqueo, a oferta turística, a conversión do barrio da Magdalena en centro comercial aberto, a creación dun gran complexo da industria naval e da reparación na nosa ría aproveitando a existencia dos grandes asteleiros Izar-Ferrol e Izar-Fene, e todo o volume industrial derivado da actividade portuaria actual e futura a través do porto exterior. Sigo reclamando a construcción prometida dunha planta de gas en augas exteriores da ría, na zona de Prioriño contigua ó espacio ocupado polo porto exterior.

5 Anónimo 09/07/2015 13:21

As enquisas amosan que a dereita recuperaría a alcaldía e o BNG perdería votos que fan medrar a outras formacións de esquerda.Parecería que non cumpriu as expectativas de moitos votantes. Defenda a súa xetión e dé razóns para votar ó BNG.Gracias.

Xaime Bello:

Unha enquisa aproxima algunha candidatura ós resultados do BNG. Estou convencido que imos gañar estas eleccións e o día 25 os meus veciños e veciñas van seguir apoiando e respaldando a un goberno e un alcalde que puxo a Ferrol en marcha nestes catro anos de rexurdimento. Sempre hai alguén defraudado pola túa xestión, pero estou convencido de que son afortunadamente os menos.

6 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿Cal é o principal reto do Bloque de cara aos próximos catro anos?

Xaime Bello:

Máis que do Bloque o de Ferrol, que é o seguir indo para arriba e para ir para arriba ten que haber non só unha boa xestión municipal local, senón tamén un apoio decidido das outras administracións. Nesta última etapa nin a Xunta nin o Goberno central fixeron todo o que tiñan que ter feito por un Concello e unha comarca que foi agredido sistematicamente por políticas inxustas de desmantelamento industrial.

7 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿Cal é a súa idea sobre os presupostos participativos?

Xaime Bello:

Comparto esta filosofía e no programa do BNG figura o irmos incorporando esta fórmula de participación cidadá na elaboración dos próximos orzamentos.

8 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿que se siente tenendo que loitar contra o PP e o PP"bis" na mesma cidade? ¿non cree que chamar a unha candidatura así "independente é unha mofa aos cidadans de Ferrol?

Xaime Bello:

Hoxe por hoxe, o BNG debería concentrar o voto útil para evitar que Ferrol regrese ó pasado. Un votante das outras opcións non sabe onde vai acabar o seu voto, véxase o que pasou no último mandato. Por iso fago unha chamada a concentrar o voto progresista, o voto daqueles e daquelas que queren que en Ferrol triunfe a primavera e non o inverno e o 25 afortalen ó Bloque como dique de contención fronte á dereita nas súas distintas versións.

9 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿Apoyaría el Bloque la modificación de la Ley del Suelo? Si la respuesta es positiva, ¿qué artículos?

Xaime Bello:

Por suposto. O BNG votou negativamente no Parlamento galego o texto da nova Lei e reclamo que se proceda a unha modificación daqueles aspectos máis lesivos para os concellos.

10 Anónimo 09/07/2015 13:21

foi dificil o pacto có psoe ao ter tres interlocutores diferntes en catro anos?

Xaime Bello:

Máis que difícil, complicado e complexo en ocasións. A situación do grupo municipal do PSOE provocou en distintas ocasións dificultades para esa interlocución que en todo caso non significou problemas de comunicación, pero si desgaste innecesario da coalición.

11 Anónimo 09/07/2015 13:21

Ferrol Vello e a Magdalena. Empez-la casa polo tellado. Subvencións sen plans especiais redactados ¿É o que entende por xestión urbanística?

Xaime Bello:

Estou moi satisfeito do conseguido polo BNG en materia de rehabilitación do casco histórico, a declaración de área de rehabilitación integrada, a posta en marcha dunha Oficina Municipal de Rehabilitación, a aprobación dunha ordenanza que fixa os criterios para as axudas rehabilitadoras e a sinatura dun convenio de colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo polo que se investirán máis de 21 millóns de euros, é dicir, máis de 3.500 millóns de pesetas para a urbanización de 38 rúas e recuperación de tres edificios singulares da Magdalena.

12 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿es cierto, lo del agujero económico en el concello de ferrol ?

Xaime Bello:

Nego a existencia de ningún furado económico no Concello. O que houbo foi a petición dun crédito a longo prazo de 2.000 millóns de pesetas que posibilitou a negociación con distintas Consellerías e Goberno central para convertilos en máis de 13.000 millóns de pesetas de investimentos. Con estas partidas económicas procedeuse á rehabilitación do Teatro Jofre, á construcción dunha nova Escola Oficial de Idiomas, á construcción dun Conservatorio profesional de música, a adquirir o Castelo de San Felipe, a finalizar o Centro Cultural Municipal Torrente Ballester, a selar e rexenerar o vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Mougá...

13 Anónimo 09/07/2015 13:21

Despois de 4 anos pasando do asociacionis mo xuvenil ¿Por qué se acordan agora de crear un Consello Municipal da Xuventude? ¿Por qué estamos en eleccións?

Xaime Bello:

De ningunha maneira estivemos ausentes no traballo coa mocidade. Por primeira vez o Concello tivo un concelleiro da Mocedade, impulsouse o programa de ocio Ardora, fomentouse a autoorganización dos mozos e das mozas, fomentáronse campamentos de convivencia, programas formativos e de lecer, potenciouse a presencia xuvenil no deporte... Crear un Consello Municipal da Xuventude e promover unha Casa da Mocedade non son promesas electorais, son proxectos que se van executar entre o 2003 e o 2005.

14 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿Como considera esto de que para o partido de dereitas, uns votos valen mais que outros e que os votos do partido mais votado son os que mais valen e por iso deben de "gobernar" a pesares de non ter unha maioria sostible?

Xaime Bello:

O típico do pensamento xerarquizador de que uns valen máis ca outros na vida diaria. Unha pasada democrática é o que lles fai falta a algúns para poder ser alternativa de goberno.

15 Anónimo 09/07/2015 13:21

200 millóns de pesetas nunha sociedade anónima, é iso defender os intereses públicos. ¿De onde saliu o diñeiro? ¿do deporte base quizáis?

Xaime Bello:

O Concello tivo que mercar 210 millóns de pesetas de accións da Sociedade Anónima Deportiva Rácing Club Ferrol para evitar que o Rácing descendese de categoría. Foi polo tanto un investimento e espero que nos poidamos ir desprendendo das mesmas nos próximos anos. Este diñeiro non minorizou o investimento no deporte base.

16 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Qué propuestas tiene para el deporte en Ferrol?

Xaime Bello:

Mellorar as infraestructuras deportivas, nomeadamente as pistas de atletismo da Malata, as piscinas municipais, a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e dous campos de fútbol a 7, impulsar o deporte para tódalas idades e establecer convenios de colaboración con entidades deportivas para promocionar e potenciar o deporte de base.

17 Anónimo 09/07/2015 13:21

Olá. Sr. Belho, quais som os projectos da sua candidatura no âmbito da normalizaçom linguística do galego em Ferrol. Obrigado.

Xaime Bello:

Ferrol constituíu no mandato que estamos a rematar un Consello Municipal da Lingua e elaborou un Plan de Normalización Lingüística. Ó mesmo tempo recuperou un gabinete municipal de normalización. Para o próximo cuadrienio reforzarémolo con máis medios humanos e orzamentarios e desenvolveremos o Plan aprobado. Seguiremos colaborando coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, facendo máis ciclos de cinema galego, máis certames de poesía e imaxe Ricardo Carvalho Calero, máis Correlinguas...

18 Anónimo 09/07/2015 13:22

Pensa que o elevado número de candidaturas de esquerdas que se presentan en Ferrol a estas eleccións e un handicap importante á hora de repetir na alcaldía?

Xaime Bello:

Nunha resposta anterior chamaba a unha concentración do voto progresista para evitar que moitos votos se perdan por non chegar ó teito do 5%, por iso insisto que o voto útil para a esquerda nacionalista ou non nacionalista se concentre na candidatura do BNG para evitar a fragmentación dun voto necesario para impedir que o chapapote político e os amigos da guerra accedan ó Goberno de Ferrol.

19 Anónimo 09/07/2015 13:21

¿Que ten pensado facer para mellora-los servicios (auga, transporte,...) das zonas rurais de Ferrol?

Xaime Bello:

Rematar dunha vez o abastecemento de auga e saneamento da zona rural, incrementar a recollida do lixo, rematar a concentración parcelaria de Covas, Mandiá, Esmelle e Marmancón, desenvolver un plan especial de protección do litoral e reforzar o alumeado público.

20 Anónimo 09/07/2015 13:22

A Ferrol tócalle algo do "plan Galicia"?

Xaime Bello:

Unha pedrea. Non recolle algunhas asignaturas pendentes das Administracións autonómica e central.

21 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Que opina vostede sobre o comportamento dos manifestantes contra a guerra?.¿Parecelle xusto que se califique ós seguidores do PP como "asassinos"?

Xaime Bello:

Nunha porcentaxe elevadísima un comportamento cívico, democrático, solidario e comprometido cos valores do pacifismo. Sempre hai alguén que aproveita estes movementos cívicos para facer das súas e colaborar na nota negativa. Os seguidores e seguidoras do PP o que deberían ter feito é abandonar nas súas ideas ós dirixentes do seu partido: Aznar, Arenas, Fraga,... e sumarse á contestación social contra unha guerra de agresión, unha masacre contra un pobo inocente.

22 Xaime Bello 09/07/2015 13:22

Foi moi agradable compartir un pouquiño máis dunha hora cos internautas de La Voz de Galicia. Aproveitade esta fin de semana para achegarvos a Ferrol e gozar das nosas praias, do noso patrimonio histórico-artístico e da amizade dos ferroláns e das ferrolás. Unha aperta para todos e todas.